Los usuarios de Axuda no Fogar de Barreiros deberán pagar el doble

Los usuarios de Axuda no Fogar de Barreiros deberán pagar el doble
Barreiros / La Voz 30/11/2011

El BNG de Barreiros desveló ayer que los usuarios del servicio de Axuda no Fogar de Barreiros deberán pagar el doble que hasta ahora, tras aprobarse en un pleno celebrado el lunes la modificación de la ordenanza correspondiente: «O proposta da alcaldía supón o incremento do prezo da hora, que pasa de 6,02 euros a 12 euros. Ademais, presentouse unha redución dos tramos para o copagamento en función da renda, supoñendo que haberá persoas que cunha renda igual ao salario mínimo pase de pagar un 10% do servizo ao 20%», manifestó la portavoz del BNG, Ana Hermida.

El BNG votó en contra del incremento de la tarifa de Axuda no Fogar: «Non se pode cargar o seu custe nas usuarias e usuarios, sobre todo tendo en conta as pensións que perciben as xubiladas e xubilados do noso concello. O que non pode ser é que se venda que este servizo é máis económico que se o tiveran que custear de xeito privado, xa que se supón que se trata dun servizo público que xa está pagado polas e polos barreirenses por medio dos seus impostos».

Para el BNG este aumento es la consecuencia de los recortes efectuados por la Xunta en las subvenciones a los concellos para financiar el servicio de Axuda no Fogar.

Buxiganga camiño do Culturgal

Hoxe recordamos esto e non puiden evitar chegar a casa e volver velo. Os vellos non deben namorarse foi algo único.

Buxiganga camiño do Culturgal
O proxecto teatral Buxiganga, pertencente a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, chega a Pontevedra e o Culturgal da man dos actores e actrices q…

Na Mariña o problema máis grave do transporte é o prezo do gasóleo

«Na Mariña o problema máis grave do transporte é o prezo do gasóleo»«Na Mariña o problema máis grave do transporte é o prezo do gasóleo»

Afirma que se algún chega á situación de ter que roubar o combustible é porque «non ten medios para poder pagalo e poder subsistir»

I. Eiroá VIVEIRO / LA VOZ 28/11/2011

alfonso fuente lópez presidente da federación gallega de transportes

Alfonso Fuente, natural e veciño de Barreiros, é transportista y está á fronte da federación galega desde hai seis anos, aos que lle hai que sumar os outros seis que estivo a cargo de Tradime.

-Un dos problemas do transporte da Mariña son os roubos, ¿Non?

-Entre outros. O problema máis grave do transporte na Mariña, en Galicia e en España é o prezo do combustible e outro dos problemas, o pouco traballo, poucos prezos, falta de crédito…Todos os problemas que poida ter o empresario e ademáis, agora súmaseo roubo do gasóleo que trae consigo outros problemas. Eu non sei quen é o transportista que roubou (a vítima foi un camión de Reyco que estaba aparcado no polígono de Fazouro) pero si algún transportista chega á situación de ter que roubar o gasóleo é porque non ten medios para poder pagalo e poder subsistir.

-¿Tan grave está todo?

-Exactamente, a situación é tan grave coma a de calquera outra empresa, pero agrávase cada vez máis polo prezo do petróleo. Pola falta de crédito, polos baixos prezos que se están cobrando e polo que se tarda en cobrar e consigo veñen os roubos, ninguén rouba por roubar.

-¿Trasladáronlle os asociados a súa preocupación polos roubos?

-Si, claro. Isto xa se negociou a nivel de Madrid, houbo unha reunión no Ministerio do Interior onde dicen que se están tomando todas as medidas, pero non son suficientes, porque tamén é moi difícil coller á xente coas mans na masa. No de Reyco (sorprenderon hai días a outro transportista roubando gasóleo a un camión desta empresa no polígono de Fazouro) foi unha casualidade, porque o que está claro é que tamén a forza pública cada vez temos menos.

-¿Toman medidas particularmente?

-¡Que vas tomar! O transporte móvese por todos os sitios. Houbo un xefe da policía que dixo que o sector contratara vixianza privada, pero iso é imposible, salvo unha empresa grande que no seu aparcamento o poida ter. As medidas quen ten que tomalas é o Ministerio do Interior, ese é un tema de orde pública.

-¿Que preocupacións lle fan chegar os camioneros da Mariña?

