ESTE DOMINGO, 24 DE XULLO, COMEZAN OS CONCERTOS NO SOLPOR NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, COA ACTUACIÓN DE BARAHÚNDA

ESTE DOMINGO, 24 DE XULLO, COMEZAN OS CONCERTOS NO SOLPOR NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS,  COA ACTUACIÓN DE BARAHÚNDA.

Barahunda2 Barahunda1Barreiros, 20 de xullo de 2016. Este domingo, 24 de xullo, comeza no Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, unha nova edición dos Concertos no Solpor. Será coa actuación do grupo Barahúnda. O Eido tamén promove outras actuacións musicais no Cámping Gaivota, que se inician este venres.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “o venres o Eido Dourado promove, na tradicional queimada que facemos todos os venres no Cámping Gaivota, a actuación dun grupo que se chama Os Cacahuates, inspirado na música do tex mex mexicano. Ten unha marcha impresionante, eu a primeira vez que os vin quedei realmente sorprendido cómo lle podían quitar tanto a este tipo de música. Será a partir das once da noite nas terrazas do Gaivota”.

Dourado subliñou que “o domingo principiamos os Concertos no Solpor no Eido Dourado. Presentamos a Barahúnda, unha formación de orixe madrileño que decidiron hai un tempo instalarse en Galicia e que xira en torno á voz de Helena De Alfonso. A desta muller é unha voz moi particular que inunda realmente todo o que é a formación do grupo. Farán un percorrido por distintas cancións pertencentes a distintos estilos. Realmente penso que pode ser se o tempo nos axuda, unha noite preciosa. Os dous actos son de entrada balde”.

O artista barreirense manifestou que “no Eido estrearemos a iluminación xa que empezamos cos concertos, e se o tempo nos acompaña penso que vai ser realmente precioso. Son uns concertos coa caída do sol e son formacións absolutamente renovadoras que se dan a coñecer en A Mariña. Sempre buscamos aquelas músicas pertencentes ao noso país que aportan algo. Nesta ocasión, neste verán, penso que a programación do Eido Dourado é moi interesante e irémola esbozando en datas sucesivas”.

Celso Dourado  convida “a todos que queiran gozar dunha caída do sol cunha boa música a carón da praia da Pasada, penso que non vai decepcionar”.