Archivo de la categoría: Teatro

O ESPECTÁCULO INMEDIOTECES.COM CHEGA O 25 DE XUÑO A BARREIROS CON PEDRO BRANDARIZ E VÍCTOR GRANDE

O ESPECTÁCULO INMEDIOTECES.COM CHEGA O 25 DE XUÑO A BARREIROS CON PEDRO BRANDARIZ E VÍCTOR GRANDE.La imagen puede contener: 2 personas, texto

Barreiros, 22 de xuño de 2017. Barreiros acolle este domingo, 25 de xuño, o espectáculo de humor Inmedioteces.com.

Dinamoteatro, con Pedro Brandariz e Víctor Grande, pon en escena esta representación na que coa palabra, a mímica e a imaxinación, estes dous actores improvisan e crean historias breves cargadas de humor.

Inmedioteces.com terá lugar o domingo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

A actuación está incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia e Agadic. Colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE XUÑO, TRES CÓMICOS EXCEPCIONAIS OFRECERÁN UNHA GALA DE HUMOR E COMEDIA EN BARREIROS

O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE XUÑO, TRES CÓMICOS EXCEPCIONAIS OFRECERÁN UNHA GALA DE HUMOR E COMEDIA EN BARREIROS.

Barreiros, 8 de xuño de 2017. Barreiros acolle a representación do espectáculo Falar sen Cancelas este domingo, 11 de xuño.La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, texto

Culturactiva SCG pon en escena esta obra protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, e dirixida por Diego Rey. Os tres recoñecidos actores cómicos ofrecen unha gala chea de humor e comedia.

A cita será o vindeiro domingo, 11 de xuño, ás 19:30 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta e Agadic, e colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e Oficina de Información Xuvenil.

 

O 2 DE ABRIL HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ARDORA PORÁ EN ESCENA MAL SOCIAL

O 2 DE ABRIL HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ARDORA PORÁ EN ESCENA MAL SOCIAL.

Barreiros, 31 de marzo de 2017. Este domingo, 2 de abril, haberá teatro en Barreiros. O grupo Ardora representará “Mal social”, unha obra cómica e costumista. Será a partir das 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

A actividade enmárcase nas celebracións do día do libro, programadas polo Concello barreirense. Está organizada pola Concellería de Cultura, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

ESTA FIN DE SEMANA ARRINCAN AS “XORNADAS DE TEATRO” DE OLLOMAO EN BARREIROS

ESTA FIN DE SEMANA ARRINCAN AS “XORNADAS DE TEATRO” DE OLLOMAO EN BARREIROS. Terán lugar durante tres fins de semana seguidas en diferentes parroquias, tanto en sábado como en domingo, resultando así un total de 6 representacións teatrais. O sábado 11, ás oito da tarde, no Centro socio-cultural de San Cosme de Barreiros o grupo FALCATRUEIROS TEATRO de Monterroso, porá en escena: Quizais é que non me queres?, unha obra de creación colectiva baseada en textos de Quim Monzó, Suso de Toro, Juan José Millás, …, e dirixida por Jouse García. As relacións de parella, este é o punto de partida desta obra, ou mellor dito, a ruptura ou o desengano nesas relacións; como unha relación pode cambiar nun breve intre, cun simple xesto, unha simple palabra ou unha situación diferente á normalidade. A obra está estruturada en pequenas escenas de parella que se desenvolven nun bar; un punto de encontro de todo tipo de personaxes. Trátase dun espectáculo cómico no que situacións aparentemente normais se converten en anormais, e iso sempre provoca o sorriso. O domingo 12, ás sete da tarde, será nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante onde o Grupo de teatro do Colectivo Cultural “OLLOMAO” de Barreiros, presentará a súa última produción: Catro Contos CATRO CONTOS é o resultado de xuntar catro historias que serviron de base para o proxecto de Ollomao de “Teatro nos bares”. Trátase, xa que logo, de catro pequenas pezas sen apenas relación entre elas, que en conxunto conforman un espectáculo de aproximadamente 90 minutos no que o público pasará de presenciar situacións traxicómicas, como as que se producen na sala de agarda dun centro médico entre unha paciente “profesional” e un home aprehensivo que acode cunha simple dor de garganta ou a da singular aposta entre dúas xubiladas por ver se os obreiros da obra de enfronte do bar ao que van tomar o café, caen ou non do andamio; a situacións surrealistas como a que nos presenta a grave doenza do bispo de Mondoñedo, para rematar cunha historia costumista (próxima á novela picaresca) onde dous tratantes de gando arman unha imaxinativa brincadeira para que os conviden a comer os callos na casa de Pepita da Rochela. Todas as obras terán un prezo de entrada de 2€ por persoa, a adquirir de maneira presencial na media hora previa ao inicio da representación.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL PARA O VINDEIRO DOMINGO, 5 DE FEBREIRO

O CONCELLO ORGANIZA UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL PARA O VINDEIRO DOMINGO, 5 DE FEBREIRO. O GRUPO A ADALA PORÁ EN ESCENA SI O SEI, NON VOLVO Á CASA.

