Archivo de la categoría: Campamento

Campamento de verano Barreiros

Puede ser una imagen de 2 personas, personas de pie e interior

👧🏻👦🏼 Xa deron comezo as actividades dos campamentos de verán do +Concilia Barreiros!
🪁🪀 Un instrumento xestionado directamente polo Concello para facilitar actividades para as máis pequenas e pequenos e a conciliación das familias, con actividades pensadas para o divertimento e a formación.
5️⃣0️⃣ Nesta quenda son 50 as nenas e nenos que participan nel!
☀️ Se o tempo acompaña, haberá actividades ao aire libre. 🌧 E se non, o pavillón e outras instalacións municipais acollerán xogos e actuacións para o entretemento e a formación en igualdade!
👏🏻 Ben seguro que familias e crianzas o disfrutarán e aproveitarán!

Puede ser una imagen de 11 personas, personas de pie y al aire libre

A FALTA DE SEGURIDADE NAS INSTALACIÓNS DAS ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES DE SAN MIGUEL IMPIDE A REALIZACIÓN DE CAMPAMENTOS INFANTÍS E XUVENÍS NAS MESMAS

A FALTA DE SEGURIDADE NAS INSTALACIÓNS DAS ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES DE SAN MIGUEL IMPIDE A REALIZACIÓN DE CAMPAMENTOS INFANTÍS E XUVENÍS NAS MESMAS.

Barreiros, 6 de xullo de 2019

O incumprimento das condicións mínimas para edificios practicables e non adaptados, do código de edificación ou da normativa de xuventude podería poñer en risco as persoas participantes.

O Concello de Barreiros vén de resolver as peticións recibidas por unha empresa privada e unha fundación os días 28 de xuño e 2 de xullo, respectivamente, para o uso como albergue das instalacións das antigas vivendas dos mestres de San Miguel en campamentos xuvenís.

O informe emitido polos servizos técnicos municipais sinala o incumprimento da normativa que garanta o uso legal de dito inmoble para acoller ditos campamentos, polo que o goberno municipal optou por non autorizar dito uso, en aras de garantir a seguridade das persoas que participen nos mesmos.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “o Concello debe garantir en primeiro lugar a seguridade das persoas que participan en actividades que se realizan en instalacións municipais. E neste caso, á vista do informe técnico, as condicións do inmoble non permiten o seu uso de xeito seguro.”

“Autorizar o uso de ditas instalacións nas condicións que presentan sería unha irresponsabilidade por parte do goberno municipal que podería mesmo incorrer en responsabilidade se houbese calquera incidente”, asegura Ana Ermida.

Desde o goberno municipal indican igualmente que “a falla de tempo impide atopar unha solución óptima a estas alturas, xa que no momento no que este goberno tomou posesión nin sequera figuraba ningunha petición formal que foron realizadas hai escasos días.”

O executivo local manifesta a “total predisposición para a realización de actividades no concello e a colaboración coas mesmas, pero sempre garantindo a seguridade das persoas e cumprindo coas normativas aplicables.”

UN GRUPO DE 65 RAPACES E RAPAZAS ESTARÁN DE CAMPAMENTO EN BARREIROS DO 1 AO 11 DE AGOSTO

UN GRUPO DE 65 RAPACES E RAPAZAS ESTARÁN DE CAMPAMENTO EN BARREIROS DO 1 AO 11 DE AGOSTO. PROCEDEN DE TEO, PRETO DE SANTIAGO. ESTA MAÑÁ O ALCALDE DEULLES A BENVIDA. VANSE ALOXAR NAS ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES NO COLEXIO DE SAN MIGUEL.

Barreiros, 1 de agosto de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, dáballe hoxe a benvida a un grupo de 65 rapaces do concello de Teo que estarán de campamento na localidade ata o 11 de agosto. Alóxanse nas antigas vivendas dos mestres do colexio de San Miguel. O 12 de agosto chegará outro grupo máis numeroso tamén procedente de Teo. E en xullo pasaron por estas instalacións rapaces e rapazas de Xixón. Para o rexedor é importante a promoción turística que se realiza con este tipo de actividades.

Alfonso Fuente declarou que “en Barreiros vimos de recibir a un grupo de rapaces, 65 rapaces e rapazas, que chegan dende o concello de Teo, un concello a carón de Santiago, e que veñen a pasar aquí desde o día 1 ata o 11 de agosto. Isto enmárcase dentro dun programa que ten o Concello de Teo, Un Verán no Cantábrico, e despois do día 11 virá outro grupo tamén deste municipio incluso máis numeroso. Hoxe recibimos a este grupo, indicámoslles o que é o noso concello, e estamos encantados de recibilos”.

O alcalde de Barreiros subliñou que “nós apostamos por este tipo de campamentos despois de ter acondicionado o que eran as vivendas dos mestres no colexio de San Miguel. Teñen alí unhas instalacións perfectas para facer este tipo de campamentos”.

Fuente Parga engadiu que “se sumamos este campamento que hoxe recibíamos de Teo co que despedíamos fai uns días de Xixón con 35 rapaces máis os que van vir na segunda quincena de agosto, e iso sumado tamén aos 160 nenos do campamento da Devesa que están baixando e participando en actividades nas praias de Barreiros, é unha forma tamén de fomentar o turismo. Cando os nenos e nenas están aquí os pais deciden achegarse a estas zonas onde están os seus fillos e coñecer o Cantábrico e, neste caso, Barreiros e toda a Mariña lucense”.