O CONCELLO DE BARREIROS CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO O 31 DE MARZO CO GRUPO ARDORA E O SILENZO DO BADAL

O CONCELLO DE BARREIROS CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO O 31 DE MARZO CO GRUPO ARDORA E O SILENZO DO BADAL.

Barreiros, 25 de marzo de 2019. O Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.

O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.

O 21 DE ABRIL TERÁ LUGAR EN BARREIROS A VII CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS

O 21 DE ABRIL TERÁ LUGAR EN BARREIROS A VII CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS. O EVENTO FOI PRESENTADO POR VARIOS ORGANIZADORES E AFECCIONADOS AO ATLETISMO POPULAR, QUE ESTIVERON ACOMPAÑADOS POLO ALCALDE, ALFONSO FUENTE.

Barreiros, 24 de marzo de 2019. O 21 de abril terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias. O evento foi presentado por varios organizadores e afeccionados ao atletismo popular, que estiveron acompañados polo alcalde, Alfonso Fuente Parga.

A carreira comezará ás 11.00 horas na praia de Altar en Barreiros (Lugo). As carreiras infantís serán todas no propio areal con distancias adaptadas en cada categoría, mentres que a absoluta terá a saída na praia de Arealonga (Reinante) e percorrerá todas as praias de Barreiros ata rematar en Altar. Trátase dunha distancia aproximada de 10 quilómetros.

A entrega de dorsais será en Punta Anguieira, diante do Hotel Ría do Masma, habilitando a organización un servizo de autobuses para o traslado de participantes dende a zona de meta á saída. Ao remate da carreira será a entrega de trofeos e haberá tamén uns pinchos para os participantes e acompañantes.

A Carreira Popular das Praias está confirmada como unha das máis fermosas de Galicia por tratarse dunha proba fora do común e polas paraxes polas que discorre. Así mesmo os organizadores confían en consolidala en participación nesta 7ª edición, tratando de fomentar o deporte na zona ao mesmo tempo que dar máis a coñecer as fabulosas praias de Barreiros.

As persoas interesadas en participar nesta cita poden atopar toda a información e realizar as inscricións están na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com

O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos

Bo día.
O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos.
Este Concerto podese levar acabo grazas a que e finanzado pola Deputación de Lugo.

Carmen Veiga
Portavoz do PSOE no Concello e
Candidata a Alcaldía.

Saudos e grazas.

“A XERENCIA DO HOSPITAL DANOS CITAS FALSAS PARA PECHARNOS A BOCA “- DENUNCIA UNHA PACIENTE

 “A XERENCIA DO HOSPITAL DANOS CITAS FALSAS PARA PECHARNOS A BOCA “- DENUNCIA UNHA PACIENTE.A relata que tras acudir a Atención ao Paciente e advertir que chamaría á prensa, déronlle unha cita que lle anulan pouco despois, vía telefónica.

A paciente ten problemas reumatolóxicos nas máns e nos ombreiros  desde hai tempo ,pero estes agraváronse desde setembro de 2018. Foi vista polo reumatólogo e este recomenda unha nova consulta dentro de tres meses ou catro , como moi tarde, máis pasados cinco meses segue agardando que a chamen. Por iste motivo acude a Atención ao Paciente a facer unha reclamación e ,ante a advertencia de que ía chamar á prensa  danlle ao fin unha cita para o 14 de febreiro de2019. Máis non remata aquí a súa “ aventura”, pois aos poucos días é chamada de novo desde o hospital para anularlla, decíndolle que a xa a chamarán.

A muller, indignada ante a estratexia da xerencia de “ darnos citas falsas para pecharnos a boca e que non vaiamos á prensa nin á Plataforma Sanitaria “, decide contactar co colectivo sanitario para que lle redacte unha reclamación, que se rexistra o 5 de febreiro de 2019 con número de entrada 384.   Desde a Plataforma sanitaria indícaselle que  agarde un tempo para que a xerencia poida conseguirlle unha nova cita, mais pasado mes e medio  volta de novo a Atención ao Paciente onde lle indican que non vai ser chamada de momento. Este é o detonante que leva á paciente a contactar novamente co colectivo sanitario para denunciar públicamente , nos medios de comunicación, o seu caso. “ Estou farta de que me tomen o pelo e xa non é a primeira vez que o fan. Cando me programaron para unha operación chamáronme para dicirme que o médico que me ía operar xa non estaba, e eu deseguida comprendín onde estaba a trampa, polo que respostei que se non estaba o meu xa habería outro que me operase. Se chego a caer na trampa igual ainda non estaba operada agora”-relata a paciente indignada.

 

 

Desde a Plataforma Sanitaria  esiximos á xerencia que deixe de xogar coa saúde das persoas e de burlarse delas porque xa non lle colan á xente as “ trapalladas que están a inventar para dar largas @s pacientes en espera para unha consulta , proba ou intervención”- comentan desde o colectivo. Lembrámoslle tamén que se deben ao benestar da poboación á que atenden e que están caldeando  @s pacientes até o punto de desesperalos. “ Agardamos que tomen nota e cambien de actitude e de xeito de xestión ,antepoñendo  @s pacientes aos criterios economicistas e ideolóxicos”- conclúen @s activistas sanitari@s.