ACLARACIÓN SOBRE O ABASTECEMENTO DE AUGA

ACLARACIÓN SOBRE O ABASTECEMENTO DE AUGA

📰 En vista das noticias que aparecen hoxe na prensa sobre un problema no abastecemento de auga que xa foi resolto o pasado día 7 de agosto, aclaramos que nestes momentos NON EXISTEN PROBLEMAS DE SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS E O ABASTECEMENTO ESTÁ CONTROLADO.
🚦 En calquera caso, e debido ao importante consumo derivado da poboación flotante que hai en Barreiros neste momento, mantéñense as medidas de restrición no tocante a utilización da auga potable da traída municipal para usos non prioritarios como regos de xardíns (quedan exceptuadas as plantacións de alimentos), enchido de piscinas ou similares, limpezas de vehículos ou espazos ao aire libre e calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de persoas ou animais.
24
10 comentarios
16 veces compartido

Noela Fs

Si, hai xente espesa, ese é o problema pero non foi hoxe nin onte a orixe do problema, foi hai 16 anos e houbo quen tivo 14 anos para solucionalo. De hai dous anos para aco empeza molestarlle a algúns e pretenden q en dous o novo goberno solucione o q debía o ter plantexado dun inicio o goberno do PP, recordan o que Lles dicía o actual goberno hai 16 anos? Primeiro os servizos e despois os edificios. Pois aí teñen o resultado señores!
Se seleccionó la opción “Más relevantes”, por lo que es posible que algunos comentarios se hayan filtrado.