Archivo de la categoría: Teatro

NACHO OZORES ESTÁ A RODAR ESTES DÍAS EN BARREIROS A CURTA O QUE MEDRA POR DENTRO

NACHO OZORES ESTÁ A RODAR ESTES DÍAS EN BARREIROS A CURTA O QUE MEDRA POR DENTRO, QUE PROTAGONIZA O ACTOR MADRILEÑO JAIME OLÍAS. CON ELES ESTIVO HOXE O ALCALDE, ALFONSO FUENTE PARGA.

Barreiros, 11 de maio de 2017. Barreiros está a ser escenario da rodaxe da curta O que medra por dentro, de Nacho Ozores. Un grupo de 20 persoas, entre equipo técnico e artístico, atópase desde hoxe e ata o domingo no municipio.

O director Nacho Ozores ten casa en Reinante, onde se criou, de aí que se decantase por esta zona como escenario para esta curtametraxe que fala dos incendios, “pero sen incendios”, segundo explica Silvia Fuentes, a xefa de produción. O equipo está a empregar varias localizacións en Barreiros como Santo Estevo do Ermo ou as inmediacións da praia de Arealonga. Tamén rodarán algúns planos no areal das Catedrais e nalgunha finca de titularidade privada en Ribadeo.

Jaime Olías, actor madrileño, é o protagonista desta curta. Olías coincidiu con Nacho Ozores na serie El final del camino, que emitiu TVE, e por iso foi el o elixido para este proxecto.

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente, estivo hoxe co equipo da rodaxe desta curta, saudou a Nacho Ozores e a Jaime Olías e desexoulles unha feliz estadía no municipio.

O ESPECTÁCULO ACHÉGATE AO SEXTO SENTIDO DO MAGO MANUEL LAMAS ESTARÁ EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 22 DE ABRIL

O ESPECTÁCULO ACHÉGATE AO SEXTO SENTIDO DO MAGO MANUEL LAMAS ESTARÁ EN BARREIROS ESTE DOMINGO, 22 DE ABRIL.

Barreiros, 19 de abril de 2018. A Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado Achégate ao sexto sentido co mago Manuel Lamas.

Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.

Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.

AS NENAS E NENOS DOS COLEXIOS DE BARREIROS GOZARÁN MAÑÁ, MARTES, DO ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL ALEGRÍA

AS NENAS E NENOS DOS COLEXIOS DE BARREIROS GOZARÁN MAÑÁ, MARTES, DO ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL ALEGRÍA. E SERÁN AGASALLADOS CUN LIBRO DE MARÍA VICTORIA MORENO, AUTORA Á QUE ESTE ANO ESTÁ DEDICADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZA POLO CONCELLO.No hay texto alternativo automático disponible.

Barreiros, 9 de abril de 2018. A Concellería de Cultura, xunto coa Biblioteca Municipal e a OMIX, organiza actividades para nen@s e o público familiar dentro da programación do mes especial dedicado aos libros. Mañá, 10 de abril, terá lugar unha delas.

Mañá, martes, haberá un espectáculo músico-teatral titulado Alegría, que é unha historia contada con música e toques de humor. Correrá a cargo de Sergio Tannus, quen interpretará varios instrumentos musicais e poñerá á voz, e Andrea Picos quen tamén poñerá a voz nesta montaxe. Será ás 11:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

A Concellería de Cultura de Barreiros organiza este acto dedicado en especial aos nen@s dos colexios do concello. Os escolares recibirán como agasallo un libro infantil-xuvenil da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, que é María Victoria Moreno.

A Concellería de Cultura anuncia que o vindeiro día 23, Día Internacional do Libro, presentará novidades para os nen@s, moz@s e adultos usuarios da Biblioteca Pública Municipal.

BARREIROS CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO COA REPRESENTACIÓN ELIXIR DE XUVENTUDE, A CARGO DO GRUPO A ADALA

BARREIROS CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO COA REPRESENTACIÓN ELIXIR DE XUVENTUDE, A CARGO DO GRUPO A ADALA.

Barreiros, 19 de marzo de 2018. A Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza unha representación teatral para o vindeiro domingo, 25 de marzo.

Con motivo da celebración do Día Mundial del Teatro, o grupo A Adala porá en escena a obra Elixir de Xuventude. Trátase dunha comedia costumbrista.

A representación terá lugar o 25 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.

O GRUPO DE TEATRO O CENTIÑO PRESENTA ZUME DE AMORODIOS O 11 DE MARZO EN BARREIROS

O GRUPO DE TEATRO O CENTIÑO PRESENTA ZUME DE AMORODIOS O 11 DE MARZO EN BARREIROS.

Barreiros, 6 de marzo de 2018. O grupo de teatro O Centiño, de San Martiño, representará a obra Zume de amorodios en San Cosme de Barreiros. Trátase dunha comedia centrada no amor, nas súas diversas idades e manifestacións.

Será este domingo, 11 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

El teatro llega a Barreiros con «Enciclopedia Álvarez»

El teatro llega a Barreiros con «Enciclopedia Álvarez»

A las 20 horas, en el auditorio

MIGUEL VILLAR
 BARREIROS / LA VOZ 

«Hai moito teatro e moi bo na Mariña»

«Hai moito teatro e moi bo na Mariña»

A formación teatral barreirense comezou onte xira con «Enciclopedia Álvarez»

XAIME RAMALLAL
YOLANDA GARCÍA 
BARREIROS / LA VOZ 

Logramos «roubarlle» cinco minutos (máis ben, algo máis) a Ramón Casas, director do grupo de teatro de Ollomao de Barreiros, xusto botando unha man a nivel técnico antes dunha representación da sección infantil.

