Archivo de la categoría: Uncategorized

Otra sentada como protesta contra la actuación arbitral, en Barreiros

Otra sentada como protesta contra la actuación arbitral, en Barreiros

Los jugadores locales imitaron al Valadouro para quejarse de las decisiones del colegiado ante el Cazás: 0-2

.
XAIME RAMALLAL

Otro equipo mariñano fue protagonista de la nueva sentada en señal de protesta contra la actuación arbitral. Ocurrió ayer en el Celta Barreiros-Cazás, de Tercera Galicia y que acabó con 0-2. Molestos con las decisiones del juez de la contienda, los futbolistas del equipo local optaron por finalizar el partido sentados sobre el terreno de juego, como había hecho el Valadouro hace algunas semanas. Según fuentes del Celta Barreiros, la protesta duró «dos o tres minutos» y el colegiado evitó el descuento.

FOTO DO CONCELLO DE BARREIROS (PEREGRINACIÓN)

La imagen puede contener: 10 personas, personas de pie, árbol, boda, cielo, calzado, niños, exterior y naturaleza

Un total de 45 persoas realizaron o pasado sábado a segunda etapa da peregrinación a Compostela a través do Camiño Francés, que organiza o Concello de Barreiros. Os camiñantes fixeron os 18 quilómetros do treito comprendido entre Triacastela e Sarria nunha xornada cun tempo espléndido. O edil José Manuel Gómez Puente subliñou que “os peregrinos gozaron dunhas paisaxes incribles e o contacto coas xentes da zona e doutros países foi amena e respectuosa”. O concelleiro barreirense e os camiñantes agradécenlle ao alcalde, Alfonso Fuente, “o agasallo que lles fixo entregándolles unhas gorras a tod@s para protexerse do sol, así como a axuda prestada para facer esta peregrinación por etapas, xa que do custe da última delas encárgase o Concello”. Pola súa banda, o rexedor amosóuse agradecido por estas palabras e animou aos veciños e ás veciñas a seguir participando nestas peregrinacións por etapas, que ven organizando o Concello a través dos diferentes camiños que percorren a provincia de Lugo.

O VINDEIRO LUNS, 13 DE MARZO, HABERÁ EN BARREIROS UNHA CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIAL.

O VINDEIRO LUNS, 13 DE MARZO, HABERÁ EN BARREIROS UNHA CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIAL.

Barreiros, 9 de marzo de 2017. En Barreiros terá lugar unha charla sobre seguridade vial o vindeiro luns, 13 de marzo.

Esta actividade leva por título Para, Reflexiona, Actúa. Será o luns no centro sociocultural, en San Cosme de Barreiros, a partir das 17:00 horas.

Organizan este acto, xunto ao Concello de Barreiros, a Dirección General de Tráfico e a Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico.

Cursos de Informática

A AULA CEMIT DE BARREIROS PROGRAMA CATRO CURSOS PARA AS VINDEIRAS SEMANAS. TEÑEN CARÁCTER GRATUÍTO E AS PRAZAS SON LIMITADAS. AS PERSOAS INTERESADAS EN ASISTIR XA PODEN INSCRIBIRSE.

Barreiros, 8 de marzo de 2017. A Aula CeMIT barreirense acollerá ao longo das vindeiras semanas catro cursos de informática. Teñen carácter gratuíto e as prazas son limitadas. As persoas interesadas en acudir poden facer a súa reserva acudindo á propia Aula CeMIT ou chamando ao seguinte número de teléfono 639 876 671.

O primeiro dos catros cursos será o de Iniciación a internet, que terá lugar do 14 ao 23 de marzo. A continuación do 28 de marzo ao 12 de abril impartirase un outro sobre Correo electrónico e internet.

A programación da Aula CeMIT de Barreiros seguirá do 18 ao 27 de abril co curso denominado Web 2.0 e DNI electrónico. E do 2 ao 10 de maio impartirase outro sobre Manexo de móbiles táctiles.

Esta formación darase na Aula CeMIT de Barreiros, que está situada no Teleclub de San Cosme, en horario de 16:30 a 18:00 horas.