GRUPOS DE TAILANDIA, SIBERIA E SERBIA PARTICIPARÁN, XUNTO AO ARCO DA VELLA, NO FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DO EMIGRANTE QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO, 4 DE AGOSTO, EN SAN MIGUEL DE REINANTE

GRUPOS DE TAILANDIA, SIBERIA E SERBIA PARTICIPARÁN, XUNTO AO ARCO DA VELLA, NO FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DO EMIGRANTE QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO, 4 DE AGOSTO, EN SAN MIGUEL DE REINANTE.

Barreiros, 2 de agosto de 2018. O XXXVII Festival Folclórico Internacional do Emigrante celebrarase este sábado, 4 de agosto, en San Miguel de Reinante. No evento participarán grupos de Tailandia, Siberia e Serbia, ademais do local Arco da Vella. Mañá, venres, terá lugar unha nova edición da Foliada na que a música tradicional galega será a protagonista. Aquí daranse cita as agrupacións Amado Lar, Amigos da Gaita e Arco da Vella. A presentación do evento tivo lugar este mediodía no Concello de Barreiros.

Enrique Penabad do Arco da Vella anunciou que “os actos comezan o venres, día 3, cunha foliada popular onde pode vir calquera a tocar, bailar e pasar un rato con nosoutros escoitando música tradicional. O normal é que a xente do Arco da Vella toque máis que os demais, pero vai vir xente de Amado Lar do Valadouro, xente de Amigos da Gaita de Ribadeo e se aparece alguén imprevisto por alí, que xa ten ocorrido, cunha gaita axudámoslle nós co tamboril para tocar algo tamén. Comeza sobre as nove e media da noite e ata que o corpo aguante”.

Penabad engadiu que “o Festival Folclórico é o sábado, día 4, a partir das dez da noite no campo de fútbol. Este ano contamos cun grupo de Tailandia, un grupo de Siberia e outro de Serbia ademais do Arco da Vella. Unha vez que remate o festival haberá unha verbena, na praza do Souto, co grupo Lecer. Son dúas cousas complementarias, tanto a foliada como o festival. A idea orixinal sempre foi o Festival Folclórico, onde se procura traerlle aos espectadores folclore de distintas partes do mundo e de España, sempre se aprenden cousas vendo a estes grupos, na maneira de vestir, complementos e tipos de instrumentos. O complemento está na foliada que é única e exclusivamente con música tradicional, xa non hai esa obrigatoriedade de vestir o traxe tradicional senón un pouco máis por libre, pero sempre escoitar música con gaitas, pandereteiras, e calquera tipo de cantigas tradicionais de Galicia. Á xente que lle guste a música pode pasar o venres e o sábado disfrutando dela, non só como espectador senón participando na foliada, pode bailar e tocar, aínda que no festival sexa vir a ver o espectáculo”.

O alcalde, Alfonso Fuente, animou “a todos os amantes da música e do folclore a achegarse esta fin de semana por San Miguel de Reinante”.

UN GRUPO DE 65 RAPACES E RAPAZAS ESTARÁN DE CAMPAMENTO EN BARREIROS DO 1 AO 11 DE AGOSTO

UN GRUPO DE 65 RAPACES E RAPAZAS ESTARÁN DE CAMPAMENTO EN BARREIROS DO 1 AO 11 DE AGOSTO. PROCEDEN DE TEO, PRETO DE SANTIAGO. ESTA MAÑÁ O ALCALDE DEULLES A BENVIDA. VANSE ALOXAR NAS ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES NO COLEXIO DE SAN MIGUEL.

Barreiros, 1 de agosto de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, dáballe hoxe a benvida a un grupo de 65 rapaces do concello de Teo que estarán de campamento na localidade ata o 11 de agosto. Alóxanse nas antigas vivendas dos mestres do colexio de San Miguel. O 12 de agosto chegará outro grupo máis numeroso tamén procedente de Teo. E en xullo pasaron por estas instalacións rapaces e rapazas de Xixón. Para o rexedor é importante a promoción turística que se realiza con este tipo de actividades.

Alfonso Fuente declarou que “en Barreiros vimos de recibir a un grupo de rapaces, 65 rapaces e rapazas, que chegan dende o concello de Teo, un concello a carón de Santiago, e que veñen a pasar aquí desde o día 1 ata o 11 de agosto. Isto enmárcase dentro dun programa que ten o Concello de Teo, Un Verán no Cantábrico, e despois do día 11 virá outro grupo tamén deste municipio incluso máis numeroso. Hoxe recibimos a este grupo, indicámoslles o que é o noso concello, e estamos encantados de recibilos”.

