ESPECTÁCULO DE MÁXIA E HUMOR ESTE VENRES 19 DE XULLO EN BARREIROS

ESPECTÁCULO DE MÁXIA E HUMOR ESTE VENRES 19 DE XULLO EN No hay descripción de la foto disponible.

 Barreiros, 16 de xullo de 2019. Os magos Manuel Lamas e Owy presentarán o espectáculo “Nada é imposible”. Un espectáculo creado para toda a familia con fermosas historias, efectos máxicos, toques de humor e interacción co público.

A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme ás 12:00 horas. Entrada gratuíta ata completar aforo.

O evento está organizado polo Concello de Barreiros e incluído no programa “Cultura no Camiño 2019” da Xunta de Galicia.