Archivo de la categoría: Hospital

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

BOA TARDE: POR PROBLEMAS DE ÚLTIMA HORA, A CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA DA PLATAFORMA SANITARIA PARA MAÑÁ ÄS 12 HORAS ADIÁNTASE ÁS 11:30 HORAS; MANTENDO O LUGAR E A ORDE DO DÍA. DESCULPADE AS MOLESTIAS E GRAZAS ANTICIPADAS.SAÚDOS

Montse Porteiro

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

Bo día, achegamos convocatoria de rolda de prensa para mañá 22 de xaneiro ás 12 horas no local da CIG de Burela.Saúdos

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

CONVOCATORIA AOS MEDIOS

Data:  Mércores 22 de Xaneiro de 2020

Hora:  12 horas

Lugar: LOCAL DA CIG BURELA. RÚA ARCADIO PARDIÑAS

Asuntos:

-Análise e balance da UMAR desde a súa implantación

-Manifestación en Compostela o domingo 9 de febreiro. Actos na comarca e transporte.

-Rolda de preguntas

PREVISIÓN INFORMATIVA MARTES 17 DE DECEMBRO 2019 #VerínNonSePecha

PREVISIÓN INFORMATIVA  MARTES 17 DE DECEMBRO 2019

Data:  Martes 17 de Decembro de 2019

Hora:  12 horas

Lugar: HOSPITAL DA MARIÑA.ENTRADA PRINCIPAL

Asunto: A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña , en solidariedade co movemento #VerínNonSePecha, polo peche dos paridoiros e urxencias pediátricas no Hospital de Verín , convoca unha concentración diante do hospital coincidindo en data e hora coa que este movemento e SOS Galicia teñen convocada diante do Parlamento.

COMUNICADO DE PRENSA VERIN NON SE PECHA

image.png
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña comunica que ante a imposibilidade de acudir á concentración que convoca o movemento #VerínNonSePecha diante do Parlamento de Galicia  o vindeiro martes 17 de decembro ás 12 horas, para rexeitar o peche dos paridoiros do hospital de Verín desde o pasado 1 de decembro ,realizará unha concentración de apoio ao mesmo diante do Hospital da Mariña coincidindo coa data e hora da concentración de Compostela.
Animamos e emprazamos a veciñás, veciños, colectivos e profesionais sanitari@s da comarca para que se acheguen ata a entrada principal do hospital da Mariña o martes 17 de decembro ás 12 horas.
.Montse Porteiro
Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña manifesta que apoia todas as medidas reivindicativas e de loita que están a desenvolver @s traballador@s da factoría de ALCOA

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña manifesta que apoia todas as medidas reivindicativas e de loita que están a desenvolver @s traballador@s da factoría de ALCOA e anima a todas as veciñas e veciños da comarca a que acudan á concentración que o vindeiro mércores día catro se celebrará na localidade de Foz  ás 20 horas. Lembramos que a factoría mariñá , que dá emprego directo a preto dun milleiro de persoas e moitos máis empregos indirectos nas empresas auxiliares, tamén repercute no comercio local e mesmo na fixación de poboación na Mariña. O peche da fábrica de Aluminio levaría á comarca a unha crise económica, social e demográfica de proporcións desmesuradas, e afectaría a todos os sectores económicos.

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE IRRESPONSABLES E INEXACTOS OS DATOS DO SERGAS SOBRE O AUMENTO DE PERSOAL SANITARIO NA PROVINCIA

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE IRRESPONSABLES E INEXACTOS OS DATOS DO SERGAS SOBRE O AUMENTO DE PERSOAL SANITARIO NA PROVINCIA.

O colectivo lembra que a cobertura de persoal, tanto en atención primaria como en hospitalaria segue a estar na máis absoluta precariedade.

A Mariña , 28 de novembro de 2019. A Plataforma Sanitaria cualifica de irresponsables e alonxados da realidade  os datos sobre o aumento  do persoal de enfermería e facultativo na provincia de Lugo.  Aseguran @s activistas sanitari@s  que parece que  Ramón Ares, xerente da EOXI  de Lugo- Cervo- Monforte , vive nun mundo paralelo ao das veciñas e veciños  da comarca, que día a día sufren a merma  de servizos sanitarios por mor da insuficiente dotación de persoal ,sumado ao déficit nas substitucións do persoal en vacacións , permisos ou baixas médicas.