-Todo o que lle dixen. Que o novo Goberno intente estabilizar os postos de traballo; se é verdade vai repercutirnos en todo o transporte, que os bancos dean créditos para poder subsistir…Esas son as preocupacións…Prezos do gasóleo e tardar en cobrar…Son as preocupacións, pero non as de agora, as de hai bastante tempo. (…) encima as distintas autoridades se olvídanse de que sen o sector do transporte o país non funciona.

-Están coa auga ao cuello.

-Si, si. Desapareceron parte das empresas e hai outras que están en concurso de acreedores, quere dicir que non poden aguantar; tarden máis ou menos poden caer; ogallá non, pero o que está claro é que van reducir. Eu xa hai tempo que vexo que no transporte sobra entre un 30 e un 40%, para poder traballar a prezos axeitados (…) Estánse esquecendo de que a nivel de Galicia a finais de 2007 o transporte empregaba 30.000 persoas, agora mesmo está por debaixo dos 27.000. E quedarase en 20.000 e á súa vez é un sector que supón no PIB de Galicia o catro e pico por cen, por riba do sector da pesca. É un conxunto de cousas que polo momento non somos capaces de darlle resposta, nin o propio sector nin as administracións, porque é moi fácil subir impostos ao gasóleo que, aínda que afecta a todos, ao sector moito máis. É moi fácil recaudar eses impostos, porque está claro que os mínimos veñen marcados pola Unión Europea, pero a primeiros de xaneiro van subir. Eses, subirán, sen contar que o Goberno os suba tamén á súa vez máis. Estannos desafiando con que nos van aplicar a euroviñeta, outro imposto mais para o sector de transporte de fácil recadación. Isto suporá ter que pagar por circular polas autovías.

«Algunha empresa de Mondoñedo móvese case con Ecar»

-¿Cantos camións hai funcionando na actualidade na comarca da Mariña?

-Non o poido dicir porque non sei. A nivel galego a final de 2008 había 8.047 empresas e a final de 2010 había 7.500; en dous anos diminuiron 500 empresas en Galicia e ademáis, hai moitas empresas que non teñen todos os camións traballando. O traballo reduciuse un 30-40% e nese camiño hai que reducir os camións, senón vaino reducir o mercado. (…) A situación do país está como está e o transporte é o primeiro que o nota. Todos os problemas que dixen traen consigo os roubos, que son un problema de orde pública. A Delegación do Goberno en Galicia e neste caso a Subdelegación do Goberno de Lugo son quenes teñen que tomar medidas. Estamos ante un tema de orde pública que afecta ó transporte e ao demais.

-¿Despareceron moitos camións nesta zona?

-¿Que na Mariña desapareceron moitos camións? Si ¿Que poden desaparecer máis? Si. (…) Co que está pasando en Muebles Hermida, en Ecar…En todas as empresas, na proporción que sobra persoal sobran transportistas. Se cerra Ecar, aí sí que hai moitos camioneiros de Mondoñedo afectados; hai algunha empresa de Mondoñedo que se estaba movendo case, case coa Ecar. Pois se isto segue así, seguirá aumentando o paro na costa, porque Mondoñedo tamén é costa.

-¿Di que o transporte de Ecar o facían empresas de Mondoñedo?

-Viría cargar algún dos que están traballando en Rábade, pero eu coñezo varios transportistas de Mondoñedo que estaban traballando aí con varios camións. Lamentablemente é o que temos, a ver se o novo goberno consegue polo menos estabilizar o emprego e que non sigan aumentando os despidos como agora.

O GRUPO O BORDELO REPRESENTA A OBRA XUBILANDO EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 13 DE NOVEMBRO

O GRUPO O BORDELO REPRESENTA A OBRA XUBILANDO EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 13 DE NOVEMBRO.teatro-barreiros

Barreiros, 10 de novembro de 2016. Barreiros acollerá unha representación teatral a cargo do grupo O Bordelo coa obra Xubilando. Será este domingo, 13 de novembro.

A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo e terá lugar ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O grupo de teatro de Cervo O Bordelo ten recibido nas súas dúas décadas de historia diferentes recoñecementos en distintos certames de teatro afeccionado e estreou a obra Xubilando a comezos deste ano baixo a dirección de Francisco Piñeiro, quen tamén é autor da obra.

Esta función teatral está patrocinada pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”
Data de envio:
08/11/2016 – 23:07
ANUNCIO

O Sr. Alcalde -Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as veciños/as que a Consellería de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade organiza o PROGRAMA “ XUNTOS POLO NADAL”.

