Na Mariña o problema máis grave do transporte é o prezo do gasóleo

«Na Mariña o problema máis grave do transporte é o prezo do gasóleo»«Na Mariña o problema máis grave do transporte é o prezo do gasóleo»

Afirma que se algún chega á situación de ter que roubar o combustible é porque «non ten medios para poder pagalo e poder subsistir»

I. Eiroá VIVEIRO / LA VOZ 28/11/2011

alfonso fuente lópez presidente da federación gallega de transportes

Alfonso Fuente, natural e veciño de Barreiros, é transportista y está á fronte da federación galega desde hai seis anos, aos que lle hai que sumar os outros seis que estivo a cargo de Tradime.

-Un dos problemas do transporte da Mariña son os roubos, ¿Non?

-Entre outros. O problema máis grave do transporte na Mariña, en Galicia e en España é o prezo do combustible e outro dos problemas, o pouco traballo, poucos prezos, falta de crédito…Todos os problemas que poida ter o empresario e ademáis, agora súmaseo roubo do gasóleo que trae consigo outros problemas. Eu non sei quen é o transportista que roubou (a vítima foi un camión de Reyco que estaba aparcado no polígono de Fazouro) pero si algún transportista chega á situación de ter que roubar o gasóleo é porque non ten medios para poder pagalo e poder subsistir.

-¿Tan grave está todo?

-Exactamente, a situación é tan grave coma a de calquera outra empresa, pero agrávase cada vez máis polo prezo do petróleo. Pola falta de crédito, polos baixos prezos que se están cobrando e polo que se tarda en cobrar e consigo veñen os roubos, ninguén rouba por roubar.

-¿Trasladáronlle os asociados a súa preocupación polos roubos?

-Si, claro. Isto xa se negociou a nivel de Madrid, houbo unha reunión no Ministerio do Interior onde dicen que se están tomando todas as medidas, pero non son suficientes, porque tamén é moi difícil coller á xente coas mans na masa. No de Reyco (sorprenderon hai días a outro transportista roubando gasóleo a un camión desta empresa no polígono de Fazouro) foi unha casualidade, porque o que está claro é que tamén a forza pública cada vez temos menos.

-¿Toman medidas particularmente?

-¡Que vas tomar! O transporte móvese por todos os sitios. Houbo un xefe da policía que dixo que o sector contratara vixianza privada, pero iso é imposible, salvo unha empresa grande que no seu aparcamento o poida ter. As medidas quen ten que tomalas é o Ministerio do Interior, ese é un tema de orde pública.

-¿Que preocupacións lle fan chegar os camioneros da Mariña?

-Todo o que lle dixen. Que o novo Goberno intente estabilizar os postos de traballo; se é verdade vai repercutirnos en todo o transporte, que os bancos dean créditos para poder subsistir…Esas son as preocupacións…Prezos do gasóleo e tardar en cobrar…Son as preocupacións, pero non as de agora, as de hai bastante tempo. (…) encima as distintas autoridades se olvídanse de que sen o sector do transporte o país non funciona.

-Están coa auga ao cuello.

-Si, si. Desapareceron parte das empresas e hai outras que están en concurso de acreedores, quere dicir que non poden aguantar; tarden máis ou menos poden caer; ogallá non, pero o que está claro é que van reducir. Eu xa hai tempo que vexo que no transporte sobra entre un 30 e un 40%, para poder traballar a prezos axeitados (…) Estánse esquecendo de que a nivel de Galicia a finais de 2007 o transporte empregaba 30.000 persoas, agora mesmo está por debaixo dos 27.000. E quedarase en 20.000 e á súa vez é un sector que supón no PIB de Galicia o catro e pico por cen, por riba do sector da pesca. É un conxunto de cousas que polo momento non somos capaces de darlle resposta, nin o propio sector nin as administracións, porque é moi fácil subir impostos ao gasóleo que, aínda que afecta a todos, ao sector moito máis. É moi fácil recaudar eses impostos, porque está claro que os mínimos veñen marcados pola Unión Europea, pero a primeiros de xaneiro van subir. Eses, subirán, sen contar que o Goberno os suba tamén á súa vez máis. Estannos desafiando con que nos van aplicar a euroviñeta, outro imposto mais para o sector de transporte de fácil recadación. Isto suporá ter que pagar por circular polas autovías.

«Algunha empresa de Mondoñedo móvese case con Ecar»

-¿Cantos camións hai funcionando na actualidade na comarca da Mariña?

-Non o poido dicir porque non sei. A nivel galego a final de 2008 había 8.047 empresas e a final de 2010 había 7.500; en dous anos diminuiron 500 empresas en Galicia e ademáis, hai moitas empresas que non teñen todos os camións traballando. O traballo reduciuse un 30-40% e nese camiño hai que reducir os camións, senón vaino reducir o mercado. (…) A situación do país está como está e o transporte é o primeiro que o nota. Todos os problemas que dixen traen consigo os roubos, que son un problema de orde pública. A Delegación do Goberno en Galicia e neste caso a Subdelegación do Goberno de Lugo son quenes teñen que tomar medidas. Estamos ante un tema de orde pública que afecta ó transporte e ao demais.

-¿Despareceron moitos camións nesta zona?

-¿Que na Mariña desapareceron moitos camións? Si ¿Que poden desaparecer máis? Si. (…) Co que está pasando en Muebles Hermida, en Ecar…En todas as empresas, na proporción que sobra persoal sobran transportistas. Se cerra Ecar, aí sí que hai moitos camioneiros de Mondoñedo afectados; hai algunha empresa de Mondoñedo que se estaba movendo case, case coa Ecar. Pois se isto segue así, seguirá aumentando o paro na costa, porque Mondoñedo tamén é costa.

-¿Di que o transporte de Ecar o facían empresas de Mondoñedo?

-Viría cargar algún dos que están traballando en Rábade, pero eu coñezo varios transportistas de Mondoñedo que estaban traballando aí con varios camións. Lamentablemente é o que temos, a ver se o novo goberno consegue polo menos estabilizar o emprego e que non sigan aumentando os despidos como agora.