PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO GASODUTO

A PROPOSITO DO GASODUTOLa imagen puede contener: 1 persona, de pie, multitud y exterior

Antes de facer historia dos recentes acontecementos queremos manifestar por enésima vez que non temos nada en contra do gasoduto, pero sí en contra do séu trazado.

O pasado 30 de novembro o Tribunal Supremo ditóu unha contundente e inapelable sentencia sobre do recurso Contencioso Administrativo presentado polo Concello de Barreiros pola que anula a autorización para a construcción do gasoduto, a aprobación do séu proxeto e a declaración de utilidade pública do mesmo; para que nos vaiamos entendendo: ao día de hoxe o gasoduto é ilegal; ao día de hoxe (e tampouco cando se fíxo…!) non podería construirse.

Queremos deixar claro que se chegóu a éste punto pólo ninguneo ao que nos sometéu a promotora da infraestructura que nunca quíxo reunirse con nós para tratar de acadar unha solución e manifestando de maneira soberbia que “habían confeccionado el mejor de los proyectos posibles y con absoluto respeto a la legislación vigente”; póis menos mal porque á vista da sentencia… E falando de xulgados debemos tamén lembrar que éles fóron os primeiros en denunciarnos por defender a ocupación ilegal das nósas fincas como agóra queda demostrado.

Néstes momentos a promotora tén iniciada a tramitación de nova autorización como xa fixera no 2.011 e como si non existíse unha sentencia do Tribunal Supremo que como queda díto anula na súa totalidade o proxeto. Non nos cabe duda de que o fái para tratar de eludír a execución da repetida sentencia que áta o de agóra non se poido solicitar por estricto cumplimento dos plazos legáis.

Chegados a este punto, en primeiro lugar, váise pedír ao Supremo que paralice os trámites iniciados pola promotora e de seguido por decencia, por respeto a tódolos afectados e por responsabilidade, váise levar ao último extremo as consecuencias da xá citada sentencia e por élo pediráse a súa execución de maneira inmediata.

Esto deberá traer como primeira consecuencia que o gasoduto déixe de prestar servicio con tódolos inconvenientes que o amable lector se pode supoñer, pero ao analizálo queremos que teña claro de quén é a reponsabilidade, quén fói o que tramitóu un proxeto ilegal e quen fói o que o autorizóu ao marxen da Léi según dictaminóu o Tribunal Supremo.

Confiamos en que, agóra sí, se abra un período de negociación no que que se poida acadar unha solución que resulte satisfactoria para todos e xá por último queremos lembrarlles aos afectados que as súas propiedades está ocupadas por unha tubería ilegal e que no séu día se lles ocasionaron outros perxuicios de ocupación temporal e que, por todo élo, póden (deben na nósa opinión) pedír compensacións.

PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO GASODUTO

O CONCELLO INICIOU OBRAS DE ARRANXO DE VARIAS ESTRADAS EN SAN PEDRO

O CONCELLO INICIOU OBRAS DE ARRANXO DE VARIAS ESTRADAS EN SAN PEDRO, SAN COSME E VILAMARTÍN GRANDE. O INVESTIMENTO ASCENDE A 120.000 EUROS E O ALCALDE ANUNCIOU UNHA SEGUNDA FASE POR IMPORTE DOUTROS  60.000 EUROS.

Barreiros, 2 de febreiro de 2018. O Concello iniciou varias obras de arranxo de estradas en San Pedro, San Cosme e Vilamartín Grande. Os traballos, que deron comezo esta semana, suporán un investimento de 120.000 euros. O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou tamén o inicio doutra fase en breve por importe de 60.000 euros máis. O rexedor barreirense visitaba nas últimas horas algunhas desas estradas.

O rexedor manifestou que “en Barreiros nesta semana iniciabamos traballos de reparación de distintas vías municipais, distintas pistas, tanto en San Pedro de Benquerencia como en San Cosme, hai algunha tamén en Vilamartín Grande, é dicir, en todo o municipio vanse reparar unha serie de estradas municipais”.

