Todas las entradas de: Alvaro Vizoso

ALFONSO FUENTE DENUNCIA QUE AS ESTRADAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL EN BARREIROS ESTÁN SEN LIMPAR A UNHAS HORAS DO INICIO DA TEMPADA DE VERÁN

ALFONSO FUENTE DENUNCIA QUE AS ESTRADAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL EN BARREIROS ESTÁN SEN LIMPAR A UNHAS HORAS DO INICIO DA TEMPADA DE VERÁN. O ALCALDE PÍDELLE AO BNG QUE LLO ESIXAN AOS SEUS SOCIOS NA DEPUTACIÓN.

Barreiros, 28 de xuño de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, denuncia que as estradas de titularidade provincial en Barreiros están sen limpar e sen desbrozar a unhas horas do inicio da tempada de verán. O rexedor pídelle ao BNG que llo esixan aos seus socios na Deputación de Lugo, en alusión ao PSOE. Fuente Parga tamén responde ás críticas dos nacionalistas sobre a cesión do treito dunha estrada ao Concello.

O alcalde declarou que “despois de escoitar á portavoz do BNG en Barreiros, Ana Hermida, a verdade é que me quedan algunhas dúbidas, ao dicir que o alcalde de Barreiros, cando así se lle explicou no pleno, que non pedira o arranxo coa cesión da estrada que vai desde o estanco de Barreiros ata estrada que enlaza que vai de Barreiros a Trababa, porque estaba en mal estado. Quédame a dúbida de si se falará co outro concelleiro do BNG, Antonio Veiga, que foi vicepresidente da Deputación durante varios anos, e agora que non o é se dá conta de que esta estrada está en mal estado. Igual que se están dando conta doutros detalles que cando estaban no goberno parece que non se daban conta, ou cando o alcalde de Ribadeo, que tamén é do BNG, fixo o mesmo e pediu a cesión dunha estrada da Deputación na que tampouco leva aparellado o seu arranxo. Pero parece que só se ven as cousas en Barreiros e non noutros lados”.

Alfonso Fuente manifestou que “me chama a atención que saque isto cando eu lle expliquei no pleno que, ao pedir a cesión desta estrada, que non é intención ningunha do Concello pedir a cesión das estradas da Deputación e despois ter que arranxalas, era debido a que a Deputación estaba poñendo problemas para a execución dunha obra necesaria e que vai reportar bastantes ingresos ao Concello de Barreiros, cando menos 30.000 euros todos os anos. Refírome á execución do parque eólico que ten adxudicado a empresa Norvento en Penabor. Dado que a Deputación o único que facía era poñer problemas para poder pasar a liña pola beira desta estrada, se tomou esa decisión de pedila o Concello, incluso a empresa Norvento vai ser a que arranxe a estrada pola urxencia que ten da execución deste parque eólico, que vai reportar ingresos ao Concello de Barreiros todos os anos”.

O alcalde engadiu que “estean tranquilos os do BNG que isto non vai supor maior custo para os veciños de Barreiros, todo o contrario, o que vai supor é maiores ingresos todos os anos no Concello de Barreiros para disfrute de todos e todas os veciños”.

O rexedor dixo que “tamén me sorprende que, ao mesmo tempo que fan esta petición, non se acorden de pedirlle ao goberno amigo da Deputación, porque non esquezamos que o partido socialista que goberna na Deputación de Lugo, está gobernando co amparo do Bloque Nacionalista Galego, concretamente co voto dun concelleiro de Barreiros, e a estas alturas que imos empezar xullo, vemos como están as estradas da Deputación, entre elas a estrada da praia que fai uns días tanto lles preocupaba os desbroces da zona da praia. Hai que lembrar que a estrada da praia é da Deputación Provincial, e esa estrada a día de hoxe está toda sen desbrozar, igual que todas as estradas de Barreiros da Deputación, están todas sen limpar”.

