Archivo de la categoría: Imagen

Expo-subasta de fotografía a favor da Asociación “Ring 14”

barraVer todas las fotos:barra

ExposicionFotos (1)

ExposicionFotos (7)

Expo-subasta de fotografía a favor da Asociación “Ring 14”.
As fotografías expostas no Centro Sociocultural de San Cosme ata o día 29 de novembro foron cedidas pola Asociación fotográfica “Os Negativos” de Viveiro. Todas as obras están á venda coa finalidade de recadar fondos para a asociacióm “Ring 14”, en pro da investigación dunha enfermidade xenética rara derivada de alteracións no Cromosoma 14, e que afecta, entre outras, a Sofía, unha moza veciña de Barreiros.
As persoas interesadas en colaborar con esta asociación e adquirir algunha das fotografías expostas poden facelo puxando por un valor dende 25€, prezo de saída de cada fotografía. Pódese puxar de dúad formas:
– Presencialmente, no horario de apertura da exposición, cubrindo unha tarxeta disposta para tal finalidade.
– Por correo electrónico, escribindo a [email protected], e indicando: título/autor da fotografía pola que se desexa puxar, nome da persoa que realiza a puxa, teléfono de contacto e prezo polo que se puxa.
Cada día actualizarase o prezo de saída de cada fotografía tendo en conta as puxas realizadas no día anterior, e finalmente cada unha delas será asignada á persoa que puxara por un valor máis alto.
Esta exposición permanecerá aberta ata o día 29 de novembro no seguinte horario:

image1Os Negativos apoya a una niña enferma

Asociación Fotográfica OS NEGATIVOS, inaugurará una exposición con fines solidarios no Concello de Barreiros

Este venres,día 20, a partir das 21h. a Asociación Fotográfica OS NEGATIVOS, inaugurará una exposición con fines solidarios no Concello de Barreiros.

Serán un total de 17 fotografías de tema variado, en formato 60×40, co obxeto de seren subastadas e o montante recaudado será entregado ao colectivo RING 14 España.

Dita asociación foi creada pola familia de Sofía (en conxunto con outras catro en toda España), unha nena de Barreiros que padece unha das denominadas “enfermedades raras” debido a que sufren  trisomía 14 próximal.

Estas 17 obras estarán expostas dende o día 20 de novembro ata o 29 no salón de actos do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.

O modo elexido para a recaudación será a través de una puxa ou subasta que acontecerá ao largo do tempo de exposición, tendo fixado un prezo minimo de saida (25€ c/u).

Evidentemente pedimos a máxima difusión para lograr poder axudar , dentro das nosas posibilidades en esta loita por atopar unha cura ou fomentar o desarrollo da sua investigación.

Gracias e un saúdo.

Antonio Ben

Vice Os Negativos

Ollomao convoca un certame fotográfico con motivo da celebración da carreira “Monte Comado Trail+ ½ km. vertical”

Ollomao convoca un certame fotográfico con motivo da celebración da carreira “Monte Comado Trail+ ½ km. vertical”

A persoa autora da fotografía gañadora recibirá como premio unha estadía nunha casa rural.

O Colectivo Cultural Ollomao convoca a quinta edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros”. Coa finalidade de colaborar na promoción das actividades que contribúen á dinamización da localidade, Ollomao súmase á carreira “Monte Comado Trail + ½ km. vertical”, centrando nesta e nas paisaxes do percorrido da mesma, a temática deste certame. Dende o Colectivo Cultural Ollomao preséntase esta iniciativa coa pretensión de contribuir a dar a coñecer a riqueza natural barreirense, á vez que se colabora na promoción das alternativas lúdicas e deportivas que este entorno ofrece.

Un dos requisitos deste concurso é que as fotografías participantes deben estar realizadas o domingo, 11 de outubro, no tempo de duración da proba deportiva. Asimesmo, as imaxes participantes, aínda podendo ter como elemento central a paisaxe, deberán conter algún elemento identificativo da carreira. Poderán participar todas as persoas que o desexen, indepentemente da súa idade, dado que non existen modalidades diferenciadas; enviando ata un máximo de 3 fotografías ata o mércores, 14 de outubro incluido ao enderezo electrónico da asociación ([email protected]). A foto gañadora, que será elixida mediante procedemento de votación popular na páxina que o Colectivo Cultural Ollomao ten na rede social facebook, estará aberta entre os días 15 e 18 de outubro, e o 19 será dada a coñecer a persoa gañadora. Esta recibirá como premio un vale por unha estadía nunha casa rural.

