La Xunta concede ayudas a agrupaciones de Protección Civil de A Mariña

El DOG publicó ayer las cuantías destinadas a cada una de las nueve beneficiarias

VIVEIRO / LA VOZ, 03 de agosto de 2016. Actualizado a las 05:00 h.

En el DOG de ayer salían publicadas las ayudas concedidas por la Xunta a las agrupaciones de Protección Civil de Galicia. En A Mariña reciben ayudas nueve de ellas. 1.980 euros la de Barreiros, 2.175 la de Burela; 2.409 la de Foz, 2.439 la de Mondoñedo, 1.944 la de O Valadouro, 2.119 la de O Vicedo, 2.198 la de Ribadeo y 2.271 la de Viveiro.

 

O GOBERNO DE BARREIROS IGNOROU O INFORME DE ADEAC E NON ATENDEU ÁS RECOMENDACIÓNS

O GOBERNO DE BARREIROS IGNOROU O INFORME DE ADEAC E NON ATENDEU ÁS RECOMENDACIÓNS.

O BNG non entende a sorpresa do rexedor cando no informe recibido o 18 de xullo xa se advertía da posibilidade de perder os distintivos.

A convocatoria de contratación dos socorristas só ofertaba 20 postos para este servizo.

Barreiros, 3 de agosto de 2016. O BNG lamenta o pasotismo e a prepotencia coa que reaccionou o alcalde de Barreiros á retirada de todas as Bandeiras Azuis das praias barreirenses. Desde o grupo municipal nacionalista din non entender “a sorpresa amosada polo rexedor, tendo en conta que nun informe recibido no concello o día 18 de xullo, ADEAC xa advertía dunha serie de deficiencias nas praias que poderían conlevar a retirada definitiva dos galardóns”.

“Non o entendemos porque, facendo gala da deixadez e a prepotencia de quen nunca asume as consecuencias dos seus actos, tal informe non foi sequera contestado nos 10 días que se outorga para tal e, deste xeito, amosar a intención de corrixir as deficiencias”, explica a portavoz municipal Ana Ermida.

Para o BNG non é de recibo que se presuma de mellorar os servizos das praias por ter colocado uns baños nalgunhas praias a metade da temporada, por ter privatizado o servizo de limpeza dos areais ao nonn ser quen de xestionalo desde o concello ou por pechar unha zona ao baño tras ser incapaz ano tras ano de solucionar o problema dos vertidos de Arealonga. “O que fai o goberno de Barreiros non é xestionar e mellorar os areais, senón ir poñendo parches en cada un dos problemas que aparecen. Se iso é do que presumen, queda á vista cal é o seu modo de gobernar”, afirman os nacionalistas.

Os postos ofertados para socorrismo foron 20.

Desde o BNG tamén amosan a súa sorpresa ao escoitar que a intención do goberno municipal era a de contratar máis socorristas, pero foi imposible debido á escaseza de profesionais. “Non entendemos moi ben que a intención fora a de contratar máis persoal de salvamento xa que na resolución da alcaldía, de data 3 de xuño, na que se aproba a convocatoria para a contratación de socorristas, só se contemplan os 20 postos subvencionados pola Xunta. E ata o 30 dese mesmo mes non se convocou ningunha praza máis para este servizo”, explica Ana Ermida.

“Descoñecemos se houbo algunha resolución no mes de xullo, pero non nos parece lóxico que se agarde ao mes de xullo para ofertar algunha praza a maiores sabendo a solicitude de profesionais do socorrismo que existe. Se realmente houbera planificación e interese, teríase feito a convocatoria en tempo e poderían terse cuberto as prazas precisas”, aseguran desde o BNG.

As praias como mostra da xestión do PP en Barreiros.

O BNG lamenta que “a incapacidade do goberno municipal remate deste xeito no que ás praias se refire” e, aseguran que “é a marca do goberno do PP en Barreiros”.

“A xestión de Alfonso Fuente á fronte do goberno municipal é tan nefasta que nin o seu xefe Feijoo quere pasar por este concello, tal e como se evidenciou na visita que fixo onte aos municipios limítrofes de Foz e Ribadeo”, afirman.

Ana Ermida manifesta “a preocupación do BNG pola situación que hai neste concello: non se planifica, non se priorizan investimentos nin gastos, malgástanse os cartos en caprichos e nimiedades mentras se desatenden cuestións fundamentais. As praias son o primeiro exemplo palpable de como está este concello por dentro. A incapacidade non pode ser maior, nin facéndoo adrede”, conclúen.