Fuente Parga asegurou que “hai moitos veciños que se dirixen a min preguntándome como temos esa estrada así, e xa lles explico que non é municipal senón da Deputación, e que facela desde o Concello suporían gastos para os veciños e veciñas de Barreiros cando a obrigación é da Deputación provincial. Tamén poderían pedirlle isto xa que co seu voto amparan o goberno do Partido socialista, xa que co seu voto botaron ao Partido Popular cunha moción de censura na Deputación, agora deberían esixirlle ao seu socio de goberno que tamén fagan os desbroces e a limpeza das estradas da Deputación. Pero parece ser que iso non interesa, mírase para outro lado e parece ser que o que interesa é desviar a atención cara a unha estrada que estamos a falar que non chega nin aos 600 metros, que parte deles xa foron arranxados con fondos da Xunta de Galicia, desde o estanco ata o cuartel xa tivemos que facer beirarrúas e arranxalo porque a Deputación non o facía, cando era vicepresidente Antonio Veiga. E resulta que agora o facemos para obter maiores ingresos no Concello a través da execución dese parque eólico que xa leva uns anos adxudicado á empresa Norvento, e que lle urxe a súa tramitación, cando a Deputación o único que facía era poñer trabas e retrasos para levar a cabo o que era a canalización da liña que ten que pasar pola beira desa estrada. Ese é o motivo polo que se pediu a cesión desta estrada”.

 

O GOBERNO DE BARREIROS NON SOLICITOU O ARRANXO DO TRAMO DE ESTRADA QUE PEDIU CEDIDO Á DEPUTACIÓN NO CENTRO DE BARREIROS

O GOBERNO DE BARREIROS NON SOLICITOU O ARRANXO DO TRAMO DE ESTRADA QUE PEDIU CEDIDO Á DEPUTACIÓN NO CENTRO DE BARREIROS

Desde o BNG solicitouse en sesión plenaria municipal que se negociase a transferencia acompañada de melloras ou de diñeiro para afrontar o arranxo do vial.

“Solicitar unha cesión dun vial en mal estado sen pedir o seu arranxo ou diñeiro é mostra do pouco interese que ten o goberno municipal nas necesidades do Concello”, afirman desde a formación nacionalista.

Barreiros, 26 de xuño de 2018. “O goberno municipal de Barreiros, co alcalde Alfonso Fuente á fronte, volve a amosar a súa incapacidade e, unha vez máis, facendo deixación de funcións, solicita a transferencia dun tramo de 860m da estrada provincial LU-P 0608 sen reclamar previamente que a Deputación lla entregue arranxada ou acompañada de diñeiro para poder realizar o arranxo, tal e como lle propuxeramos desde o BNG en sesión plenaria municipal”, afirman desde a formación nacionalista.

No pleno celebrado hoxe na deputación, onde se aprobou a transferencia dese tramo que vai desde o centro de San Cosme ata o enlace coa estrada Trabada-Barreiros LU-P-6103, o Vicepresidente da deputación e delegado de Vías e Obras, Argelio Fernández, confirmoulle ao deputado do BNG e concelleiro en Barreiros, Antonio Veiga, en resposta a unha pregunta ao respecto que o concello barreirense só solicitara a transferencia, tal como consta no expediente, pero que non solicitara ningún arranxo.

Desidia e deixación de funcións por parte do alcalde e do goberno municipal.

Para a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, o alcalde unha vez máis deixa de exercer as súas funcións e, “nunha nova mostra de incapacidade e incompetencia, non fai algo tan sinxelo como é demandar o arranxo deste tramo que lle vén de transferir a institución provincial. “Só tiñan que pedir”, asegura. “Deste xeito, como consecuencia da súa deixadez, o Concello perde a ocasión de recibir este vial debidamente asfaltado, xa que precisa dunha urxente reparación” manifestou Ana Ermida; quen tamén afirmou que “foi unha mágoa que o concello de Barreiros non solicitase o acondicionamento dese tramo, sobre todo tendo en conta que en días pasados, a Deputación estivo asfaltando a estrada Trabada-Barreiros. Sería beneficioso para o Concello e resultaría económico para a Deputación, pero como podemos comprobar todos os días, desde o concello de Barreiros non se actúa de acordo a razoamentos lóxicos nin pensando no interese xeral das barreirenses.”

