Archivo de la categoría: Arte

Éxito dos laboratorios creativos do Eido Dourado

Éxito dos laboratorios creativos do Eido Dourado, en Barreiros, que

teñen lugar os mércores de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. Onte tivo lugar o segundo obradoiro do que os rapaces e rapazas gozaron moito. Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica, está moi

contenta co resultado desta experiencia na súa segunda edición: “xa temos todas as prazas cubertas ata o remate dos laboratorios a mediados de agosto. Estou moi contenta. É todo un éxito”.
Os nenos e nenas asistentes coñecen con esta actividade o Eido Dourado e os seus xardíns así como a obra pictórica do seu promotor. Lucía Vila explica que “queremos que exploren, investiguen e interacciones coa contorna que nos rodea”.

O EIDO DOURADO COMEZA NOVA TEMPADA ESTE SÁBADO, 1 DE XULLO

O EIDO DOURADO COMEZA NOVA TEMPADA ESTE SÁBADO, 1 DE XULLO. HABERÁ TALLERES PARA NENOS/AS E O CICLO SONS AO SOLPOR CON CONCERTOS E RECITAIS DE POESÍA.

Barreiros, 29 de xuño de 2017. Este sábado, 1 de xullo, arrinca a novena tempada do Eido Dourado que inclúe obradoiros creativos para os máis pequenos/as así como diversos concertos e recitais de poesía. O Eido Dourado, este espazo dedicado ao arte ao pé da praia da Pasada, reabre cunha renovada exposición de pintura do seu creador, Celso Dourado. O Eido Dourado abrirá pola mañá e pola tarde, de martes a domingo ata o 31 de agosto.

Celso Dourado anunciou que “este sábado, a partir das once e media, abriremos as portas nesta nova edición do Eido Dourado cunha exposición renovada na súa maior parte, e que permanecerá aberta durante os meses de xullo e agosto coa correspondente actividade cultural”.

O artista barreirense contou que “este ano vai haber a promoción de doce actividades, seis nas terrazas do Gaivota pola súa capacidade, e seis no Eido Dourado no ciclo de concertos Sons ao solpor. Ademais durante estes dous meses programaranse uns talleres creativos para nen@s que impartirá, como fixo o ano pasado, Lucía Vila. Van dirixidos aos máis pequeniños. Trátase de que gocen un pouco do espazo do Eido Dourado e ao mesmo tempo que desenrolen a súa imaxinación. Prográmase unha quenda no mes de xullo e outra no mes de agosto. Aínda non están perfilados, pero probablemente serán despois de comer en torno ás cinco ou as seis da tarde”.

O creador do Eido Dourado comentou que “as inscricións nestes talleres poden facerse ben mediante o facebook ou correo poñéndose en contacto con nós para asistir a estes obradoiros durante estes dous meses. Atenderase o número deles, repartiranse segundo o número de nenos asistentes. Como fixemos a pasada tempada, van ser gratuítos. Trátase de que os nenos desenrolen un pouquiño a súa creatividade xa que están de vacacións e no seu tempo de lecer. Lucía Vila que os vai impartir, é unha pintora, licenciada en Historia do Arte, é unha persoa cunha capacidade grande para a ensinanza e o ano pasado foron todo un éxito, a min realmente me sorprendeu”.

Celso Dourado engadiu que “este ano o ciclo Sons ao solpor vai ter música, que é sempre o predominante, e ao mesmo tempo tamén algo de poesía. Imos presentar nos xardíns do Eido Dourado, dentro do ciclo Sons no solpor, seis proxectos novos. Algúns deles son inéditos, vanse presentar por primeira vez. Van ser seis grupos e vai combinar desde o blues máis galego ata o folk e a música de autor. Este ciclo de concertos ten unha gran acollida. Normalmente se a noite nos acompaña soen encherse os xardíns e non queda sitio para máis. Xa levamos un tempo traballando nesta idea, gozamos con ela e a seguiremos traballando, e este ano un pouquiño máis”.

 

MARTÍN CAMIÑA PRESENTA ESTE DOMINGO, 14 DE MAIO, O SEU ESPECTÁCULO DE MAXIA EN BARREIROS

MARTÍN CAMIÑA PRESENTA ESTE DOMINGO, 14 DE MAIO, O SEU ESPECTÁCULO DE MAXIA EN BARREIROS.

Barreiros, 10 de maio de 2017. Barreiros acolle un espectáculo do mago Martín Camiña este domingo, 14 de maio.

O ilusionista Martín Camiña chegará a Barreiros con A maxia de Carlos Casares. A representación terá lugar este domingo a partir das 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O mago Martín Camiña ten recibido diversos premios entre os que se atopan o Nacional de Maxia e o da Asociación Portuguesa de Ilusionismo. Nesta ocasión dedica o seu espectáculo a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A actividade inclúese no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, coa que colabora o Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

A Xunta escava o xacemento arqueolóxico das Catedrais

A Xunta escava o xacemento arqueolóxico das Catedrais

17-10-16

Ribadeo, 17 de outubro de 2016.- ADEGA e Mariña Patrimonio dámoslles os parabéns a todas as persoas e a todos os colectivos que se moveron na procura dunha solución que evitase a desaparición do xacemento arqueolóxico do forno romano de Esteiro, afectado gravemente tralos temporais de marzo de 2014.

Debido á inevitable destrución do sitio arqueolóxico pola acción do mar, tivemos claro desde o comezo que cumpría unha urxente intervención encamiñada a recoller os centos de fragmentos cerámicos dos dolium así como a documentar as estruturas do xacemento. Despois de terlle comunicado ao Servizo de Patrimonio de Lugo a situación na que se atopaba o forno de Esteiro, e tras solicitarlle a recollida dos numerosos restos de cerámica, na súa resposta por escrito informaba textualmente: “Os técnicos deste Servizo fixeron unha inspección do xacemento o día 11.03.2014 e non atoparon indicios de materiais arqueolóxicos mobles”.

Debido a esta insólita negación da realidade, oito colectivos culturais (Mariñapatrimonio, ADEGA, Cultura do País, Os Espigueiros, Agrupación cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira e a Irmandade de Santo Estevo) xuntamos esforzos para promover voluntariamente a necesaria intervención arqueolóxica, polo que contactamos cun grupo de arqueólogos que elaboraron un proxecto de escavación. Porén, unha vez máis, alguén desde Patrimonio decidiu boicotear unha acaída solución para o xacemento de Esteiro ao poñer como condición sine qua non a construción dun dique que protexese o xacemento das crecidas do mar. O elevado custe que supoñía a construción do “imprescindible” dique obrigounos a renunciar á mencionada escavación. Curiosamente, esta infraestrutura non foi necesaria para a escavación executada recentemente pola Xunta.

Malia todo, dámoslle tamén os parabéns á Dirección Xeral de Patrimonio por ter reconducido esta absurda situación e por ter asumido a intervención arqueolóxica que achegou novos datos do xacemento, permitindo documentar as estruturas do forno e conseguindo rescatar centos de fragmentos cerámicos cuxa existencia, nun principio, negaba o Servizo de Patrimonio de Lugo.

As persoas que hoxe se acheguen ao sitio arqueolóxico comprobarán que o forno de Esteiro quedou novamente tapado e que non foi imprescindible construír o dique de protección que a nós se nos esixía con tanto celo. Sospeitamos que a finalidade da incondicional construción do dique non era a de frear o mar, senón a de frear a cidadanía que se move en defensa do patrimonio común.

O GRUPO ARIFI ACTUARÁ ESTE DOMINGO NO EIDO DOURADO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS CONCERTOS AO SOLPOR, QUE ESTÁN A SER UN ÉXITO

O GRUPO ARIFI ACTUARÁ ESTE DOMINGO NO EIDO DOURADO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS CONCERTOS AO SOLPOR, QUE ESTÁN A SER UN ÉXITO.

Barreiros, 5 de agosto de 2016. O grupo Arifi ofrecerá un concerto este domingo, día 6, nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, a carón da praia da Pasada, dentro do ciclo Concertos ao Solpor.

Celso Dourado comentou que “Arifi está composto por xente como a súa voz Iria Estévez, que provén de En clave de Fado, ou Vadim Yukhnévich, que provén de distintos grupos entre eles a Banda Crebinsky. Uníronse para crear unha formación, para crear un proxecto e beben un pouco da música étnica sobre todo de raíz árabe.

O artista barreirense dixo que “é un proxecto cunha posta en escena moi bonita e moi agradable, non vai defraudar porque os músicos son tremendamente representativos do panorama actual do noso país galego”.

100_2729Celso Dourado convida “a que todas as persoas que queiran velo se acheguen polo Eido Dourado este domingo porque non van decepcionar. Se o tempo nos axuda unha vez máis a noite será realmente preciosa”.

O promotor do Eido Dourado subliña que o concerto comezará “entre 22:00 e 22:30 horas dependendo da luz do día. Sempre aproveitamos cando cae o sol, cando o sol se mete, simplemente pola luz que transmite e combinamos a luz natural coa luz artificial dos xardíns, entonces creas un ambiente determinado que fai que a música entre de outra maneira co mar de fondo soando”.

Celso Dourado asegura que “é un espectáculo que está tendo unha gran acollida e realmente fermoso”. O pasado domingo, 31 de xullo, un espectáculo de flamenco logrou reunir a máis de 200 persoas nos xardíns do Eido Dourado.

O flamenco inundou de baile, de cante e do son da guitarra os xardíns do Eido Dourado

100_2719O flamenco inundou de baile, de cante e do son da guitarra os xardíns do Eido Dourado onte, domingo, pola noite. Isaías Salazar ao baile, Sandra Calderón ao cante e Miguel Flores á guitarra fixeron as delicias dos que acudiron a este novo Concerto ao Solpor organizado polo Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros, “todo un espectáculo para a vista e para o oído”.
Os Concertos ao Solpor no Eido Dourado seguirán durante este mes de agosto.

Unha ducia de nenos e nenas participaron o pasado venres pola tarde no primeiro laboratorio creativo impartido no Eido Dourado

Unha ducia de nenos e nenas participaron o pasado venres pola tarde no primeiro laboratorio creativo impartido no Eido Dourado, en Barreiros. DSC_0047O obxectivo destas experiencias artísticas é que @s nen@s se acheguen ao Eido dun xeito máis natural. “Os asistentes traballaron as artes plástcas con obxectos de papel e fixeron DSC_0051debuxos e mensaxes, que se converten nunha instalación no Eido Dourado”, segundo explica Lucía Vila, a persoa que está a impartir estes talleres.
Os vindeiros laboratorios creativos no Eido Dourado terán lugar o mércores, 3 de agosto, ás seis da tarde, e o xoves, 4 de agosto, ás DSC_0034doce da mañá. A duración será duns 50 minutos. Lucía Vila engade que “se confeccionarán máis grupos ao longo do mes de agosto e adaptándonos aos horarios da xente que queira participar dos nosos laboratorios. Lembrar que os laboratorios non son solo para nenos, que tamén temos oferta para maiores, sempre e cando se forme grupo”.

O EIDO DOURADO ORGANIZA LABORATORIOS ARTÍSTICOS PARA NEN@S OS DÍAS 29 DE XULLO E 3 DE AGOSTO

Barreiros, 28 de xullo de 2016. O Eido Dourado organiza por primeira vez unha serie de laboratorios artísticos para nen@s, que se desenvolverán o 29 de xullo e o vindeiro mércores, 3 de agosto. Esta experiencia tamén se faría para o público adulto que desexara asistir ao longo do mes de agosto.

100_2669Estes talleres serán impartidos pola licenciada en Belas Artes Lucía Vila, que manifestou que “son como experiencias artísticas para que os nenos se acheguen ao Eido Dourado dunha forma máis natural e a un museo en xeral. O que queremos basicamente é que os nenos dialoguen coa obra de Celso e que reflexionen sobre os elementos que configuran a obra do autor”.

Lucía Vila engadiu que “estes talleres están dirixidos a persoas de 0 a 99 anos, o que pasa é que normalmente non superan a idade dos 12 anos. Os laboratorios fanse polas tardes en horario de apertura do Eido Dourado, de 18:00 a 21:00 horas. O que estamos a facer é grupos de non máis de dez persoas para poder ter unha atención individualizada. Polo de agora temos este venres, día 29, un grupo no que xa hai 8 nenos, e o mércores, día 3 de agosto, temos outro grupo de nenos de 2 a 6 anos”.

100_2675Vila subliñou que “despois segundo se vaia apuntando a xente iremos poñendo máis datas. É como un proxecto piloto que se funciona ben queremos prolongar con outro tipo de laboratorios creativos e senón quedará como unha experiencia que basicamente pretende que o Eido Dourado estea vivo”.

