A ADALA PRESENTA ESTE DOMINGO, 1 DE OUTUBRO, EN BARREIROS A OBRA A RA QUE SE QUEDOU SEN CHARCO

A ADALA PRESENTA ESTE DOMINGO, 1 DE OUTUBRO, EN BARREIROS A OBRA A RA QUE SE QUEDOU SEN CHARCO.

Barreiros, 28 de setembro de 2017. A sección infantil do grupo de teatro A Adala porá en escena este domingo, 1 de outubro, en Barreiros a obra A ra que se quedou sen charco. Os xoves actores integrantes do grupo de Fazouro, estreaban esta obra o pasado mes de febreiro e agora chegan con ela a Barreiros.

Esta representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro domingo ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Na organización colaboran a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.