Archivo de la categoría: Salud

O programa “+Saúde Barreiros” promociona a saúde e o benestar da veciñanza

Barreiros, 24 de xaneiro de 2022. O Concello de Barreiros inicia na tarde de hoxe, coincidindo co Día da Educación, as actividades enmarcadas no programa “+Saúde Barreiros”. A nutricionista Saray Río impartirá unha xornada de formación para o persoal municipal que participa nos comedores da Escola Municipal Infantil e do CEIP San Cosme, que desde este curso pasou a ser de xestión municipal.

Tras esta formación inicial, e con base na mesma, elaboraranse novos menús para ambos comedores municipais e ofertarase formación a alumnado, pais e nais.

Os menús que implantará Saray Río nos comedores fomentarán pratos saudables e atractivos, reducindo na dieta de nenas e nenos produtos ultraprocesados e azucres simples, tanto visibles coma ocultos. Xunto cos menús de mediodía que se servirán nos centros, achegaráselles ás familias unha proposta de ceas igualmente saudables para contribuír ao equilibro da alimentación das crianzas.

“Coa posta en marcha deste programa, pretendemos promocionar e fomentar hábitos máis saudables na poboación en xeral e, especialmente, entre as nenas e nenos, pensando no futuro e contribuíndo a crear unha sociedade máis sa”, explica a alcaldesa, Ana Ermida.

Desde o goberno de Barreiros amosan a satisfacción pola posta en marcha deste plan de saúde e benestar, no que levan traballando un tempo co fin último de lograr que a veciñanza acade un estado o máis próximo posible á definición de saúde proposta pola OMS; entendendo que “a saúde non é soamente a ausencia de enfermidade, senón tamén o estado de benestar físico, psíquico, emocional e social da persoa ou comunidade”.

Neste sentido a concelleira de Saúde Pública e Educación , Montse Porteiro, explica que “se somos o que comemos, o máis adecuado será que a nutrición sexa un dos piares da educación, e esta terá que formar parte da formación desde as idades máis temperás , e incluír a todas as axentes educativas”.

REMATA O CICLO DE ASEMBLEAS INFORMATIVAS ORGANIZADAS POLA PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA CUN BALANCE MOI POSITIVO EN ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN

REMATA O CICLO DE ASEMBLEAS INFORMATIVAS ORGANIZADAS POLA PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA CUN BALANCE MOI POSITIVO EN ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN.

As asembleas, que tiñan como obxectivo informar sobre a situación da sanidade pública, resultaron verdadeiros foros de debate pola súa participación veciñal.

A Mariña,1 de febreiro de 2020. O ciclo de asembleas informativas convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña  rematou na noite de onte coa celebración da última das tres que se organizaron,  no Centro Sociocultural de Alfoz. O acto, que comezou ás oito da tarde, foi un éxito tanto en asistencia como en participación , ao igual que nas celebradas en Viveiro e Barreiros.

O formato das asembleas foi igual nas tres, comezando cunha exposición da situación sanitaria en Galiza en xeral e avanzando ata a comarca da Mariña . Os actos contaron coa presencia de diversos colectivos para analizar todos os ámbitos. Integrantes da Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública abriron os actos para falar do desmantelamento progresivo  e continuado, do que está a ser vítima a Atención Primaria, con desabastecemento de material e  falta de cobertura dos permisos ou baixas do persoal.

Este colectivo sanitario abordarou tamén a ampliación do hospital da Mariña, ampliación moi necesaria e conseguida froito da loita social durante anos.Lamentaron que esa gran obra civil non fora acompañada de novas prestacións de servizos coma a resonancia fixa prometida cando houbese sitio para ela, a densitometría ósea,as placas dentais ou a electromiografía e electroencefalografía. Igualmente tratouse a blindaxe de servizos existentes no hospital e a creación de novos servizos e prestacións, que consideramos básicas e irrenunciables para a dotación dun hospital .O aumento das listas de agarda a pesares da maquillaxe de datos por parte do SERGAS foi un dos temas que causou máis indignación a veciñas e veciños.

Enfermeiras Eventuais en Loita asociaron a precariedade laboral á perda de calidade asistencial e á repercusión negativa sobre os coidados a pacientes

A continuación o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita puxo de manifesto que a precariedade laboral á que teñen sometido a este colectivo, acumulando máis de cincocentos contratos tras dez anos de traballo ,sen dereitos a descansos reglamentarios, vacacións ou sabendo que se collen unha baixa por enfermidade lles vai supoñer a non renovación dalgún un pouco máis longo ( de un mes), repercute directamente sobre sobre a calidade asistencial. “ Non podemos impartir os coidados que @s pacientes merecen cando estamos cada día nun sitio diferente, sen ter a oportunidade de coñecer a historia e evolución da persoa enferma,e eso perxudica á sua evolución ao tempo que causa frustración en nós”-lamentan.

O colectivo de técnicos de transporte sanitario analizaron as consecuencias da supresión dun técnico na ambulancia medicalizada.

Nas asembleas participou tamén un TES,que analizou as consecuencias para a comarca da supresión dun dos técnicos da ambulancia medicalizada.Explicou que no caso dunha emerxencia que precise da presencia da ambulancia medicalizada,os efectivos actuales non son suficientes e moitas veces teñen que solicitar a presencia dunha segunda ambulancia básica que lles aporte reforzo de persoal, o que implica  derroche de recursos e que esta segunda ambulancia non preste servizo noutros lugares mentres esté reforzando á medicalizada.

A Plataforma Sanitaria amosa a súa indignación pola represión e censura da dirección do centro ao retirar dúas pancartas da fachada do hospital.

A retirada no día de onte de dúas pancartas da fachada do hospital por parte da dirección do centro, en cumplimento da instrucción emitida polo SERGAS, causa indignación no colectivo, que ve nestas actuacións un acto represivo e de censura sanitaria. Segundo @s activistas sanitari@s, estas actuacións propias de gobernos totalitarios , que nos retrotraen a tempos da dictadura, non van conseguir que deixemos de informar, de mobilizarnos e de protestar polas políticas de privatización e de desmantelamento da sanidade pública.”Lonxe de conseguir o seu obxectivo, o que lograrán será o efecto contrario, magnificando as mobilizacións”-conclúe.

Para máis información chamar a Víctor Vila  677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

Plataforma Sanitaria A Mariña

Data:  Mércores 29 de  Xaneiro 2020

Hora:  20 horas

Lugar: CONCELLO DE VIVEIRO. SALA MULTIUSOS.

Asunto:   Asemblea  para informar a veciñas e veciños da situación actual da sanidade pública na comarca e no país  , para incidir na necesidade de manifestármonos  o vindeiro 9 de febreiro e para ofertar o transporte en autobús cara a Compostela. Tras  unha pequena intervención d@s poñentes abrirase un turno no que o público pode preguntar, suxerir ou mesmo abrirse un debate.

 A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA  ABANDONO E CAOS SANITARIO  NA MARIÑA POR PARTE DO SERGAS

 A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA  ABANDONO E CAOS SANITARIO  NA MARIÑA POR PARTE DO SERGAS.

O colectivo sanitario esixe  ao  PP   que deixe de seguir poñendo en risco a saúde dos mariñaos e mariñás.

A Mariña, a 12 de xullo de 2019

PECHE DE CAMAS E REDUCIÓN DE QUIRÓFANOS.

Desde a Plataforma Sanitaria denuncian e rexeitan o peche de camas no Hospital da Mariña e a redución da actividade nos quirófanos durante o verán. Afirman que se procedeu por orde da Xerencia ao peche de 9 camas na unidade de hospitalización de Cirurxía e outras 9 na de Traumatoloxía “ao que temos que sumar as 12 camas pechadas por obras, é dicir 30 camas en total”.

Tamén denuncia publicamente a redución da actividade cirúrxica. “Soamente haberá dous quirófanos programados e un quirófano urxente ao día“, afirman.

Estas medidas provocan un incremento das listas de espera fomentando a derivación de doentes á sanidade privada para cumprir a Lei de Garantías. A lei di que teñen que ser atendidos en 60 días para intervencións cirúrxicas e en 45 para consultas u probas diagnósticas . “A imposibilidade de cumprir eses tempos na sanidade pública favorecerá a súa derivación á privada, que é onde serán atendidas”- manifesta o portavoz do colectivo.

Outra das consecuencias será o aumento do traslado e ingreso de pacientes do Hospital de Burela a Lugo, unha práctica que levan facendo durante os últimos meses e que esta a provocar o malestar das persoas afectadas e familias que se ven obrigadas a desprazamentos innecesarios por mor dunha mala planificación da Xerencia nun Hospital que remata de ser ampliado.