Segundo explicou Lucía Vila “os nenos van traballar a través das artes plásticas con obxectos de papel, debuxos, e van crear mensaxes que se van converter nunha instalación no xardín do Eido”. O Eido Dourado amósase disposto de organizar estes laboratorios para público adulto se houbera demandantes ao longo do mes de agosto. As persoas interesadas poden dirixirse ao propio Eido Dourado ou chamar ao número de teléfono 982 15 61 21. Tamén poden contactar enviando unha mensaxe privada a través do facebook do Eido Dourado.

 

O EIDO DOURADO ABRE ESTE SÁBADO, 2 DE XULLO

https://www.facebook.com/benquerencia/photos/pcb.10154377116803442/10154377116013442/?type=3

O EIDO DOURADO ABRE ESTE SÁBADO, 2 DE XULLO, POR OITAVA TEMPADA CONSECUTIVA A SÚA EXPOSICIÓN PICTÓRICA E OS SEUS XARDÍNS, QUE SE PODERÁN VISITAR DE MARTES A DOMINGO EN HORARIO DE MAÑÁ E DE TARDE. UN VERÁN MÁIS HABERÁ TAMÉN CONCERTOS  NO SOLPOR.

Barreiros, 29 de xuño de 2016. O Eido Dourado, espazo dedicado á arte ao carón da praia da Pasada, abre as súas portas por oitava tempada consecutiva este sábado, día 2 de xullo. Faino coa exposición renovada e con modificacións nos seus xardíns, nos que a música volverá a estar presente a partires da segunda quincena de xullo.

Celso Dourado afronta esta nova tempada que “preséntase ben, cando nos puxemos co proxecto Eido Dourado pensamos que ao mellor non lográbamos resistir o que pretendíamos, e pasan os anos e aí seguimos estando. Este ano abrimos unha vez máis coa exposición renovada, con novas creacións e un longo etc”.

O artista salienta que este ano “hai unha decena de cadros que renovamos correspondente a estes últimos tempos, e ao mesmo tempo hai unha serie de modificacións nos xardíns que rodean ao Eido Dourado e hai unha actividade cultural que esperamos levar a cabo durante estes dous meses. Sempre o prato forte son os Concertos no Solpor, os concertos que facemos o domingo coa caída do sol e que van ser unhas propostas tremendamente interesantes de proxectos moi novidosos en si”.

Celso Dourado lembra que “o horario de apertura vai ser de martes a domingo, os luns pechamos por razóns de mantemento, entre 11:30 horas e 13:30 horas e polas tardes de 18:00 horas a 21:30 horas”.

O artista barreirense engade que “realmente as visitas estanse mantendo, as contabilizadas, porque cando facemos diferentes actividades culturais como son os Concertos no Solpor non contabilizamos as visitas que hai eses días debido á afluencia de xente. Pero a ver se este ano o tempo nos axuda para seguir neste proxecto”.

Celso Dourado lembrou que o Eido Dourado “é un proxecto a título particular, a título persoal, un proxecto sen ánimo de lucro que non recibe nin solicita tan sequera ningún tipo de subvención de ningún estamento nin organismo público, nada máis que a nosa propia capacidade para resistir, soportanto agarimosamente este proxecto. Aí estamos como unha proposta máis a título cultural. Tampouco nos guía ningún criterio economicista nin similares. De aí eu penso o mérito que ten este fermoso e pequeno proxecto”.

Sobre os Concertos no Solpor adiantou que “o primeiro vai ser en torno ao 20 de xullo e a partir de aí son entre cinco e seis as propostas absolutamente innovadoras nas que vai haber proxectos de música étnica, de nova danza e de música orixinal, de autor que realmente penso que están a unha gran altura”.

Celso Dourado rematou indicando que “quero renderlles unha homenaxe a todos estes músicos que me chaman constantemente para presentar os seus proxectos no Eido, porque tampouco a eles os guía un presuposto economicista, simplemente é o feito de actuar nos xardíns do Eido Dourado o que os move a poñerse en contacto comigo. Entre todos xuntos procuramos que estes concertos, estas propostas de tipo musical e cultural saian adiante coa maior dignidade posible. Iso quero agradecerllo publicamente porque para min é unha grande ledicia, é moi importante. Todos os veráns se queda cantidade de xente fora porque non podemos dar resposta na programación para darlle entrada a tantos proxectos interesantes que se nos presentan”.