Recortes de prensa sobre el tema de las playas de Barreiros

El alcalde de Barreiros baraja no volver a pedir las banderas azules

Lo haría para evitar polémicas políticas, no por haber perdido seis distintivos

INMA EIROÁbarreiros / la voz, 03 de agosto de 2016. Actualizado a las 08:01 h.

La resaca por la pérdida de las seis banderas azules continúa enBarreiros, donde el alcalde, Alfonso Fuente Parga, manifestaba que está barajando no volver a solicitar los distintivos que la mayor parte de las playas del municipio han lucido durante años. Señala que esta posible decisión no estaría motivada por el hecho de haber perdido las seis banderas, sino para evitar que se utilice el asunto como debate político, «ata o punto de pedir a dimisión do alcalde e do concelleiro de medio ambiente».

Un día después de conocerse, a través de la web de la Adeac, la retirada de todas las banderas azules a Barreiros, uno de los concellos que ha liderado durante años la lista de municipios gallegos con más distintivos, Fuente Parga se mostraba sorprendido ante dicho anuncio ya que, señala, «se melloraron os servizos respecto ao ano pasado».

Contemporizador, el alcalde insiste en que «nós sempre valoramos positivamente o programa bandeira azul, sempre estivemos aí, e polo tanto non quero dicir nada en contra da bandeira azul. Pero tamén quero deixar claro que é curioso que sexa xusto agora cando anunciábamos a posta en marcha que xa leva uns días, deses baños nas praias de Altar, Coto e Lóngara para mellorar precisamente os servizos, cando se retiren eses distintivos. Con respecto ao ano anterior non hai ningunha redución de servizos, senón que ao contrario hai unha mellora nos servizos que se están prestando nas praias», asegura el alcalde.

Menciona también la positiva valoración que los usuarios hacen del trabajo de limpieza en las playas, del cual se encarga una empresa especializada que contrataron este año. Y sobre los socorristas, señala que «é verdade que queríamos contratar 22 igual que o ano pasado, pero nos tivemos que quedar en 21 por esa escaseza que hoxe (por onte) víamos que outros concellos están a ter». Explica el regidor que no hay socorristas con la cualificación requerida, pero los servicios se están prestando en las mismas condiciones que el año pasado y en esa pasada edición «non houbo ningún problema e este ano bandeira azul decide retirar esas bandeiras».

El alcalde asegura que el servicio de socorrismo está funcionando, que hay más baños, limpieza, condiciones excelentes en las playas y que «o único que esperamos é que haxa bo tempo para que todo o mundo poida gozar das praias de Barreiros igual que o leva facendo moitos anos».

 

Imposible contactar con Adeac

Desde esta Redacción los últimos dos días se intentó contactar, sin conseguirlo, con responsables de la Adeac para profundizar en los motivos que llevaron a la asociación a retirar todas las banderas de un Concello tan laureado como Barreiros. Tampoco el Ayuntamiento recibió la notificación oficial de la retirada y desconoce, explicó el alcalde, los motivos exactos por los que han retirado las otras tres banderas. El alcalde supone que es debido a que no disponen del tipo de casetas que está pidiendo la Adeac, distintas a las de lona que tienen instaladas en las playas: «Levamos auga corrente ás casetas de lona, pero piden auga quente, luz eléctrica e estruturas máis fortes. Pero falamos de praias salvaxes, hai que lograr autorización de Costas, logo levar a línea eléctrica a tódolos postos ¡Coidado! e poñer nunhas praias onde chega a marea unhas casetas que é difícil retirar, pensamos que é inviable. Podiamos poñelas no acantilado, pero entendo que é dar peor servizo; podemos estar equivocados, pero creo que os postos de lona son más axeitados e nós apostamos por ter unha ambulancia permanente que se despraza dende o posto de Coto a calquera das praias en cinco minutos. Noutros concellos dependen do 061. Nós temos ambulancia con desfibrilador, pensamos que estamos cubertos, pero Bandeira Azul ten outros criterios e nós acatámolos», afirma el alcalde señalando que «o meu pensamento é non volver solicitar as bandeiras, pero teño clarísimo que imos seguir facendo investimentos nas praias e si podemos, poñeremos casetas mellores para os socorristas».

