O CONCELLO REALIZA ESTES DÍAS TRABALLOS DE MELLORA EN DIVERSAS ESTRADAS BARREIRENSES. AS OBRAS, SEGUNDO O ALCALDE, REMATARÁN DENTRO DUNHA SEMANA

O CONCELLO REALIZA ESTES DÍAS TRABALLOS DE MELLORA EN DIVERSAS ESTRADAS BARREIRENSES. AS OBRAS, SEGUNDO O ALCALDE, REMATARÁN DENTRO DUNHA SEMANA.

Barreiros, 22 de xullo de 2016. O Concello realiza estes días melloras en diversas estradas de Barreiros, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente Parga.

O rexedor dixo que “estes días iniciáronse obras de mellora en varios vieiros do noso municipio. Acábase de aglomerar un tramo na parroquia de Cabarcos, na estrada que vai desde a vía da Xunta ata a igrexa. Hoxe mesmo están aglomerando e ensanchando a que vai por detrás do pavillón de deportes, na parroquia de San Cosme. E tamén continuarán as obras no Camiño Real en San Miguel”.

Segundo Alfonso Fuente “son camiños bastante transitados, estaban con riego e agora o que se lles fai é meter asfalto para que sexa mellor a circulación e sempre tentando arranxar esas estradas que consideramos que son máis transitadas principalmente. Optamos por facer este riego asfáltico porque así aguantará moito máis tempo a estrada en bo estado”.

O alcalde barreirense agarda que no prazo dunha semana estes traballos estean rematados.

O CONCELLO TRABALLA PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS OCASIONADOS POLOS VERTIDOS CHEGADOS NAS ÚLTIMAS HORAS Á PRAIA DE AREALONGA

O CONCELLO TRABALLA PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS OCASIONADOS POLOS VERTIDOS CHEGADOS NAS ÚLTIMAS HORAS Á PRAIA DE AREALONGA.

Barreiros, 22 de xullo de 2016.  O Concello traballa para solucionar os problemas ocasionados polos vertidos que chegaron nas últimas horas á praia de Arealonga. O alcalde, Alfonso Fuente, di que isto ocorre de xeito puntual algúns días durante o verán.

O rexedor explicou que “o ocorrido onte na praia de Arealonga non é mais que algo que coñecemos de todos os anos, pode haber algún vertido puntualmente, como pasou onte. Iso prodúcese entre 15 e 20 días no verán porque é unha depuradora que ten a capacidade que ten e hai momentos en que lle chega un vertido superior e non é capaz de procesalo”. Fuente Parga engadiu que “iso unido a que está moi preto da praia e que o caudal do río é moi escaso, porque baixa moi pouco auga, produce eses cheiros e ese vertido na praia”.

O alcalde de Barreiros subliñou que “desde o Concello facemos todo o que podemos evidentemente, hai tempo que levamos chamando a outras administracións para poder solucionar este tema. Estamos traballando neso e nós o que fixemos foi pechar ao baño esa parte da praia, entre 50 e 100 metros, e sinalizalo para que ninguén se meta nese rego nin nesa zona da praia, e que todo o mundo disfrute do resto do areal. O resto da praia non ten ningún problema”.

Alfonso Fuente insistiu: “somos coñecedores do que está a pasar nese punto de Arealonga e estamos a traballar en solucionalo”.

MARIO NOVO CONTINUARA UN ANO MAIS NO PRAIAS DE BARRERIROS

Ó avilidoso ala zurdo do Valadouro continuará no clube barreirense.

Un dos xogadores máis importantes da tempada pasada, que aportou calidade e goles. Mario demostrou con creces toda a súa experiencia na pista barreirense, xa que madurou moito e converteuse nun xogador importante, tanto ofensiva como defensivamente. Foi un dos xogadores que máis minutos acaparou da tempada pasada.

FB_IMG_1469106159072Por mor disto, e do seu compromiso absoluto a directiva do Praias de Barreiros vía indispensable a súa renovación, e séntense enormemente orgullosos de que continúe a tempada que ven.

Con esta oitava renovación o clube barreirense cerra máis da metade do plantel, a falta de algunha renovación e incorporación que se están a traballar nelas.

