Archivo de la categoría: Papa Noel

O EIDO DOURADO PECHA ESTE DOMINGO, 16 DE AGOSTO, O SEU CICLO CONCERTOS AO SOLPOR CO JAZZ GALEGO DE SUMRRÁ

140815 Foto SumrráO EIDO DOURADO PECHA ESTE DOMINGO, 16 DE AGOSTO, O SEU CICLO CONCERTOS AO SOLPOR CO JAZZ GALEGO DE SUMRRÁ.

Barreiros, 14 de agosto de 2015. O ciclo Concertos ao Solpor, que durante o verán organiza O Eido Dourado nas noites dos domingos, remata o día 16 coa actuación de Sumrrá, unha formación de jazz que nos últimos tempos acadou numerosos premios e participou en prestixiosos festivais ao longo do mundo.

Celso Dourado, promotor dos concertos no espazo veciño á praia da Pasada,  destaca que o trío Sumrrá “foi premio Martin Códax da Música no 2014 e foi considerado o mellor grupo de jazz e músicas improvisadas. Está formado polos músicos Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo, e Lar Legido na batería. Este trío está considerado o máis innovador dentro da escena española. Dío Cándido Querol, que é un dos grandes críticos de jazz”.

O artista barreirense fixo un percorrido pola historia do grupo e salientou o seu perfil internacional: “é unha formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística nacional e ten gran proxección internacional. Pasaron por países como  Bolivia, Bulgaria, Sudáfrica, Portugal ou Francia, por festivais de primeira orde como poden ser o Festival de San Juan Evangelista en Madrid, o Johannesburg Joy of Jazz en Sudáfrica, o Imaxina Sons de Vigo, o Festival de Jazz de La Paz (Bolivia), o Festival de Jazz de Alcudia, en Mallorca ou o  Jazzplus Festival de Sofia, en Bulgaria”.

Dourado engadiu que “a súa formación data do 2000 e dende os seus inicios convenceu á critica e ao público cun jazz incluso inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a  orixinalidade das súas composicións e a calidade dos seus integrantes. É destes  grupos dos que podemos dicir que é un luxo poder escoitalos.Eu gozo da amizade de todos eles e sempre que hai un recunchiño aberto na súa programación sempre nos comunicamos para vira o Eido”.

O ciclo de verán remata este domingo no Eido Dourado, pero  mirando ao futuro. “Pecho este ciclo con grande agarimo e ganas de seguir porque o éxito de todos estes Concertos ao Solpor foi realmente importante”, asegura Dourado.

 

Ponlle as pilas ao teu bocata

DSC05966Un grupo de nenos e nenas de Barreiros participaron onte no pavillón municipal na actividade Ponlle as pilas ao teu bocata, organizada polo Concello en colaboración coa Consellería de Medio DSC05970Rural e do Mar, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca. “O obxectivo pasou por poñer en valor as múltiples virtudes das conservas de produtos do DSC05978mar, o seu valor como fonte de enerxía, unha enerxía asociada á forza, vitalidade e crecemento”, segundo explican desde o Concello barreirense. Os nenos e nenas coñeceron todas as posibilidades que ofrecen as conservas tanto no ámbito alimenticio, como no didáctico e lúdico. Os rapaces gozaron de actividades informativas, xogos e, sobre todo, a realización e degusttación de bocatas.

XX FESTA DA TORTILLA DE CELEIRO DE MARIÑAOS

cartel san caetanoA XX FESTA DA TORTILLA DE CELEIRO DE MARIÑAOS CELEBRARASE O 14 E O 15 DE AGOSTO. HABERÁ TORREZMADA, CHOURIZADA, MOITA MÚSICA E O TRADICIONAL BAILE DO FAROLIÑO.

Barreiros, 12 de agosto de 2015. Un ano máis, as festas de San Caetano da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos acollen a Festa da Tortilla, que nesta edición chega aos 20 anos de historia.  O evento celebrarase o venres 14 e o sábado 15.

A festa comeza o día 14 ás 9 da noite cunha torrezmada e chourizada amenizada polo grupo de música tradicional Os do Pilón, de Arzúa. Actuarán tamén esa noite Os Parentes, grupo de música popular de Sober e o grupo Agua Marina, de Viveiro, encargados da verbena.