O Colectivo Cultural Ollomao ten a disposición de todas as persoas interesadas as bases deste certame no seu blog www.blogoteca.com/ollomao, así como habilitadas as canles de correo-e no enderezo [email protected]; e no teléfono 650542932, para resolver calquera dúbida en relación a este certame.

Dende o Colectivo Cultural Ollomao convocamos a quinta edición do certame “Enfocando Barreiros”

Dende o Colectivo Cultural Ollomao compartimos con vós esta información que, como anteriores participantes dos nosos certames fotográficos, cremos que pode ser do voso interese.

Convocamos a quinta edición do certame “Enfocando Barreiros”, pero nesta ocasión facémolo colaborando coa organización da Carreira Trail + 1/2 km. vertical a Monte Comado, unha dura proba deportiva que terá lugar o vindeiro 11 de outubro, e cuxo evento e espazo que o acolle serán os protagonistas das instantáneas que se presenten ao concurso. Como premio, a persoa gañadora poderá desfrutar dunha estadía nunha casa rural.

Para participar neste certame non é preciso inscribirse por adiantado, abonda tal e como se especifica nas bases que se comparten neste correo-e, con enviar ata 3 fotografías ata o día 14 de outubro incluído. En calquera caso, dende o Colectivo Cultural Ollomao ofrecemos a posibilidade de coñecer in situ o trazado da carreira o día da mesma. Esto terá lugar o día 11 de outubro ás 9:00h., é dicir, unha hora antes do inicio da mesma. Para participar nesta visita si é necesario anotarse ata o día 10 de outubro ás 17:00h. enviando un correo electrónico a esta mesma conta de correo-e dende a cal escribimos ([email protected]).

As bases do certame están dispoñibles no noso blog: http://www.blogoteca.com/ollomao/index.php?cod=138030, e compartímolas tamén no pé desta mensaxe.

Calquera información en detalle sobre o trazado da carreira, así como o mapa da mesma,  pode consultarse na seguinte ligazón: http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/

Sen outro particular e agardando contar coa vosa participación, recibide un agarimoso saúdo,

C.C. Ollomao.

_______

V EDICIÓN CONCURSO FOTOGRÁFICO

“ENFOCANDO BARREIROS: MONTE COMADO NO OBXECTIVO”

O Colectivo Cultural Ollomao convoca a quinta edición do Certame fotográfico Enfocando Barreiros. Nesta ocasión coa finalidade de colaborar na promoción das actividades que contribúen á dinamización do noso concello, Ollomao súmase á carreira “Monte Comado Trail + ½ km. vertical”, centrando nesta e nas paisaxes do percorrido da mesma, a temática deste certame.

A carreira “Monte Comado Trail + ½ km. vertical”, organizada pola Peña Barcelonista San Miguel, Asociación Comisión vecinal Santiago de Reinante, Actibot e o Café Bar Moderno-Hotel Ría do Masma, terá lugar o vindeiro domingo 11 de outubro a partir das 10 da mañá. O punto de saída da mesma será a Praia de Arealonga, en Santiago de Reinante, localidade da cal se atravesan varios camiños e se continúa ata a meta da carreira, no punto máis alto do monte Comado.

Dende o Colectivo Cultural Ollomao preséntase este certame fotográfico pretendendo contribuir a dar a coñecer a riqueza natural barreirense, á vez que se colabora na promoción das alternativas lúdicas e deportivas que este entorno ofrece.

A participación neste concurso require a aceptación das seguintes BASES:

TEMA E REQUISITOS DAS FOTOGRAFÍAS

  1. As fotografías presentadas ao concurso deberán axustarse ao tema da mesma “Carreira Monte Comado Trail + ½ km. Vertical”. Só poderán participar fotografías realizadas o mesmo día da carreira (11 de outubro de 2015) no tempo de duración da mesma. As imaxes participantes, aínda podendo ter como elemento central a paisaxe, deberán conter algún elemento identificativo da carreira. Admitiranse todas aquelas fotografías que capturen momentos, elementos e participantes da carreira, e non serán aceptadas aquelas que non cumpran con este requisito.
  1. Poderán participar todas/os as/os fotógrafas/os profesionais e aficionadas/os que o desexen.
  1. Establécese a categoría de TOMA ÚNICA, e unha única modalidade de participación sen límite inferior nin superior de idade.
  1. As fotografías presentadas ao certame deben ser orixinais e inéditas, non tendo sido premiadas en ningún outro concurso.
  1. Aceptaranse fotografías intervidas dixitalmente, máis en ningún caso fotomontaxes.
  1. As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG, cunha resolución de 300 ppp e un tamaño entre 2 e 5 MB.

