EN BARREIROS O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO SERÁ ESTE VENRES, 8 DE MARZO, NA PRAZA DO CONCELLO

EN BARREIROS O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO SERÁ ESTE VENRES, 8 DE MARZO, NA PRAZA DO CONCELLO.

Barreiros, 6 de marzo de 2019. O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido este venres, 8 de marzo. Será pola noite na praza do Concello.

Ás 21:00 horas dará comezo o desfile que terá lugar na praza do Concello, e en caso de que o tempo non acompañe trasladarase ao polideportivo.

A partir das 22:30 horas celebrarase a cea. O menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre. O prezo é de 17 euros por persoa. A venta e retirada de tarxetas pode facerse no Concello de Barreiros, de 9:00 a 14:00 horas e no teléfono 982 124 002 ata hoxe, 6 de marzo.

Rematada a cea terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado polo grupo musical Lecer e no se fará entrega dos premios do Desfile.

Haberá premios para Infantil Individual de 30€ ao 1º e 20€ ao 2º, Infantil Parella de 40€ ao 1º e 30€ ao 2º, e Infantil Grupo de 60€ ao 1º e 40€ ao 2º. Na categoría de Adulto Individual serán de 50€ ao 1º e 30€ ao 2º, en Adulto Parella 60€ ao 1º e 40€ ao 2º, e en Adulto Grupo 100€ ao 1º e 50€ ao 2º. Na categoría de Comparsas e Charangas os premios serán de 300€ ao 1º, 250€ ao 2º, 150€ ao3º e 100€ ao 4º. Se algún premio quedara deserto, a organización resérvase o dereito de poder asignalo a outros participantes doutras categorías.

Colaboran co Concello barreirense na organización do evento: Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Chao dos Navais.

47 nenos e nenas acoden á escola infantil municipal de Barreiros

47 nenos e nenas acoden á escola infantil municipal de Barreiros

Instalacións da escola infantil municipal de Barreiros. EP

47 nenos e nenas acoden á escola infantil municipal de Barreiros
REDACCIÓN 02 MARZO 2019 11:54 H.
BARREIROS EDUCACIÓN
Instalacións da escola infantil municipal de Barreiros. EP
Instalacións da escola infantil municipal de Barreiros. EP
Oito persoas traballan neste centro con cociña propia e nutricionista

HAI 12 ANOS que botou a andar a escola infantil municipal de Barreiros O Bítere, que na actualidade conta con 47 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. Corenta deles acoden ao centro educativo en horario de mañá e sete fano pola tarde.

O horario da instalación é de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde, de xeito continuo, e nos meses de xullo e agosto “co fin de seguir facilitando a conciliación laboral e familiar durante o verán abre de oito da mañá a seis da tarde”, segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente Parga.

O máximo de horas de permanencia dos cativos e cativas na escola infantil municipal de Barreiros é de oito e a media xornada é de cinco. “Hai quen ten xornada partida no seus traballos e tamén aquí existe esa posibilidade. Temos pais e nais que traen aos seus fillos e fillas catro horas pola mañá, lévanos xantar á casa e volven traelos pola tarde para aquí”, explican as educadoras.

El mercado funerario está asombrado con este curioso seguro de decesos
Ha nacido un nuevo seguro de decesos que alivia las cargas familiares cuando llega el día y está teniendo muchísimo éxito en España por las coberturas que ofrece y el coste reducido. No a todo el mundo se le puede hacer este Seguro de Decesos. Descubre si se te puede hacer a ti
Saber Mas

Escola infantil municipal de Barreiros. EP

Na escola infantil municipal de Barreiros traballan dúas mestras, catro técnicas, unha auxiliar e unha cociñeira. “A comida faise na cociña do centro e os menús que se ofrecen están controlados por unha nutricionista”, subliña Fuente Parga.

A escola conta con tres aulas, baños, cociña, unha sala mulitusos e ampla zona cuberta de xogos. As aulas están divididas por idades, para nenos e nenas de 0 a 1 anos, de 1 a 2 anos e de 2 a tres.

As monitoras contan que “intentamos facer unha rutina con eles pola mañá. Cos máis pequenos é máis complicado, pero cos maiores tratamos de facelo cos hábitos de hixiene e de alimentación. Tamén imos poñéndolles cancións e contándolles contos, tratamos de involucralos na pintura, aínda que non paran moito. Os máis grandes teñen unha unidade didáctica de libros, pero o que predomina sempre é o xogo”.

No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR

No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR, unha actividade de Entroido organizada pola asociación de
Hostelería de Barreiros e na que se vai sortear un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Será entre todos aquelas persoas que percorran os 7 establecementos hostaleiros que participan na iniciativa entre o 4 e o 6 de marzo. Cada persoa obterá

un selo para a súa papeleta por cada consumición realizada. O sorteo do premio terá lugar o 8 de marzo, na praza do Concello, durante a Festa do Entroido de Barreiros.

Para facilitar a participación no DisfraBAR e favorecer a mobilidade segura haberá un bus gratuíto durante os tres días, grazas á colaboración do Concello de Barreiros. Funcionará o luns e o mércores entre as sete da tarde e as doce da noite e o martes de Entroido de doce do mediodía a 4 da tarde e de sete da tarde a doce da noite. Partirá das inmediacións do Centro de Saúde e percorrerá os bares que se dan cita no DisfraBAR e que son La Barrica, A Yenka, A Curva, Lozano, O Asador, Moderno e Centro Social.
Na presentación desta mañá estivo o alcalde, Alfonso Fuente, xunto a representantes da asociación Hostelería de Barreiros.