Archivo de la categoría: Teatro

O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 19, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ANDANZAS, DE VIVEIRO, REPRESENTARÁ A COMEDIA LAS ENTRETENIDAS

O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 19, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ANDANZAS, DE VIVEIRO, REPRESENTARÁ A COMEDIA LAS ENTRETENIDAS.

Barreiros, 13 de novembro de 2017. O vindeiro domingo, 19 de novembro, haberá teatro en Barreiros.

Nesta ocasión o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena a obra Las entretenidas. Será ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura. Colabora o grupo de teatro Andanzas de Viveiro.

Ollomao completa o aforo nas tres funcións consecutivas da estrea da obra “Enciclopedia Álvarez”

Ollomao completa o aforo nas tres funcións consecutivas da estrea da obra “Enciclopedia Álvarez”La imagen puede contener: 1 persona, en el escenario, sentado e interior

Máis de 450 entradas vendidas para a que é a cuarta produción para escenario do grupo de teatro barreirense.La imagen puede contener: 14 personas, personas sonriendo, interior

Esta fin de semana tivo lugar a estrea da obra de teatro “Enciclopedia Álvarez” do Grupo de Teatro Ollomao. Tres funcións en tres días consecutivos que de novo acadaron as mellores expectativas de aforo completo. A peza é unha creación do propio grupo  baseada en textos de “El Florido Pensil”, de Andrés Sopeña Monsalve, “Enciclopedia Álvarez”, revistas da Sección Femenina (“Teresa”, “Medina”,…) e libros escolares desa época.

Esta nova produción procura ser unha pequena mostra do que era o sistema educativo durante a etapa franquista, contado dende o prisma daquelas e aqueles adultos nos tempos de hoxe e a inocencia de cando eran aínda pupilos. Un retorno á aula das nenas e á aula dos nenos, que ofrece un momento divertido á persoa espectadora mais convida tamén á reflexión sobre o feminismo, a lingua, a autoridade ou a relixión. En palabras dalgunhas críticas “fai pensar, aínda que sexa chorando de risa”

A “Enciclopedia Álvarez” é a cuarta peza do Grupo de Teatro Ollomao para escenario, que se estreou no ano 2013 coa superprodución “Os vellos non deben de namorarse” que en 12 representacións superou as 3.000 persoas espectadoras. Ademais, Ollomao innovou co “Teatro nos bares”, actividade da cal se levaron a cabo xa 2 edicións. A peza recén estreada está tamén concibida coa finalidade de ser levada a outras localidades, ao igual que acontece con “Oé, oé, oé” que tres anos despois segue aínda en cartel.

Para o Colectivo Cultural Ollomao, a aceptación deste tipo de eventos son mostra de que tan necesarias seguen a ser as diferentes manifestacións culturais e sociais, especialmente como ferramenta para a pedagoxía e dinamización sociais, e máis aínda nalgúns núcleos rurais menos achegados a este tipo de oferta. Así pois, é por iso tamén que o tipo de pezas interpretadas dende o colectivo barreirense procuran, aínda sendo teatro afeccionado e popular, escapar do costumismo e ofrecer un “teatro con mensaxe e contido”.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, acolleu o pasado domingo unha actuación do grupo de teatro O Bordelo

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, acolleu o pasado domingo unha actuación do grupo de teatro O Bordelo, á que asistiron arredor de cen persoas. A representación enmarcouse dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo. Ao remate Francisco Piñeiro dedicoulle unhas verbas, escritas por él, a Xosé Manuel Carballo (falecido hai uns días), onde poñía en valor a súa ampla vida social e cultural a favor da cultura galega.

Teatro con A Adala en Ribadeo y con O Bordelo en Barreiros

Teatro con A Adala en Ribadeo y con O Bordelo en Barreiros

Dentro de la programación Buxiganga

.

Hoy domingo, en el Teatro de Ribadeo, el grupo A Adala pondrá en escena la obra «O que hai que ver ao volver». Será a las 20.30 horas, en el marco de la programación teatral «Buxiganga». La entrada cuesta 3 euros. Y en Barreiros, a las 18.00 horas en el centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro , O Bordelo representará “O Malquerer”

Seis funciones teatrales este fin de semana en A Mariña

Seis funciones teatrales este fin de semana en A Mariña

.
CEDIDA

Hoy en Viveiro?•?18.00 horas?•?Teatro Pastor Díaz?•?Público: todas las edades?•?«Píscore ?la compañía que hoy llega a Viveiro, explican? achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos da comedia xestual». «Un espectáculo ?añaden? de vocación universal que fará rir e disfrutar a público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical».

Hoy en Burela •?20.00 horas?•?Casa da Cultura?•?Para mayores de 12 años?•?Circuito Buxiganga?•?El programa Buxiganga del Área de Cultura de la Deputación Provincial de Lugo trae este sábado una oferta teatral, con Hipócrita Teatro y su obra Hotel Desencanto. «Trátase dunha peza de teatro contemporáneo, dirixida por Carlos Rebolo, que mestura drama, comedia e suspense», informan. Hipócrita Teatro nació en Lugo en el año 2004.

Hoy en O Vicedo •?20.00 horas?•?Casa da Cultura?•?Entrada gratuita?•?Circuito Buxiganga?•?El sábado es día de función en O Vicedo, con la presencia del grupo de teatro aficionado Metátese Teatro, de Palas de Rei, en la localidad para representar una obra apta para todos los públicos. Es O euromillón.

Hoy en Alfoz •?20.00 horas?•?Centro Sociocultural?•?Circuito Buxiganga?•?El programa de teatro aficionado a nivel provincial acerca hoy a Alfoz a Os Trocos con Full Monte.

Y mañana

Mañana en Ribadeo •?20.30 horas?•?Teatro?•?Circuito Buxiganga?•?Dentro de la programación de la Deputación está la representación de A Adala, hoy en Ribadeo: O que hai que ver ao volver. «Un mozo que emigra e non consegue os seus soños e volve co posto e cun billete de lotaría».

Mañana en Barreiros •?18.00 horas?•?Centro Sociocultural?•?O Bordelo representará mañana O malquerer, dentro de Buxiganga.

O BORDELO ACTUARÁ ESTE DOMINGO, 29 DE OUTUBRO, EN BARREIROS

O BORDELO ACTUARÁ ESTE DOMINGO, 29 DE OUTUBRO, EN BARREIROS. NO CENTRO SOCIOCULTURAL REPRESENTARÁ O MALQUERER.

Barreiros, 24 de outubro de 2017. O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a obra O malquerer. Será o vindeiro domingo, día 19, a partires das 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actuación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo que patrocina o evento. Conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.

A ADALA PRESENTA ESTE DOMINGO, 1 DE OUTUBRO, EN BARREIROS A OBRA A RA QUE SE QUEDOU SEN CHARCO

A ADALA PRESENTA ESTE DOMINGO, 1 DE OUTUBRO, EN BARREIROS A OBRA A RA QUE SE QUEDOU SEN CHARCO.

Barreiros, 28 de setembro de 2017. A sección infantil do grupo de teatro A Adala porá en escena este domingo, 1 de outubro, en Barreiros a obra A ra que se quedou sen charco. Os xoves actores integrantes do grupo de Fazouro, estreaban esta obra o pasado mes de febreiro e agora chegan con ela a Barreiros.

Esta representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro domingo ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Na organización colaboran a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu está mañá unha actuación de Migallas

 

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu está mañá unha actuación de Migallas Teatro, dentro do

circuito Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia. Desde a Oficina de Información Xuvenil agradecen a alta participación de público neste espectáculo de música e teatro. Arredor dun cento de asistentes gozaron con Migallas Teatro.

ESTE VENRES, 4 DE AGOSTO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. MIGALLAS TEATRO PORÁ EN ESCENA PAN DE MILLO: VAI SER BOA!

ESTE VENRES, 4 DE AGOSTO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. MIGALLAS TEATRO PORÁ EN ESCENA PAN DE MILLO: VAI SER BOA!

Barreiros, 31 de xullo de 2017. Este venres, 4 de agosto, haberá teatro en Barreiros. O grupo Migallas Teatro representará Pan de millo: vai ser boa!. Trátase dunha montaxe de cancións combinadas con accións dramáticas.

A representación, incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 12:00 horas. Colabora o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.