Ademais, denuncian que por mor do peche de camas producirase un recorte de persoal nas devanditas unidades de hospitalización, suprimindo unha enfermeira e unha TCAE nas quendas de mañá, tarde e de noite (na que unha soa enfermeira e

unha soa TCAE serán as responsábeis de prestar os coidados a 15 pacientes, e asumir as posibles urxencias e complicacións a maiores do traballo programado

SEN TRABALLADORA SOCIAL NO HOSPITAL.

A Plataforma Sanitaria da Mariña ao mesmo tempo denuncia que o Hospital da Mariña quedou dende primeiros de xullo sen a única Traballadora Social durante dous meses, en concreto durante os meses de xullo e agosto ao non cubrir o SERGAS a súa ausencia, a pesares de existir persoas dispoñibles nas listas de contratación (autonómicas) para cubrir esta categoría profesional.

Os traballadores e traballadoras sociais desempeñan un papel esencial e imprescindible e cumpre poñer en valor o seu traballo”- explica a coordinadora da Plataforma, e esta decisión do SERGAS de non cubrir a súa ausencia amosa por unha parte o desleixo cara a atención sociosanitaria na Mariña e o nulo recoñecemento por parte da administración ao traballo que desenrolan nas equipas multidisciplinares tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada”.

ABANDONO DOS CENTROS DE SAÚDE DA COMARCA.

A Plataforma Sanitaria xa ten denunciado en numerosas ocasións que sistematicamente, ano tras ano, as vacacións que por dereito lles corresponden ao persoal dos Centros de Saúdes non se cubrían. Esta circunstancia leva a un evidente deterioro na atención sanitaria aos pacientes debido a unha acumulación de traballo do persoal do centro ao ter que asumir a atención dos pacientes asignados aos outros profesionais. Se a isto lle sumamos que en época estival a poboación da Mariña duplícase ou triplícase podemos sacar a conclusión de que a situación agravase moitísimo máis producíndose un auténtico colapso na que afecta á calidade asistencial. “Non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiros que non son substituídos”- afirman.

Denuncian entre outras situacións a falta de tres médicos “en pleno Resurrection” no centro de saúde de Viveiro, a falta de pediatra en Foz, cuberta parcialmente, provocando demoras na atención e aprazamentos dos controis de saúde, a médica de tarde de Foz cuberta só unhas horas ou a ausencia o mércores 10 de xullo de 3 dos 7 médicos en Viveiro.

FEIJÓO, O DESTRUTOR DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA.

A Coordinadora da Plataforma, acusa o Presidente da Xunta de ser o “destrutor da sanidade pública da Mariña“, como responsable dunhas políticas, encamiñadas a engordar a sanidade privada, que xeran un desastre de tal magnitude que non só provoca críticas por parte dos pacientes senón tamén do “persoal sanitario, de organizacións profesionais e de sindicatos.

O que ten que facer o Presidente da Xunta é deixar de mentir e manipular, de recortar e de privatizar a sanidade pública, e facer un cambio de políticas que pasen por unha maior contratación de persoal, manter todas as camas operativas, e a posta en marcha dun plan en atención primaria, para acabar coa precariedade en sanidad – conclúe Montse Porteiro

Para máis información chamar a Víctor Vila  677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