O alcalde explicou que “seguindo cun plan que xa iniciaramos hai aproximadamente un mes, que estivo parada a obra debido ao mal tempo, comezouse esta semana coa limpeza das cunetas e se na próxima semana mellora un pouco o tempo empezarase xa coa mellora deses regos así como as outras que van con aglomerado”.

Alfonso Fuente salientou que “entre esas melloras tamén está esta que nos reclamaban hai uns días que é o acceso ao campo de fútbol das Valgas, e que eu xa manifestaba que era unha estrada que estaba en obras e que cando mellorara o tempo remataríase esa obra”.

O rexedor de Barreiros subliñou que “o importe desta actuación vai superar os 120.000 euros, o que contradí evidentemente co que líamos estes días atrás do Bloque Nacionalista de Barreiros que dicía que o Concello só tiña unha partida de 55.000 euros no presuposto para arranxar vías, o cal era insuficiente. Estamos levando a cabo esta actuación, que xa vai ser dun importe bastante máis elevado, máis do dobre, e en breve imos facer outra actuación doutras vías que estamos preparando o proxecto por un importe de preto de 60.000 euros”.

Fuente Parga sinalou que “todos os veciños e veciñas estean tranquilos que se van seguir reparando estradas. Nós non queremos ofrecer esa imaxe catastrofista de Barreiros como queren algúns senón que, todo o contrario, seguimos traballando para mellorar as estradas, mellorar os alumeados, mellorar en definitiva, como digo sempre, a vida dos veciños de Barreiros”.

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña mobiliza a mais de mil mariñás e mariñaos para acudir a Composela este domingo 4 de febreiro

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña mobiliza a mais de mil mariñás e mariñaos para acudir a Composela este domingo 4 de febreiro á manifestación en defensa da Sanidade Pública e da Área Sanitaria da Mariña

Toda A Mariña é unha soa voz na defensa da nosa sanidade

A Mariña, 2 de febreiro 2018. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña  mobiliza a mais de mil persoas para acudir á manifestación convocada por S.O.S Sanidade Pública, da que forma parte a plataforma mariñá. Dez autobuses e centos de coches particulares levarán a Compostela o clamor de toda unha comarca que se opón contundentemente aos recortes en sanidade do Partido Popular, á eliminación da Área Sanitaria da Mariña, á centralización en Lugo dos recursos económicos que tiñan que ser xestionados desde o Hospital de Burela, para o Hospital de Burela e para a Atención Primaria na comarca, pero que desde a implantación da EOXI no 2013 pasan a depender do HULA, reducíndose e diminuindo desde aquela os servizos sanitarios na comarca e aumentando as derivacións a Lugo, ao HULA  e ás clínicas privadas.

O desprazamento organizado mais grande para acudir a unha manifestación fóra da Mariña

Desde a Plataforma destacan tamén que esta é unha das mobilizacións mais grandes que tén habido na comarca para asistir a unha manifestación fóra da Mariña. E resaltan tamén o apoio recibido desde todos os puntos da comarca, de diferentes colectivos de índole veciñal, cultural, social, deportivo e tamén a nivel individual, independentemente das diferentes ideoloxías ou sensibilidades políticas.

A Mariña é unha soa voz na defensa da sanidade pública

A Mariña agora mesmo xa é  unha voz única na defensa da súa sanidade pública, afirman desde a Plataforma, o que é unha garantía para seguir afrontando conxuntamente todas as loitas que esta comarca tén por diante, no referente especialmente á sanidade,  pero tamén aos servizos públicos e mesmo ás infraestruturas, asuntos nos que esta comarca queda sempre marxinada.

As saídas dos buse serán desde as Estacións de Autobuses de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo,e  desde a Casa do Mar de San Cibrao

Posponse ata novo aviso a excursión á neve prevista para o vindeiro domingo, 4 de xaneiro

Posponse ata novo aviso a excursión á neve prevista para o vindeiro domingo, 4 de febreiro. Desde o Concello de Barreiros subliñan que “debido as malas previsións meteorolóxicas a excursión organizada polo Concello e que estaba prevista para este domingo, día 4, queda pendente ata novo aviso. Previsiblemente farase despois do entroido, pero iremos informando tan pronto teñamos unha nova data”. A viaxe era á estación de esquí de Leitariegos. Desde o Concello piden desculpas polas molestias ocasionadas “pero por seguridade debemos actuar así”. 

Roban a una anciana de Barreiros 700 euros que acababa de sacar del banco

Roban a una anciana de Barreiros 700 euros que acababa de sacar del banco

Sospechan de una pareja de desconocidos, ella joven, alta y vestida de negro

.
PEPA LOSADA
VIVEIRO / LA VOZ 

Roban 700 euros a una anciana de Cabarcos (Barreiros). Ocurrió ayer por la mañana en este municipio. Al parecer, la mujer había acudido a una entidad bancaria de la localidad a sacar el dinero. Hacia las doce de la mañana salía del lugar para dirigirse a comprar a un supermercado vecino, situado a escasos metros del banco. Cuando terminó y se dirigió a la caja para pagar ya no tenía la cartera encima.

Según ha trascendido, sospechan que se lo pudo haber robado una pareja de desconocidos que se acercó a la anciana cuando esta estaba en la frutería. Según explicó algún testigo, se trata de una chica alta y morena, vestida de negro, acompañada de un hombre un poco más bajo y también de tez morena. Nadie los conocía en el lugar.

La Guardia Civil investiga este incidente, que dejó a la anciana, visiblemente nerviosa y disgustada.

Aunque nadie ha confirmado si la mujer venía de cobrar su pensión, si es cierto que los primeros días del mes son propicios para los delincuentes que se dedican a este tipo de robos, ya que es en estas fechas cuando muchos mayores se acercan a sus entidades bancarias a cobrar su jubilación.

Sospechan de una pareja, ella una chica alta, de tez morena, vestida

de negro

A EMPRESA DO MANTEMENTO DO ALUMEADO PÚBLICO LEVA UN 300% MÁIS DE ORZAMENTO QUE NO 2017

A EMPRESA DO MANTEMENTO DO ALUMEADO PÚBLICO LEVA UN 300% MÁIS DE ORZAMENTO QUE NO 2017

Dos 62.000 euros para mantemento no 2017, pásase a 188.500 euros para o mesmo concepto no ano 2018.

Barreiros, 1 de febreiro de 2018. O BNG continúa explicando polas parroquias o contido dos orzamentos presentados polo goberno municipal do PP en Barreiros. Na reunión que tivo lugar en Benquerencia, unha das cuestións que máis chamou a atención das veciñas e dos veciños foi distribución dos gastos. “Os cartos que se destinan ao mantemento do alumeado publico, que o leva unha empresa privada, increméntanse neste ano nun 300% con respecto ao orzamento do ano anterior”, informan desde o BNG.

A portavoz municipal explicou que “na mesma partida na que o ano pasado se metían 62.000 euros, para o 2018 aparecen 188.500 euros. Eses cartos van destinados a unha única empresa que leva o mantemento do alumeado e, en lugar de aforrar cartos ás veciñas e veciños, o que vemos é que cada ano nos custa máis manter esa empresa.”

Desde o BNG lembran que “cando o PP en Barreiros decidiu asinar o contrato con esta empresa, asegurou que suporía un aforro para as contas municipais. Pero lonxe de ser certo, o que vemos é que cada ano o custo sobe máis.”

De 50.000 euros no ano 2015, o custo foise multiplicando ata chegar neste ano a preto de 190.000 euros, o que “demostra que a política de privatización de servizos que está a levar a cabo o PP en Barreiros non só non ten resultados positivos, senón que as consecuencias económicas son nefastas.”

Desde o BNG contrapoñen estas cantidades ás que o goberno municipal destina a investimento en vías municipais: “vainos custar dúas veces e media máis manter o alumeado que o que se vai destinar a camiños municipais.”

A portavoz nacionalista considera que “unha vez máis, os números falan por si mesmos. Estamos asistindo a uns orzamentos que deixan perfectamente blindados unha serie de gastos, que se incrementan exponencialmente con respecto ao ano pasado, que van para empresas concretas; mentres investimentos tan necesarios como os que precisa a rede viaria municipal sofren os recortes no orzamento e quedan reducidas a cifras ridículas.”