Visita do Delegado do Goberno

Puede ser una imagen de 6 personas, personas de pie y al aire libre

Puede ser una imagen de 5 personas y personas de pie

Nesta semana recibimos a visita do Delegado do Goberno de España en Galicia.
📣 Na súa visita, ademais de asinar no libro de honra do Concello (xa que é a primeira vez que un delegado do Goberno visita Barreiros), coñeceu Arealonga e Coto, os lugares nos que a Dirección Xeral de Costas desenvolverá proxectos de recuperación e rexeneración dunar nos vindeiros meses. Estes proxectos, nos que se leva tempo traballando, son dun importante calado na protección da diversidade costeira e a recuperación do litoral en zonas nas que existe unha notable degradación.
👂🏻 Mais tamén se aproveitou a visita para trasladarlle aqueles temas nos que o goberno municipal vén traballando diante das distintas administracións e, especialmente, da do Estado. Así, coñeceu a necesidade da protección e posta en valor do xacemento da Roda e tamén a necesidade de construción da nova depuradora para as parroquias de San Miguel e Reinante.
🤝 A visita enmarcouse dentro da colaboración entre administracións que permite (e agardemos que así continúe) desenvolver proxectos de importancia para as veciñas e veciños de Barreiros.