Archivo de la categoría: Concello

Barreiros pleitea con bancos a quienes reclama 700.000 euros de avales

El alcalde no está dispuesto a que el Concello renuncie ni a un solo euro de los más de tres millones que se comprometieron a aportar los promotores

J.A.RIBADEO / LA VOZ, 29 de abril de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0

El alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, no está dispuesto a que el Concello renuncie a ni un solo euro de los más de tres millones que la década pasada se comprometieron a aportar los promotores urbanísticos para ejecutar la nueva red de agua. Parte lo hicieron en metálico y otros con avales. Como no pocas de esas empresas se extinguieron con la crisis, el Concello ha presentado demandas contra entidades bancarias reclamándoles el dinero de los avales que respaldaron, por valor de unos 700.000 euros. Fuente explicó que por ahora no ha habido ningún fallo judicial, pero dado que el Concello dispone de dinero en metálico que aportaron en sus día los promotores va a seguir licitando y ejecutando obras, que en total rondarán 1,4 millones de euros.

Uno de los proyectos ha sido adjudicado a Construcciones Saa, por unos 200.000 euros: la sustitución de la red principal que quedaba pendiente desde San Cosme hasta el depósito de Folgueirosa; estos días se va a licitar, por otros 200.000 euros, la conexión de los depósitos de A Barranca con el de Reinante, para evitar problemas de suministro, y por un millón de euros se licitará el resto del plan de refuerzo de la red, para mejorar la depuradora de Celeiro, construir otro depósito en San Caetano, etcétera.

Barreiros ofrece en alquiler el bar del centro sociocultural de San Cosme

El Concello convoca un concurso para alquilar el local durante una década

BARREIROS / LA VOZ, 29 de abril de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0

El Ayuntamiento de Barreiros convoca un concurso para alquilar durante 10 años el bar-cafetería del centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme. Se elegirá la oferta económica más ventajosa para el Concello, a partir de un mínimo de 175 euros mensuales, más IVA.

aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas

BARREIROS  Anuncio

Por Resolución da alcaldía de data 14 de abril de 2015, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 1º bimestre do exercicio 2015, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 17 de abril ata o 17 de maio de 2015.

Contra o acto de aprobación do padrón e da liquidación de tributos municipais incorporada a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.

A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a exixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

Barreiros, 14 de abril do 2015.- O alcalde, Jose Alfonso Fuente Parga R. 1595

O ALCALDE FAI UN BALANCE POSITIVO DA SEMANA SANTA E SUBLIÑA QUE “TODO FAI PRESAXIAR QUE O VERÁN SERÁ BO”

O ALCALDE FAI UN BALANCE POSITIVO DA SEMANA SANTA E SUBLIÑA QUE “TODO FAI PRESAXIAR QUE O VERÁN SERÁ BO”

Barreiros, 6 de abril de 2015. Todo fai presaxiar que o vindeiro verán será bo, segundo o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, que alude aos centos de persoas que pasaron polo municipio durante a Semana Santa.

O rexedor explicou que “mantivemos aberta a oficina de turismo o xoves e o venres, e por ela pasaron centos de visitantes que se achegaron a preguntar polas praias de Barreiros, pola praia das Catedrais e polo areal que levou o mar, é dicir pola praia de Arealonga”.

Fuente Parga engadiu que “á xente lle gusta esta zona, houbo moita xente que nunca viñera a Barreiros e que marchou moi contenta da súa estancia ou do seu paso por aquí, de aí que todo fai presaxiar que o verán será bo. O tempo axudou bastante. A Semana Santa discorreu moi ben”.

Aprobada la liquidación de 2014

APROBADA A LIQUIDACIÓN DE 2014 DO CONCELLO BARREIRESE. O ALCALDE DI QUE A SITUACIÓN ECONÓMICA MELLOROU E DESTACOU A CALIDADE E A RAPIDEZ COA QUE SE ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO. 18 PERSOAS TRABALLAN NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

Barreiros, 31 de marzo de 2015. O pleno celebrado onte no Concello aprobou a liquidación de 2014 “que é moi positiva”, segundo o alcalde, Alfonso Fuente. O rexedor dixo que a situación económica do Concello mellorou e subliñou a calidade e a rapidez coa que se atende aos maiores de Barreiros a través do plan concertado de servizos sociais. Na actualidade 18 persoas traballan no servizo de axuda no fogar.

O rexedor explicou que “un dos puntos que tíñamos na orde do día do pleno era a liquidación do presuposto de 2014, que é moi positiva dado que, si ben a do ano anterior practicamente todo nos daba en negativo, este exercicio despois de facer unha serie de axustes, mantendo todos os servizos e axudando a todas as asociacións, a todos os clubs e a todos os veciños seguindo prestando os servizos, si puidemos axustar eses resultados. E a liquidación é moi positiva, simplemente nos queda en tesourería un resultado negativo de 33.000 euros, pero que se poden axustar sen ningún problema. Tamén nesa liquidación aparecía que estamos pagando cuns días por encima do que nos manda o Ministerio, pero hai que dicir que a 31 de decembro nos adebedaban ao Concello 594.000 euros, dos que 300.000 son da recadación ordinaria que nos fai a Deputación Provincial e que aínda non nos tiña liquidado e 224.000 de distintas subvencións, tanto da Xunta de Galicia como da Deputación Provincial. Polo tanto, se tivéramos cobrados eses 594.000 euros seguramente puidéramos cumprir co período medio de pago”.

