A AULA CEMIT DO CONCELLO BARREIRENSE ORGANIZARÁ CURSOS DE INFORMÁTICA A PARTIRES DO VINDEIRO MES DE XANEIRO

A AULA CEMIT DO CONCELLO BARREIRENSE ORGANIZARÁ CURSOS DE INFORMÁTICA A PARTIRES DO VINDEIRO MES DE XANEIRO. A PRESENTACIÓN DOS MESMOS SERÁ O DÍA 10.

Barreiros, 18 de decembro de 2018. A Aula CeMIT do Concello de Barreiros organizará cursos de informática a partir de xaneiro.

Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril e as persoas interesadas poderán formalizar a inscrición na Aula CeMIT ou no Concello.

A presentación destes cursos celebrarase o xoves 10 de xaneiro ás 16:00 horas na Aula CeMIT de Barreiros, sita no Teleclub de San Cosme.

Desde a Aula CeMIT Manuel Pérez, o axente TIC de Barreiros, explica que “a idea é poñer en marcha unha batería de cursos para que as persoas que non teñan experiencia previa no mundo da informática poidan iniciarse dende cero, e as que si a teñan poidan seguir adquirindo cada vez máis coñecementos.”

Dende o Concello convidan a asistir á presentación dos cursos a toda persoa que teña curiosidade polo mundo das novas tecnoloxías.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, colabora co Concello de Barreiros na realización desta actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *