Archivo de la categoría: Barreiros

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treitos interurbanos do río Santiago, en Barreiros

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2021. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Santiago, no concello de Barreiros.Puede ser una imagen de césped

Estes traballos estanse a desenvolver nun treito deste río de 1,7 km de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Reinante.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como na roza selectiva para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.

Os traballos do departamento que dirixe Ethel Vázquez contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

O BNG urxe ao Ministerio a construír unha nova EDAR en Barreiros

Publicado por Álvaro Vizoso Vázquez 6 min 
O BNG urxe ao Ministerio a construír unha nova EDAR en Barreiros
29 Maio, 2021 Imprimir Email
Share0Tweet
Madrid, 27 de maio de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas na cámara baixa tras unha xuntanza coa alcaldesa do Concello de Barreiros, Ana Ermida, para reclamar ao MITECO que inclúa a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais no municipio entre as súas obrar prioritarias.
Considera que se trata dunha obra de interese xeral pois evitaría as verteduras directas ao mar que provocan graves problemas de salubridade nas praias de Arealonga, Reinante e San Miguel.
O concello de Barreiros, de 3.000 habitantes e que en temporada de verán chega a triplicar este número, sofre as consecuencias do boom inmobiliario e descontrol urbanístico na década dos dous mil en que se chegaron a proxectar e construírse preto de 3.000 vivendas sen os servizos necesarios para darlles cobertura. Na actualidade, o municipio mariñán precisa dunha nova EDAR que evite as verteduras ás praias e provoca graves problemas de salubridade nos meses do verán.
“Os principais puntos de vertedura atópanse en zonas moi próximas ás praias, preto de lugares de interese natural e turístico como pode ser Augas Santas ou mesmo As Catedrais” apunta Rego. “Isto provoca un impacto negativo no turismo e supón un risco para a saúde pública tal e como demostran as analíticas de calidade das augas que seguen a lanzar valores de contaminación microbiolóxica por enriba dos valores considerados como normais” subliña o deputado nacionalista.
De facto, nos meses de maior temperatura, tense que prohibir o baño en numerosas praias como a de Arealonga, Reinante ou San Miguel. Esta situación, para a formación nacionalista, “é insostíbel” polo que exixen ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que atenda as solicitudes trasladadas polo Concello de Barreiros.
“O MITECO ten que incluír entre os proxectos prioritarios, como obra de interese para o conxunto do Estado, a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais no Concello de Barreiros que evite as verteduras directas ao mar que provocan graves problemas de salubridade nas praias de Arealonga, Reinante e San Miguel” subliña o deputado do BNG.
O elevado custo da obra, que se calcula pode supoñer uns 3,5 millóns de euros, “non é asumíbel para o concello de Barreiros”, polo que é necesario que outras administracións participen no seu financiamento.
Así, o Ministerio de Transición Ecolóxica debe atender as solicitudes trasladadas desde o Concello de Barreiros e apoiar a nova EDAR, necesaria para a saúde pública e o medio ambiente evitando unha deterioración maior do ecosistema costeiro neste concello mariñán.

BARREIROS FORMULARÁ ANTE INDUSTRIA UNHA QUEIXA CONTRA TELEFÓNICA TRAS TRES DÍAS SEN SERVIZO NA CASA CONSISTORIAL

👩‍⚖️ BARREIROS FORMULARÁ ANTE INDUSTRIA UNHA QUEIXA CONTRA TELEFÓNICA TRAS TRES DÍAS SEN SERVIZO NA CASA CONSISTORIAL.Puede ser una imagen de al aire libre

➡️ Barreiros, 21 de maio de 2021. O Concello de Barreiros vén de anunciar que denunciará formalmente a Telefónica Empresas tras sufrir durante tres días un problema no servizo que deixou sen teléfono e datos a Casa do Concello.

📵 A alcaldesa explicou que durante a mañá do martes se lle notificou á empresa unha incidencia, debido a problemas na liña telefónica que non foron solucionados e que mantiveron ao Concello de Barreiros sen liña telefónica e sen internet ata as 12 da mañá de hoxe mesmo, momento no que quedou máis ou menos solventada a incidencia.

⚙️ A falta de dilixencia na atención dunha avaría deste calado nunha institución como é o Concello de Barreiros é especialmente importante, xa que supón paralizar practicamente por completo a vida municipal, ao fallar servizos tan básicos como o rexistro público ou a atención telefónica á veciñanza. “Que nos tempos de hoxe, cando se presume dunha administración áxil e dixital se estea á expensas da dilixencia dunha empresa -da que, á vista dos acontecementos, carece- é unha absoluta indefensión non só para as administracións, senón para a poboación en xeral. E está claro que se as empresas abusan da súa situación no mercado; na medida das posibilidades, as administracións públicas debemos facer toda a presión que poidamos para que se tomen medidas con elas e ofrezan servizos de calidade”, manifesta Ana Ermida.

🗣“Os problemas que pode xerar ter un Concello sen servizo telefónico e de internet durante máis de 72 horas son innumerables e no caso de prazos administrativos ou avisos oficiais que poidan deixar de atenderse poden ter prexuízos e consecuencias moi graves e irreparables para a veciñanza e a propia administración”, explica a alcaldesa.

📲Ana Ermida quixo tamén trasladar o agradecemento ao persoal municipal que, mesmo cos seus propios medios, tratou de solventar as cuestións do día a día e de manter un mínimo de funcionamento; “mais non se pode obviar que a situación supuxo un caos importante, chegando incluso a mandar a parte do persoal para os seus domicilios por non poder realizar o traballo; sen esquecer a falta de atención que se produciu durante a semana.”

❌Desatención da empresa ao mantemento das infraestruturas
A situación vivida nestes días vén a sumarse á desatención da empresa dos avisos sobre o cableado ou os postes que xa se teñen trasladado desde o propio Concello de Barreiro; o que para a alcaldesa “é unha mostra clara da impunidade coa que operan este tipo de empresas que ofrecen servizos fundamentais para a poboación e que non garanten a atención mínima.”

🌀A rexedora anunciou tamén que nos vindeiros días se procederá ao cambio de empresa de telecomunicacións no Concello, polo que Telefónica Empresas deixará de prestar ese servizo ao Concello de Barreiros.

Ver menos

Barreiros estrenará en San Cosme una pista multideportiva para los niños

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

Barreiros estrenará en San Cosme una pista multideportiva para los niños

 Pista multideporte existente ahora en San Miguel. P.V.
La instalación, junto al colegio, permitirá la ampliación de servicios en esta zona del concello ► El coste de la obra, de unos 30.000 euros, será sufragado por la Xunta y el Ayuntamiento

El municipio de Barreiros sigue ampliando la oferta de servicios en San Cosme, ahora con la creación de una pista multideporte, con porterías y canastas, pensada especialmente para los niños. Un proyecto al que ya dio el visto bueno la junta de gobierno local, y que se llevará a cabo gracias al apoyo de la Secretaría Xeral para o Deporte, que aportará 20.000 de los cerca de 30.000 euros en los que está presupuestada la obra; el resto, será de fondos propios del Concello según se recoge en el convenio de colaboración.

Con esta actuación se persigue el objetivo de “dotar a San Cosme dunha zona urbana con servizos para todas as idades e, especialmente, para as nenas e nenos dunha idade na que xa non fan uso do parque infantil, pero precisan os seus espazos de ocio”, asevera la alcaldesa, Ana Ermida, quien adelantó que la pista contará con un cierre perimetral para una mayor seguridad de sus usuarios, que tendrán así una nueva zona de esparcimiento al aire libre.

La instalación se ubicará junto al colegio y vendrá a sumarse a otras instalaciones en el centro de San Cosme, unas actuaciones con las que se busca “facer do núcleo urbano de San Cosme un espazo no que as persoas dispoñan de servizos e de zonas para facerlles a vida máis cómoda aos veciños”, recalca la regidora local.

El “ambicioso” proyecto de mejora en el centro de San Cosme incluye la humanización de la calle donde se ubica el centro social, la rehabilitación de las antiguas escuelas y la reforma del teleclub, en cuya parte posterior se prevé ubicar también una pista de skate. Recientemente, se ha instalado una zona de compostaje comunitario.

Ana Ermida valora la colaboración entre las diversas administraciones, lo que permite “levar a cabo obras e dotar de servizos que a administración local en solitario non podería afrontar”, recuerda la alcaldesa, quien al convenio ahora con la Xunta para acometer la nueva pista suma el apoyo de la delegación de medio rural de la Diputación, con 175.000 euros, para el abastecimiento en Remior, que actualmente está en fase de licitación.

TE RECOMENDAMOS

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

🏵 | Entre máis de 130 traballos presentados, estas son as gañadoras e gañadores que o xurado do CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 (Fase Local) seleccionou e pasan a fase provincial.
🤗 Queremos dar as grazas pola alta participación e a NORABOA ás premiadas e premiados!!!!👏👏👏
🎉🎉🎉🎉🎉
– ALBERTO BLASCO VILLANUEVA
– CARLOTA MOSQUERA PARDEIRO
– MARIA MASEDA LOPEZ
– ANXO LOPEZ VAL
– IKER MARTINEZ IRIARTE
– LARA GAYO PIÑEIROA
– DANIELA YAÑEZ LORENZO
– DADMILE CANTERO BENITEZ
– KALEY ALVAREZ CUELLAR
– PAULA MENDEZ BAJATIERRA
– FERNANDO SECO SANCHEZ
– ADRIANA LOPEZ PIÑEIRO
– LEIRE GONZALEZ LOPEZ
– JIMENA FERNANDEZ-REINANTE PEREZ

CHEGA AESCOLA, NOVA PLATAFORMA DE DIVULGACIÓN E DINAMIZACIÓN CULTURAL MUNICIPAL

🔔🔔🔔CHEGA AESCOLA, NOVA PLATAFORMA DE DIVULGACIÓN E DINAMIZACIÓN CULTURAL MUNICIPAL
🧑‍🎨Con distintas ferramentas, as persoas usuarias poderán dar contido a un espazo virtual participativo promovido desde o propio Concello.
➡️Barreiros, 15 de Maio de 2021. Barreiros presenta a plataforma virtual AEscola, que será a ferramenta de divulgación cultural máis ambiciosa do concello e que servirá de carteleira de actividades, aula virtual interactiva e contará con espazos para os eventos das distintas asociacións culturais e centros educativos do concello.
🌀“Este soporte facilitará que os seus contidos se poidan modificar e actualizar de forma constante, o que a converte nunha ferramenta actual e perdurable no tempo, así como traballar de forma coordinada desde as distintas áreas” sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.
A plataforma poñerase en marcha o luns 17 de maio cunha serie de actividades virtuais relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas, as cales contarán con distintos niveis de dificultade.
💻Trátase dun espazo virtual que poderá convivir con actividades presenciais, coa versatilidade de poder manter dinamismo social en calquera situación. “A idea é que este espazo sirva de lugar de encontro e intercambio de coñecemento á vez que nos permita achegar á veciñanza as actividades educativas, culturais, etc que se realicen dende o Concello” apunta o edil barreirense.
📲Ao mesmo tempo, a plataforma será interactiva, polo que as persoas que participen nela non só recibirán información, senón que poderán alimentar o propio contido, creando o primeiro espazo virtual participativo municipal co que se pretende “aproveitar as debilidades da situación que estamos vivindo e convertelas en fortalezas; creando sinerxias e actuando como un espazo no que englobar, de xeito coordinado, toda a actividade que exista no concello”, conclúe García.

O BNG reclama ao Goberno a conexión directa da A-74 co Polígono Industrial de Barreiros

12 Maio, 2021 Imprimir Email
Share0Tweet

Madrid, 12 de maio de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acaba de rexistrar varias iniciativas na cámara baixa para que o Goberno do Estado modifique o proxecto de trazado da Autovía da A-74 da Mariña, tramo que abrangue de Foz a Barreiros. A formación nacionalista propón a construción dunha conexión directa do Polígono Industrial de Barreiros co ramal de ligazón xa prevista entre a N-634, a A-74 e a A-8.

Desde que comezou a exposición pública dos estudos informativos da autovía, o Concello de Barreiros mantivo conversacións cos técnicos responsábeis do proxecto da A-74 e cos funcionarios do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana en que se lles trasladou a necesidade e a obriga de conectar o Polígono con esta nova infraestrutura. Así mesmo, a Administración municipal enviou alegacións que recollen as demandas das empresas instaladas actualmente no Polígono de Barreiros de incluír no proxecto a conexión do polígono coa futura autovía.

“No deseño e desenvolvemento de todo polígono industrial resulta fundamental para o seu bo funcionamento e éxito empresarial, garantir unha boa conexión a todas as redes e infraestruturas de comunicación próximas e, no caso de non existir, preverse a súa futura execución” subliña o deputado nacionalista. Rego tamén apunta que, no caso do Polígono Industrial de Barreiros, o Goberno do Estado “debe garantir a conexión directa con esta nova vía de comunicación para axilizar a entrada e saída de vehículos de transporte”.

