ESTE VENRES, 4 DE AGOSTO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. MIGALLAS TEATRO PORÁ EN ESCENA PAN DE MILLO: VAI SER BOA!

ESTE VENRES, 4 DE AGOSTO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. MIGALLAS TEATRO PORÁ EN ESCENA PAN DE MILLO: VAI SER BOA!

Barreiros, 31 de xullo de 2017. Este venres, 4 de agosto, haberá teatro en Barreiros. O grupo Migallas Teatro representará Pan de millo: vai ser boa!. Trátase dunha montaxe de cancións combinadas con accións dramáticas.

A representación, incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 12:00 horas. Colabora o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *