UN GRUPO DE 65 RAPACES E RAPAZAS ESTARÁN DE CAMPAMENTO EN BARREIROS DO 1 AO 11 DE AGOSTO

UN GRUPO DE 65 RAPACES E RAPAZAS ESTARÁN DE CAMPAMENTO EN BARREIROS DO 1 AO 11 DE AGOSTO. PROCEDEN DE TEO, PRETO DE SANTIAGO. ESTA MAÑÁ O ALCALDE DEULLES A BENVIDA. VANSE ALOXAR NAS ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES NO COLEXIO DE SAN MIGUEL.

Barreiros, 1 de agosto de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, dáballe hoxe a benvida a un grupo de 65 rapaces do concello de Teo que estarán de campamento na localidade ata o 11 de agosto. Alóxanse nas antigas vivendas dos mestres do colexio de San Miguel. O 12 de agosto chegará outro grupo máis numeroso tamén procedente de Teo. E en xullo pasaron por estas instalacións rapaces e rapazas de Xixón. Para o rexedor é importante a promoción turística que se realiza con este tipo de actividades.

Alfonso Fuente declarou que “en Barreiros vimos de recibir a un grupo de rapaces, 65 rapaces e rapazas, que chegan dende o concello de Teo, un concello a carón de Santiago, e que veñen a pasar aquí desde o día 1 ata o 11 de agosto. Isto enmárcase dentro dun programa que ten o Concello de Teo, Un Verán no Cantábrico, e despois do día 11 virá outro grupo tamén deste municipio incluso máis numeroso. Hoxe recibimos a este grupo, indicámoslles o que é o noso concello, e estamos encantados de recibilos”.

O alcalde de Barreiros subliñou que “nós apostamos por este tipo de campamentos despois de ter acondicionado o que eran as vivendas dos mestres no colexio de San Miguel. Teñen alí unhas instalacións perfectas para facer este tipo de campamentos”.

Fuente Parga engadiu que “se sumamos este campamento que hoxe recibíamos de Teo co que despedíamos fai uns días de Xixón con 35 rapaces máis os que van vir na segunda quincena de agosto, e iso sumado tamén aos 160 nenos do campamento da Devesa que están baixando e participando en actividades nas praias de Barreiros, é unha forma tamén de fomentar o turismo. Cando os nenos e nenas están aquí os pais deciden achegarse a estas zonas onde están os seus fillos e coñecer o Cantábrico e, neste caso, Barreiros e toda a Mariña lucense”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *