Todas las entradas de: Alvaro Vizoso

O ALCALDE DE BARREIROS DIRÍXESE Á XUNTA PARA PEDIRLLE QUE CUBRA DE INMEDIATO AS BAIXAS MÉDICAS QUE SE PRODUCEN NO CENTRO DE SAÚDE

O ALCALDE DE BARREIROS DIRÍXESE Á XUNTA PARA PEDIRLLE QUE CUBRA DE INMEDIATO AS BAIXAS MÉDICAS QUE SE PRODUCEN NO CENTRO DE SAÚDE. ALFONSO FUENTE ALUDE AO MALESTAR XERADO POLA AUSENCIA DO PEDIATRA.

Barreiros, 18 de xaneiro de 2019. O alcalde, Alfonso Fuente, ven de enviarlle unha carta á Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta para que cubra de forma inmediata as baixas médicas que se produzan no centro de saúde da localidade. O rexedor refírese ao malestar xerado pola ausencia de pediatra, xa que “ocasiona retrasos nas vacinas, na atención e nos tratamentos que precisan nenas e nenos deste concello”.

Alfonso Fuente contou que “ante a situación que está a pasar no centro médico onde non se está a cubrir a baixa do pediatra e ante a incertidume por parte dos pais dos nenos que necesitan atención pediátrica, desde o Concello o que fixemos foi dirixir unha carta ao director xeral pedíndolle que se cubran esas baixas de inmediato, porque non se está atendendo o calendario de vacinas e cremos que é importante que se faga así”.

O alcalde dixo que “é un servizo que xa o temos nunha serie de días á semana e o que pedimos é que se cubra esa baixa, que se atenda de inmediato. Somos conscientes ás veces dos inconvenientes que xorden para encontrar pediatras, pero tamén pedimos que non queremos ser eses cidadáns de segunda e poder ter esa atención con normalidade”.

Fuente Parga engadiu que “hai pais que están decidindo levar aos nenos ao médico de cabeceira e autorizando os médicos de cabeceira a colocar esas vacinas, que se están poñendo por parte dos ATS do centro médico. Polo tanto aínda que esta situación poida ser temporal, o que pedimos é que se cubra esa praza canto antes. Eu creo que a forma de facelo é desde institucións como é o Concello, dirixirse por escrito ao director xeral para que atenda esta situación”.

Carta enviada Direccion Xeral de Saude Publica

COPIA DIRECCIÓN XERAL DE SAUDE PÚBLICA
Edificio Administrativo de San Lázaro
15781 Santiago de Compostela
Estimado Director Xeral:
Poñome en contacto con vostede para facerlle partícipe da situación que está a acontecer no Centro de Saude deste concello de Barreiros en relación, principalmente, coa praza de pediatra.
En ocasións anteriores, e actualmente estase a repetir, cando a persoa que ocupa dita praza de pediatra se atópa de baixa, non se produce unha sustitución da mesma e o servizo pediátrico deixa de prestarse de forma indeterminada. Esto ocasiona moitos
trastornos ás veciñas e veciños deste concello xa que se producen retrasos nas vacinas, na atención e nos tratamentos das nenas e nenos, sen que exista unha alternativa para os mesmos.
Dado o malestar xeral que esta circunstancia ocasiona é polo que se SOLICITA que, no caso de producirse estas baixas do persoal médico (que en moitas ocasións son de longa duración), a praza se cubra de forma inmediata para evitar que o servizo quede desatendido.
Quedo á súa disposición para calquera aclaración ou información adicional que poda precisar para tratar este asunto.
Cordialmente,
Barreiros, 18 de xaneiro de 2019.
Jose Alfonso Fuente Parga
Alcalde do Concello de Barreiros
ASINADO DIXITALMENTE Á MARXE

O BNG CONVOCA UN ACTO LÚDICO-REIVINDICATIVO NA DEFENSA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN BARREIROS

O BNG CONVOCA UN ACTO LÚDICO-REIVINDICATIVO NA DEFENSA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN BARREIROS

O acto será o domingo 27 de xaneiro, ás 12 da mañá en San Cosme, e contará con actuacións dirixidas ás e aos menores.

“A situación actual e a falta de resposta efectiva por parte do SERGAS require de mobilización social para forzar que sexan atendidas as necesidades de nenas e nenos”, asegura Ana Ermida.

Barreiros, 18 de xaneiro de 2019. O BNG convoca ás veciñas e veciños de Barreiros a un acto que terá lugar o domingo 27 de xaneiro, ás 12 da mañá, para reivindicar e defender o servizo de pediatría en Barreiros.

Desde o BNG sinalan que “coa situación que se está producindo no servizo de pediatría no noso concello, onde sistematicamente o SERGAS deixa sen cubrir a praza nos casos de permisos da profesional, é fundamental que a veciñanza se mobilice e que as persoas afectadas ou preocupadas polo continuo deterioro da sanidade no centro de saúde de San Cosme fagan oír as súas queixas publicamente para amosar que a reivindicación é masiva e uniforme.”

A portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, explica que este acto, que se desenvolverá na praza do Concello se o tempo o permite, contará con espectáculos para as nenas e nenos para que nel poida participar todo o mundo. “Queremos que sexa unha actividade familiar, á que poidan acudir as nenas e nenos, nais e pais, avós e avoas… e calquera persoa que queira defender que os servizos sanitarios que se presten en Barreiros sexan propios do século XXI”, afirma.

“Pretendemos que a reivindicación estea acompañada de diversión para as máis pequenas, porque non podemos esquecer que as nenas e nenos son o futuro deste concello e deste País. E deixalos sen atención pediátrica é, ademais dun acto de inxustiza con respecto aos que residen noutros lugares, un acto de desconsideración e de falta de humanidade, xa que se está a poñer en perigo o máis sensible das vidas de calquera persoa.”

No acto haberá actuacións musicais e actividades de entretemento e “tratarase de visibilizar e dimensionar esta problemática para que chegue a oídos e lle saque as cores a quen é responsable da situación”, afirma Ana Ermida

Vuelven a destrozar el banco del mirador barreirense de Comado

El regidor, Alfonso Fuente, cifra el coste de la reposición en 400 €.

Las redes sociales se han echo eco de la indignación de numerosos barreirenses al saber que el banco del mirador del monte Comado había vuelto a sufrir destrozos. El regidor, Alfonso Fuente, cifra el coste de la reposición en 400 euros. Es ya la segunda vez que ocurre y además, la anterior coincidió con unas fechas similares, diciembre de 2017.

 A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA QUE O SERGAS ABANDONA A ATENCIÓN PEDIÁTRICA SISTEMÁTICAMENTE NOS CONCELLOS DE MONDOÑEDO,  LOURENZÁ E BARREIROS

 A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA QUE O SERGAS ABANDONA A ATENCIÓN PEDIÁTRICA SISTEMÁTICAMENTE NOS CONCELLOS DE MONDOÑEDO,  LOURENZÁ E BARREIROS.

A baixa sen substituir da profesional que atende estes Concellos provoca situacións vergoñentas e  inadmisibles,xa que non hai pediatra para atender as patoloxías das crianzas.

A Plataforma sanitaria ven de coñecer que ausencia xustificada da pediatra que atende os concellos de Mondoñedo,Lourenzá e Barreiros de novo está sen substituir. Únicamente o Sergas  habilitou un/unha facultativa de familia unhas horas  en quenda de tarde para a atención protocolizada de neno san de cero a tres anos  e para vacinacións.

Se ben esta medida alixeira algo a presión asistencial pediátrica nestas localidades, o realmente grave desta situación é o feito de que as nenas e nenos de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros  non son vistos  por pediatras cando teñen algunha enfermidade , salvo caso de  gravidade, xa que tampouco hai pediatras nos PACS e no sevizo de urxencias do  hospital da Mariña son vistos pol@s facultativ@s de urxencias en primeira instancia. Resulta cando menos sorprendente tamén, que o servizo de Urxencias do hospital da Mariña non dispoña de pediatras no mesmo para atender ás nenas e nenos que entran pola porta, sendo dos poucos – por non dicir o único-  hospital que carece destes profesionais  en urxencias.

