Defensa da nosa Área Sanitaria

Boa tarde a todas e todos pola vosa presencia neste acto na defensa da nosa Área Sanitaria. Realmente a Plataforma Sanitaria da Mariña estamos emocionadas e emocionados ao ver a cantidade de xente que viñestes a este acto reivindicativo en defensa da sanidade pública sabendo que en moitos casos non é doado polas obrigas laborais , familiares, e de calquera outro tipo.

Na Mariña non nos rendemos nin nos resignamos e é por iso que continuamos saíndo á rúa na defensa dun ben común: a sanidade pública, a de todas e a de todos.

Porque nada mudou, acaso o que si cambiou foi a desvergoña con que a Xerencia e o SERGAS anunciaron MÁIS E MELLORES SERVIZOS E A BLINDAXE DO NOSO HOSPITAL.

Hoxe estamos aquí para denunciar o deterioro constante que sufre a sanidade da Mariña e para preguntarlle a quen dirixe a nosa sanidade onde están os máis e mellores servizos prometidos.

Nestes días listes nos nosos panfletos, nas redes sociais, nos medios de comunicación, algunhas das razóns parar estar novamente hoxe aquí e queremos lembrarvos algunhas das nosas reivindicacións básicas e fundamentais para garantir una asistencia sanitaria de calidade.

ATENCIÓN PRIMARIA.

Creación de prazas de persoal de tódalas categorías profesionais en xornada ordinaria e redución de cupos. Así, o cupo base de médicos e enfermería establecelo nun máximo de 1.250 tarxetas sanitarias(TSI), e 800 en pediatría.

Dotar de pediatras a todos os Centros de Saúde da Mariña.

Incrementar os profesionais de apoio coa incorporación de Matronas, traballadores sociais, Odontólogos e hixienistas dentais, Fisioterapeutas, Logopedas, Terapeuta ocupacional, PSX…

Cubrir o 100% das ausencias en todas as categorías.

Dúas equipas completos enfermaría-médica en todos os PACs e dotalos de material.

ATENCIÓN HOSPITALARIA.

Recuperación da Área Sanitaria Roubada.

Dotación de Resonancia Nuclear Magnética Fixa, placas dentais, electromiogramas, densitometrías óseas, electroencefalogramas, consulta de cirurxía vascular, e recuperar a implantación de marcapasos, as operacións de fimose pediátrica…

Dotar do persoal necesario en todas as categorías existentes, e crear prazas públicas de logopedas, terapeutas ocupacionais,  da consulta de enfermería oncoloxía…

Rematar coas derivacións aos hospitais privados de Lugo e A Coruña e as privatizacións de servizos hospitalarios (mantemento, historias clínicas…)

HOXE ESTAMOS AQUÍ POR TODO ISTO E TAMÉN:

– PORQUE ESIXIMOS QUE SE NOS DEVOLVA A ÁREA SANITARIA QUE NOS ROUBARON.

– PORQUE ESIXIMOS A DERROGACIÓN DESTA LEI DE SAUDE.

– PORQUE ESIXIMOS QUE A MARIÑA SEXA UNHA ÁREA SANITARIA PROPIA TAL E COMO O É A VECIÑA COMARCA DO FERROL, CON SIMILAR NÚMERO DE HABITANTES E SEN AS DISTANCIAS QUE HAI NA MARIÑA AO HOSPITAL DE LUGO.

– PORQUE ESIXIMOS QUE SE DOTE DE RECURSOS HUMÁNS E MATERIAIS OS NOSOS CENTROS DE SAÚDE.

– PORQUE ESIXIMOS QUE A AMPLIACIÓN DE EDIFICIOS VAIA ACOMPAÑADA DUNHA AMPLIACIÓN REAL DE SERVIZOS, ASÍ COMO DOS RECURSOS HUMANOS AXEITADOS PARA GARANTIR UNHA ASISTENCIA SANITARIA DE CALIDADE.

– PORQUE ESIXIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE,  UNIVERSAL,GRATUITA , INTEGRAL, INTEGRADA, EQUITATIVA E DE PROXIMIDADE.

Para rematar dar as grazas a todos vos, que dende ideoloxías e sensibilidades diferentes, sodes exemplo de loita  na defensa da sanidade pública da Mariña.

Temos do noso lado a razón e venceremos nós!

Este aplauso vai por vós, pola veciñanza alegre e combativa da Mariña e para lembrarlle a quen xestiona a nosa sanidade que estaremos AGORA, AQUÍ É SEMPRE na defensa da sanidade pública. Vai por vós!   

CANTAR DELAS ACTUARÁ ESTE SÁBADO, 30 DE MARZO, EN SAN COSME DE BARREIROS

CANTAR DELAS ACTUARÁ ESTE SÁBADO, 30 DE MARZO, EN SAN COSME DE BARREIROS.

Barreiros, 26 de marzo de 2019. O grupo Cantar delas actuará o vindeiro sábado, 30 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, ás 19:00 horas.

Neste concerto, enmarcado nos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, Cantar Delas fará un percorrido pola música dende o século XIII ata o XX. Cada letra irá precedida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas, sen saber en moitos casos quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.

Cantar Delas quere dar a coñecer a esas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros. Deste xeito reivindica ás mulleres que abriron camiño ao longo dos séculos e que posibilitaron chegar a onde hoxe estamos, lonxe aínda da igualdade real pero camiño dela.

Este concerto está organizado pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de Barreiros.

Actividade de Cicloturismo Familiar

DESACABICORNATE 1019 – Actividade de Cicloturismo Familiar

Obligatorio casco e bicicleta Domingos as 10,00 horas

CAFÉ BAR MODERNO

barra31 de Marzo.- Pombais

7 de Abril.- Ria do Masma

14 de Abril.- A.C.D.C.

21 Abril.- Playas

28 de Abril.- Blason

5 de Maio.- Canteiros

12 de Maio.- Louseiras

19 de Maio.- Porto Bragan

25 de Maio.- Irmandade

2 de Xuño.- Reais

9 de Xuño.- Cantabrico

16 de Xuño.- Espasante

23 de Xuño.- Celarium

7 de Xullo.- Pena verde

14 de Xullo.- A Barranca

21 de Xullo.- Cabozos

28 de Xullo.- Puxigo

INFORMACION.- CAFÉ BAR MODERNO

CLUBE CICLOTURISTA DE BARREIROSbarra

FALAR DO POBO

Recordando ditos do pobo: 26 de Marzo na cociña do Café bar Moderno  as 11,40 :

San Pedro de Benquerencia tira por min pa delante que me enganchei nunha silba en San Miguel de Reinante