“Gustaríanos saber en base a que se actúa neste Concello, porque pedir un tramo dun vial en mal estado para sumar ás ducias de quilómetros de vías municipais que xa se atopan nun estado deplorable, parécenos un insulto á intelixencia”, afirma Ana Ermida. “Salvo que o interese en pedilo sen arranxar sexa outro e o Partido Popular prefira gastar os xa escasos fondos que o Concello dedica ao arranxo de vías nunha estrada que acaba de recibir”, conclúen.

O CONCELLO INSTALOU UN POSTO DE SOCORRO NA PRAIA DE AREALONGA

O CONCELLO INSTALOU UN POSTO DE SOCORRO NA PRAIA DE AREALONGA. É O SEGUNDO CO QUE CONTARÁN OS AREAIS BARREIRENSES ESTE VERÁN. 21 SOCORRISTAS, 2 TÉCNICOS SANITARIOS, 1 AMBULANCIA E 2 ZODIACS FORMAN O DISPOSITIVO DESTA TEMPADA.La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, cielo y exterior

No hay texto alternativo automático disponible.

La imagen puede contener: texto

Barreiros, 26 de xuño de 2018. O Concello instalou esta mañá un posto de socorrismo na praia de Arealonga. Un total de 21 socorristas, 2 técnicos sanitarios, unha ambulancia e dúas zodiacs prestarán os seus servizos do 1 de xullo ao 31 de agosto nos areais barreirenses, nos que haberá dous postos de socorro, un na praia de Coto e outro na de Arealonga.

O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou que “hoxe en Barreiros deixábamos xa instalado ese posto de socorro que se coloca na praia de Arealonga, en Reinante. No posto de socorro vaise contar cunha camilla, cun baño e auga quente para prestar ese servizo. Nós o que queremos é priorizar a atención ás persoas, aos usuarios das praias, e darlles ese mellor servizo”.

O rexedor subliñou que “este é o segundo posto de socorro, que se suma ao que xa tíñamos fixo en Coto. Deste xeito contaremos con estes dous postos nos oito quilómetros de praias que temos”.

Fuente Parga engadiu que “a isto temos que sumarlle que este ano imos contar cunha ambulancia, xa hai pouco tempo prestaba o servizo de ambulancia medicalizada na Mariña, e agora esa ambulancia, que é como unha UCI móbil, imos tela a disposición no concello de Barreiros durante todo o verán. Oxalá non haxa que usala, pero sabemos que sempre hai algunha cousa e ímola tela aí con dous técnicos sanitarios sumados aos 21 socorristas, que algúns comezarán traballar este xoves e outros este próximo fin de semana. Nós levamos xa tempo traballando neste tema”.

O alcalde barreirense declarou que “tamén hoxe á tarde nos entregarán unha das zodiacs que adquirimos, unha zodiac nova, e outra que seguramente dispoñemos dela para a próxima semana, para dar un mellor servizo de salvamento e socorrismo aos usuarios”.

Alfonso Fuente Parga referiuse ás críticas vertidas nas últimas horas polo BNG: “onte recibíamos unhas críticas porque hai retraso na corta da herba. Non digo que non sexa importante, pero nós cremos que máis importante é prestar un servizo ás persoas cando realmente o necesitan nun momento de urxencia, colocando esta caseta. Víamos desgraciadamente como fai un tempo pasaba un accidente nas Catedrais, e á rapaza houbo que sacala con poucos medios naquel momento e non queremos que isto nos pase en Barreiros polo menos na época estival do 1 de xullo ao 31 de agosto. Tamén me dirá alguén que poderíamos ter este servizo no mes de xuño e en setembro, e se quentara o sol en maio tamén habería que telo nese mes, pero nesta zona consideramos todos que a tempada empeza o 1 de xullo ao 31 de agosto, e cando poidamos ampliala o faremos. Pero ese é o prazo que consideramos que debemos ter todos eses medios en servizo”.