Por outra banda  queremos facer un exercicio de memoria, por se tanto a xerencia  como a dirección do hospital sofren de lagoas, e lembrarlles que seguimos a padecer una deficiencia  cuantificable no número de pediatras de familia nos nosos centros de saúde , agravados polo feito de que as ausencias xustificadas das mesmas  non son substituídas ou substitúense de forma parcial, creando problemas de atrasos  en exames de saúde e de atención a demanda por patoloxías  que xurden, urxentes ou non. Estes mesmos problemas están a verse no persoal sanitario de familia, de xeito que hai serios problemas  de atrasos en consultas  na atención primaria.

O persoal de enfermería fuxe en desbandada a outros hospitais en busca de estabilidade

No ámbito hospitalario, en contra do que parece ao ler as declaración nos medios dos responsables do SERGAS, a situación é caótica.Sumado aos novos contratos por mor da ampliación, precarios e indignos xa que non permiten nen un ápice de estabilidade ao estar asinándose mes a mes,  engádese a fuxida en desbandada cara a outros hospitais, a poucos quilómetros de aquí ,  e cara a Euskadi en busca de estabilidade . este feito provoca que a día de hoxe non se atopen profesionais nas listas de contratación para substitucións, e temos á volta da esquina o período vacacional de nadal.

A coordinadora da Plataforma comenta preocupada que en poucos días teremos na comarca un problema de gran magnitude ao non contar con persoal para substituir as vacacións e os permisos pendentes de desfrutar ,e non descartamos que  se poduzan movementos de protesta. “Os recortes nos servizos básicos como a sanidade non producen aforro e lembrámoslle ás xerencias que  ao final o barato sae caro”.

A Plataforma Sanitaria  rexeita os contratos de continuidade e apoia ao colectivo de Enfermeiras  Eventuais en Loita.

O portavoz da Plataforma Sanitaria, Víctor Vila quere salientar a falta de sensibilidade  e solidariedade que amosan  desde o SERGAS ao falar nos medios de comunicación  das bondades dos chamados contratos de continuidade, que lonxe de solucionar a problemática da falta de estabilidade que existe , “  afonda na precariedade  e avoga á escravitude a est@s profesionais. Por iso este colectivo apoia e solidarízase coas enfermeiras eventuais en loita alzando a nosa voz ao seu carón”- explica.

O peche dos paritorios en Verín podería  extenderse á Mariña, e obrigaría ás mulleres a parir de novo na Xesta.

Ante a nova do pasado venres , repentina e inesperada, de que a día 1 de decembro pechan os paritorios e as urxencias pediátricas do hospital de Verín, obrigando ás mulleres a desplazarse setenta quilómetros para un parto normal, e cada vez que una crianza teña que ser atendida  de xeito urxente, o colectivo sanitario advirte que esta medida podería afectar en breve á nosa comarca, obrigando ás nosas mulleres a desprazarse máis de cen quilómetros para parir. “Cremos que se trarta dun experimento que posteriormente se iría extendendo aos outros centros hospitalarios periféricos ,un paso máis no desmantelamento da sanidade de proximidade e un retroceso de trinta anos ao obrigar ás mulleres a parir de novo na Xesta ou no Fiouco se non hai  néboa”-  comentan.

A supresión do segundo TES na ambulancia medicalizada  está a producir derroche de recursos e non mellora a asistencia .

A supresión do segundo técnico da ambulancia medicalizada na comarca non está a lograr os obxectivos que nos venderon desde o SERGAS, xa que ante calquera emerxencia que obrigue a desplazar una ambulancia medicalizada , non son suficientes os recursos humanos dos que se disponen actualmente, e debe mobilizarse na maior parte dos casos una segunda ambulancia de soporte vital básico para reforzar.

Se o que querían era aforrar están a conseguir o efecto contrario e a maiores están a causar  un gran malestar ao persoal do devandito servizo ao menoscabar a súa máis que demostrada profesionalidade e impecables actuacións nas emerxencias.” Volvemos advertirlle de que o barato ao final sae caro”- conclúen @s activistas sanitarias.

