Archivo de la categoría: Barreiros

Galicia avanza na apertura

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

23177

Descargar PDF

Consellería de Sanidade

23181

Descargar PDF

Cruceiro de Viladaide

Puede ser una imagen de monumento y texto que dice "Barreiros"

✝️Cruceiro de Viladaíde.

🟤A cruz deste cruceiro data de novembro de ano 2009, posto que a anterior fora roubada a finais do ano 2007. Aínda se pode ver a diferencia entre a pedra vella do varal e a pedra nova da cruz.

➡️Presenta a Cristo Crucificado con catro cravos inclinando a cabeza cara á dereita e coas mans pechadas.

Barreiros queda en ti💚💙
#barreirosquedaenti

✝️Cruceiro de Viladaíde.

🟤La cruz de este cruceiro data de noviembre de año 2009, puesto que la anterior había sido robada a finales del año 2007. Aún se puede ver la diferencia entre la piedra vieja del varal y la piedra nueva de la cruz.

➡️Presenta a Cristo Crucificado con cuatro clavos inclinando la cabeza hacia la derecha y con las manos cerradas.

Barreiros queda en ti💚💙

 

BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 90.000 EUROS NA MELLORA DA RÚA DE BAIXADA AO CENTRO SOCIAL DE SAN COSME

‼📣📣 BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 90.000 EUROS NA MELLORA DA RÚA DE BAIXADA AO CENTRO SOCIAL DE SAN COSMEPuede ser una imagen de carretera, cielo y texto

➡A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de anunciar que o Concello de Barreiros realizará un investimento de máis de 90.000 euros en obras de mellora e humanización da rúa de baixada ao centro social de San Cosme.

👨‍👨‍👧Coa execución destas obras preténdese dotar ao centro de San Cosme dunha zona máis humana, na que as persoas teñan espazo seguro por onde camiñar; ampliando as beirarrúas e instalando mobiliario urbano que converta a rúa nunha zona urbana atractiva para o seu uso pola veciñanza.

🗣A alcaldesa explica que se trata dun proxecto humilde, pero que se insire no obxectivo de que os núcleos de poboación sexan polos nos que desenvolver vida e no que as persoas estean no centro. A rúa que baixa ao centro social, onde ademais tamén se atopa o centro de saúde, dá ademais acceso ao colexio de primaria e á escola infantil e está situada no centro da parroquia con todos os servizos ao seu carón.

✅Ana Ermida sinalou que se están facendo “pequenas actuacións coas que se pretende dotar a San Cosme dun centro urbano de uso para as persoas, xa que ás obras que se levarán a cabo nesta rúa, súmanse as que se realizarán no Teleclub, xunto coa habilitación do parque de skate e á instalación dunha zona de ocio a carón do colexio público.” A alcaldesa manifesta que se trata de “converter os cascos urbanos en espazos seguros e atractivos para fomentar a socialización e a dinamización, neste caso, de San Cosme.”

💰Para o finanzamento de ditas obras, o Concello de Barreiros conseguiu unha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio por un importe de 64.110,45 €, nunha convocatoria de axudas non competitivas que se concedían por orde de entrada, ao tela solicitado ás 00:08 do mesmo día que se abría o prazo para a solicitude; esgotándose o crédito ás 00:09:45 e quedando sen axuda todas as solicitudes posteriores.

Ver menos

NUEVO HOTEL SOLARENA EN LA PLAYA DE FONTELA DE BENQUERENCIA

Un nuevo hotel en Barreiros adaptado al covid, con servicio de comida a domicilio

Conforme evolucionaba la pandemia los promotores fueron ampliando el proyecto inicial, que ahora incluirá restaurante

PEPA LOSADA
J.A.
BARREIROS / LA VOZ 

«Abriremos este verano», anunciaba en febrero en un reportaje en las páginas de este diario Javier Hernández, promotor con su esposa, Ariadna Rojas, del Hotel Bistrôt Solarena, un nuevo negocio en Benquerencia (Barreiros), próximo a la playa de Lóngara. La pandemia había alterado sus plazos, ya que inicialmente tenían previsto inaugurar en Semana Santa, la misma que les llevó a modificar su idea original y a ampliar el negocio, que primero se concibió como hotel, después sumó una cafetería abierta al público y finalmente incluirá también un restaurante, que ofrecerá un servicio del que carece en la actualidad Barreiros: la comida a domicilio, todo el año.

Llegará el verano y el Hotel Bistrôt Solarena, como había apuntado Javier Fernández abrirá. Su idea es hacerlo a mediados del mes que viene. En este proyecto han puesto toda la experiencia que adquirieron durante ocho años gestionando el Hotel San Bartolo, en Barreiros.

El nuevo establecimiento tiene doce habitaciones, sala de reuniones, terraza, jardín y café-restaurante, estos dos últimos para huéspedes y también abiertos al público. Además de la sala social, en el sótano están los baños, la sala de máquinas, la lavandería y otros servicios. En la planta baja se encuentra la recepción, los servicios de restauración y seis habitaciones con acceso a un jardín privado y en la primera planta otras seis habitaciones, todas con balcón.

«A idea de ter un servizo de comida a domicilio foi porque en Barreiros temos varios restaurantes que fan comida para recoller, pero non a levan á casa. Imos traballar especialidades da terra, dende polbo a peixes, hamburguesas con queixos e carne galega, pan artesán dun obradoiro da zona, pizzas artesáns… e todo iso ímolo levar a domicilio», apunta Javier Hernández.

Esta ampliación sobre el proyecto original implicara contratar a más gente, con tres personas en cocina con Javier al frente. «A nosa idea é estar abertos xa a mediados de xuño, e se pode ser antes, mellor. Queremos poñer a funcionar a web de reservas do hotel a partir da semana que vén», apuntó. Y añadió: «O resultado deste proxecto penso que é un produto fresco. Xa a nivel de deseño é algo diferente ó que hai na zona, e despois queremos darlle moita vida durante todo o ano ó restaurante. Penso que vai gustar coas xornadas gastronómicas que temos previsto organizar e coas propostas de menús. A idea é ofrecer unha comida boa, a bo prezo e con bo servizo». La terraza, amplia, es un espacio con el que puede jugar el restaurante. Fue modificada, también para adaptarla a los tiempos del covid, casi duplicando su superficie: «Pasamos de 11-12 mesas a entre 25 e 28. E dentro haberá sete ou oito máis».

«En inverno, con este sistema de delivery (comida a domicilio) esperamos conservar os empregos. Foi todo a partido do covid, polas restricións e o peche de Asturias, que nos levou a repensar o proxecto, a mirar como podiamos manter os empregos. Como? Pois traballando máis propoñendo outro tipo de produto, de solucións… e tirar para adiante», concluyó.

Chega o mes de maio e con el o Mes Das Letras

VERSOS NA BAIXAMAR
Chega o mes de maio e con el o Mes Das Letras💙Puede ser una imagen de 1 persona, sentado, de pie y al aire libre
➡️O Concello de Barreiros organiza unha serie de actividades que xiran arredor da vida e obra de Xela Árias, poeta galega nada en Sarria á que se lle adican as Letras Galegas 2021.
👥O concelleiro de dinamización, Daniel García, xunto con Lois Pérez, coordinador do recital poético “Versos na Baixamar”, presentaron o programa que se levará a cabo durante este mes.
🧒👧“Cada día, a familia”. Andrea Barreira impartirá o luns 10 de maio nos colexios do municipio un obradoiro no que as crianzas traballarán sobre a figura de Xela Arias e reflexionarán sobre as familia e a súa diversidade.
💫“Versos na Baixamar”. Recital poético musical que conducirá Lois Pérez e que contará coas voces e a poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia. O evento terá lugar o vindeiro 17 de maio ás 18:00h. no centro sociocultural.
💻“Actividades virtuais”. Nos vindeiros días presentaranse actividades virtuais adaptadas a todas as idades e que servirán de pasatempo á vez que nos axuden a descubrir cousas tanto do noso concello coma das Letras Galegas.
👁Estade atentos as novidades‼️‼️

Barreiros quiere saber qué hace con sus albergues

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

El Concello de Barreiros solicitó a la Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo información de las condiciones de inclusión del albergue de San Xusto y el refugio de Gondán, de titularidad municipal, en la Rede de Albergues Públicos de Galicia.

La alcaldesa, Ana Ermida, recuerda que ambas instalaciones permanecen cerradas desde el inicio del estado de alarma en marzo de 2020 “e porén desde a área de turismo, conscientes da importancia do estado no que se atopen as instalacións para a promoción turística do Camiño, iniciáronse os traballos de estudo e valoración do seu estado para incluílas na Rede Pública de Albergues”.

Considera necesario que esas infraestructuras sean renovadas y mejoradas “tanto pola calidade do servizo como pola imaxe do Camiño; xa que non só afecta á percepción de Barreiros senón tamén á de Galicia, dada a proxección turística que ten o Camiño de Santiago”.

En ese sentido, la inclusión del refugio de Gondán y del albergue de San Xusto en la red pública supondría para Barreiros “un paso adiante na promoción das instalacións e melloraría a xestión das mesmas, homologándose ao mesmo tempo a outras instalacións similares de carácter público”.

Ermida explica que para un municipio como el suyo contar con instalaciones para acoger a personas que estén realizando esta ruta de peregrinación a Santiago es “fundamental” teniendo en cuenta que “Barreiros atópase nunha etapa do Camiño longa e de dificultade alta, que vai dende o núcleo urbano de Ribadeo ao de Lourenzá, polo que unha parte das peregrinas e peregrinos demandan dispoñibilidade de aloxamento a medio camiño”.

“Ao mesmo tempo, a solicitude de inclusión na rede tamén supón a revisión das condicións das instalacións; de xeito que se garanta o cumprimento das condicións mínimas para albergar establecementos públicos deste tipo”, indicó la regidora, quien espera que el Camiño Norte pueda ir recuperando su actividad poco a poco a lo largo del verano, cuando podría suponer un foco turístico importante en este año.

A ALCALDESA DE BARREIROS TRASLADOULLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL A NECESIDADE DUN TRACTOR E UNHA MOTOBOMBA

Puede ser una imagen de 1 persona, barba, de pie y calzado

A ALCALDESA DE BARREIROS TRASLADOULLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL A NECESIDADE DUN TRACTOR E UNHA MOTOBOMBA

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acompañou -xunto con parte da corporación- ao conselleiro de medio rural na visita realizada ás instalacións dunha empresa do polígono de Barreiros que acolle alumnado en prácticas de FP.

Durante a visita, aproveitou para trasladarlle a necesidade de que o concello de Barreiros conte con un novo tractor co que poder realizar labores de desbroce e traballar así na loita contra os incendios e a limpeza de espazos públicos, solicitándolle axuda da Xunta de Galicia para “un investimento imposible de asumir en solitario polo Concello.”

A alcaldesa detallou que “o tractor que posúe Barreiros ten unha antigüidade de case vinte anos, polo que require de importantes labores de mantemento e arranxos, tanto para a súa preparación para a tempada de desbroce como durante a mesma, que supoñen un gasto e unha ralentización de ditos traballos.”

Por esta razón, Ana Ermida solicitou a axuda da Xunta de Galicia para contar no concello con medios suficientes e de calidade para atender as necesidades da poboación, xa que contar cos camiños e estradas en bo estado de mantemento é fundamental para evitar problemas non só de lumes, senón tamén de choivas torrenciais.

