Archivo de la categoría: Teatro

O CONCELLO DE BARREIROS CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO O 31 DE MARZO CO GRUPO ARDORA E O SILENZO DO BADAL

O CONCELLO DE BARREIROS CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO O 31 DE MARZO CO GRUPO ARDORA E O SILENZO DO BADAL.

Barreiros, 25 de marzo de 2019. O Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.

O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.

ESTE DOMINGO, 10 DE FEBREIRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. FARO-MIÑO PORÁ EN ESCENA LANGREIRA DE AMOR, UNHA OBRA CÓMICA PARA TODOS OS PÚBLICOS

ESTE DOMINGO, 10 DE FEBREIRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. FARO-MIÑO PORÁ EN ESCENA LANGREIRA DE AMOR, UNHA OBRA CÓMICA PARA TODOS OS PÚBLICOS.

Barreiros, 8 de febreiro de 2019. O grupo Centro Teatral Faro-Miño actuará este domingo, 10 de febreiro, en Barreiros, onde porá en escena a obra Langreira de amor.

A representación terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas. Trátase dunha obra cómica para todos os públicos.

Está organizada polo Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil-Biblioteca.

O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTA EN CASTROPOL A SÚA “ENCICLOPEDIA ÁLVAREZ”

Barreiros, 23 de xaneiro de 2019.

O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO PRESENTA EN CASTROPOL A SÚA “ENCICLOPEDIA ÁLVAREZ”

A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O VINDEIRO SÁBADO 26 DE XANEIRO ÁS 20:30 h NA CASA DA CULTURA (ANTIGO CASINO)

Despois de máis de vinte representacións por toda a xeografía galega e do occidente asturiano, en moitas das cales houbo que colocar o cartel de “non hai entradas” (Betanzos, Vedra, Vegadeo, Rinlo,…), pódese considerar esta produción como un dos éxitos indiscutibles do teatro afeccionado galego desta tempada. Este espectáculo foi galardoado co premio Conde Santo á Mellor obra e co premio Lourenzo ao Mellor Actor Protagonista no I Certame de teatro afeccionado de Lourenzá (no que tamén estivo nominada á mellor posta en escena e á mellor actriz protagonista) e cos premios á Mellor Montaxe e Mellor Actriz Protagonista nos XXI Encuentros Teatrales de Vegadeo (Asturias).  Foi tamén seleccionada para participar no IX Encontro de teatro afeccionado de Betanzos 2018, no Festival Teatrofilia de Vedra e na Mostra Internacional de teatro amador Estenarúa de Ferrol.

Agora, e  despois de todo este percorrido a Enciclopedia de Ollomao chega a Castropol

Enciclopedia Álvarez” é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista. Os problemas de matemáticas aos que “lles faltan datos” ou están “mal planteados”, as preguntas de catecismo que se contestan de determinada maneira “porque lo pone el libro”, as clases de ximnasia impartidas por mutilados de guerra, as de “hogar” para as nenas a cargo de mulleres da Sección Femenina ou a visita do inspector da Falange, entre outras, poñen sobre o escenario algunhas das incoherencias máis notorias daquel sistema. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica. Unha historia que nos axuda a comprender o absurdo dun sistema educativo autoritario e irracional. Un absurdo incrementado polo paso do tempo, pero que durante máis de corenta anos foi un dogma imposto pola forza. Unha historia que “nos fai pensar mentres escachamos coa risa” en palabra dun dos espectadores asistentes á estrea.

 

O GRUPO DE TEATRO O BORDELO ACTUARÁ EN BARREIROS O 27 DE XANEIRO. TOLURAS DE PROVEITO SERÁ A OBRA QUE REPRESENTARÁ

 O GRUPO DE TEATRO O BORDELO ACTUARÁ EN BARREIROS O 27 DE XANEIRO. TOLURAS DE PROVEITO SERÁ A OBRA QUE REPRESENTARÁ.

Barreiros, 21 de xaneiro de 2019. A Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.

O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.

O GRUPO DE TEATRO A RABELA ACTUARÁ O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE NOVEMBRO, EN BARREIROS

O GRUPO DE TEATRO A RABELA ACTUARÁ O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE NOVEMBRO, EN BARREIROS, ONDE REPRESENTARÁ A COMEDIA AS CONSULTAS DO DOUTOR BALDOMERO BAUTISTA.

Barreiros, 6 de novembro de 2018. O grupo de teatro A Rabela actuará o vindeiro domingo, 11 de novembro, en Barreiros. Alí representará As consultas do doutor Baldomero Bautista, unha obra cómica cargada de enredos e improvisacións.

A representación, incluída no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18:00 horas.

Colabora, na organización deste evento, o Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.

ESTE DOMINGO, 28 DE OUTUBRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ARDORA REPRESENTARÁ AMOR FILIAL

ESTE DOMINGO, 28 DE OUTUBRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ARDORA REPRESENTARÁ AMOR FILIAL.

Barreiros, 25 de outubro de 2018. O grupo de teatro Ardora poñerá en escena en Barreiros Amor filial, unha traxicomedia sobre as relacións entre as diferentes xeracións dunha mesma familia. Será o vindeiro domingo, 28 de outubro.

A representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:00 horas. Colabora coa institución provincial a Concellería de Cultura de Barreiros.

OS BOLECHAS ACTUARÁN EN BARREIROS O VINDEIRO DOMINGO, 8 DE XULLO

OS BOLECHAS ACTUARÁN EN BARREIROS O VINDEIRO DOMINGO, 8 DE XULLO.

Barreiros, 2 de xullo de 2018. Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.

A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto.

ESTE DOMINGO, 17 DE XUÑO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ANDANZAS PORÁ EN ESCENA EL CASO DE LA MUJER ASESINADITA

ESTE DOMINGO, 17 DE XUÑO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ANDANZAS PORÁ EN ESCENA EL CASO DE LA MUJER ASESINADITA.La imagen puede contener: 1 persona

Barreiros, 15 de xuño de 2018. A Delegación de Cultura programa unha representación teatral para este domingo, 17 de xuño.

O grupo Andanzas representará a obra El caso de la mujer asesinadita, escrita por Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. É unha comedia emocionante de intriga, pertencente á “alta comedia”, e na que os autores desmontan o mito do matrimonio burgués de épocas pasadas.

A representación, para todos os públicos, será ás 19:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.