 PREVISIÓN INFORMATIVA 5 NOVEMBRO 2019, Entrada principal do Hospital da Mariña

 PREVISIÓN INFORMATIVA 5 NOVEMBRO 2019

          DATA: Martes 5 de novembro de 2019

           HORA: De 11 a 13 horas

           LUGAR: Entrada principal do Hospital da Mariña

           ASUNTO: A UMAR colocarase na entrada principal do Hospital da Mariña( parte nova do        mesmo) para informar a usuari@s, profesionais e colectivos do que precisen acerca de derivacións, ou agardas excesivas. Tamén redactaremos e daremos rexistro ás reclamacións     que precisen facer.

PREVISIÓN INFORMATIVA  MARTES 15 DE OUTUBRO 2019, HOSPITAL DA MARIÑA

PREVISIÓN INFORMATIVA  MARTES 15 DE OUTUBRO 2019

Data:  Martes 15 de Outubro de 2019

Hora:  11 – 13 horas

Lugar: HOSPITAL DA MARIÑA

Asunto: A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (UMAR) colocarase na entrada principal do Hospital da Mariña para informar a usuari@s ,profesionais  e colectivos de todo o que precisen en materia de tempos de agarda , derivacións  e calquera outra dúbida que teñan.Tamén prestarán axuda na redacción e presentación  e rexistro  de reclamacións.

A UMAR VOLTA AO HOSPITAL DA MARIÑA TRAS UNS MESES DE DESCANSO ESTIVAL

     No hay descripción de la foto disponible.        A UMAR VOLTA AO HOSPITAL DA MARIÑA TRAS UNS MESES DE DESCANSO ESTIVAL

A mesa informativa xestionada pola Plataforma Sanitaria estará o día 15 de outubro na entrada principal en horario de 11 a 13 horas.

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións , coñecida pola inmensa maioría da poboación da Mariña polas súas siglas,- UMAR-, volta ao hospital tras uns meses de descanso estival. A  UMAR colocarase na entrada principal do hospital, ubicada actualmente no edificio novo. A mesa mantén o seu horario habitual , de 11 a 13 horas.

Se ben durante o verán os problemas sanitarios non fixeron máis que agudizarse ,ao engadirse aos xa existentes a escandalosa falta de persoal sanitario en atención primaria, o peche de camas negado polo SERGAS máis non por iso certo, ou  a reivindicativa loita contra a precariedade laboral do colectivo de enfermeiras eventuais en loita, a UMAR fixo un alto no camiño para recargar forzas e volver ao primeiro plano da actualidade sanitaria na súa loita contra a nefasta  xestión de listas de agarda que realiza o SERGAS.

É por iso que desde este colectivo sanitario convidamos a todas aquelas persoas que consideren que o tempo de agarda para facer una proba diagnóstica, para acudir a una consulta ou para una intervención cirúrxica , sobrepasa os límites considerados de normalidade ou non se axustan á Lei de garantías sanitarias, que acudan o martes día 15 de outubro á entrada do hospital, onde integrantes da Plataforma Sanitaria lles facilitarán información ou mesmo lle tramitaran a pertinente reclamación.

Igualmente desde a Plataforma Sanitaria informamos que esta mesa de reclamacións queda convocada para o primeiro martes de cada mes , en horario de 11 a 13 horas, salvo que coincida festivo . Neste caso trasladarase ao seguinte día.

Para todas aquelas persoas ás que lles sexa imposible achegarse ate o hospital a Plataforma Sanitaria dispón dun correo electrónico onde se lles atenderá de igual xeito, [email protected]

 A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA  ABANDONO E CAOS SANITARIO  NA MARIÑA POR PARTE DO SERGAS

 A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA  ABANDONO E CAOS SANITARIO  NA MARIÑA POR PARTE DO SERGAS.

O colectivo sanitario esixe  ao  PP   que deixe de seguir poñendo en risco a saúde dos mariñaos e mariñás.

A Mariña, a 12 de xullo de 2019

PECHE DE CAMAS E REDUCIÓN DE QUIRÓFANOS.

