Archivo de la categoría: Uncategorized

O CONCELLO CONVOCA O 1º CERTAME FOTOGRÁFICO BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS

O CONCELLO CONVOCA O 1º CERTAME FOTOGRÁFICO BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS.La imagen puede contener: texto

Barreiros, 6 de setembro de 2018. A Concellería de Turismo convoca o 1º Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias.

A temática é libre e as imaxes presentadas terán que recoller a riqueza paisaxística, cultural, artística, etc… de Barreiros. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello, www.concellodebarreiros.com

Bases para o concurso

As fotografías deberán presentarse no Concello de Barreiros, e a data límite de admisión de orixinais é o día 15 deste mes de setembro.

Esta primeira edición do Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias outorgará dous premios en metálico: 100 euros para o gañador e 50€ para o segundo.

A entrega de premios terá lugar 27 deste mes no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 12:00 horas.

Retroclásicos de Barreiros

Buenas noches amig@s, aquí os dejamos el cartel definitivo de nuestro evento, con todos los patrocinadores que nos ayudan a llevar esto hacia delante. Desde aquí agradecemos toda la ayuda desinteresada que nos prestan.

Asique ya sabéis, el 26 de agosto tenéis una cita que no os podéis perder!!!

#RetroclásicosBarreiros #26DeAgosto #PlayaDeSanBartolo

ABARROTE DE PÚBLICO NO CONCERTO DE DESPEDIDA DO EIDO DOURADO

ABARROTE DE PÚBLICO NO CONCERTO DE DESPEDIDA DO EIDO DOURADO. ARREDOR DE 400 PERSOAS SE DERON CITA A CARÓN DA PRAIA DA PASADA PARA ESCOITAR Á BANDA DA LOBA E PARA ACOMPAÑAR AO PROMOTOR DESTE ESPAZO DEDICADO AO ARTE, QUE TRAS DEZ ANOS DE ACTIVIDADE PECHA AS SÚAS PORTAS.

Barreiros, 20 de agosto de 2018. Arredor de 400 persoas asistiron onte ao último concerto no Eido Dourado. A velada estivo protagonizada pola Banda da Loba e pola carta de despedida deste espazo dedicado ao arte á que lle deu lectura Xiana Lastra, unha das compoñentes deste grupo.

O artista barreirense Celso Dourado explicou que “o concerto de onte foi o máis numeroso dos que se celebraron ao longo destes 10 anos no Eido Dourado. Contamos cunhas 400 persoas. Os xardíns quedáronse pequenos para acoller a todo o público que nos acompañou, incluso houbo xente que seguiu o concerto desde a estrada. A noite foi espléndida e o concerto que ofreceu a Banda da Loba unha auténtica loucura”.

Antes do remate do concerto Xiana Lastra deu lectura á carta de despedida do Eido Dourado, escrita polo seu promotor, Celso Dourado, que remataba así: “desexamos que a semente plantada ao carón da praia da Pasada agrome con forza nalgún lugar non lonxe de aquí, que pervivan en nós as lembranzas deste espazo máxico cheo de creación e de vida, onde cando menos procuramos facer as cousas ben, con poucos medios e altas pretensións. Finalmente, unha vez máis, como non podería ser doutra maneira, apertas e resistencia sempre”.

Xa hai uns días, cando se presentou o concerto da Banda da Loba, Celso Dourado deixou clara a súa postura: “o espírito do Eido Dourado espero seguir manténdoo, case con total seguridade, salvo que cambien moito as cousas, fora de Barreiros”.

A INCOMPETENCIA DO GOBERNO DE BARREIROS REFLÍCTESE NA PENOSA IMAXE QUE SE PODE VER EN TODO O CONCELLO

A INCOMPETENCIA DO GOBERNO DE BARREIROS REFLÍCTESE NA PENOSA IMAXE QUE SE PODE VER EN TODO O CONCELLO.

Baños das praias destrozados, zonas de descanso e ocio sen desbrozar, paseos marítimos a medio arranxar, lixo acumulado á beira dos contenedores ou vertedoiros incontrolados son só algunha das imaxes que pode ver as persoas que visitan Barreiros.

“É urxente que o goberno municipal se poña a traballar e deixen de perder o tempo e os cartos das veciñas e veciños en pagar favores”, sinalan desde o BNG.

Barreiros, 25 de xuño de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros esíxelle ao goberno municipal “que se poña a traballar.” “Son seis persoas que foron elixidas polas veciñas e veciños para gobernar e solucionar os problemas do concello. Pola contra, o único que están facendo é pagar favores a determinadas empresas que enchen os petos a costa dos cartos de todas e todos os barreirenses”, manifesta a portavoz municipal, Ana Ermida.