O Concello procede estes días a realizar tarefas de mantemento nos baños e nas duchas das praias, para que estean listos a vindeira fin de semana.

UN GRUPO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE BARREIROS RECOLLERON PLÁSTICOS NAS PRAIAS, CO OBXECTIVO DE CONCIENCIAR Á POBOACIÓN DO GRANDE PROBLEMA MEDIO AMBIENTAL QUE SUPÓN A SÚA CHEGADA AO MAR

UN GRUPO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE BARREIROS RECOLLERON PLÁSTICOS NAS PRAIAS, CO OBXECTIVO DE CONCIENCIAR Á POBOACIÓN DO GRANDE PROBLEMA MEDIO AMBIENTAL QUE SUPÓN A SÚA CHEGADA AO MAR.

Barreiros, 25 de xuño de 2018. Veciños e veciñas de Barreiros participaron hai uns días nunha campaña de recollida de lixo, con preferencia plásticos, nos areais locais.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “os plásticos que chegan ao mar causan un grande problema medio ambiental. E para concienciar á poboación realizouse un proxecto que organiza Ecoembes e que se denomina Libera 1 m2. Foi a segunda edición e este ano desde Barreiros quixemos sumarnos a esta iniciativa”.

O edil barreirense destacou “a axuda e colaboración da asociación Barreiros Mar e Monte. Estoulles moi agradecido pola recollida de lixo nas nosas praias hai uns días”.

A INCOMPETENCIA DO GOBERNO DE BARREIROS REFLÍCTESE NA PENOSA IMAXE QUE SE PODE VER EN TODO O CONCELLO

A INCOMPETENCIA DO GOBERNO DE BARREIROS REFLÍCTESE NA PENOSA IMAXE QUE SE PODE VER EN TODO O CONCELLO.

Baños das praias destrozados, zonas de descanso e ocio sen desbrozar, paseos marítimos a medio arranxar, lixo acumulado á beira dos contenedores ou vertedoiros incontrolados son só algunha das imaxes que pode ver as persoas que visitan Barreiros.

“É urxente que o goberno municipal se poña a traballar e deixen de perder o tempo e os cartos das veciñas e veciños en pagar favores”, sinalan desde o BNG.

Barreiros, 25 de xuño de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros esíxelle ao goberno municipal “que se poña a traballar.” “Son seis persoas que foron elixidas polas veciñas e veciños para gobernar e solucionar os problemas do concello. Pola contra, o único que están facendo é pagar favores a determinadas empresas que enchen os petos a costa dos cartos de todas e todos os barreirenses”, manifesta a portavoz municipal, Ana Ermida.

Segundo a formación nacionalista, “a estas alturas a zona turística está absolutamente abandonada”. “Os paseos marítimos parece que están sendo sachados, en lugar de desbrozados. O lixo acumúlase a carón dos contenedores. As zonas de ocio como áreas recreativas ou parques infantís da zona da praia teñen rozados os accesos, pero están absolutamente inmersos na herba que os tapa. Hai baños de praias destrozados desde hai máis de dous meses… e un longo etcétera que o único que fai é confirmar o que vimos dicindo nos últimos anos: en Barreiros hai un goberno municipal que a única preocupación que ten é solucionar os seus propios problemas e utilizar os cartos públicos para repartir ao seu antollo”, sinalan.

Para o BNG o máis grave é a actitude do goberno municipal e, nomeadamente, do Alcalde e responsable de turismo que nega o evidente e atrévese a afirmar que Barreiros está listo para recibir visitantes. “Se isto é o que van ver as persoas que nos visitan non nos extraña que teñan unha oficina de turismo parcialmente atendida en horario de oficina e que non se realice ningún tipo de actividade de promoción turística que poida beneficiar ao noso concello”, afirma Ana Ermida.