CÓMO PARTICIPAR

  1. As persoas que desexen participar deberán enviar ata un máximo de 3 fotografías ao enderezo electrónico [email protected]., ata o mércores 14 de outubro ás 23:59h. As fotografías poderán ir acompañadas de título se así o desexa a persoa participante. En calquera caso, aceptaranse outras fotografías (que non entrarán a concurso) se algunha das persoas desexara aportar á organización da “Carreira Monte Comado Trail + ½ km. vertical” outras imaxes, permitindo o uso das mesmas para promoción e publicidade desta actividade. A organización da carreira e o Colectivo Cultural Ollomao adquiren o compromiso de citar a autoría de calquera fotografía utilizada con esta finalidade.
  1. A participación no certame será efectiva no momento en que se confirme a recepción de fotografías participantes, cun correo electrónico de resposta ao enviado pola persoa que desexa participar. A non resposta suporá que o Colectivo Cultural Ollomao non recibiu as fotografías participantes coa consecuente non entrada a concurso. Ante posibles incidencias, habilítase unha canle de contacto telefónico a través do número 650542932.
  1. O Colectivo Cultural Ollomao ofrece a posibilidade de coñecer o percorrido da carreira o día da celebración da mesma, unha hora antes do seu inicio (é dicir, ás 9:00h.). Para participar nesta visita é preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico a [email protected], ou ben no teléfono 650542932, ata o sábado 10 de outubro ás 17:00h.

PREMIO E VOTACIÓN

  1. Establécense o seguinte PREMIO:

Estadía para dúas persoas nunha casa rural.

  1. A fotografía gañadora será escollida mediante procedemento de votación pública en Facebook. O total das fotografías participantes serán compartidas nun único álbum na páxina do Colectivo Cultural Ollomao en Facebook, mantendo o anonimato da persoa participante. A fotografía gañadora será aquela que reciba maior número de “gústame”. Só serán válidos os votos que se rexistren no álbum compartido polo Colectivo Cultural Ollomao, non contabilizándose aqueles outros “gústame” que reciban as fotografías que se compartan noutras páxinas ou perfís.
  1. O Colectivo Cultural Ollomao publicará na súa páxina de Facebook o álbum con todas as fotografías participantes, o xoves 15 de outubro de 2015. Dende ese momento estará aberto o prazo para votación pública ata o domingo 18 de outubro ás 23:59h., momento dende o cal non serán xa válidos os votos que reciba ningunha fotografía.
  1. As persoas participantes comprométense a non facer pública ningunha das fotografías presentadas a concurso antesda apertura do prazo para votación, por parte do Colectivo Cultural Ollomao (prazo de votación: dende o xoves 15 de outubro ata o domingo 19 de outubro ás 23:59h.). O incumprimento desta base dará lugar á non aceptación das fotografías a concurso.
  1. O luns 19 de outubro será dada a coñecer a fotografía gañadora deste certame.

ü  PROPIEDADE DAS OBRAS

  1. A propiedade intelectual das obras conservarana as/os autoras/es, permitindo ao Colectivo Cultural Ollomao e á organización da carreira “Monte Comado Trail + ½ km. Vertical” a  súa utilización gratuita para a promoción e publicidade da actividade e do entorno ao seu paso. Calquera utilización dunha fotografía participante implicará que a entidade que faga uso da mesma faga constar o nome da persoa que a realizou.
  1. As persoas concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas.
  1. A organización resérvase o dereito a resolver calquera continxencia non prevista nestas bases.
  1. A participación no certame supón a total aceptación destas bases.

Barreiros, a 1 de outubro de 2015

–          Para máis información sobre a carreira pode consultarse a páxina: http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, onde se atopa todo a información sobre o percorrido.

–          Para máis información sobre este certame, contacta co Colectivo Cultural Ollomao no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 650542932.