Esta situación non é nova e o Sergas sabe da indignación que existe nas nais e pais d@s nen@s destas localidades  e cónstanos que as demandas lles chegaron por escrito, pois durante os meses de outubro , novembro e decembro fixéronse efectivas máis de dúascentas cincuenta reclamacións destes tres concellos  demandando un servizo de pediatría estable e continuado.

 

 

 

 

 

 

Desde o colectivo sanitario queremos advertir que de tanto tensar a corda co caso da deficiente atención pediátrica na comarca e no país, esta pode romper desencadenando unha rebelión social masiva de consecuencias incertas. “ A Plataforma sanitaria xa está a estudar a situación para analizar e decidir que actuacións levaremos a cabo e que ,en todo caso serán contundentes”  conclúen desde o colectivo.

 

Para máis información chamar a  Victor Vila  677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

ENTREGADOS OS PREMIOS AOS GAÑADORES E GAÑADORAS DO CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO DE NADAL, QUE ORGANIZOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS

ENTREGADOS OS PREMIOS AOS GAÑADORES E GAÑADORAS DO CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO DE NADAL, QUE ORGANIZOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS.

Barreiros, 15 de xaneiro de 2019. Nas últimas horas foron entregados os premios aos gañadores e gañadoras do Concurso de Poesía e Debuxo de Nadal, que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.

Na modalidade de Poesía os participantes que resultaron gañadores foron: Xela Veiga Iglesias, Ángela Ventoso Carrera, Aaron Rodríguez Enterríos, Armando Ventoso Carrera, Saray López García e Anxo López Val.

No apartado de Debuxo os gañadores foron: Leire López Boto, Inés Seco Sánchez e Noa Irimia Mariña.

Xunto ás rapazas e rapaces estivo a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, que agradeceu a participación de tod@s @s que presentaron os seus traballos a estes certames.

O PRESUPOSTO DO CONCELLO DE BARREIROS PARA 2019 ASCENDE A 4 MILLÓNS DE EUROS. FOI APROBADO ONTE NO PLENO E O ALCALDE SUBLIÑA QUE SE MANTEÑEN TODOS OS SERVIZOS QUE SE PRESTAN AOS VECIÑOS E VECIÑAS E QUE NON SE INCREMENTA NINGÚN IMPOSTO