O CENTRO DE SAÚDE DE VIVEIRO ACOLLERÁ UNHA UMAR EXTRAORDINARIA O VINDEIRO MÉRCORES 20 DE MARZO

O CENTRO DE SAÚDE DE VIVEIRO ACOLLERÁ UNHA UMAR EXTRAORDINARIA O VINDEIRO MÉRCORES 20 DE MARZO.
O grave problema da pediatría cunha praza vacante sen cubrir desde hai meses e o servizo de fisioterapia sen quenda de tarde, serán os temas obxecto de reclamacións colectivas.
A Mariña 15 de marzo de 2019. A Plataforma Sanitaria anuncia que desplazará a súa UMAR, de xeito extraordinario, ao centro de saúde de Viveiro o próximo mércores 20 de Marzo. Despois de que veciñas e veciños de Viveiro contactaran co colectivo sanitario para pedir que se desplazara a mesa informativa ao centro de saude, pola plaza de pediatra non substituída desde hai meses, e tras unha reunión dos seus integrantes activos,decídese dar resposta a esta demanda veciñal . O horario será o habitual, de 11 a 13 horas.
A situación do servizo de pediatría en Viveiro  nestes momentos é grave , xa que hai meses que a persoa que tiña que ocupar esa segunda plaza está en excedencia  e non se substitúe de forma estable e continuada,  ficando os concellos de  Viveiro, Vicedo e Ourol cun só pediatra. Cando o único profesional que atende nestes momentos as tres localidades solicita un permiso, é dicir ,cando quedan sen nengún pediatra,o Sergas substitúe con dous médicos de familia en quenda de mañá para atender a demanda, algúns días, e outros días  polas tardes para facer revisións, non atendendo neste caso urxencias. A situación semella esperpéntica, pois para o Sergas parece “que non é necesario que se cubra esa vacante que quedou polo traslado da anterior pediatra e que o facultativo que quedou só pode asumir todo o traballo, máis cando este falta , o Sergas ve necesario substituir con dous médicos de familia. Cando menos é sorprendente” – comenta o portavoz do colectivo, Víctor Vila.
Do mesmo xeito a UMAR fará tamén reclamacións colectivas demandando que se ponga en funcionamento o ximnasio para impartir fisioterapia en quenda de tarde. Actualmente as instalacións veñen utilizándose únicamente en quenda de mañá, cunha soa fisioterapeuta .O feito de que se infrautilicen as instalacións provoca listas de espera de até un ano .Está situación de agardas excesivas agravouse despois de que o Sergas rompera o convenio que tiña cunha clínica privada e deixando @s pacientes que atendía abandonados e sen que ninguén os informara do cese do servizo.Desde este colectivo vimos mantendo desde hai moito tempo que “sacando o máximo partido ás instalacións que xa  hai poderiamos aliviar gran parte das listas de agarda; esto pasa pola contratación dunha fisioterapeuta na quenda de mañá e a apertura das instalacións da quenda de tarde contratando a outras dúas profesionais”- explica Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma.
Desde a Plataforma Sanitaria  animamos ás veciñas e veciños de Viveiro e dos concellos veciños, tamén afectad@s por estes dous problemas sanitarios de envergadura, para que acudan o mércores 20 de marzo  ao centro de saúde de Viveiro a facer efectiva a súa reclamación, pois “ parece que o Sergas só actúa e   dá solucións cando hai protestas veciñais e movementos de contestación social ”- conclúen.
Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429 ou a Montse Porteiro 615187637
O CENTRO DE SAÚDE DE VIVEIRO ACOLLERÁ UNHA UMAR EXTRAORDINARIA O VINDEIRO MÉRCORES 20 DE MARZO.
O grave problema da pediatría cunha praza vacante sen cubrir desde hai meses e o servizo de fisioterapia  sen quenda de tarde, serán os temas obxecto de reclamacións colectivas.
A Mariña 15 de marzo de 2019. A Plataforma Sanitaria anuncia que desplazará a súa UMAR, de xeito extraordinario, ao centro de saúde de Viveiro o próximo mércores 20 de Marzo. Despois de que veciñas e veciños de Viveiro contactaran co colectivo sanitario para pedir que se desplazara a mesa informativa ao centro de saude, pola plaza de pediatra non substituída desde hai meses, e tras unha reunión dos seus integrantes activos,decídese dar resposta a esta demanda veciñal . O horario será o habitual, de 11 a 13 horas.
A situación do servizo de pediatría en Viveiro  nestes momentos é grave , xa que hai meses unha das titulares trasladouse a outra localidade e non se cubriu esa plaza vacante, ficando os concellos de  Viveiro, Vicedo e Ourol cun só pediatra. Cando o único profesional que atende nestes momentos as tres localidades solicita un permiso, é dicir ,cando quedan sen nengún pediatra ,o Sergas contrata dous médicos de familia para atender a demanda algúns días e outros días son contratados polas tardes para facer revisións, e neste caso non atenden urxencias. A situación semella esperpéntica, pois para o Sergas parece “que non é necesario que se cubra esa vacante que quedou polo traslado da anterior pediatra e que o facultativo que quedou só pode asumir todo o traballo, máis cando este falta , o Sergas ve necesario substituir con dous médicos de familia.Cando menos é sorprendente” – comenta o portavoz do colectivo, Víctor Vila.
Do mesmo xeito a UMAR fará tamén reclamacións colectivas demandando que se ponga en funcionamento o ximnasio para impartir fisioterapia en quenda de tarde. Actualmente as instalacións veñen utilizándose únicamente en quenda de mañá, cunha soa fisioterapeuta .O feito de que se infrautilicen as instalacións provoca listas de espera de até un ano .Está situación de agardas excesivas agravouse despois de que o Sergas rompera o convenio que tiña cunha clínica privada e deixando @s pacientes que atendía abandonados e sen que ninguén os informara do cese do servizo.Desde este colectivo vimos mantendo desde hai moito tempo que “sacando o máximo partido ás instalacións que xa  hai poderiamos aliviar gran parte das listas de agarda;esto pasa pola contratación dunha fisioterapeuta na quenda de mañá e a apertura das instalacións da quenda de tarde contratando a outras dúas profesionais”- explica Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma.
Desde a Plataforma Sanitaria  animamos ás veciñas e veciños de Viveiro e dos concellos veciños, tamén afectad@s por estes dous problemas sanitarios de envergadura, para que acudan o mércores 20 de marzo  ao centro de saúde de Viveiro a facer efectiva a súa reclamación, pois “ parece que o Sergas só actúa e   dá solucións cando hai protestas veciñais e movementos de contestación social ”- conclúen.

