O CONCELLO DE BARREIROS CONTARÁ CUN ORZAMENTO DE 4.400.000 EUROS PARA 2018. DESA CIFRA UN MILLÓN DE EUROS VAN DESTINADOS A INVESTIMENTOS

O CONCELLO DE BARREIROS CONTARÁ CUN ORZAMENTO DE 4.400.000 EUROS PARA 2018. DESA CIFRA UN MILLÓN DE EUROS VAN DESTINADOS A INVESTIMENTOS, SEGUNDO VEN DE SUBLIÑAR O ALCALDE, ALFONSO FUENTE.

Barreiros, 12 de xaneiro de 2018.  O vindeiro luns, 22 de xaneiro, ás 19:30 horas terá lugar no Concello barreirense un pleno extraordinario no que se someterá a aprobación o orzamento municipal para 2018, que ascende a 4.400.000 euros. Desa cifra 1 millón de euros están destinados a investimentos. O alcalde, Alfonso Fuente, amósase sorprendido polas críticas realizadas nas últimas horas desde o BNG.

O rexedor manifestou: “a verdade é que despois de escoitar ás críticas do BNG aos presupostos e ao recoñecemento extraxudicial de crédito do Concello de Barreiros sorpréndeme que digan que hai que pagar as facturas. Evidentemente cando hai unha serie de gastos hai que pagar as facturas, facturas que non se puideron aprobar no ano 2017 e apróbanse agora no 2018. Trátase de facturas de luz, de recollida do lixo ou do servizo de cobro de auga. Esas facturas hai que pagalas porque eses servizos se prestaron no ano 2017 e se van a pagar no 2018. O BNG é un partido que está na oposición, non está no goberno, non sabe e por iso llo hai que explicar, que se unhas facturas non se poden aprobar no 2017 se aproban agora neste ano para pagalas. E insisto páganse porque se prestan eses servizos”.

A Fuente Parga parécelle “curioso, porque si ben as críticas do BNG se dirixen moitas veces ás administracións gobernadas polo PP dicindo que solo sabemos recortar e por outro lado se queixan de que hai que pagar as facturas. Está claro que se non se recorta hai que pagar os servizos, porque eu non vexo que cando goberna o BNG as eléctricas non lles cobren ou as empresa de recollida do lixo tampouco. Eles, como é normal, teñen que pagalas igual. Polo tanto, iso é que facemos neste Concello aprobar as facturas en pleno para pagalas porque se trata de servizos prestados. E insisto en que eses servizos hai que pagalos porque non se recortou ningún deles. En Barreiros séguese a prestar o servizo de recollida do lixo, segue habendo alumeados públicos e incluso os estamos a aumentar, e todos eses servizos cando se prestan hai que pagalos”.

O alcalde barreirense engadiu que “o que me resulta curioso é que non falen de que no presuposto de 2018 se contempla unha partida dun millón de euros en Barreiros. Iso parece que está desaparecido nos presupostos por iso quero poñelo eu enriba da mesa. Neste novo ano investiremos un millón de euros, parte deses cartos irán destinados á nova depuradora de auga e outra a vías municipais, a maiores doutras subvencións que se poidan ir recibindo ao longo do 2018 para novas inversións”.

A Alfonso Fuente sorpréndelle “esa visión catastrófica que queren ofrecer de Barreiros, porque precisamente é un Concello que segue a prestar servizos, que non recorta en nada e como é lóxico, e como todo o mundo sabe, as facturas da luz, da auga e da recollida do lixo hai que pagalas, e para pagalas hai que aprobalas. É unha actuación normal dentro da actividade de calquera Concello”.

Substraídos 400 euros en equipos de limpeza dunha urbanización de Barreiros

Substraídos 400 euros en equipos de limpeza dunha urbanización de Barreiros

Urbanización na que entraron os ladróns, preto de Altar. I.G (AMA)
 Urbanización na que entraron os ladróns, preto de Altar. I.G (AMA)

Entraron nun complexo residencial practicamente baleiro en AltaUnha empresa de limpezas con sede en Lugo denunciou o roubo de diverso material, valorado en máis de 400 euros, que lle substraeron dun cuarto de contadores eléctricos, onde o tiñan gardado, no interior dunha urbanización barreirense próxima á praia de Altar.

Os ladróns aproveitaron o feito de que o complexo residencial permanece deshabitado a meirande parte do ano, principalmente nestas datas, para entrar no recinto. Os denunciantes calculan que o roubo tivo que producirse nalgunha data entre as doce do mediodía do pasado 29 de decembro e as once da mañá do venres 5 de xaneiro.

Unha persoa que representa á empresa de limpezas afectada por este furto presentou no cuartel da Garda Civil barreirense a denuncia tras percatarse da falla do material que necesitaban para desenvolver o seu traballo de xeito habitual.

Quen queira que fose, sabía onde se gardaba este material, porque accedeu directamente ao cuarto de contadores da electricidade e doutros subministros da urbanización para apoderarse dun carro da limpeza, valorado nuns 300 euros.

Tamén substraeron o material que había e que a empresa afectada cifrou nuns 140 euros. Descoñécese o valor dos danos causados para entrar no recinto.

Polo demais, a Garda Civil continúa investigando os roubos producidos en varias segundas residencias da localidade barreirense dende o pasado verán. Unha grande parte delas pertencían precisamente a veciños da capital luguesa que as teñen para veranear ou pasar tempadas de descanso na costa.