Mais o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana non contempla no proxecto ningún tipo de conexión do Polígono co ramal de ligazón en que confluirían a A-74, a A-8 e a N-634, nin tampouco se realiza ningunha proposta que permita unha conexión futura. Esta deficiencia provocaría prexuízos de carácter social e ambiental, ademais de contribuír a retardar o tráfico nesas dúas vías convencionais cun tránsito continuado de vehículos pesados.

“A distancia entre o Polígono e ese nó de conexión sería só 87 metros e, de non existir esa conexión, os vehículos terán que rodear todo o Polígono Industrial a través da N-634 e a N-642 cun percorrido total de 2,1 quilómetros que desemboca nunha rotonda de acceso demasiado pequena e que causa serios problemas para o acceso de camións e outros vehículos de grandes dimensións” explica Néstor Rego. Alén do máis, o deputado do BNG reclama ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que atenda as alegacións e informes que recollen os argumentos expresados. “Esta conexión viaria é fundamental para o futuro do Polígono de Barreiros e a economía do Concello e do conxunto da comarca da Mariña, polo que resulta imprescindíbel un compromiso público por parte do Ministerio, que debe dar a coñecer a súa decisión sobre se a incluirá no proxecto da futura A-74” conclúe o deputado nacionalista.

Máis colectores amarelos en Barreiros para fomentar a reciclaxe

Máis colectores amarelos en Barreiros para fomentar a reciclaxe

Barreiros, 12 de maio de 2021. O Concello de Barreiros vén de instalar 30 novos colectores amarelos para o depósito de envases lixeiros ao longo de todo o núcleo municipal.

Segundo explica o edil de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, con estes novos colectores preténdese facilitar a reciclaxe de residuos ás persoas con independencia de o de residan” e asegura que se “realizou un reforzo especial nas parroquias do rural para tratar de achegar a rede de reciclaxe á totalidade da poboación.”

Nos vindeiros días, a empresa encargada da recollida selectiva porá en marcha novas rutas para dar entrada aos puntos novos de reciclaxe polo que desde o Concello trasladan que “é posible que nos primeiros días poidan existir desfases na recollida que se irán solventando a medida que se adapten as rutas ao uso e ás necesidades de cada punto.”

Con esta ampliación, que inclúe a colocación de colectores amarelos en lugares como A Insua, A Rilleira, Morteiro, Val do Caínzo ou Ibia, preténdese dotar do servizo de recollida selectiva á maioría de lugares de poboación, especialmente nas parroquias do interior que carecían en moitos casos de colectores deste tipo, ao mesmo tempo que se reforzan nas parroquias costeiras.

“A pretensión é dar cobertura da recollida de residuos selectiva á maioría do concello, por iso creamos novos puntos que permitan mellorar a reciclaxe de residuos”, explica Ratoeira. O edil lembra tamén que “aínda que comumente se denomina o colector amarelo como “dos plásticos”, non calquera tipo de plástico vai ao amarelo; senón que debe usarse para depositar exclusivamente envases lixeiros de uso doméstico coma latas, bricks ou botellas de plásticos, pero nunca plásticos industriais coma os dos silos -para os que existe un servizo específico no punto limpo- ou outro tipo de obxectos coma xoguetes.”

Esta ampliación da rede de colectores amarelos súmase á colocación de novos colectores de reciclaxe de papel e cartón que se foron colocando en distintos puntos e renovando algúns dos existentes; así como a un novo colector de roupa usada colocado en San Miguel.

A finalidade da ampliación de puntos de reciclaxe responde á intencionalidade de ir reducindo a xeración de residuos e enmárcase dentro das campañas de concienciación ambiental que se están a realizar desde o consistorio.

Banderas Azúles en las Playas de Barreiros

ℹ️🔵 Barreiros volve acadar tres Bandeiras Azuis nas súas praias.
📣 Por segundo ano consecutivo, Barreiros obtén o recoñecemento do galardón internacional en tres das súas praias:
⛱ Acantilado-Remior
⛱ Coto
⛱ A Pasada
💪🏻 A obtención destes galardóns só implica o recoñecemento do valor dos areais barreirenses e a necesidade de seguir a traballar na mellora dos servizos nas praias para recuperar a relevancia do noso concello, tamén, a nivel turístico.

