O CONCELLO INICIOU AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA NOVA PONTE EN VILAMARTÍN PEQUENO

O CONCELLO INICIOU AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA NOVA PONTE EN VILAMARTÍN PEQUENO. O PRESUPOSTO RONDA OS 50.000 EUROS E PODERÍAN ESTAR REMATADAS EN TRES MESES.

ponte-villamartin-pequeno-1Barreiros, 22 de novembro de 2016. O Concello iniciou as obras de construción da nova ponte en Vilamartín Pequeño. O investimento ascende a 50.000 euros. O alcalde, Alfonso Fuente, espera que esta obra estea rematada en pouco máis de tres meses.

O rexedor dixo que “é unha obra que se levaba tempo esperando. Houbo que facer proxectos, houbo que solicitar autorizacións e por fin iniciáronse esas obras. Son uns traballos que teñen un custe duns 50.000 euros e consisten en tirar a ponte sobre o rego Porto Bragán, que estaba moi mal. Esta ponte xa se reforzara hai anos, era moi estreita e ampliárase. E coas riadas agora non quedaba máis que demoler todo, a parte antiga e a que se aumentara e facer unha ponte nova”.

Alfonso Fuente explicou que “vai levar un ancho superior do que tiña ata o de agora, posto que por alí pasan moitos camións por temas moi vinculados á gandería porque é unha zona onde hai moitas explotacións grandes, e polo tanto era unha obra moi demandada”.

O alcalde barreirense espera que “non se demore máis aló de tres meses esta obra. A verdade é que durante este tempo, xa estes últimos días estivo cortada. Tivéramos postas unhas planchas de ferro para non tela cortada e que se puidera estar utilizando, e agora co último deterioro houbo que cortala. Estase utilizando outra vía que está soportando un peso moi elevado de camións e se está destrozando. Polo tanto esperamos repoñer canto antes esta ponte para que se poida volver utilizar, e despois faremos o arranxo desa estrada que están empregando agora como alternativa e que tamén a verdade se está deteriorando bastante”.

Fuente Parga subliñou que “esta é unha obra que está financiada polo Plan de Obras e Servizos da Deputación e o Concello”.

Por outra banda, o alcalde de Barreiros contou que “estamos coas obras de canalización de augas. Tivemos un problema cunha das fincas para onde vai o depósito de cabeceira en Celeiro de Mariñaos, xa o temos resolto e polo tanto espero que ao mellor antes de final de ano poida estar traballándose nesa obra”.

Alfonso Fuente comentou que “se está a traballar en canto a actualizacións, proxectos, modificacións de proxectos e demais, pero o que é en obra en si aínda non se empezou. Eu conto con que antes de final de ano se poida empezar a obra, para que antes do verán poidamos ter parte da mesma en uso para poder aproveitala. Se ben este ano non tivemos moito problema de abastecemento, pero todo o que sexan melloras e aumentos benvidos serán”.

BARREIROS CONMEMORARÁ O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA CONCENTRACIÓN, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUNHA ENTREGA DE PREMIOS

BARREIROS CONMEMORARÁ O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA CONCENTRACIÓN, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUNHA ENTREGA DE PREMIOS.

Barreiros, 22 de novembro de 2016. A Concellería de Familia, Muller e Servizos Sociais programou varias actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero baixo o eslogan Móvete contra a violencia de xénero.

Para as oito da tarde do vindeiro venres, 25 de novembro, na praza do Concello está convocada unha concentración para gardar un minuto de silencio polas vítimas desta lacra e darase lectura a un manifesto conmemorativo. Si a climatoloxía non o permite este acto trasladarase ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, segundo informan desde o Concello barreirense.

E a continuación terá lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do II Concurso de Debuxo Di non á violencia de xénero, no que participa o alumnado de primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante.

MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

BARREIROS CONMEMORARÁ O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA CONCENTRACIÓN, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUNHA ENTREGA DE PREMIOS.

Barreiros, 22 de novembro de 2016. A Concellería de Familia, Muller e Servizos Sociais programou varias actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero baixo o eslogan Móvete contra a violencia de xénero.

Para as oito da tarde do vindeiro venres, 25 de novembro, na praza do Concello está convocada unha concentración para gardar un minuto de silencio polas vítimas desta lacra e darase lectura a un manifesto conmemorativo. Si a climatoloxía non o permite este acto trasladarase ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, segundo informan desde o Concello barreirense.

E a continuación terá lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do II Concurso de Debuxo Di non á violencia de xénero, no que participa o alumnado de primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante.

Actos programados polo Concello de Barreiros, desde a Concellería Familia, Muller e Servizos Sociais, para conmemorar o Día Internacioncal para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra os 25 de novembro.
O acto “MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” terá lugar o venres 25 de novembro ás 20 horas na Praza do Concello (se a climatoloxía non o permite a actividade trasládase ao Centro Socio – Cultural D. Manuel Díaz Sampedro), haberá lectura de manifesto e minuto de silencio.
Tras o acto “Móvete contra a violencia de xénero” expoñeránse e fárase entrega dos premios do II Concurso de debuxo “di NON á violencia de xénero”, no que participa o alumnado de Primaria do CEIP San Cosme de Barreiros e do CEIP San Miguel de Reinante.violenciaxenero2016

O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO SERÁ ESCENARIO ESTE DOMINGO, 27 DE NOVEMBRO, DO CONCERTO LYRICAS EN GALICIA

captura-de-pantalla-103O CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO SERÁ ESCENARIO ESTE DOMINGO, 27 DE NOVEMBRO, DO CONCERTO LYRICAS EN GALICIA.