O Vicedo renunció a la de Abrela y Foz perdió la de A Pampillosa por falta de socorristas

Foz es el otro municipio mariñano al que retiraron una bandera azul, la que concedieran a la playa de a Pampillosa. El alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explica que «loxicamente non hai suficientes socorristas profesionais e Bandeira Azul non admite outros recursos como auxiliares de Protección Civil», por lo que esa playa se quedó sin el distintivo. En Foz sí mantienen la bandera azul las playas de A Rapadoira, Llas, Peizás, As Polas y Areoura.

El alcalde destaca que los arenales están bien cubiertos, que los servicios seguirán igual y las condiciones de baño son excelentes.

En O Vicedo, el propio Concello renunció a la bandera azul de Abrela ante la imposibilidad de conseguir socorristas profesionales. El alcalde, Jesús Novo, señalaba que «fixemos tres seleccións e só conseguimos tres dos seis que se precisaban para as dúas praias». Como consecuencia de ello, renunciaron a la de Abrela y mantienen la de Xilloi.

A Mariña tiene playas de primera

Las playas de A Mariña son de primera. La calidad del agua es excepcional en todas o casi todas y en todas, salvo en pequeñísimas calas, hay socorristas, aunque alguno no tenga la cualificación que ahora exige la Adeac. A eso hay que sumar buenos accesos, buenos servicios en la mayoría de los casos, excelente arena y paisaje privilegiado. Encontrarse playas casi vírgenes es también un privilegio. ¿Cuenta como nota para Adeac?

Fuente Parga: «Respecto a decisión, pero non hai problema, as praias están impecables e vemos que cada ano teñen máis xente»

02 de agosto de 2016. Actualizado a las 05:00 h. 0

«Eu vexo positivo o programa das bandeiras azules e respecto a decisión da Adeac, pero non hai problema, as praias están impecables e cada ano teñen máis xente». Esto afirmaba el alcalde de Barreiros, explicando que el socorristas que faltaba en As Pasadas el día de la inspección estaba contratándose; dice que este año tienen 21, uno menos que el año pasado, y que los servicios que faltaban en Lóngara ya están colocados, al igual que en Altar y Coto. El agua, dice, es excelente y no tiene constancia, a falta de llegar los últimos análisis, de que haya problemas.

Adeac retira las 6 banderas azules de Barreiros aunque las playas están bien

Aducen, sobre todo, incumplimiento de los estándares en el servicio de socorrismo

VIVEIRO / LA VOZ, 02 de agosto de 2016. Actualizado a las 05:00 h.

Barreiros, uno de los municipios Galicia con mayor número de playas galardonadas con bandera azul se ha quedado sin los seis distintivos que le habían sido concedidos este año.

En un principio la medida afectó a las playas de Arealonga (por un vertido de aguas fecales) a la de Lóngara (por inexistencia de WC públicos en el momento de realizar la inspección y práctica de kitesurf sin tener zona habilitada ara ello) y a la de As Pasadas (por incumplimiento del criterio de disponer de al menos dos socorristas profesionales en la playa). Pero el día 1 de este mes de agosto, en la página oficial de la Adeac confirmaban la retirada de las otras banderas azules a las playas de Coto, Fontela-Valea y Acantilado-Remior. En estos tres casos, por incumplimiento de los estándares de calidad del servicio de socorrismo.

A Mariña pierde ocho banderas azules de una tacada

El título se cae en todos los arenales de Barreiros, hasta seis, y en playas de Foz y de O Vicedo

viveiro / la voz, 02 de agosto de 2016. Actualizado a las 12:22 h. 0

Barreiros, uno de los municipios Galicia con mayor número de playas galardonadas con bandera azul se ha quedado sin los seis distintivos que le habían sido concedidos este año.

En un principio la medida afectó a las playas de Arealonga (por un vertido de aguas fecales) a la de Lóngara (por inexistencia de WC públicos en el momento de realizar la inspección y práctica de kitesurf sin tener zona habilitada ara ello) y a la de As Pasadas (por incumplimiento del criterio de disponer de al menos dos socorristas profesionales en la playa). Pero el día 1 de este mes de agosto, en la página oficial de la Adeac confirmaban la retirada de las otras banderas azules a las playas de Coto, Fontela-Valea y Acantilado-Remior. En estos tres casos, por incumplimiento de los estándares de calidad del servicio de socorrismo. El regidor de Barreiros, Fuente Parga, apuntó ayer: «Eu vexo positivo o programa das bandeiras azules e respecto a decisión da Adeac, pero non hai problema, as praias están impecables e cada ano teñen máis xente». Esto afirmaba el alcalde de Barreiros, explicando que el socorristas que faltaba en As Pasadas el día de la inspección estaba contratándose; dice que este año tienen 21, uno menos que el año pasado, y que los servicios que faltaban en Lóngara ya están colocados, al igual que en Altar y Coto. El agua, dice, es excelente y no tiene constancia, a falta de llegar los últimos análisis, de que haya problemas.