-Vese que hai canteira de futuros actores e actrices en Barreiros…

-A verdade é que si. O grupo infantil está tendo moi boa acollida. Levamos xa catro ou cinco anos con el pero máis que para preparar obras é como unha especie de obradoiro teatral.

-Coma un xogo tamén, non?

-Están funcionando dous grupiños. Un de rapaces de 13 ou 14 anos fan cousas xa algo máis «en serio», xa representan obras duns 50 minutos. E os máis pequenos que fan máis xogo dramático.

-Aínda non terán que memorizar un señor guion, supoño.

-Os máis grandes si. Os máis pequenos non porque se trata de que lles guste e despertar neles o amor polo teatro. Estamos moi contentos e moi agradecidos. Hoxe [o pasado sábado] imos ter no público mamás, papás, avós, avoas… Agora si que os nenos están atacados dos nervios!

-Como adulto e vendo como son os nenos, que lles gustaría ter que teñan eles nun escenario?

-Que nos gustaría? A ilusión, o futuro que teñen por diante… moitísimas cousas! O que botamos de menos dos nenos son as ganas e a esa capacidade de xogar continuamente. Porque para o teatro tes que ter ganas de xogar, de divertirte, de pasalo ben…

-Pois parece que o gusto polo teatro afeccionado medra.

-É unha actividade que calou moito na xente, sobre todo á hora de actuar e involucrarse nos grupos. Boto de menos máis espectadores, sen embargo vemos que veñen grupos profesionais e tampouco hai tanto espectador…

-Ollomao pasou dos 3.000 nas 12 funcións de Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

-Nós, a verdade, é que estamos tendo moita sorte. Todas as nosas obras foron un éxito de público impresionante. Supoño que fariamos algo ben. Da última, Encilopedia Álvarez, a estrea foi en San Miguel de Reinante e houbo función tres días seguidos. O venres, o sábado e o domingo e todos cheos! En total, preto de 500 persoas. En Lourenzá fomos ao certame de teatro e tamén enchimos e quedou xente sen entrar!

-Aínda que é director, vaille tamén a interpretación?

-(Ri) Como actor son malísimo, por iso nunca me puxen aí arriba. Si que me gusta como director variar, facer cousas distintas en Ollomao, dende clásico, Castelao, algo moito máis actual como é Oé oé oé sobre fútbol e política, tamén nos metimos con Shakespeare en Noite de Reis, e fixemos o ciclo «Teatro nos bares», que foi interesante, obras pequeñiñas para representar na hostalería. E agora, Enciclopedia Álvarez. Penso que hai que intentar variar sempre un pouquiño e buscar obras que teñan certo contido. Esta última é un repaso á memoria histórica, que creo que foi nefasta dende o punto de vista educativo…

-A súa profesión cal é ou foi?

-Mestre. Fixo un ano en outuro que me xubilei. Aínda que fixera antes teatro escolar e xa estaba metido en Ollomao, dende hai ano e pico estou máis metido no meu hobbie que é o teatro.

-Agora ten máis tempo para dedicarlle. Algunha obra en mente?

-Hai moitas cousas pero nada concreto. Sempre ando mirando catro ou cinco cousas a un tempo. A dinámica de funcionamento é esa, en canto poñemos a rular unha obra xa estamos preparando outra. Se algo consideramos en Ollomao é que as cousas necesitan moito traballo. Esta última peza levounos nove meses preparala.

-Di que os actores de Ollomao xa lle piden máis obras novas. Vexo que lle dan caña ao director!

-Non queren parar! É admirable. Eu estou encantado, de velos vir ensaiar cando paran de traballar, hai que botarlle moito valor, son puntuais e traballan máis horas e sen a máis mínima protesta. Nesta obra son 16 actores e actrices.

-Como vive as estreas teatrais?

-Eu, como ocorre nos grupos, aparte de dirección levo o tema técnico de iluminación e son… un pouquiño de todo. O certo é que é o momento peor porque ti non podes facer nada, as cousas saen como saen. Debes ter a confianza de que cando o traballo está ben feito as cousas saen adiante. E coa implicación da xente a labor de dirección faise fácil.

-Por último, como ve a saúde do teatro afeccionado na Mariña?

-Hai moito teatro e hai teatro moi bo na Mariña pero creo que é demasiado repetitivo. A maioría dos grupos fan o mesmo tipo de teatro, un teatro costumista, pero a min gustaríame que houbera máis grupos máis diversos, que investigaran outras formas de teatro. Por iso naceu Ollomao. Queriamos ocupar un espazo que nos parecía que non estaba ocupado.

A Xira. Catro Obras

A xira. Aínda que a estrea de Enciclopedia Álvarez foi realmente no municipio de Barreiros, a xira con dita obra comezou onte en Cangas de Foz. Ollomao levaráa tamén a Betanzos, Ribadeo, Vegadeo, Trabada ou Rinlo nos vindeiros meses.

Catro obras. Con Os vellos non deben de namorarse acadaron máis de 3.000 espectadores nas 12 representacións feitas. Suman xa dúas edicións do seu Teatro nos bares e Oé oé oé segue en cartel tres anos despois. Outra obra de Ollomao foi Noite de Reis, do gran Shakespeare.

O DOMINGO, 17 DE DECEMBRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO AXÓUXERES PORÁ EN ESCENA “NON CASEI CON TODOS”

O DOMINGO, 17 DE DECEMBRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO AXÓUXERES PORÁ EN ESCENA “NON CASEI CON TODOS”.

Barreiros, 12 de decembro de 2017. O Concello de Barreiros programa para o vindeiro domingo, 17 de decembro, unha nova representación teatral.

O grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena Non casei con todos. Trátase dunha obra cómica que reflicte situacións da vida cotiá. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, do Concello de Barreiros.