O sabor da aventura está no mar

O Concello de Barreiros organizou coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería do Mar) na xornada de onte a actividade O sabor da aventura está no mar. Segundo explica a educadora familiar, Vanesa Fernández, “os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos desprazáronse ata a nave das redeiras, sita en Burela, e alí aprenderon o seu oficio e as diferentes artes de pesca. Porteriormente degustaron un cátering de produtos do mar coñecendo os alimentos extraídos do mar desde o punto de vista culinario. Para rematar a xornada fixeron unha visita á zona de marisqueo da ría de Foz, onde adquiriron nocións sobre a extracción de moluscos bivalvos e a diferenciación das distintas especies de marisco”.

Vanesa Fernández engadiu que “esta xornada lúdica trasmitiu aos nenos e nenas participantes a importancia dos produtos do mar na súa dieta e o fomento do seu consumo”.DSC06280

ESTE DOMINGO, 24 DE XULLO, COMEZAN OS CONCERTOS NO SOLPOR NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, COA ACTUACIÓN DE BARAHÚNDA

ESTE DOMINGO, 24 DE XULLO, COMEZAN OS CONCERTOS NO SOLPOR NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS,  COA ACTUACIÓN DE BARAHÚNDA.

Barahunda2 Barahunda1Barreiros, 20 de xullo de 2016. Este domingo, 24 de xullo, comeza no Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, unha nova edición dos Concertos no Solpor. Será coa actuación do grupo Barahúnda. O Eido tamén promove outras actuacións musicais no Cámping Gaivota, que se inician este venres.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “o venres o Eido Dourado promove, na tradicional queimada que facemos todos os venres no Cámping Gaivota, a actuación dun grupo que se chama Os Cacahuates, inspirado na música do tex mex mexicano. Ten unha marcha impresionante, eu a primeira vez que os vin quedei realmente sorprendido cómo lle podían quitar tanto a este tipo de música. Será a partir das once da noite nas terrazas do Gaivota”.

Dourado subliñou que “o domingo principiamos os Concertos no Solpor no Eido Dourado. Presentamos a Barahúnda, unha formación de orixe madrileño que decidiron hai un tempo instalarse en Galicia e que xira en torno á voz de Helena De Alfonso. A desta muller é unha voz moi particular que inunda realmente todo o que é a formación do grupo. Farán un percorrido por distintas cancións pertencentes a distintos estilos. Realmente penso que pode ser se o tempo nos axuda, unha noite preciosa. Os dous actos son de entrada balde”.

O artista barreirense manifestou que “no Eido estrearemos a iluminación xa que empezamos cos concertos, e se o tempo nos acompaña penso que vai ser realmente precioso. Son uns concertos coa caída do sol e son formacións absolutamente renovadoras que se dan a coñecer en A Mariña. Sempre buscamos aquelas músicas pertencentes ao noso país que aportan algo. Nesta ocasión, neste verán, penso que a programación do Eido Dourado é moi interesante e irémola esbozando en datas sucesivas”.

Celso Dourado  convida “a todos que queiran gozar dunha caída do sol cunha boa música a carón da praia da Pasada, penso que non vai decepcionar”.

 

Bye stockings Facebook’s cancer awareness game, no more toilet paper makes no sense

Romance concerns are normal and cause much emotional stress. By handling mentalhealth troubles distinguishing the situation, finding linked and taking care of connection, you may be ready to fix a broken connection. Determine the Problem Determining why your romance is busted to begin with could not be easy, but it matters when wanting to correct it. Seguir leyendo Bye stockings Facebook’s cancer awareness game, no more toilet paper makes no sense

JUCHI O SEGUINTE EN SUBIRSE AO TREN DO PRAIAS DE BARREIROS

20160719_224441Borja Otero Villarino (Juchi) estará un ano máis aos servizos do clube barreirense.

Ó xogador bureles cumprirá a súa segunda tempada no conxunto verde. Ó ala-cierre é un deses xogadores que é capaz de deixar ca boca aberta a toda unha grada cos seus goles, será un dos xogadores máis experimentados do plantel e volvera a poñerse as ordes de Andrés López, gran coñecedor deste xogador.

Con esta última renovación o conxunto barreirense está a crear un equipo que mezcla xuventude e veteranía, que sexa capaz de competir en tódolos partidos da tempada para así poder estar nos postos altos da clasificación.

Seventeen reasons to ban glyphosate

By: Daniel Franklin –> –> Can your writing use a little aid? Whether you write for satisfaction or business it’s not quite impossible your publishing could benefit from the amazing English publishing software known as WhiteSmoke Writing Application. You’ve likely heard of comparable packages and been absolutely unimpressed. tim brown opens up about possible This is not the same old writing software you’ve noticed in the past. Seguir leyendo Seventeen reasons to ban glyphosate

Noticias de Barreiros