O sábado 15 ás 12 da mañá presentaranse as tortillas para o concurso. Ás 13 horas oficiarase na capela a misa coa procesión e despois será a sesión vermú a cargo da Charanga Compostela. Pola tarde será a quenda dos xogos tradicionais e do espectáculo infantil A Titiricicleta, de Anxo Mouro. Ás 8 da tarde terá lugar o concurso máster de tortilla no campo da festa. Concursarán un máximo de 6 parellas, que deben inscribirse ata o día anterior contactando coa organización. Os concursantes deberán aportar tixola e utensilios, mentres que a organización aportará os ingredientes e os fogóns. O primeiro premio será para a tortilla de mellor sabor e o segundo para a tortilla feita en menos tempo.

Xa o sábado pola noite a protagonista será a Gran Queimada elaborada por Mon Queimadas. A verbena correrá a cargo de Agua Marina. E coma xa é tradición no San Caetano de madrugada terá lugar o tradicional baile do faroliño. Ao rematar a festa haberá unha gran chocolatada.

A Festa da Tortilla está organizada pola Irmandade de San Caetano, de Celeiro de Mariñaos, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura e Turismo, Gadis e ASoalta.

O CÁMPING GAIVOTA ACOLLERÁ O CONCERTO DE GELEM GELEM ESTE VENRES, 7 DE AGOSTO, E O DOMINGO FALÚA ACTUARÁ NO CICLO CONCERTOS AO SOLPOR DO EIDO DOURADO

O CÁMPING GAIVOTA ACOLLERÁ O CONCERTO DE GELEM GELEM ESTE VENRES, 7 DE AGOSTO, E O DOMINGO FALÚA ACTUARÁ NO CICLO CONCERTOS AO SOLPOR DO EIDO DOURADO.

Barreiros, 6 de agosto de 2015. O Cámping Gaivota e o espazo Eido Dourado acollerán este venres e  este domingo dous concertos. O de Gelem Gelem celebrarase no Gaivota a partir das 11 da noite do venres, 7 de agosto,  xunto á tradicional queimada, e o de Falúa, proxecto da cantante Sara de Sousa, terá lugar no Eido Dourado dentro do ciclo Concertos do Solpor dos domingos de verán. Será o 9 de agosto ás dez da noite.

Celso Dourado, xestor dos dous espazos, explica o programa, que no caso dos Concertos ao Solpor “é xa a 4º concerto deste verán e comeza sobre as 22 horas do domingo . “Nesta proposta imos presentar a Falúa, que é o nome do grupo coa que se presenta aquí na Mariña Sara de Sousa. Dela podemos dicir que é unha das voces, xunto a Xiana Lastra, da nova canción galega. É unha renovadora da canción herdeira claramente das “Uxías”. Sara ten unha estreita relación coa canción portuguesa e o seu repertorio abrangue toda unha área que podemos definir como lusofonía. O seu repertorio ten influencia tanto dos ritmos brasileiros como latinoamericanos, pasando incluso por lugares como pode ser Mozambique ou Cabo Verde”.

A entrada coma sempre nos Concertos ao Solpor e libre a gratuíta. “O aforo é de 200 persoas cunha media de 180 sentadas”, indica Dourado, que agarda que “unha vez máis o tempo nos axude coma nestes últimos concertos que fixemos, que sempre se nos deu unha noite totalmente fermosa. Pode ser un dos bonitos concertos que teñen lugar no Eido. Fago un chamamento á xente que queira a musica, que queira a canción, que veña a este concerto porque non vai decepcionar. Sara no seu pequeno percorrido na actualidade nunca decepcionou e esperamos que unha vez máis sexa unha delicia escoitala”, manifestou.

A cita de mañá día 7, “unha estraña cita”, segundo Dourado, “preséntase coa xa tradicional queimada dos venres a partir das 11 da noite no Cámping Gaivota. Os venres facemos sempre no Cámping unha queimada mesturada con músicas de raíz. Neste caso preséntase o grupo Gelem Gelem, e entre a súa formación está un excepcional músico romanés. Os ritmos balcánicos soarán esta vindeira noite do 7 de agosto no Cámping Gaivota e espero que cunha marcha incrible. Invito a todos a que asistan a gozar desta nova formación”.

Barreiros promociona o bocata saudable

Barreiros |
Barreiros promociona o bocata saudable
O Concello de Barreiros ten aberto ata este venres, 7 de agosto, o prazo de inscrición na actividade Ponlle as pilas ao teu bocata, que busca promover as virtudes das conservas de produtos do mar e aos seus beneficios nutritivos. Os interesados poden anotarse na oficina de Turismo do Concello.
A actividade está organizada polo Concello en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e Mar, Cultura, Educación e Sanidade, asícomo por Anfaco-Cecopesca e levarase a cabo o 12 de agosto ás 11.30 horas no pavillón municipal de San Cosme de Barreiros.
A campaña vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e afondará nos seus coñecementos sobre o mundo do mar, das conservas e das súas posibilidades alimenticias, pero tamén contempla actividades lúdicas como obradoiros, xogos e elaboración de bocatas a base de conservas.

Foto de COPE DE LA COSTA (RIBADEO).

O EIDO DOURADO ACOLLE ESTE DOMINGO, 2 DE AGOSTO, A PRESENTACIÓN DO DISCO COMPROMISCUO

O EIDO DOURADO ACOLLE ESTE DOMINGO, 2 DE AGOSTO, A PRESENTACIÓN DO DISCO COMPROMISCUO, DE VADIM YUKHNEVICH E ABRAHAM CUPEIRO. TRÁTASE, SEGUNDO CELSO DOURADO, DUNHA MESTURA DE SONS BALCÁNICOS COA TRADICIÓN CELTA.

Barreiros, 29 de xullo de 2015. O Eido Dourado ofrecerá este domingo, 2 de agosto, un novo concerto dentro da súa programación estival. Trátase da presentación do disco Compromiscuo, un traballo conxunto dos músicos Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro. A cita terá lugar ás dez da noite e a entrada será gratuíta.

Celso Dourado, impulsor deste espazo cultural, recalcou a calidade desta nova aposta musical:  “no Eido Dourado sempre procuramos traer aquelas propostas que aporten algo ao panorama actual. Neste caso presentase o disco Compromiscuo, que corresponde a dous grandísimos músicos, o bielorruso Vadim Yukhnevich e o galego Abraham Cupeiro. Fan unha mestura realmente moi interesante de ritmos de orixe balcánica da Europa do Leste cunha fonda tradición celta. Recordamos que Abraham é un gran lutier, é un gran músico investigador, e reproduce instrumentos case desaparecidos como é o caso do carnyx. De aí que saquen un produto moi pero que moi interesante. Fan unha especie de escenografía con todos estes instrumentos que resulta realmente marabillosa. Estiveron facendo promoción do disco en Madrid e foi todo un éxito dada a orixinalidade do proxecto”.

O artista barreirense anima aos veciños e visitantes da comarca a achegarse pola praia da Pasada, en Barreiros, e pasar un anaco gozando da música: “debido unha vez mais á amizade que me une con eles van presentar o disco no Eido Dourado con toda a súa amplitude. A entrada é libre e gratuíta e aquelas persoas que desexen escoitar  unha nova proposta están invitados a este espectáculo. Espero que o tempo nos axude e que saia unha noite fermosa. Merece a pena pola singularidade da proposta e ao mesmo tempo polos instrumentos realmente orixinais e pintorescos aos que Abraham Cupeiro lles fai sacar uns sons impresionantes”.

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse onte á noite para disfrutar da música de Vai Trío

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse onte á noite para disfrutar da música de Vai Trío, “uns músicos que formaron parte doutros grupos como Luar na Lubre ou Fía na Roca”, segundo explicou o artista barreirense Celso Dourado. O bo tempo acompañou neste novo evento, enmarcado na programación cultural do Eido Dourado para este verán.EidoDourado (1)

EidoDourado (2)

EidoDourado (3)

A Bagunda en Barreiros

23 de julio de 2015. Actualizado a las 13:43 h.

El espacio cultural Eido Dourado lanza una programación especial desde Barreiros con motivo del 25 de julio. Así, este viernes 24 (Cámping Gaivota, 22.00 horas) habrá música con A Bagunda, grupo folk. La cita nocturna acabará con queimada. El domingo 26 continuará su agenda del Día da Patria con otro conjunto, Vai Trío, también sobre las 22.00 horas pero en Eido Dourado.

O pavillón polideportivo de Barreiros acolleu o luns a actividade O sabor da aventura está no mar

O pavillón polideportivo de Barreiros acolleu o luns a actividade O sabor da aventura está no mar. Trátase dunha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que contou coa colaboración das de Cultura, Educación e Sanidade e tamén Anfaco-Cecopesca e o Concello de Barreiros. O obxectivo “foi poñer en valor unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxñia asociaciada á forza, á vitalidade, ao crecemento e tamén ao xogo e á diversión”. A actividade resultou divertida e entretida para todos os rapaces e rapazas que asistiron. DSC05871

DSC05890

DSC05902