Desde a Plataforma Sanitaria denuncian e rexeitan o peche de camas no Hospital da Mariña e a redución da actividade nos quirófanos durante o verán. Afirman que se procedeu por orde da Xerencia ao peche de 9 camas na unidade de hospitalización de Cirurxía e outras 9 na de Traumatoloxía “ao que temos que sumar as 12 camas pechadas por obras, é dicir 30 camas en total”.

Tamén denuncia publicamente a redución da actividade cirúrxica. “Soamente haberá dous quirófanos programados e un quirófano urxente ao día“, afirman.

Estas medidas provocan un incremento das listas de espera fomentando a derivación de doentes á sanidade privada para cumprir a Lei de Garantías. A lei di que teñen que ser atendidos en 60 días para intervencións cirúrxicas e en 45 para consultas u probas diagnósticas . “A imposibilidade de cumprir eses tempos na sanidade pública favorecerá a súa derivación á privada, que é onde serán atendidas”- manifesta o portavoz do colectivo.

Outra das consecuencias será o aumento do traslado e ingreso de pacientes do Hospital de Burela a Lugo, unha práctica que levan facendo durante os últimos meses e que esta a provocar o malestar das persoas afectadas e familias que se ven obrigadas a desprazamentos innecesarios por mor dunha mala planificación da Xerencia nun Hospital que remata de ser ampliado.

Ademais, denuncian que por mor do peche de camas producirase un recorte de persoal nas devanditas unidades de hospitalización, suprimindo unha enfermeira e unha TCAE nas quendas de mañá, tarde e de noite (na que unha soa enfermeira e

unha soa TCAE serán as responsábeis de prestar os coidados a 15 pacientes, e asumir as posibles urxencias e complicacións a maiores do traballo programado

SEN TRABALLADORA SOCIAL NO HOSPITAL.

A Plataforma Sanitaria da Mariña ao mesmo tempo denuncia que o Hospital da Mariña quedou dende primeiros de xullo sen a única Traballadora Social durante dous meses, en concreto durante os meses de xullo e agosto ao non cubrir o SERGAS a súa ausencia, a pesares de existir persoas dispoñibles nas listas de contratación (autonómicas) para cubrir esta categoría profesional.

Os traballadores e traballadoras sociais desempeñan un papel esencial e imprescindible e cumpre poñer en valor o seu traballo”- explica a coordinadora da Plataforma, e esta decisión do SERGAS de non cubrir a súa ausencia amosa por unha parte o desleixo cara a atención sociosanitaria na Mariña e o nulo recoñecemento por parte da administración ao traballo que desenrolan nas equipas multidisciplinares tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada”.

ABANDONO DOS CENTROS DE SAÚDE DA COMARCA.

A Plataforma Sanitaria xa ten denunciado en numerosas ocasións que sistematicamente, ano tras ano, as vacacións que por dereito lles corresponden ao persoal dos Centros de Saúdes non se cubrían. Esta circunstancia leva a un evidente deterioro na atención sanitaria aos pacientes debido a unha acumulación de traballo do persoal do centro ao ter que asumir a atención dos pacientes asignados aos outros profesionais. Se a isto lle sumamos que en época estival a poboación da Mariña duplícase ou triplícase podemos sacar a conclusión de que a situación agravase moitísimo máis producíndose un auténtico colapso na que afecta á calidade asistencial. “Non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiros que non son substituídos”- afirman.

Denuncian entre outras situacións a falta de tres médicos “en pleno Resurrection” no centro de saúde de Viveiro, a falta de pediatra en Foz, cuberta parcialmente, provocando demoras na atención e aprazamentos dos controis de saúde, a médica de tarde de Foz cuberta só unhas horas ou a ausencia o mércores 10 de xullo de 3 dos 7 médicos en Viveiro.

FEIJÓO, O DESTRUTOR DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA.

A Coordinadora da Plataforma, acusa o Presidente da Xunta de ser o “destrutor da sanidade pública da Mariña“, como responsable dunhas políticas, encamiñadas a engordar a sanidade privada, que xeran un desastre de tal magnitude que non só provoca críticas por parte dos pacientes senón tamén do “persoal sanitario, de organizacións profesionais e de sindicatos.