A zona interior, a gran esquecida.

Segundo a portavoz municipal, a situación da zona interior é aínda peor ca a da costa. “No último pleno reiteramos a existencia dun vertedoiro incontrolado na parroquia da Rilleira, cara a Gondán, pedindo que se limpara con urxencia. E máis tendo en conta que é nunha parcela municipal”, sinalan desde o BNG. “A realidade é que semanas despois daquel pleno segue sen facerse ningún traballo ao respecto, demostrando a falta de interese pola imaxe que se traslada e polo medio ambiente. Ademais de amosar unha responsabilidade absoluta, deixando acumular lixo de todo tipo que é un auténtico polvorín en época de lumes.”

Desde o BNG lamentan “a imaxe que se dá a visitantes e a que soportan día a día as veciñas e veciños e esíxenlle ao goberno municipal que se poña a traballar e deixen de utilizar o Concello como moeda de cambio para pagar favores.”

Fin de curso en el CEIP San Cosme de Barreiros

Os nenos do CEIP San Cosme de Barreiros despediron esta maña o curso por todo o alto, con clases de surf e piragüismo en Foz. Un dos nenos de sexto de primaria, Óscar Perdiguero, gañou o Concurso de Contos organizado por Maremasma e o premio foi unha xornada chea de actividades acuáticas para todo o seu cole. Agora sí que comezou o verán.
La imagen puede contener: una o varias personas, exterior y agua
La imagen puede contener: 1 persona, sonriendo, de pie, montaña, exterior y naturaleza
La imagen puede contener: una o varias personas, cielo, exterior, agua y naturaleza
La imagen puede contener: una o varias personas, océano, playa, cielo, agua, exterior y naturaleza
barra
Fin de curso en el CEIP San Cosme de Barreiros
A pesar de que el curso académico acaba este jueves, en el cole de San Cosme de Barreiros han decidido despedirlo hoy. Una fiesta para las familias cargada de humor, música, despedidas y bienvenidas, graduaciones, bailes y hasta números gimnásticos. Los estudiantes se han esforzado mucho en los ensayos y han dado lo mejor de sí sobre el escenario. Y las profesoras han preparado un fin de curso excepcional. Mañana tendrán una actividad extraescolar de la mano de Maremasma y luego… !vacaciones!

Fin de curso no CEIP San Cosme de Barreiros

A pesar de que o curso académico acaba este xoves, no cole de San Cosme de Barreiros decidiron despedilo hoxe. Unha festa para as familias cargada de humor, música, despedidas e benvidas, gradacións, bailes e ata números ximnásticos. Os estudantes esforzáronse moito nos ensaios e deron o mellor de si sobre o escenario. E as profesoras prepararon un fin de curso excepcional. Mañá terán unha actividade extraescolar da man de Maremasma e logo… !vacacións!

Máis de 40 peregrinos participaron o pasado sábado na terceira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía

Máis de 40 peregrinos participaron o pasado sábado na terceira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, que organizou o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Medio Ambiente. Neste 2018 a peregrinación realízase en sábados alternos. O pasado 16 de xuño os camiñantes fixeron o treito comprendido entre Ponte Oliveira e San Pedro Mártir. O edil José Manuel Gómez Puente explicou que “foi unha etapa bonita de 16 quilómetros, por camiños de terra e con moita arboleda, que se agradece para andar durante 4 horas. Este treito da ruta fixémolo 43 peregrinos, con moi boa armonía entre todos e con moitas ganas de chegar a Fisterra”. A cuarta etapa, que terá lugar o 30 de xuño, discorrerá entre San Pedro Mártir e Fisterra.

Más fotos en el álbum:La imagen puede contener: una o varias personas, cielo, casa y exteriorLa imagen puede contener: una o varias personas y exterior