O 22 DE XANEIRO TERÁ LUGAR EN BARREIROS UNHA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E RECOLLIDA DE PILAS

La imagen puede contener: texto

O 22 DE XANEIRO TERÁ LUGAR EN BARREIROS UNHA 

 

XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E RECOLLIDA DE PILAS, BATERÍAS E ACUMULADORES. ESTÁ ORGANIZADA POLA FUNDACIÓN ECOPILAS, QUE CONTA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO.

Barreiros, 12 de xaneiro de 2018. O vindeiro 22 de xaneiro chegará a Barreiros Ecopilas, unha campaña de concienciación e recollida de

residuos de pilas, baterías e acumuladores.

Esa xornada instalarase unha carpa na praza do Concello de 11 a 13:30 horas e un equipo de monitores medio ambientais ofrecerán información á poboación sobre a importancia de contribuír á reciclaxe de pilas e da recomendación de depositar as pilas domésticas usadas nos contedores habilitados para ese fin, garantindo así a protección do medio ambiente e a máxima recuperación de materias primas para a súa reutilización.

O Concello colabora coa organización desta actividade da Fundación Ecopilas.

PREVISIÓN SÁBADO13  DE XANEIRO de 2018

PREVISIÓN SÁBADO13  DE XANEIRO de 2018

TERCEIRA  ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA

Data:  Sábado 13 de Xaneiro de 2018

Hora:  11 horas

Lugar:  Saídas simultáneas dos centros de saúde de FOZ, VALADOURO E SAN CIBRAO

Asunto: Terceira e última etapa da caravana de coches  con tres itinerarios .Desde os puntos de orixe desta terceira etapa realizaremos un percorrido por parte do territorio occidental, central e oriental da Mariña rematando simultáneamente na explanada do Porto de Burela .Desde aquí dirixirémonos camiñando ate o Centro de Saúde de Burela, donde se dará lectura a un manifesto.

Para máis información, chamar a Victor Vila 677343429

O GOBERNO MUNICIPAL DE BARREIROS PAGARÁ ESTE ANO MÁIS DE 500.000€ DE FACTURAS DO ANO PASADO

O GOBERNO MUNICIPAL DE BARREIROS PAGARÁ ESTE ANO MÁIS DE 500.000€ DE FACTURAS DO ANO PASADO

A débeda recoñecida na aprobación dos orzamentos deste ano, supón desequilibralos e seguir endebedando o Concello

Barreiros, 12 de xaneiro de 2018. O vindeiro luns celebrarase en Barreiros un pleno para aprobar os orzamentos do 2018 e “como vén sendo habitual, nese mesmo pleno o goberno municipal xa presenta o primeiro listado de facturas que deixaron sen pagar no ano anterior”, explica a portavoz municipal do BNG.

Mediante a figura do recoñecemento extraxudicial de crédito, que obriga ao goberno a que a aprobación desas facturas sexa en pleno, presentan 467.955,14€ correspondentes a facturas do 2017 que quedaron sen pagar por falta de fondos nese ano. “Esas facturas hai que pagalas dos orzamentos do 2018 e iso supón que do orzamento que se aproba para este ano, xa se sacan eses cartos sen que supoñan ningún gasto novo”, explica Ana Ermida.

“Pero, ademais, o propio orzamento para o 2018 recolle partidas que na memoria da Alcaldía se di expresamente que son para gastos que se fixeron no ano 2017 e que non se pagaron”, aseguran desde o BNG. “Polo tanto, non son só as facturas do recoñecemento extraxudicial, hai que sumarlles eses máis de 40.000€ que xa recoñecen directamente nos orzamentos do 2018 como gastos do 2017.”

Para o BNG “esta situación ao único que contribúe é a seguir afondando o burato económico que ten Barreiros, a consecuencia da mala xestión e o despilfarro do seu goberno municipal.”

Facturas do mes de xullo sen pagar.

Desde o grupo municipal do BNG aseguran que na relación de facturas do 2017 que se presentan para aprobar no pleno “hai facturas desde o mes de xullo. As facturas de luz, auga ou lixo levan sen pagar desde setembro”, afirman.

“Non sabemos que desculpa vai poñer este ano o goberno do PP, cando o ano pasado presumían (ao recoñecer máis de 200.000€ de facturas do ano anterior) que mellorara moito a situación ao rebaixalas con respecto ao ano anterior en 100.000€”, explica Ana Ermida. “Non ten xustificación que nun só ano, esta cantidade se duplicara. A única explicación é a que xa advertimos desde o BNG que se estaba producindo: especialmente nos meses de verán, para saír ao paso das críticas e queixas que se producían a diario, o PP en Barreiros optou por contratar servizos a empresas externas, sen ningún tipo de control, e incrementando o custo dos traballos que se poderían facer con persoal propio se houbera organización e control por parte do goberno municipal.”

“O único que está claro é que o PP conseguiu quebrar economicamente o Concello de Barreiros coa súa inoperancia e a súa xestión a espaldas das necesidades públicas. O goberno do PP en Barreiros, con Alfonso Fuente á cabeza, pasará ás páxinas máis negras da historia de Barreiros por afundir un Concello con tanta potencialidade e capacidade coma este”, conclúe Ana Ermida.