Archivo de la categoría: Bandos

COMEZARON AS OBRAS DO NOVO DEPÓSITO DE AUGA DE SAN CAETANO, EN BARREIROS

COMEZARON AS OBRAS DO NOVO DEPÓSITO DE AUGA DE SAN CAETANO, EN BARREIROS. OS TRABALLOS FORON SUPERVISADOS POLO ALCALDE. O INVESTIMENTO ASCENDE A 1 MILLÓN DE EUROS E O PRAZO DE EXECUCIÓN É DE 6 A 7 MESES.

Barreiros, 25 de agosto de 2017. Deron comezo as obras do novo depósito de auga de San Caetano, en Barreiros. Estas obras xa foran adxudicadas hai un tempo pero empezaron hoxe tras contar con todas as autorizacións pertinentes. O investimento ascende a 1 millón de euros e o prazo de execución será de seis a sete meses, segundo anunciou esta mañá o alcalde.

Alfonso Fuente contou que “hoxe visitaba o inicio das obras do novo depósito cabeceira en San Caetano, en Celeiro de Mariñaos, que é o que dá servizo a toda a rede de augas. É unha obra que se ben xa fai meses foi adxudicada, non se iniciara dado que estábamos pendentes de autorizacións do Ministerio de Fomento, e polo tanto hoxe se daba inicio a eses traballos que van supoñer unha mellora importantísima na rede de abastecemento de auga”.

O rexedor dixo que “este verán houbo moitísimo consumo de auga, pero puidemos afrontalo sen ningún problema, sen cortes, pero con iso non podemos pensar que xa está todo solucionado, senón que hai que seguir mellorando e polo tanto imos aumentar ese depósito cabeceira, mellorar a depuradora e todo de cara aos vindeiros anos que se prevé un aumento importante de visitantes no noso concello”.

O alcalde de Barreiros sinalou que “as obras é posible que duren seis ou sete meses dado que é un investimento importante porque estamos a falar de preto de 1 millón de euros”.

Fuente Parga advirte que “nalgún momento pode haber cortes como xa pasaba hoxe que tocaron un tubo que abastece á zona de Cabarcos e A Rigueira, foi reparado en menos dunha hora, pero dado o calibre das obras nalgún momento, sobre todo dentro dun par de meses, xa iremos avisando dos cortes que poidan producirse sempre que se poida e non sexa unha rotura inesperada ou fortuíta”.

O rexedor engadiu que “se vai intentar facer a obra, tendo en conta que falamos de facer un novo depósito pegado ao depósito que dá servizo a toda a rede, e de facer unha nova depuradora que vai ubicada no mesmo sitio onde está a outra funcionando, nalgún momento pode haber algún día que haxa que facer eses axustes ou eses cambios que poidan supoñer algún problema no abastecemento”.

O alcalde de Barreiros lembrou que “estas obras son financiadas con cargo ao convenio asinado no seu día cos promotores”.

Prohíbse temporalmente o rego de xardíns

O CONCELLO PROHIBE TEMPORALMENTE REGAR XARDÍNS PRIVADOS PARA RACIONALIZAR O CONSUMO DE AUGA, DEBIDO Á SECA QUE ESTAMOS A SUFRIR.

Barreiros, 9 de xuño de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, fixo público hoxe un bando para prohibir temporalmente o rego en xardíns privados. Forma parte das medidas para racionalizar o consumo de auga, debido á seca que estamos a sufrir.

O rexedor municipal explicou: “hoxe recibimos no Concello unha carta do Ministerio de Medio Ambiente na que, dada a seca que estamos a sufrir en todo España, solicita que impulsemos medidas de aforro e racionalización en canto ao consumo de auga, pedindo sobre todo que non reguemos xardíns municipais, que non se laven as rúas e todo este tipo de actuacións para impulsar o aforro de auga. E nós unha medida que vimos tomando todos os veráns e que sacábamos en torno a mediados de xullo era privar de regar os xardíns privados. E nesa liña hoxe publicamos un bando impedindo temporalmente o rego en xardíns privados”.

Alfonso Fuente pide “sentido común aos veciños e veciñas para que o apliquen e que vexan a necesidade que hai de algo tan elemental como a auga. Non é un problema de infraestruturas neste momento senón que é por unha seca xeral como consecuencia da cal o caudal dos ríos e os encoros están moi baixos. Polo tanto eu creo que debemos impulsar xa, sen esperar a máis adiante, esas medidas de aforro e racionalización do consumo da auga”.

No hay texto alternativo automático disponible.

SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA NO FOGAR

O Sr Alcalde-Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as os/as veciños/as que a Deputación Provincial de Lugo, acaba de publicar a Ordenanza Reguladora do SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA NO FOGAR, mediante o establecemento dun Baremo Único Provincial para o acceso ó Servizo.

REQUISITOS DE ACCESO:

– Estar en situación de necesidade, vulnerabilidade ou risco por razóns sociais ou sanitarias.

– Ter liña telefónica e subministración de enerxía eléctrica no domicilio.

– Estar empadroado nun concello de menos de 20.000 habitantes que esté adherido ó Servizo de Teleasistencia Social no Fogar.

– Ter designada unha persoa de contacto e que teña acceso ás chaves da vivenda do usuario.

– Non ter recoñecida a situación de Dependencia.

Para maior información, así como para tramitación de solicitudes, no Concello, DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS, mediante cita previa no teléfono 982-124002.

Barreiros a 9 de setembro de 2016

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Tipo de anuncio:

Anuncios, Axudas e subvencións

Archivos de anuncio:

anuncio_teleasistencia.pdf