EN BARREIROS QUEDOU RESTABLECIDO O SERVIZO DE PEDIATRÍA, SEGUNDO DEU A COÑECER HOXE O ALCALDE, ALFONSO FUENTE PARGA

EN BARREIROS QUEDOU RESTABLECIDO O SERVIZO DE PEDIATRÍA, SEGUNDO DEU A COÑECER HOXE O ALCALDE, ALFONSO FUENTE PARGA.

Barreiros, 1 de febreiro de 2019. En Barreiros quedou restablecido o servizo de pediatría, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente, que lembrou que foi posto en marcha en 2011 cun goberno do PP á fronte da Xunta de Galicia.

O rexedor explicou que “no día de onte en Barreiros quedaba restablecido o servizo de pediatría. Xa hai un pediatra para atender os nenos e nenas do noso concello e a semana que vén continuará este profesional prestando o servizo; despois esperamos que se incorpore a pediatra que estaba neste centro médico”.

Fuente Parga contou que “falei persoalmente co xerente da Área Xestión Integrada da provincia de Lugo, Ramón Ares, e confirmoume que, a pesar dos poucos facultativos de pediatría que hai, conseguiron cubrir este servizo e esperan que as carencias que poida haber sexan as mínimas posibles tendo en conta este feito. Dende onte xa pasaba consulta o pediatra no centro médico de Barreiros, que seguira a próxima semana e ata que se reincorpore a facultativa que está habitualmente”.

O alcalde tamén aludiu a que este asunto se abordou no pleno celebrado no Concello hai uns días: “como a oposición no último pleno insistiu moito neste feito, aproveito para recordar que este servizo de pediatría se puxo en marcha no centro médico de Barreiros no ano 2011, gobernando xa o Partido Popular na Xunta. Un servizo que naquel momento entendemos que era importante, dado que somos un concello de 2.900 habitantes que contamos cunha gardería municipal e poucos municipios de Galicia con esta poboación teñen unha instalación deste tipo. Polo tanto desde o equipo de goberno do Concello de Barreiros temos claro que queremos protexer, coidar e dar todos os servizos aos nosos nenos e nenas do concello. Primeiro coa gardería e loitamos naquel momento, no 2011, por ter o servizo de pediatría. E quero recordarlle á oposición, como xa o fixen no pleno, que evidentemente se agora se estaba debatendo se se cubría ou non o servizo era porque se puxo gobernando o Partido Popular na Xunta atendendo á solicitude deste equipo de goberno”.

Alfonso Fuente Parga lembrou: “Pero entre o anos 2005 e 2009, cando gobernou o bipartito na Xunta, non puxeron en marcha este servizo no centro médico de Barreiros, polo que parece que para eles non era moi importante este servizo naquel momento, porque entre os anos 2005 e 2009 xa había nenos e nenas no concello e xa estaba funcionando tamén a gardería municipal. Pero eles parece que non entendían que fora necesario o pediatra no noso centro médico. Sen embargo pouco a pouco foise mellorando o servizo asistencial que se presta no centro médico, a pesar das críticas á política sanitaria do Partido Popular que seguen verténdose desde a oposición; imaxino que o fan porque estamos preto dunhas eleccións”.