Barreiros, 22 de novembro de 2016. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario este domingo, 27 de novembro, a partir das 18:00 horas da actuación de Lyricas, unha formación musical que compoñen Julia María Dopico (pianista) e Diana Somkhieva (soprano). A primeira é profesora superior de piano e linguaxe musical e a segunda profesora superior de canto.

O título do concerto é Lyricas en Galicia. Os que asistan poderán gozar dunha selección de composicións interpretadas por estas dúas mulleres, entre as que destacan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña, Os teus ollos…

Desde a Concellería de Cultura e desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil invitan a acudir a este concerto “especial e emocionante”.

REMATOU EN BARREIROS UN CURSO SOBRE O MANEXO DOS TELÉFONOS MÓBILES

REMATOU EN BARREIROS UN CURSO SOBRE O MANEXO DOS TELÉFONOS MÓBILES NO QUE PARTICIPARON ARREDOR DE 20 PERSOAS.

181116-foto-curso-manexo-mobiles

Barreiros, 18 de novembro de 2016. Unhas vinte persoas asistiron na Aula CeMIT de Barreiros ao curso sobre o Manexo dos teléfonos móbiles.

Segundo explica Manuel Pérez “os alumnos e alumnas do curso aprenderon o uso máis básico desde como facer e contestar chamadas, gardar números na axenda, sacar fotos … ata instalar distintas aplicacións para dotar aos teléfonos de máis funcionalidades como por exemplo, convertelo nunha lanterna, mirar o tempo, ver ofertas e promocións de supermercados, códigos QR e o manexo do Whatsapp”.

Desde a Aula CeMIT barreirense lembran que “tamén que o vindeiro luns, día 21 de novembro, comeza un curso de Informática básica na Aula CeMIT en horario de 16:30 a 18:00 horas”.

Identificados los menores que vendian participaciones falsas de Lotería de Nadal por Foz

La Asociación Os Macanudos anulala esa única papeleta usada para hacer las fotocopias
VIVEIRO / LA VOZ 16/11/2016 14:25
La Guardia Civil ha identificado a las personas que estaban vendiendo por Foz fotocopias de una participación de Lotería de Navidad de la Asociación Cultural Os Macanudos. Al parecer se trata de unos menores de edad, en principio dos, que habrían accedido a una de las participaciones, la fotocopiaron y la estuvieron vendiendo por las calles del centro de Foz el lunes por la tarde.

“Dende a Asociación Os Macanudos queremos dar unha mensaxe de tranquilidade e agradecer a colaboración de varias persoas que foron estafadas e se puxeron en contacto coa asociación para contarnos o sucedido, grazas o cal podemos dicir que so se usou unha papeleta para as falsificacións, que está localizada e ten a seguinte numeración: Nª Participación 349/1375; Clave: 0J3I0W0, polo tanto o resto das papeletas adquiridas son totalmente legais e en caso de que tocara algún premio na Lotería de Nadal non haberá ningún tipo de problema para o seu cobro”, señalan desde la asociación.

Ignoran cuántas papeletas falsas pudieron colocar los menores; en cualquier caso, ruegan que si alguien adquirió alguna compruebe si es falsa comprobando la numeración. Trasladan también su pesar por lo sucedido: “Dende A Asociación Cultural Os Macanudos sentimos moito o dano que se puido causar e volvemos a repetir que somos totamente alleos a estes actos”, señalan, agradeciendo a cuantos colaboran con ellos su ayuda.

Se están a vender polas rúas papeletas de lotería de Nadal falsificadas, estade atentos

Bos días, dende a Asociación Cultural Os Macanudos de Barreiros queremos facer pública unha información de interese para a veciñanza

Onte deronnos aviso de que se están a vender polas rúas papeletas de lotería de Nadal falsificadas, é decir, son fotocopias a cor de unha das papeletas que nos vendemos para o sorteo de Nadal. A garda civil xa está sobre aviso e investigando o caso, así como a asociación ven de poñer a pertinente denuncia.

Dende a Asociación agradecemos que se se coñecen outros casos se poñan en contacto coa Garda Civil, tanto para axudar a atopar ós timadores como para poñer a pertinente denuncia como afectados.

Tamén queremos facer constar a nosa preocupación ante o que está sucedendo, xa que se está xogando coa seriedade e co bo nome da Asociación e dos seus socios.

Queda dicir, que a Lotería oficial so a venden os membros da comparsa e que para maior seguridade se comprobe o corte da matriz e o sello da papeleta.

Moitas gracias pola colaboración que de seguro nos brindades.

Un saudo
A.C. Os Macanudos, Barreiros

Noticias de Barreiros