Por otra parte, Foz y O Vicedo pierden también algún distintivo azul. La Adeac lo retiró a la playa de Abrela (O Vicedo) ante la imposibilidad de contratar socorristas profesionales a fecha de 1 de julio y A Pampillosa por no contar con al menos dos profesionales en la playa.

How to Get Into University

The social stratification of spiritual businesses in the Usa according to success, electricity, and respect you start with the greatest rating one (Catholic) RELEASE: Interpersonal inequality could be the issue where people of the society have various amounts of wealth, reputation and power, whenever a social system of social inequality is based on structure of communities it is referred to as societal stratification, societal stratification could thus be defined as the hierarchical split of members of a community, stratification could be the structured rating of groupings in a society wherever communities perpetuate unequal financial rewards and in addition power. Seguir leyendo How to Get Into University

O ALCALDE AMOSA A SÚA SORPRESA TRAS A RETIRADA DAS BANDEIRAS AZUIS DAS PRAIAS BARREIRENSES, “CANDO SE MELLORARON OS SERVIZOS CON RESPECTO AO PASADO ANO”

O ALCALDE AMOSA A SÚA SORPRESA TRAS A RETIRADA DAS BANDEIRAS AZUIS DAS PRAIAS BARREIRENSES, “CANDO SE MELLORARON OS SERVIZOS CON RESPECTO AO PASADO ANO”.

Barreiros, 2 de agosto de 2016. O alcalde, Alfonso Fuente, amosa a súa sorpresa ante o anuncio de Adeac de retirar as bandeiras azuis das praias barreirenses, “cando se melloraron os servizos respecto ao pasado ano”.

O rexedor manifestou que “o primeiro que quixera deixar claro é que nós valoramos sempre positivamente o programa bandeira azul, sempre estivemos aí, e polo tanto non quero dicir nada en contra de bandeira azul. Pero tamén quero deixar claro que é curioso que sexa xusto agora cando anunciábamos a posta en marcha que xa leva uns días, deses baños nas praias de Altar, Coto e Lóngara para mellorar precisamente os servizos, cando se retiren eses distintivos. Con respecto ao ano anterior non hai ningunha redución de servizos, senón que ao contrario hai unha mellora nos servizos que se están prestando nas praias”.

Alfonso Fuente dixo que “é verdade que o ano pasado tivemos algún problema, incluso bandeira azul nos enviou algunha foto de papeleiras sen recoller. Este ano o que fixemos foi contratar xa a unha empresa especializada en limpeza. Están a limpar as praias e os baños, e a xente o está a valorar positivamente. Está habendo unha boa limpeza nas praias”.

O alcalde de Barreiros salientou que “os socorristas é verdade que queríamos contratar 22 igual que o ano pasado, pero nos tivemos que quedar en 21 por esa escaseza que hoxe mesmo víamos que outros concellos están a ter o mesmo problema, non hai socorristas coa cualificación que necesitan e polo tanto xa digo se están prestando os mesmos servizos, nas mesmas condicións que o ano pasado. O ano pasado non houbo ningún problema e este ano bandeira azul decide retirar esas bandeiras”.

Alfonso Fuente declarou que “nós estamos de acordo, imos enviar as bandeiras, hoxe xa non se izarán, e os servizos onte mesmo confirmaban que a praia está nun perfecto estado para o seu uso. A auga de baño é excelente, o servizo de socorrismo está funcionando, hai máis baños, hai limpeza e o único que esperamos é que haxa bo tempo para que todo o mundo poida gozar das praias de Barreiros igual que o leva facendo moitos anos”.

O alcalde barreirense engadiu: “eu o que teño que dicir a todo isto é que coñecín as praias de Barreiros antes de ter bandeira, coñézoas con bandeira e creo que as vou seguir coñecendo sen bandeira. Os usuarios das praias de Barreiros, tanto con bandeira como sen bandeira, saben que cada ano foron mellorando as condicións da praia, foron mellorando o uso e goce para a xente que quere vir ao noso concello e iso é o que valoramos como máis importante. Mesmo hoxe pola mañá me encontraba cun turista que me dicía precisamente da praia de Altar, unha praia que decidimos este ano non presentar á bandeira azul, e dicíame que a praia de Altar estaba mellor que nunca, con novos baños, que os socorristas estaban igual que todos os anos, que había moita máis limpeza nas praias, e iso é o que realmente me satisfai, ver que os usuarios das praias as valoran positivamente. Xa digo nós sen ningún problema. Adeac decide que se retiren esas bandeiras e nós o facemos e xa está, sen ningún problema”.

