O CONCELLO VEN DE INSTALAR CASETAS CON BAÑOS E DUCHAS NAS PRAIAS DE ALTAR, COTO E LÓNGARA

O CONCELLO VEN DE INSTALAR CASETAS CON BAÑOS E DUCHAS NAS PRAIAS DE ALTAR, COTO E LÓNGARA.

010816 Foto baños Barreiros 1 010816 Foto baños Barreiros 2Barreiros, 1 de agosto do 2016. O Concello ven de instalar varias casetas con baños e duchas nas praias de Altar, Coto e Lóngara. Estes servizos están conectados á rede municipal a diferenza dos existentes ata o de agora que eran baños biolóxicos. En Altar e Coto contan ademais con duchas e o de Lóngara está preparado para persoas con discapacidades.

O alcalde, Alfonso Fuente, contou que “en Barreiros desde mediados de xullo xa están funcionando unhas casetas que colocamos para mellorar o servizo de baño nas praias, concretamente na praia de Altar, na de Coto e na de Lóngara onde outros anos se viñan colocando uns baños biolóxicos, que non estaban conectados á rede de auga nin de sumidoiros senón que contaban cun sistema biolóxico”.

O rexedor explicou que “iso substituímolo este ano por tres casetas, na de Altar a maiores do baño conta con dúas duchas que están conectadas á rede municipal de augas, co cal é máis fácil a súa limpeza e a súa desinfección. Coto conta con catro duchas e un baño e en Lóngara existe unha caseta con acceso e preparada para persoas con minusvalías”.

Fuente Parga asegurou que “desta forma o que se fai é ir mellorando pouco a pouco, na medida que orzamentariamente podemos, os servizos que prestamos nas praias. Seguimos mantendo o mesmo nivel de socorristas, seguimos mantendo todos os servizos nas praias e a maiores este ano colocamos esas casetas”.