O que ten que facer o Presidente da Xunta é deixar de mentir e manipular, de recortar e de privatizar a sanidade pública, e facer un cambio de políticas que pasen por unha maior contratación de persoal, manter todas as camas operativas, e a posta en marcha dun plan en atención primaria, para acabar coa precariedade en sanidad – conclúe Montse Porteiro

Para máis información chamar a Víctor Vila  677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA UN NOVO ATAQUE Á SANIDADE PÚBLICA MARIÑÁ AO SUPRIMIRSE UN TÉCNICO DE  TRANSPORTE SANITARIO NA AMBULANCIA MEDICALIZADA

A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA UN NOVO ATAQUE Á SANIDADE PÚBLICA MARIÑÁ AO SUPRIMIRSE UN TÉCNICO DE  TRANSPORTE SANITARIO NA AMBULANCIA MEDICALIZADA.

 Os pregos para o novo concurso de contratación , publicados o 29 de abril , deixan a ambulancia de soporte vital avanzado (SVA) con base en Foz cun só técnico de tranporte sanitario.

A Mariña 2 de maio de 2019. A publicación o pasado 29 de abril dos pregos para o novo concurso de ambulancias de Galiza confirma novamente a agresión  e desprezo ao que o goberno da Xunta de Galicia ten sometida á comarca da Mariña, ao suprimir, sen aviso previo e de forma inesperada,un dos dous técnicos de transporte sanitario que conforman a dotación de persoal da ambulancias de soporte vital avanzado (SVA) con base en Foz. O inicio da actividade desta ambulancia data do ano 2007, creada co obxectivo de realizar o transporte sanitario urxente , tanto primario ( asistencia extrahospitalaria urxente) como secundario ( interhospitalario). Por definición este tipo de ambulancias deben contar cun cadro de persoal formado por dous técnicos sanitarios, persoal facultativo e de enfermería.

O feito de que se elimine un/ha d@s técnic@s de transporte sanitario só en Monforte e na Mariña  confirma unha vez máis as teses mantidas por este colectivo sanitario desde hai tempo e que van no senso de que “ao goberno de Nuñez Feijoo impórtalle moi pouco que comarcas periféricas e alonxadas das cidades queden en inferioridade de condicións en canto a asistenza sanitaria urxente, amosando moi pouco ou ningún interés  polo que lles ocurra aos pacientes da Mariña e Monforte, aos que deixa abandonad@s e convertid@s en cidadáns de segunda , algo que non imos consentir”- manifesta Montse Porteiro, coordinadora da plataforma .

A supresión dun d@s técnic@s nesta ambulancia  na Mariña , a maiores dun agravio comparativo con outras áreas, pode significar que unha persoa  cunha patoloxía que pon en risco a súa vida  , onde o tempo e  un factor clave para a recuperación das funcións vitais, vexa comprometida  a súa  vida polo feito de que se tomen decisións políticas que primen os intereses economicistas por enriba das necesidades das persoas . Nunha situación de urxencia extrahospitalaria  con parada cardiorrespiratoria ,é imprescindible todo o persoal e cada un/ha ten un papel moi relevante, pois mentres @ facultativ@ ten que adicarse á restablecer a vida aérea  e o persoal de enfermería ten que atender á  administración de fármacos por vía venosa e ao mantemento da mesma, @s técnic@s son os encargad@s das compresións torácicas , debendo turnarse cada dous minutos , xa que “ manter o ritmo de compresións torácicas adecuado para garantir a recuperación fai imprescindible que se alternen amb@s profesionais”- comentan desde o colectivo.No caso de que nesta mesma situación só dispoñamos dun/ha técnica obrigaría a chamar a un apoio dunha ambulancia de soporte vital básico( SVB) , que están dotadas con dóus profesionais técnicos, deixando descoberto o servizo noutro lugar.  “Nunha comarca como esta, onde as estradas son tercermundistas e tardas en percorrela dunha punta á outra máis dunha hora,o feito de ter que solicitar apoio doutra ambulancia por non ter o cadro de persoal completo, significaría deixar desatendidas  a outras persoas xa que a dotación de ambulancias de SVB é deficiente na Mariña, ou no caso de contar cun só técnico, diminuir a eficacia das maniobras de reanimación polo lóxico esgotamento do profesional. Igualmente existen outras múltiples situacións de emerxencia sanitaria que  se contraindica a presenza dun só  técnico”- conclúen @s activistas sanitarios.