Fuente Parga tamén se referiu ás críticas vertidas nas últimas horas por parte dos partidos da oposición: “non son capaces de ver de forma realista que as praias melloran tanto en usuarios como en calidade de servizos. Hai uns días mesmo recoñecían no propio pleno tanto o BNG, que xa non participou no izado das bandeiras porque non estaba de acordo da bandeira azul, e o propio Partido Socialista recoñecía que era unha asociación privada bandeira azul, restándolle importancia e resulta que hoxe o máis importante do mundo son as bandeiras azuis e se utilizan de forma política”.

O rexedor asegurou que “eu non vou utilizar a bandeira azul nunca de forma política porque creo que sería desprestixiar bandeira azul e polo tanto nese senso defendo sempre bandeira azul, pero tamén acato os criterios”.

O alcalde de Barreiros rematou indicando: “ quero deixar moi claro que nós, o equipo de Goberno, somos quen temos que dirixir un espazo que é do concello, un espazo municipal, que son as praias do noso concello. Igual que outras contornas do noso concello. Creemos que estamos mellorando en servizo, estamos convencidos que estamos mellorando, os usuarios están valorando positivamente os esforzos que estamos a facer cada ano en mellorar servizos na praia, e iso a nós nos satisface”.

ADRIAN JUIZ VOLVERA A VESTIR A ELÁSTICA DO PRAIAS DE BARREIROS

ADRIAN JUIZ VOLVERA A VESTIR A ELÁSTICA DO PRAIAS DE BARREIROS

20160802_000406Ó xogador de San Miguel cumprirá o seu terceiro ano no clube. Ó pivot que pasou pola canteira dos clubes CD Foz e CD Burela FS, este último alternando os xuvenis coa terceira división. Pasou en senior polo CF Celta Barreiros e Iberia CF, e leva dous anos a competir no fútbol sala co Praias de Barreiros. Adrián ven para completar a posición de pivot dentro do plantel, aportará a súa gran capacidade goleadora e o seu xogo entre lineas. Así o clube barreirense segue a completar o plantel da próxima tempada, está a piques de cerrar as renovacións de Sergio e Borja, tamén algunha incorporación máis.

BARREIROS PERDE AS BANDEIRAS AZUIS DE TODAS AS PRAIAS

BARREIROS PERDE AS BANDEIRAS AZUIS DE TODAS AS PRAIAS.

En catro delas a retirada vén motivada por problemas no servizo de salvamento e socorrismo.

O BNG pide a dimisión do alcalde e o concelleiro de medio ambiente como responsables da xestión dos areais.

Barreiros, 1 de agosto de 2016. Segundo se pode comprobar na páxina web de Adeac, o organismo que concede as Bandeiras Azuis, o concello de Barreiros vén de perder definitivamente todos os galardóns das súas praias. “Era algo que se estaba vendo vir nos últimos anos e, especialmente, neste ano cando, a incompetencia e a deixadez se fixo aínda máis palpable”, afirman desde o grupo municipal do BNG.

É a primeira vez que Barreiros non ten Bandeiras Azuis nas súas praias desde que se comezou a outorgar este galardón. Este concello logrou ser un referente turístico chegando a ter oito bandeiras, sendo o segundo de Galiza con máis bandeiras, e agora retíranlle todo recoñecemento como consecuencia da deixadez e a desidia dun goberno municipal que só se preocupa de saír nas fotos con Feijoo na recollida e o día do izado e nen sequera ese día se cumpren as condicións para ter bandeira en todas as praias”, asegura a portavoz municipal, Ana Ermida. “Non sabemos se Feijoo ten tantas ganas de sair na foto co alcalde de Barreiros aprobando a súa xestión no concello”, ironizan desde a formación nacionalista.

Problemas medioambientais e no servizo de salvamento e socorrismo.