🚒Vehículos motobomba operativos para apagar incendios na Mariña.
Outra das cuestións que Ana Ermida trasladou ao conselleiro foi a necesidade de renovar o parque de motobombas municipais na Mariña, xa que as existentes teñen na súa maioría máis de 30 anos e supoñen que non estean operativas na maior parte da tempada, por sufrir importantes roturas e avarías de gran calado.

A alcaldesa explicoulle ao conselleiro que Barreiros conta na actualidade con unha motobomba cedida polo Concello de Lugo despois de que a municipal, do ano 1989, quedara inutilizada tras unha importante avaría o ano pasado. Neste sentido, pola ubicación e a súa centralidade á hora de acudir a incidencias que poidan darse en calquera punto da comarca, trasladoulle a importancia de que Barreiros conte con un vehículo motobomba novo e operativo en caso de incendios.

A alcaldesa manifestoulle a imposibilidade de que os concellos e, especialmente os pequenos concellos do rural, poidan asumir en solitario estes investimentos; polo que lle solicitou a colaboración da administración galega á hora de dotar de medios ao conxunto da poboación, con independencia de onde vivan.

Ver menos

Pesar por el fallecimiento del profesor y escritor Emilio Piñeiroa con 68 años

Pesar por el fallecimiento del profesor y escritor Emilio Piñeiroa con 68 años

Puede ser una imagen de 1 persona
 Emilio Piñeiroa. ARCHIVO
Deja un legado de varias publicaciones sobre temas históricos de la comarca oriental de A Mariña, relacionadas sobre todo con los concellos de Barreiros y Ribadeo

El profesor y escritor Emilio Piñeiroa Lozano falleció este martes a los 68 años de edad. Natural de Celeiro de Mariñaos (Barreiros), deja un legado de varias publicaciones sobre temas históricos de la comarca oriental de A Mariña, relacionadas sobre todo con los concellos de Barreiros y Ribadeo, en los que se ha producido un gran pesar por su fallecimiento.

Emilio Piñeiroa era un gran defensor del Camiño Norte y es coautor de un vídeo sobre el mismo a su paso por su municipio natal, además de realizar otros estudios sobre el santuario de Nosa Señora das Virtudes da Ponte, en Arante, de las que era un gran conocedor; el megalitismo en Trabada, los pombales de Barreiros o sobre la prehistoria en Ribadeo, junto a rutas de senderismo y en bicicleta por el concello barreirense, entre otras.

El funeral por el profesor, finado tras una prolongada enfermedad, se desarrollará en la más estricta intimidad familiar por su deseo en la parroquia de Celeiro de Mariñaos, de la que era originario.

BARREIROS SOLICITA ESTUDAR ALTERNATIVAS MENOS AGRESIVAS PARA A ESTABILIZACIÓN DA PRAIA DE ALTAR

Puede ser una imagen de naturaleza, costa y océano

Barreiros quere estudar alternativas menos agresivas para a estabilización da praia de Altar

Barreiros, 26 de abril de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reuniuse na mañá de hoxe coa subdelegada do Goberno en Lugo, acompañada da tenente de alcaldesa, Carmen Veiga; onde trasladaron directamente o contido do informe emitido polo Concello de Barreiros ao proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental.

O informe emitido polo Concello de Barreiros conclúe que “é precisa a reformulación do tipo de solución a adoptar para estabilización da Praia de Altar e a incidencia que se produza na zona do estuario do Masma. Neste sentido, non se considera oportuno neste momento a posta en marcha da tramitación administrativa tendente á execución do “proxecto de estabilización da Praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental”, por consideralo excesivamente duro no impacto que poida producir na zona a outros niveis. Considérase máis oportuno, se procede, o estudo e realización doutras alternativas menos agresivas a nivel medioambiental e paisaxística, aínda sendo conscientes da fraxilidade e/ou provisionalidade de ditas actuacións; como pode ser o imprescindible dragado dunha zona ampla do estuario e o estudo da posibilidade de aproveitamento da area extraída no mesmo.”