Este programa, vaise desenvolver dende o día 23 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017, na Residencia de Tempo Libre do de Panxón (Nigrán, Pontevedra) para as persoas solicitantes da provincia de Lugo.

  • REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
    • – Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación das solicitudes.
    • – Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
    • – Ter que pasar só as datas de Nadal.
    • – Valerse por si mesmo/a e non padecer ningunha enfermidade infecto – contaxiosa activa nin padecer trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia
    • – Non estar acollido/a en ningún centro residencial.
  • DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
    • – Solicitude.
    • – Informe social.
    • – Declaración responsable.

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 23 de Novembro de 2016.

Para maior información e tramitación de solicitudes, no Concello, Departamento de Servizos Sociais.

Barreiros a 8 de novembro de 2016

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Tipo de anuncio:

Anuncios

Archivos de anuncio:

Once mariñanos candidatos a jurado popular pasan de ochenta años

De los 126, 37 pueden renunciar porque superan los 65 años
VIVEIRO / LA VOZ 08/11/2016 05:00

Ya es pública la lista provisional de los seiscientos lucenses a los que les ha tocado ser candidatos a jurado popular durante los dos próximos años. Lo de tocar es literal, porque se eligen por sorteo, en la delegación provincial de la Oficina del Censo Electoral. De todos, 126 residen en los quince municipios de A Mariña. Y entre ellos llaman la atención los dos que superan los noventa años de edad, los nueve que tienen entre ochenta y noventa, y los tres de menos de veinte.

 De acuerdo con la Ley del Tribunal del Jurado, 37 de los 126, casi la cuarta parte de los mariñanos incluidos en la lista provisional, cuentan con un argumento legal que les permite excusarse porque pasan de 65 años de edad.

Una de 94 y otro de 91

 Días atrás, la familia anunciaba que recurriría la elección como jurado de una vecina de Celeiro (Viveiro) de 94 años. Es la mayor de las mariñanas, aunque en A Pontenova también hay un vecino de 91 años que le ha tocado.Además de esos dos nonagenarios y de nueve octogenarios, en la relación provisional de candidatos hay once septuagenarios.

De acuerdo con la lista de jurados publicada en el Boletín Oficial de la Provincia de ayer, setenta de los mariñanos elegidos superan los cincuenta años. Otros veinte son cuarentañeros, hay quince treintañeros, once veinteañeros y tres llegan a veinte.

 Por municipios, de los candidatos a jurado en la comarca, 3 están censados en el municipio de Alfoz, 6 en Barreiros, 16 en Burela, 8 en Cervo, 17 en Foz, 4 en Lourenzá, 7 en Mondoñedo, 2 en Ourol, 5 en A Pontenova, 17 en Ribadeo, 2 en Trabada, 4 en O Valadouro, 3 en O Vicedo, 26 en Viveiro y 6 en Xove.

Más de 2.250 contratos de trabajo en un mes

Más de 2.250 contratos de trabajo en un mes
07/11/2016 05:00

Según las últimas estadísticas del Servicio Público de Empleo Estatal, hasta que comenzó el mes pasado se habían firmado más de 2.250 contratos de trabajo, en sus diferentes modalidades.

Por municipios, 82 se registraron en Alfoz; 85 en Barreiros; 256 en Burela; 102 en Cervo; 259 en Foz; 31 en Lourenzá; 108 en Mondoñedo; 10 en Ourol; 46 en A Pontenova; 371 en Ribadeo; 11 en Trabada; 64 en O Valadouro; 53 en O Vicedo; 705 en Viveiro, y 70 en Xove.

Ao son do Masma 2016

Jose Carlos Díaz Blanco agregó 8 fotos nuevas.

Fermosa fin de semana. Ontes pola tarde na carreira Ao son do Masma cun gran ambiente e con moitos amigos e coñecidos cos que charlar. Unha fermosa carreira na que disfrutei na compañía de Pachi e estiven a piques de subir ó podium, que é o de menos.
E hoxe domingo comilona de parte do grupo dos organizadores das carreiras das praias e de Comado, que penso que a tiñamos merecida!!!! jjjj. Gran compañía para ir ó fin do mundo.
Botamos de menos a Mario Do Culto, Oscar Garcia e Xesus Seivane Vazquez. Agardamos que na próxima poidan acompañarnos.

aosondomasma2016-1 aosondomasma2016-2 aosondomasma2016-3 aosondomasma2016-4 aosondomasma2016-5 aosondomasma2016-6 aosondomasma2016-7 aosondomasma2016-8 aosondomasma2016-9

Noticias de Barreiros