Para o BNG “ten especial gravidade que a retirada das bandeiras veña motivada maioritariamente por incumplimentos en materia de socorrismo e problemas medioambientais, xa que non é exclusivamente que se retiren as bandeiras; senón que se pode estar xogando coa seguridade e a saúde das persoas usuarias”, sinalan desde o BNG.

É incrible que a día un de agosto alguén teña a pouca vergoña de saír na prensa anunciando a colocación de wc nalgunhas praias, como se se puidera presumir dunha gran xestión tendo os areais sen os servizos máis básicos a metade da temporada de verán”, afirma desde a formación frontista.

Todos os problemas expostos pola ADEAC no seu informe no que se advertía da posibilidade da retirada definitiva das bandeiras serían subsanables se houbera intención de facelo, pero a deixadez é tan absoluta que nós”, explica Ana Ermida, “a día de hoxe non sabemos nen sequera se contestarían ao informe, a pesar de telo preguntado no pleno.”

Asunción de responsabilidades e dimisión de alcalde e concelleiro de medioambiente.

Para o BNG “a situación é tan grave que require de asunción de responsabilidades de quen, en todos estes anos, non só non foron quen de arranxar a situación, senón que destrozaron todo o traballo e a xestión que había feitos”.

A formación nacionalista pide as dimisións do alcalde, como responsable directo de toda a xestión, e do concelleiro de medioambiente. “Á vista está que non son capaces para desenvolver os seus postos, que están manchando a imaxe de Barreiros e que están deixando o noso concello nunha situación gravísima e vergoñenta. A sensación é de absoluta deixadez e desatención de todo. Parece coma se este concello non fora o seu e non lles importase”.

As veciñas e veciños de Barreiros non merecemos que nos represente quen, desde os sillóns de goberno, está manchando o nome deste concello desde todos os puntos de vista. Non merecemos un goberno prepotente que non atende nin escoita a quen o advirte para buscar solucións”, aseguran desde o BNG.

Esta é a última mostra de a onde nos leva o Partido Popular con Alfonso Fuente á cabeza. Desgraciadamente para o noso concello, seguramente non sexa a derradeira”, lamenta Ana Ermida.

O CONCELLO VEN DE INSTALAR CASETAS CON BAÑOS E DUCHAS NAS PRAIAS DE ALTAR, COTO E LÓNGARA

O CONCELLO VEN DE INSTALAR CASETAS CON BAÑOS E DUCHAS NAS PRAIAS DE ALTAR, COTO E LÓNGARA.

010816 Foto baños Barreiros 1 010816 Foto baños Barreiros 2Barreiros, 1 de agosto do 2016. O Concello ven de instalar varias casetas con baños e duchas nas praias de Altar, Coto e Lóngara. Estes servizos están conectados á rede municipal a diferenza dos existentes ata o de agora que eran baños biolóxicos. En Altar e Coto contan ademais con duchas e o de Lóngara está preparado para persoas con discapacidades.

O alcalde, Alfonso Fuente, contou que “en Barreiros desde mediados de xullo xa están funcionando unhas casetas que colocamos para mellorar o servizo de baño nas praias, concretamente na praia de Altar, na de Coto e na de Lóngara onde outros anos se viñan colocando uns baños biolóxicos, que non estaban conectados á rede de auga nin de sumidoiros senón que contaban cun sistema biolóxico”.

O rexedor explicou que “iso substituímolo este ano por tres casetas, na de Altar a maiores do baño conta con dúas duchas que están conectadas á rede municipal de augas, co cal é máis fácil a súa limpeza e a súa desinfección. Coto conta con catro duchas e un baño e en Lóngara existe unha caseta con acceso e preparada para persoas con minusvalías”.

Fuente Parga asegurou que “desta forma o que se fai é ir mellorando pouco a pouco, na medida que orzamentariamente podemos, os servizos que prestamos nas praias. Seguimos mantendo o mesmo nivel de socorristas, seguimos mantendo todos os servizos nas praias e a maiores este ano colocamos esas casetas”.

 

O flamenco inundou de baile, de cante e do son da guitarra os xardíns do Eido Dourado

100_2719O flamenco inundou de baile, de cante e do son da guitarra os xardíns do Eido Dourado onte, domingo, pola noite. Isaías Salazar ao baile, Sandra Calderón ao cante e Miguel Flores á guitarra fixeron as delicias dos que acudiron a este novo Concerto ao Solpor organizado polo Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros, “todo un espectáculo para a vista e para o oído”.
Os Concertos ao Solpor no Eido Dourado seguirán durante este mes de agosto.

Noticias de Barreiros