Alcoa ten intención de iniciar o próximo 25 de xuño un proceso formal de consultas para un expediente de regulación de emprego

A Mariña, 18 de xuño de 2020.

Tralo anuncio de que  Alcoa ten intención de iniciar o próximo 25 de xuño un proceso formal de consultas para un expediente de regulación de emprego (ERE) , que afecta a 534 empregos da planta de aluminio de San Cibrao ,  e á perda de polo menos 400 empregos das empresas auxiliares, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña quere amosar o seu total apoio ás e aos traballadores da factoría e das empresas auxiliares afectadas así como ás súas familias. A decisión da empresa de botar á rúa a preto de  1000 traballador@s  supón unha fenda brutal para o desenvolvemento económico, industrial e de emprego da comarca e obrigará a gran parte da poboación a marchar fora en busca de oportunidades laborais. Desde este colectivo apoiamos e sumámonos ás mobilizacións en defensa dos empregos e do desenvolvemento industrial da comarca.

O colectivo sanitario apoiará e participará ,do mesmo xeito, na manifestación que o vindeiro luns 22 de xuño sairá desde o Hospital da Mariña  ás oito da tarde , baixo o lema “ Queremos futuro para a Mariña”.Animamos a todas as veciñas e veciños da comarca a que acudan de forma masiva a esta convocatoria , pois sólo coa loita seremos quen de frear esta sangría económica, laboral  e sociodemográfica que nos asola.

Para máis información chamar a Montse Porteiro 615187637 ou a Víctor Vila 677343429