Archivo de la categoría: Teatro

NOVA SESIÓN DE TEATRO ESTE DOMINGO, 21 DE XUÑO, EN BARREIROS

Barreiros, 17 de xuño de 2015. O domingo, 21 de xuño, haberá unha nova sesión de teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A compañía 3DTrans porá en escena “Ride, ride…”!. Será partir das 19 horas.

Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira levan ao teatro sketchs cos que gañaron o concurso Os humorosos da Televisión de Galicia. “Ride, ride…”! é un espectáculo de risas, relaxación subxectiva e parodia sobre un episodio da vida de tres actrices.

A representación enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta.

Teatro, OS SETE MAGNÍFICOS

OS SETE MAGNÍFICOS + 1 PORÁN EN ESCENA ESTE DOMINGO, 14 DE XUÑO, EN BARREIROS A OBRA BIVALVOS COMO GALEGOS.

Barreiros, 11 de xuño de 2015. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este domingo, 14 de xuño, unha representación teatral. Os Sete Magníficos + 1porán en escena Bilvalvos coma galegos. Pedro Brandariz e Fran Rei, habituais do programa Luar da TVG, mostrarán un espectáculo cómico, retranqueiro e irónico, o sentido do humor dos galegos e a súa posta en práctica en situacións cotiás.

A obra de teatro, que se enmarca no programa Cultura no Camiño 2015, dará comezo ás 19 horas. Está organizada polo Agadic e a Xunta de Galicia, que contan coa colaboración da Concellería de Cultura barreirense e da Oficina de Información Xuvenil.

cartel

BONECA LARETA PORÁ EN ESCENA EN BARREIROS SEDE DE MAL

BONECA LARETA PORÁ EN ESCENA EN BARREIROS SEDE DE MAL. SERÁ O 26 DE ABRIL ÁS SETE DA TARDE.

Barreiros, 22 de abril de 2015.  A compañía Boneca Lareta representará o vindeiro domingo, 26 de abril, en Barreiros a obra Sede de mal. Será ás 19 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O reparto está formado por Luis Iglesias e Xavier Deive, dous dos actores mais importantes da escena galega, participantes en series de éxito como Matalobos e Gaivotas subterráneas. Sede de mal é un espectáculo cheo de humor, teatro e música en directo.

Boneca Lareta chega a Barreiros a través do programa Cultura no Camiño 2015, do Agadic e a Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello barreirense.

Día mundial do teatro

Os veciños e as veciñas de Barreiros celebraron o día mundial do teatro o pasado domingo disfrutando dunha representación de O Bordelo, que tivo lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ademáis houbo unha homenaxe feita [email protected] [email protected] dun obradoiro ao seu fundador, Francisco Piñeiro, e á súa dona Mari Paz Rodríguez. O acto foi organizado pola Concellería de Cultura e pola Omix de Barreiros.

310315 Foto teatro Barreiros 1

151114 Foto teatro Barreiros 2

O BORDELO REPRESENTARÁ ESTE DOMINGO, 29 DE MARZO, EN BARREIROS A OBRA O REPARTO.

Barreiros, 26 de marzo de 2015.

Este domingo, 29 de marzo, haberá teatro en Barreiros. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18 horas o grupo O Bordelo representará a obra de Francisco Piñeiro O reparto.

A entrada é gratuíta. E con esta posta en escena “celebraremos o día internacional do teatro”, explican desde o Concello barreirense. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.