No escrito presentado, que recolle o sentir unánime da corporación barreirense, exponse que “o feito de que o proxecto tomado como base veña temporalmente de anos atrás, supón que as modificacións sociais ou colectivas que se puideron producir – que sen dúbida se produciron e máis se cabe nun municipio coma Barreiros, que foi obxecto dunha transformación de modelo socioeconómico con evidentes consecuencias- non se teñan referenciadas ou tidas en conta en dito plantexamento. De feito, con posterioridade a ditas datas, sobre a zona de Altar e o seu sistema dunar, téñense deseñado plans medioambientais de protección –por exemplo no caso da píllara das dunas- que non se contemplan inicialmente no proxecto presentado.

É por isto, polo que o período de información oficial e exposición pública foi notablemente convulso, pois a perspectiva que recolle o proxecto non se adecúa ás expectativas ou preocupacións sociais actuais.”

A alcaldesa agradeceu a receptividade amosada ás apreciacións presentadas tanto pola subdelegada do Goberno coma polo xefe do servizo provincial de Costas e valorou “o diálogo aberto e a disposición a adoptar a mellor decisión posible nunha problemática tan complexa como é a regresión da costa e as súas consecuencias a todos os niveis.”

BARREIROS SOLICITA ESTUDAR ALTERNATIVAS MENOS AGRESIVAS PARA A ESTABILIZACIÓN DA PRAIA DE ALTAR

Data de publicación:
luns, 26 Abril, 2021 – 16:52

Barreiros, 26 de abril de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reuniuse na mañá de hoxe coa subdelegada do Goberno en Lugo, acompañada da tenente de alcaldesa, Carmen Veiga; onde trasladaron directamente o contido do informe emitido polo Concello de Barreiros ao proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental.

Puede ser una imagen de una o varias personas, personas sentadas e interior

O informe emitido polo Concello de Barreiros conclúe que  “é precisa a reformulación do tipo de solución a adoptar para estabilización da Praia de Altar e a incidencia que se produza na zona do estuario do Masma. Neste sentido, non se considera oportuno neste momento a posta en marcha da tramitación administrativa tendente á execución do “proxecto de estabilización da Praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental”, por consideralo excesivamente duro no impacto que poida producir na zona a outros niveis. Considérase máis oportuno, se procede, o estudo e realización doutras alternativas menos agresivas a nivel medioambiental e paisaxística, aínda sendo conscientes da fraxilidade e/ou provisionalidade de ditas actuacións; como pode ser o imprescindible dragado dunha zona ampla do estuario e  o estudo da posibilidade de aproveitamento da area extraída no mesmo.”

No escrito presentado, que recolle o sentir unánime da corporación barreirense, exponse que “o feito de que o proxecto tomado como base veña temporalmente de anos atrás, supón que as modificacións sociais ou colectivas que se puideron producir – que sen dúbida se produciron e máis se cabe nun municipio coma Barreiros, que foi obxecto dunha transformación de modelo socioeconómico con evidentes consecuencias- non se teñan referenciadas ou tidas en conta en dito plantexamento. De feito, con posterioridade a ditas datas, sobre a zona de Altar e o seu sistema dunar, téñense deseñado plans medioambientais de protección  –por exemplo no caso da píllara das dunas- que non se contemplan inicialmente no proxecto presentado.

É por isto, polo que o período de información oficial e exposición pública foi notablemente convulso, pois a perspectiva que recolle o proxecto non se adecúa ás expectativas ou preocupacións sociais actuais.”

A alcaldesa agradeceu a receptividade amosada ás apreciacións presentadas tanto pola subdelegada do Goberno coma polo xefe do servizo provincial de Costas e valorou “o diálogo aberto e a disposición a adoptar a mellor decisión posible nunha problemática tan complexa como é a regresión da costa e as súas consecuencias a todos os niveis.”