O PRESUPOSTO DO CONCELLO DE BARREIROS PARA 2019 ASCENDE A 4 MILLÓNS DE EUROS. FOI APROBADO ONTE NO PLENO E O ALCALDE SUBLIÑA QUE SE MANTEÑEN TODOS OS SERVIZOS QUE SE PRESTAN AOS VECIÑOS E VECIÑAS E QUE NON SE INCREMENTA NINGÚN IMPOSTO. Barreiros, 11 de xaneiro de 2019. O presuposto do Concello de Barreiros para 2019 ascende a máis de 4 millóns de euros. Foi aprobado onte en pleno. O alcalde, Alfonso Fuente, subliñou que se trata dun presuposto para os veciños e veciñas de Barreiros en cantidade e calidade e insiste en que se manteñen todos os servizos que se presta á cidadanía. O rexedor rexeitou as críticas vertidas polo BNG. Fuente Parga explicou que “onte no Concello de Barreiros levábamos a aprobar o presuposto para o ano 2019, que ascende a 4.065.000 euros, no que se seguen mantendo todos os servizos que se prestan aos veciños, e non se incrementa ningún imposto senón que se mantén a carga impositiva e se adaptan as partidas de gastos precisamente aos ingresos que recibe o Concello”. O alcalde sinalou que “se fan unha serie de investimentos, se segue traballando na rede de abastecemento de auga na que se van investir outros 92.000 euros, así como nas vías públicas. Neste presuposto aparece unha partida de 50.000 euros pero esperamos, como todos estes anos, recibir ese Plan Único tamén no que contamos con outros 200.000 euros para poder executar e mellorar todas as vías municipais. Aínda temos pendente de executar o deste ano, polo tanto vanse ir mellorando todas as vías. Vanse investir outros 231.000 euros na reurbanización da N-634 pola execución dos avais a un promotor. Tamén se contempla a compra de terreos para a EDAR, se a Xunta dera adiante á nova depuradora en Reinante. Polo tanto mantemos todos os servizos que se están a prestar neste concello”. O rexedor declarou que “no debate no pleno de onte me sorprendía cando o Bloque Nacionalista Galego nos criticaba dicindo que este presuposto non é electoralista. É curioso que desde a oposición se nos critique porque non sexa, ao ser un ano electoral este 2019, un presuposto electoralista. Evidentemente nós non facemos presupostos electoralistas, o que facemos son presupostos para os veciños e veciñas de Barreiros para seguir mantendo todos os servizos que se veñen prestando en cantidade e calidade. Noutros concellos é certo, como manifestaba a propia portavoz do BNG que dicía que este ano aparecen presupostos con grandes partidas de investimentos. Parece que iso sería o que ocorrería se o Bloque Nacionalista Galego tivera que facer ese presuposto, seguramente este ano nos presentaría un presuposto con moitos investimentos, un presuposto como eles din electoralista. Pero nós non facemos un presuposto electoralista, facemos un presuposto para os veciños e veciñas”. Alfonso Fuente engadiu: “tamén criticaban a privatización de servizos. É curioso porque en todos estes anos atrás o BNG criticaba o gran número de persoal que tiña o Concello de Barreiros. É verdade que nunca puxeron nomes, senón que había que diminuír o cadro de persoal, e resulta que este ano que presentamos un presuposto cun cadro de persoal máis reducido precisamente por xubilacións e prexubilacións, que se foron pactando desde o Concello para que non houbese despidos, agora se nos critica porque baixa o persoal municipal e se fan privatizacións. Evidentemente os traballos hai que facelos e se non se fan con persoal propio, fanse con persoal contratado de empresas externas”. Para o alcalde barreirense “é curioso porque resulta que o Bloque Nacionalista Galego ten un discurso aquí en Barreiros, pero despois vemos que nos concellos onde goberna, que non son moitos, fai todo o contrario, é dicir é onde máis servizos hai privatizados, di unha cousa e logo fai a contraria. A portavoz do BNG é a coordinadora na Mariña do Bloque Nacionalista Galego, polo tanto o exemplo temos que collelo dos concellos onde gobernan e neses concellos vemos que os servizos están privatizados. No Concello de Barreiros é dos que menos servizos ten privatizados, pero evidentemente se temos menos persoal no Concello hai que contratar empresas que fagan eses traballos, non queda outra”. O rexedor dixo que “en canto ás partidas para actividades culturais tamén se criticaban por parte do Bloque Nacionalista Galego as axudas que se fan ás festas nas parroquias. Eu o que lles trasladaba é que aos veciños que deciden crear unha comisión de festas e levar a cabo a festa da parroquia, o Concello está para axudarlles, porque é o que nos demandan os veciños e veciñas. Se eles están dispostos a organizar as festas das parroquias cómo non vai o Concello axudarlles a manter viva esa festa da parroquia, esa festa que leva anos saíndo adiante. Pois parece que ao Bloque Nacionalista Galego non lle gusta, parece que suprimiría as festas porque iso é o que nos deron a entender no pleno de onte, e destinarían a outras cousas esas partidas que se gastan axudando aos veciños a que organicen a festa da parroquia. Nós non estamos dispostos porque cando os veciños son os que organizan, e fan unha labor importante para levar a cabo esa festa da parroquia, que o Concello estea aí axudando a min me parece o máis xusto e non retirarlles todas as axudas como pretende o Bloque Nacionalista Galego”.