Fuente Parga dixo que “ingresamos xa máis que gastamos, estamos en bo momento e a economía do Concello vai saír adiante sen ningún problema. Tamén se deixou constancia de que non se pode, e menos nesta época electoral na que xa estamos, é estar mentindo á xente. Onte mesmo recollíamos as palabras de Antonio Veiga do día 28 de xaneiro nunha entrevista na Cope na que dicía que a débeda do Concello de Barreiros era de 5 millóns de euros, cando iso é mentira. Mentiu, porque non é de 5 millóns de euros, é de 2.400.000 euros, que é o préstamo que temos con pago a provedores, un préstamo que se vai ir liquidando, como fai calquera veciño. Iso utilizouse para facer investimentos e mellorar os servizos para todos os veciños e veciñas”.

E engadiu: “polo tanto non hai ningún problema e incluso o goberno do Estado está axustando os tipos de interese, vamos pagar neste ano 70.000 euros menos en intereses. Polo tanto ao final vamos pagar a débeda practicamente a interese cero. É dicir, fixemos investimentos a interese cero. Eu creo que é unha boa xestión e se non fixéramos eses investimentos non teríamos eses préstamos, co cal os veciños e veciñas non terían as prestacións que teñen a día de hoxe. E iso é o importante”.

Na sesión plenaria de onte “tamén falamos da aprobación do plan concertado, que é a axuda que pedimos á Xunta de Galicia todos os anos para manter os servizos sociais, esas 18 persoas que día a día van ás casas a atender á xente que o necesita. O Concello aposta seriamente por manter ese servizo e incluso ampliar horas naquelas casas que o necesitan para axudar aos nosos maiores a que poidan seguir vivindo nas súas propias casas. Eu creo que iso é moi importante, é unha aposta que se leva facendo dende hai uns anos. Hai que destacar que no noso concello ningunha familia desde que fai a solicitude de axuda a domicilio, desde que presenta todos os documentos, nunca se tarda máis de 15 días en prestarlle o servizo; incluso se a traballadora social valora que é urxente moitas veces no día seguinte a presentar toda a documentación xa lles estamos prestando o servizo. E se temos que ter 18 ou 20 ou 25 persoas para prestar ese servizo vámolo seguir dando, porque cremos que é un dos máis importantes”, relatou o alcalde barreirense.

Alfonso Fuente tamén se referiu ás mocións presentadas pola oposición: “tíñamos dúas mocións do BNG: unha con respecto ao saneamento das parroquias interiores e outra sobre o San Esteban do Ermo. Con respecto ás parroquias interiores, coma sempre chegan tarde, porque pídeno cando xa dende o Concello se está traballando. Eu levo tempo reiterando que primeiro había que actuar nas zona máis sensible, que é a da costa. Non podíamos ter vertidos que foran parar ás nosas praias, porque evidentemente non podemos esquecer que, independentemente da gandaría e o agro que temos no noso concello, o turismo é o sector máis importante. Polo tanto non podíamos castigar a nosa costa con vertidos e por iso había que actuar nesa zona máis sensible. E agora toca actuar na zona interior, de feito xa hai unha empresa traballando e recollendo datos para facer eses saneamentos, porque primeiro hai que facer o anteproxecto, logo sobre iso hai que facer o proxecto, adquirir os terreos que sexan necesarios e executar eses proxectos. Polo tanto, como xa están traballando, non houbo ningún inconveniente en aprobar unha moción que simplemente é rutineira. E con respecto ao San Esteban do Ermo o que se pedía era que se axilizaran os trámites para recoñecer ese espazo natural de interese local (Enil). Aí o que se fixo foi incluílo no plan xeral que está a piques de rematarse, non o entregou o equipo redactor no Concello aínda pero está moi avanzado. Incluíuse este Enil porque así as aprobacións serían conxuntamente a do plan xeral coa dese espazo natural de interese local e irían máis áxiles. E, por outro lado, era investigar a propiedade dunha serie de terreos, traballo que xa se fixo desde o Concello e eses terreos son municipais”.

 

Día da muller traballadora

díadamullertraballador_1Con motivo da celebración do día da muller traballadora o pasado 8 de marzo, o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, convocou o VI concurso de poesía Miña nai, muller traballadora, no que díadamullertraballador_2participaron os/as alumnos/as do CEIP San Cosme de Barreiros e CEIP San Miguel de Reinante. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, realizou a entrega dos agasallos aos 6 premiados dos 33 participantes. Os galardonados foron: 4º Ed. Primaria: Carlos Miranda Coto (CEIP San Miguel de Reinante) e Fátima Dorrego Díaz (CEIP San Miguel de Reinante); 5º Ed. Primaria: Izan Acevedo Rivas (CEIP San Miguel de Reinante) e Rosa Martín de Burgos (CEIP San Cosme de Barreiros); 6º Ed. Primaria: Dafne Gómez Meneses (CEIP San Cosme de Barreiros) e Daniel Rosell Nogales (CEIP San Miguel de Reinante).

Aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas

BARREIROS Anuncio

Por Resolución da alcaldía de data 11 de marzo de 2015, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 6º bimestre do exercicio 2014, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 12 de marzo ata o 12 de abril de 2015. Contra o acto de aprobación do padrón e da liquidación de tributos municipais incorporada a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso. A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a exixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación. Barreiros, 12 de marzo do 2015.- O alcalde, Jose Alfonso Fuente Parga