Segundo a formación nacionalista, “a estas alturas a zona turística está absolutamente abandonada”. “Os paseos marítimos parece que están sendo sachados, en lugar de desbrozados. O lixo acumúlase a carón dos contenedores. As zonas de ocio como áreas recreativas ou parques infantís da zona da praia teñen rozados os accesos, pero están absolutamente inmersos na herba que os tapa. Hai baños de praias destrozados desde hai máis de dous meses… e un longo etcétera que o único que fai é confirmar o que vimos dicindo nos últimos anos: en Barreiros hai un goberno municipal que a única preocupación que ten é solucionar os seus propios problemas e utilizar os cartos públicos para repartir ao seu antollo”, sinalan.

Para o BNG o máis grave é a actitude do goberno municipal e, nomeadamente, do Alcalde e responsable de turismo que nega o evidente e atrévese a afirmar que Barreiros está listo para recibir visitantes. “Se isto é o que van ver as persoas que nos visitan non nos extraña que teñan unha oficina de turismo parcialmente atendida en horario de oficina e que non se realice ningún tipo de actividade de promoción turística que poida beneficiar ao noso concello”, afirma Ana Ermida.

A zona interior, a gran esquecida.

Segundo a portavoz municipal, a situación da zona interior é aínda peor ca a da costa. “No último pleno reiteramos a existencia dun vertedoiro incontrolado na parroquia da Rilleira, cara a Gondán, pedindo que se limpara con urxencia. E máis tendo en conta que é nunha parcela municipal”, sinalan desde o BNG. “A realidade é que semanas despois daquel pleno segue sen facerse ningún traballo ao respecto, demostrando a falta de interese pola imaxe que se traslada e polo medio ambiente. Ademais de amosar unha responsabilidade absoluta, deixando acumular lixo de todo tipo que é un auténtico polvorín en época de lumes.”

Desde o BNG lamentan “a imaxe que se dá a visitantes e a que soportan día a día as veciñas e veciños e esíxenlle ao goberno municipal que se poña a traballar e deixen de utilizar o Concello como moeda de cambio para pagar favores.”

O 17 DE XUÑO CELEBRARASE A VI CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS

O 17 DE XUÑO CELEBRARASE A VI CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS, QUE ORGANIZA A PEÑA BARCELONISTA DE SAN MIGUEL E COA QUE COLABORA O CONCELLO DE BARREIROS.La imagen puede contener: textoLa imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas de pie, océano, cielo, playa, exterior y naturaleza

Barreiros, 8 de xuño de 2018. O 17 de xuño terá lugar a sexta edición da Carreira Popular das Praias. Na presentación, estivo o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, xunto a organizadores e corredores locais, entre outros.

A carreira dará comezo coas categorías infantís, ás 11:15 horas, na praia de Altar. A categoría de adultos principiará ás 12:30 horas con saída dende a praia de Arealonga (xunto ao restaurante La Yenka), e meta na praia de Altar recorrendo todas as praias do concello.

A organización poñerá servizo de autobús, dende as 11:15 horas, para o traslado dos participantes dende a meta á zona de saída.

As inscricións rematan o vindeiro mércores, 13 de xuño, e poden facerse na web: www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.

Organiza esta carreira a Peña Barcelonista de San Miguel coa colaboración do Concello de Barreiros, Agrupación de Protección Civil de Barreiros, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma, Actiboot, Casa Elena Turismo Rural, Taxi Valea e Pinturas Centeno.

30 gandeiros lucenses, primeiros beneficiarios do Centro de Recría da Deputación que é pioneiro en España

30 gandeiros lucenses, primeiros beneficiarios do Centro de Recría da Deputación que é pioneiro en España

05-06-18

Lugo, 5 de xuño de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e do representante de Recría Castro S.L, Rogelio Grille Barbeira, participaron este martes na apertura do Centro de Recría coa entrada de novillas pertencentes a 30 gandeiros da provincia. En 24 horas incorporaranse as instalacións da Granxa Gayoso Castro, onde está situado o centro, 100 novillas e a partir de agora todos os martes entrarán 30 novos exemplares. Os gandeiros da provincia de Lugo terán prioridade no uso destas instalacións pioneiras en España.

O Presidente destacou que “hoxe é un día moi importante para a provincia de Lugo. Como sabedes, dende o Goberno da Deputación levamos moito tempo para facer realidade este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo. Tivemos que superar moitas trabas pero fomos quen de superar todos os obstáculos e poñer en funcionamento este Centro de primeirísimo nivel e tan importante para os nosos gandeiros estea en funcionamento. Fixemos un esforzo inversor de 12 millóns de euros para a construción en solitario destas instalacións, logo de que a Xunta, coas competencias en medio rural, unha vez máis, rexeitara colaborar, ademais de demorar 2 anos a concesión da licenza de obra. Sen dúbida, iniciativas coma esta fan que a Deputación sexa o motor económico da provincia, pois coa posta en marcha deste centro duplicaremos a capacidade de recría que existe en toda a Comunidade Autónoma, acadando exemplares cun alto valor produtivo e xenético”.

Centro pioneiro en España
Trátase do 1º centro de recría público de gando vacún de leite en España cunha xestión de rigoroso control público por parte do Executivo Provincial, coa colaboración de reputados expertos da USC, como Francisco Sineiro e Eduardo YUS. Na actualidade, España conta 4 centros de recría: 3 privados en Pantón (Lugo), Mazaricos (A Coruña) e en Mallén (Zaragoza). Existe outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero tamén de xestión privada.

Tras un proceso de concorrencia competitiva no que puideron participar todos os interesados, saíu beneficiada do mesmo a empresa Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega de SERAGRO, da que forman parte 1.300 gandeiros. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e o regulamento en defensa dos dereitos dos gandeiros. Outros obrigas asumidas por Recría Castro S.L: un incremento do 12,5% no salario dos profesionais contratados, formación profesional aos mesmos en materia de benestar animal; ou colaboración directa coa USC. Ademais, Recría Castro sumou a AFRICOR LUGO neste proxecto, pois esta asociación, da que forman parte 1.500 gandeiros de toda a provincia de Lugo, promocionará os servizos e vantaxes produtivas e económicas que supón a recría no centro da Deputación.

Prioridade para os gandeiros lucenses e beneficios de 3 millóns de euros
“No Centro de Recría Gayoso Castro terán preferencia os gandeiros profesionais e entidades asociativas con explotación aberta e operativa na provincia de Lugo. E o facemos porque este proxecto, financiado pola Deputación con cartos que son de todos os lucenses, naceu coa intención de facilitar o traballo aos nosos veciños e aforrarlles custos, ao tempo que impulsamos a economía de toda a provincia, pois xerará uns beneficios de 3 millóns de euros anuais, unha vez que o centro funcione a pleno rendemento, e creará un mínimo de 10 postos de traballo, ademais de contribuír a manter ducias de empregos vinculados ao sector” subliñou Campos Conde. No caso de que a capacidade das instalacións non estea cuberta, poderán acceder a ela outros gandeiros de toda Galicia que cumpran as condicións de profesionalización, rexistro e actividade. Todos os interesados poden solicitar máis información no 650-664-776, en [email protected] ou en www.deputaciónlugo.gal.

Prezo de 2,39 euros ao día
O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos, xa que nel van incluídos tanto os custos de alimentación como os de transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade, revisións veterinarias… Con este importe, os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar as súas novillas a outros centros fóra de Galicia.

86.000 m2, 13 naves e capacidade para 3.000 novillas
O novo Centro de Recría esténdese nunha superficie de 86.000 m2, nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, situada na localidade de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei. Conta con 13 naves, cunha capacidade media para 200 animais cada unha, supoñendo un total de 3.000 novillas. As naves contan con 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA, 2.200 cornadizas automáticas, 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira. Ademais hai 270 casetas individuais (onde están os animais dende que entran con 15 días ata os 2 meses) e 105 colectivas (onde están dende os 2 meses e ata os 6 meses para logo ir ás 13 naves de recría).

O Centro de Recría tamén conta cunha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para forraxe e 5 esterqueiras para o almacenaxe dos residuos. Ten a planta de biogás máis grande de Galicia que proporcionará 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, permitindo que as instalacións, non só sexan autosuficientes e que os custes enerxéticos polo tanto sexan de cero euros, senón que tamén se producirán excedentes de enerxía. Outras das vantaxes da planta de biogás é o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaraos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante, e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO 2 anuais.

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros acolleu a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras da fase local do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2018

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros acolleu a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras da fase local do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2018. O lema elixido nesta ocasión foi “Como cambiou o conto ou cómo darlle unha volta ao conto tradicional”.
Os encargados de entregar os diplomas e agasallos aos vencedores foron a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Os gañadores e gañadores pasarán agora a concursar na fase provincial deste concurso.