O alcalde de Barreiros subliñou que “nós apostamos por este tipo de campamentos despois de ter acondicionado o que eran as vivendas dos mestres no colexio de San Miguel. Teñen alí unhas instalacións perfectas para facer este tipo de campamentos”.

Fuente Parga engadiu que “se sumamos este campamento que hoxe recibíamos de Teo co que despedíamos fai uns días de Xixón con 35 rapaces máis os que van vir na segunda quincena de agosto, e iso sumado tamén aos 160 nenos do campamento da Devesa que están baixando e participando en actividades nas praias de Barreiros, é unha forma tamén de fomentar o turismo. Cando os nenos e nenas están aquí os pais deciden achegarse a estas zonas onde están os seus fillos e coñecer o Cantábrico e, neste caso, Barreiros e toda a Mariña lucense”.

DENUNCIA QUE LEVA AGARDANDO OITO MESES PARA RECIBIR FISIOTERAPIA POR UNHA ENFERMIDADE INVALIDANTE

DENUNCIA QUE LEVA AGARDANDO OITO MESES PARA RECIBIR FISIOTERAPIA POR UNHA ENFERMIDADE INVALIDANTE .

O paciente está diagnosticado de espondiloartrose lumbar, enfermidade dexenerativa e invalidante que afecta aos discos e ás vértebras e que produce importante dor e rixidez ,podendo tamén desencadear espolóns que pincen raíces nervosas e hernias de disco. Por iso é clave a instauración  precoz dun tratamento rehabilitador, orientado á eliminación da dor, á melloría da mobilidade e  para evitar rixideces .

Este usuario acude ao servizo de Rehabilitación do Hospital da Mariña donde é visto pola facultativa rehabilitadora , que prescribe fisioterapia en clínica concertada o día 26 de outubro de 2017. Oito meses despois desta prescripción ainda non foi chamado .  “Como pasaba o tempo e non me chamaban da clínica privada achegueime ata alí a preguntar canto tempo máis tiña que agardar, e cal sería a miña sorpresa cando me contestan que non recibiran a petición”- comenta o paciente abraiado.

Diante desta deixadez da administración o paciente contacta coa UMAR.

Por iste motivo decide acudir á  Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR), que desde hai tres meses presta axuda a usuari@s, profesionais e colectivos , e decide poñer unha reclamación que lle redacta a devandita unidade  e que se presenta no rexistro o día 20 de xuño de 2018, con número de rexistro 2518.

A solución ao gran problema da Rehabilitación e Fisioterapia pasa pola contratación de profesionais e apertura dos ximnasios de Atención Primaria en quenda de tarde.

Desde a Plataforma Sanitaria reiteramos a nosa indignación pola inexcusable falta de previsión que mantén o SERGAS e as Xerencias , que cremos é  premeditada e froito dunha estratexia para desmantelar os servizos sanitarios públicos en aras dunha privatización da sanidade que avanza a “toda máquina.” A Plataforma Sanitaria  explicou por activa e por pasiva que o gran problema das excesivas agardas podería ter solución se hai vontade política para facelo . “ Esta solución ao gran problema da rehabilitación pasa por contratar en quendas de tarde fisioterapeutas que den uso aos ximnasios que xa están habilitados en quenda de mañá , ou mesmo dotar de persoal a outros coma o de Mondoñedo , que está pechado e os pacientes desa zona vense obrigad@s a desprazarse cara a Foz, ou  habilitar un espazo no centro de saúde de Burela e dotalo de material e profesionais para  poder implantar o servizo. Gran parte dos problemas de agardas excesivas teríanse solucionado se contratarán oito fisioterapeutas que permitiran abrir as instalacións en quenda de tarde e que reforzaran tamén as tardes no servizo de rehabilitación hospitalario, como ben lle dixemos ao deputado Vega- explica o portavoz da Plataforma,  Víctor Vila.

O colectivo en defensa da sanidade pública esixe aos responsables da política sanitaria que deixen dunha vez por todas de enganar á poboación e comecen a facer as dilixencias que sexan precisas para rematar con esta situación que comeza a ser xa un problema de saúde pública e cada día que pasa tensa máis a corda da insatisfacción d@s usuari@s. “ A xente xa non está disposta a aguantar máis nen tampouco vai tolerar máis contestacións subidas de tono por parte da dirección do hospital cando est@s deciden presentar unha queixa ou sobre todo cando acuden á Plataforma Sanitaria para que lles asesore ”- conclúen.

Arte no Eido Dourado

A actividade non para no Eido Dourado, en Barreiros. Por este espazo dedicado ao arte pasaron os rapaces e rapazas que están a participar no campamento multiaventura medio ambiente e mar, que se desenvolve na Devesa. Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer as creacións do artista Celso Dourado e de visitar os xardíns do Eido, onde os domingos pola noite continúa a celebrarse o ciclo de concertos Sons no Solpor. Onte foi o grupo Barahúnda o que encheu de música este espazo e deleitou ao público coas súas interpretacións.

BARREIROS ACOLLERÁ UN ESPECTÁCULO CON POMPAS DE XABÓN XIGANTES . SERÁ ESTE VENRES, 3 DE AGOSTO, ÁS 12 DO MEDIODÍA NO CENTRO SOCIOCULTURAL

La imagen puede contener: 2 personas, textoBARREIROS ACOLLERÁ UN ESPECTÁCULO CON POMPAS DE XABÓN XIGANTES . SERÁ ESTE VENRES, 3 DE AGOSTO, ÁS 12 DO MEDIODÍA NO CENTRO SOCIOCULTURAL.

Barreiros, 30 de xullo de 2018. A Delegación de Cultura organiza un espectáculo de pompas de xabón xigantes para o público familiar que se celebrará o vindeiro venres, 3 de agosto. Será ás 12:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Os Fabulosos Cleaners presentarán un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dirixido a un público de todas as idades. Interpretado por Xoque Carvajal e Jouse García, é unha creación de Luis Beviá e o propio Xoque Carvajal é quen tamén dirixe esta cita xunto a Marcos Orsi.

É unha actuación enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia.

A Ponte no Camiño Norte de Santiago

SANTUARIO DAS VIRTUDES

A PONTE – ARANTE (RIBADEO)

VISITAS GUIADAS

A PONTE NO CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO

Centro Mariano. Pinturas murais s: XV, XVI e XVII

A Ponte na Guerra da Independencia. A Romaxe das Cruces

Domingos : días 5,12,19 e 26  de Agosto de 2018

Visita  guiada  ás 11:30 (Entrada gratuíta)

Horario de misa: domingos ás 11 horas

O GRUPO GALEGO BARAHUNDA ACTÚA ESTE DOMINGO, 29 DE XULLO, NO EIDO DOURADO EN BARREIROS

O GRUPO GALEGO BARAHUNDA ACTÚA ESTE DOMINGO, 29 DE XULLO, NO EIDO DOURADO EN BARREIROS.

Barreiros, 27 de xullo de 2018. O Eido Dourado en Barreiros continúa este domingo, día 29, co seu ciclo Sons no Solpor. Barahunda é o grupo que actúa esa noite.

O artista barreirense Celso Dourado contou que “este domingo, esperemos que o tempo nos acompañe como o pasado que foi unha noite marabillosa, traemos a Barahunda. É unha formación composta esencialmente por Helena de Alfonso, José Lara Gruñeiro e Txema Mawenya”.

Dourado explicou que “este grupo colabora habitualmente con outros varios músicos, e é unha formación que evoluciona sempre en torno á voz da súa líder, unha voz preciosa e magnífica que é a cantante e investigadora Helena de Alfonso. O compositor José Lara é quen lle dá forma ás diferentes composicións e é unha voz realmente que apaixona, actuou fai uns anos no Eido Dourado, estaban de paso dunha xira que estaban a facer, e quedou un grandísimo sabor de boca. Este domingo preséntanos o seu novo disco, veñen de facer unha xira por Cantabria e por Asturias e van recalar o domingo no Eido Dourado”.

O artista Celso Dourado engadiu que “é unha formación que se desenrolou esencialmente en Madrid, e actuaron practicamente en todos os locais da capital do estado español. Por circunstancias decidiron volver a Galicia, establecéronse en Rianxo, e seguen coa súa formación e compoñendo música”.

Dourado convida “a todos, porque se a noite nos acompaña non hai dúbidas de que vai ser un magnífico concerto. Será sobre ás dez e cuarto, abriremos as portas ás dez, e a entrada é libre”.

Creatividad en la playa de Arealonga

Creatividad en la playa de Arealonga

Alrededor de 200 participantes participaron en el concurso de castillos de arena Concurso de castillos de arena en la playa de Arealonga de Barreiros

PEPA LOSADA

Ayer en la playa de Arealonga, en Barreiros, se dieron cita unas doscientas personas para participar en el tradicional Concurso de Castelos na Area. Según apuntan desde la organización, unos 160 jóvenes del campamento de A Devesa y 40 particulares, sacaron su vena más creativa para elaborar las esculturas con arena. Entre ellos, el artista Xeada, que repitió un año más, esta vez inspirándose en las sirenas.

Noticias de Barreiros