Barreiros, 30 de xaneiro de 2017. O Concello de Barreiros organiza unha representación teatral o vindeiro domingo, 5 de febreiro. O grupo A Adala presentará Si o sei, non volvo á casa. A obra poderase ver ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, nacía no ano 2000 co obxectivo de achegar o teatro afeccionado á Mariña. Durante a súa traxectoria ten representado máis dunha ducia de obras. Hai un ano poñía sobre as táboas Sen seu amor e agora chega con este título, Si o sei, non volvo á casa.

A función está organizada pola Concellería de Cultura  e pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Os Bolechas cierran gira en Barreiros

Después de pasar por buena parte de Galicia con este espectáculo, Nadal en Familia de Os Bolechas concluirá su gira autonómica de estas navidades en A Mariña de Lugo, concretamente en Barreiros ofreciendo una tarde de diversión y ocio. Será en el pabellón de San Cosme, hoy de 16.00 a 20.00 horas.

O CONCELLO ORGANIZA O CONCERTO LYRICAS EN GALICIA O VINDEIRO DOMINGO

, 18 DE DECEMBRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 15 de decembro de 2016.A Concellería de Cultura organiza o concerto Lyricas en Galicia para este domingo, 18 de decembro. Esta actuación estaba prevista inicialmente para o pasado mes de novembro, pero tivo que ser aprazada debido á enfermidade dunha das integrantes do grupo.

Este concerto correrá a cargo de Lyricas, da que forman parte a pianista Julia María Dopico, que é profesora superior de piano e linguaxe musical, e a soprano Diana Somkhieva, que é profesora superior de canto.

Lyricas en Galicia é unha selección de pezas clásicas interpretadas con voz e piano, e entre as que se atopan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña e Os teus ollos entre outras. Deste xeito na primeira parte do programa figuran Os teus ollos, Lonxe da terriña, As froliñas dos toxos, Muiñeira para piano, Un sospiro e Rosa de abril. Na segunda parte interpretarán Lela, Maio longo, María Soliña, Tres muiñeiras para piano solo, Negra sombra e Meus amores.

O concerto deste domingo dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro con entrada gratuíta. Está organizado polo Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e da Oficina municipal de Información Xuvenil, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

A ACTUACIÓN DE OS BOLECHAS SERÁ O COLOFÓN DA PROGRAMACIÓN DO NADAL EN BARREIROS

A ACTUACIÓN DE OS BOLECHAS SERÁ O COLOFÓN DA PROGRAMACIÓN DO NADAL EN BARREIROS.  OS FAMOSOS BONECOS ESTARÁN NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAN COSME O 7 DE XANEIRO.

Barreiros, 15 de decembro de 2016. A programación do Concello para este Nadal recolle ademais das tradicionais recepción a Papa Noel e a Cabalgata de Reis a actuación de Os Bolechas o 7 de xaneiro. As actividades foron presentadas hoxe polo alcalde, Alfonso Fuente, a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Blanco.

O rexedor anunciou que “hoxe presentamos aquí en Barreiros, acompañados da concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e do concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Blanco, as actividades que vai haber durante o Nadal para nenos e maiores. O venres, día 23, desde as catro e media ata as oito e media, haberá inchables e recepción por parte de Papa Noel. Haberá obradoiros e logo remataremos con churros e chocolate para todos os nenos e maiores que se queiran achegar. Será no pavillón municipal de San Cosme”.

O rexedor barreirense engadiu que “antes dese día temos este domingo, día 18, Lyricas en Galicia, que é unha actuación musical no centro sociocultural, a partir das seis da tarde. Unha actuación moi interesante para poder asistir, van estar unha pianista e unha soprano dunha calidade importante. Eu creo que non se debería perder”.

Alfonso Fuente continuou relatando que “teremos a tradicional cabalgata de reis o día 5 de xaneiro, como ven sendo costume en San Cosme”. E subliñou que “como prato forte, e xa para pechar esas vacacións de Nadal, o día 7 de xaneiro no pavillón municipal van estar Os Bolechas. Veñen facendo unha xira por toda Galicia que rematan aquí en Barreiros. Vai haber obradoiros, actividades para os nenos, e sobre todo compartir a tarde desde as catro e media ata as oito e media cos seus bonecos televisivos, Os Bolechas”.

Función benéfica en San Miguel de Reinante

Función benéfica en San Miguel de Reinante

12-12-16

kjgrituanasmO pasado sábado, día 10 de decembro, a sección de Cáritas de San Miguel de Reinante organizou unha función benéfica para recadar fondos con vistas a axudar na compra dunha ambulancia para un pobo de Mali, no centro de África. Na función colaboraron a asociación cultural local de O Arco da Vella, que interpretou e bailou varias cancións, e o Grupo Humorístico Trípode, que levou a escena a súa obra titulada “A panxoliña máis fermosa”. O Salón de Actos das Escolas Vellas de San Miguel rexistrou un cheo case total.

Buxiganga camiño do Culturgal

Hoxe recordamos esto e non puiden evitar chegar a casa e volver velo. Os vellos non deben namorarse foi algo único.

Buxiganga camiño do Culturgal
O proxecto teatral Buxiganga, pertencente a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, chega a Pontevedra e o Culturgal da man dos actores e actrices q…