Foz, o concello da Mariña con máis bandeiras azuis (5). Barreiros recupéraa nas Pasadas

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2021. As praias galegas obtiveron este ano un total de 111 bandeiras azuis e, ademais, a Comunidade sitúase á cabeza de todo o Estado en número de sendeiros azuis, con 20. Así, Galicia sitúase entre as autonomías máis galardoadas pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), cun global de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis.

Con 111 bandeiras para as súas praias, catro máis que o ano anterior, a Comunidade acapara preto do 20% das outorgadas en toda España. En total, hai 34 municipios premiados, un máis que na pasada edición, dos cales 12 son da provincia de Pontevedra (58 praias), 14 da Coruña (35 praias) e 8 de Lugo (18 praias). Salienta o feito de que o areal do Lago das Pontes (As Pontes) recibe por primeira vez este galardón.

En canto ás bandeiras para portos deportivos, son un total de 11 (6 en Pontevedra, 6 na Coruña e 1 en Lugo); os centros azuis galardoados son 13 (6 en Pontevedra, 4 na Coruña e 3 en Lugo); e a vintena de sendeiros distribúense entre os 9 de Pontevedra —que en total, ao ser algún unha rede, son 18 rutas—, os 6 da Coruña e os 5 de Lugo.

Nesta edición, Sanxenxo volve repetir o concello tanto de Galicia como do conxunto do Estado con máis bandeiras azuis nas súas praias, con 17, ademais de sumar distincións para tres portos deportivos, unha rede de sendeiros e un centro. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén a cidade de Vigo, que suma 10 areais e unha rede de sendeiros; Cangas do Morrazo (7 praias, un porto e un sendeiro); Marín (5 praias, dous centros e unha rede de sendeiros); e Baiona (6 praias e un porto), que nesta edición recupera o distintivo para os areais de Barbeira, Concheira, Os Frades, Ladeira, Ribeira e Santa Marta.

Na provincia da Coruña, o municipio de Arteixo é o que máis bandeiras azuis obtén para as súas praias, un total de 7; seguido da cidade da Coruña (5 areais, ademais dun porto e un sendeiro); e Oleiros (5 areais e tamén un sendeiro).

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz volve ser o concello con máis praias galardoadas, con 5: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás; mentres que Barreiros recupera a bandeira azul para o areal das Pasadas, ademais de continuar con bandeira nas de Acantilado-Remior e Coto.

Criterios de excelencia
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente, a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. Pola súa parte, os centros e sendeiros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

O municipio que queira optar a estas distincións debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, unha memoria de actividade, xunto coa súa candidatura, que acredite o mantemento da súa condición en anos sucesivos.

A Xunta felicita a todos os concellos galardoados con estes distintivos polo recoñecemento que supoñen á calidade e aos servizos das súas praias, portos, sendeiros e centros. Así mesmo, tamén cómpre subliñar o esforzo realizado o ano pasado polos municipios para acadar os estándares de seguridade esixidos neste tipo de espazos por mor da covid, reforzando así a imaxe de Galicia como destino turístico seguro.

Neste sentido, hai que lembrar que debido á pandemia moitos concellos costeiros adoptaron solucións tecnolóxicas ou mesmo contrataron persoal de vixilancia para controlar o aforo nas praias durante o verán, ao tempo que reforzaron as medidas de hixiene e limpeza de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

BARREIROS DA COMEZO Ó MES DAS LETRAS CO OBRADOIRO “CADA DÍA, A FAMILIA”

📆🔠💙 BARREIROS DA COMEZO Ó MES DAS LETRAS CO OBRADOIRO “CADA DÍA, A FAMILIA”
✅Na mañá de hoxe deron comezo as actividades enmarcadas dentro da programación cultural que Barreiros adica á celebración das Letras Galegas cun obradoiro a cargo da escritora Andrea Barreira. Nel participaron cerca dun cento de alumnos e alumnas dos colexios de San Cosme e San Miguel.
🗣“A actividade deu a coñecer a figura de Xela Arias ás crianzas á vez que lles fixo descubrir unha forma divertida de facer poesía e na que acabaron creando a súa propia homenaxe á familia partindo da obra Darío a diario da autora sarriá”. sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.
🔜A seguinte actividade será o vindeiro luns 17 de Maio ás 18:00 h. co recital poético musical “Versos na baixamar” para o cal se pode reservar asistencia contactando coa Biblioteca Municipal ☎️ 982.124.106 en horario de mañá.