Ofertas de emprego

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

📣 OFERTAS DE EMPREGO‼️
🗓 No BOP de hoxe saen publicados os anuncios para a presentación de instancias para as bolsas de emprego dos servizos vinculados ás praias e para monitorado de tempo libre para actividades municipais.
ℹ️ As bolsas que se abren son as seguintes:
✅ Socorristas
✅ Persoas auxiliar de información e primeiros auxilios
✅ Persoal técnico sanitario
✅ Limpeza de baños e espazos públicos
✅ Monitorado de tempo libre
👁 Podedes consultar as bases no taboleiro de anuncios físico ou electrónico 👉🏻 https://barreiros.sedelectronica.es/board
⏱ O prazo para a presentación de instancias e documentación son dez días naturais, a contar a partir de mañá, polo que remata o 17 de xuño.

A asociación Camiñantes e Camiños

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará este sábado a peregrinación a Santiago a través do Camiño Inglés

Barreiros, 7 de xuño de 2022. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 11 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés.A pasada fin de semana realizaron a penúltima, que foi a comprendida entre A Rúa e Sionlla de Arriba. O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa de 22 quilómetros e onde puidemos comprobar que cada vez estamos máis preparados fisicamente e coa ilusión de chegar a Santiago de Compostela”.

O vindeiro sábado, 11 de xuño, rematará esta peregrinación a través do Camiño Inglés: “faremos a última etapa ata Santiago, que ten un percorrido de 8 quilómetros. E entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”.

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, arrincaba con esta iniciativa o pasado 9 de abril en Ferrol. Arredor de 50 persoas se dan cita cada fin de semana para realizar unha etapa do Camiño de Santiago, a través da ruta elixida cada ano, que a súa directiva decidía retomar despois do parón ocasionado pola pandemia do covid.

ÉXITO NA PRESENTACIÓN DA NOVELA “A BARCELONESA”, DE XABIER PAZ, EN BARREIROS

Puede ser una imagen de 3 personas

👏🏻👏🏻 ÉXITO NA PRESENTACIÓN DA NOVELA “A BARCELONESA”, DE XABIER PAZ, EN BARREIROS
📔 A presentación de “A Barcelonesa” que tivo lugar onte na biblioteca municipal de Barreiros, con presenza do autor Xabier Paz, foi un éxito de asistencia e participación.
🗣 Segundo a valoración realizada polo concelleiro de dinamización, Dani García, “a acollida entre a veciñanza deste acto foi moi positiva e participativa, producíndose momentos de marcada emoción; ao tratarse dun libro moi vinculado a Barreiros e á súa historia. Mesmo asistiron persoas que aparecen na novela”, afirmou .
🤝 O autor estivo acompañado na súa presentación pola alcaldesa barreirense e polo xornalista Martín Fernández Vizoso, estudoso da emigración galega a América que marca o fío da propia novela.
🌍 Un relato familiar que reflicte a historia do País.
Tal e como se explicou na presentación, A Barcelonesa non e só a historia familiar do escritor contada de xeito novelado; senón que recolle unha importante reflexión sobre a historia local e galega da man de acontecementos como a emigración e o retorno, os anos da guerra e a supervivencia.
🤗 O Concello de Barreiros agradeceu en especial a presenza do autor e da súa familia, que onte asistiron a un emocionante acto cheo de historia, recordos e anécdotas que se foron debullando durante máis dunha hora nunha ateigada biblioteca municipal.

Puede ser una imagen de 4 personas, personas sentadas, personas de pie e interior

Puede ser una imagen de 9 personas e interior

 

Falemos de Barreiros no Canteiro de San Pedro

Puede ser una imagen de 6 personas, personas sentadas, personas de pie e interior

Puede ser una imagen de texto que dice "FALEMOS DE BARREIROS ENCONTROS co GOBERNO MUNICIPAL SAN PEDRO 6 de xuño ás 20.30 h. CANTEIRO CONCELLO DE BARREIROS"

Puede ser una imagen de texto que dice "FALEMOS DE BARREIROS ENCONTROS co GOBERNO MUNICIPAL REINANTE 6 de xuño ás 16.00 h. ESCOLAS CONCELLODE BARREIROS"

📣 ÚLTIMOS ENCONTROS NAS PARROQUIAS‼️
🗣 Se aínda non tiveche a oportunidade de participar nos encontros co goberno municipal, chegan as dúas últimas citas desta quenda👇🏻
🗓 este luns, 6 de xuño
📍En Reinante, nas escolas, ás 16h
📍 En Benquerencia, no Canteiro, ás 20:30h
🤝 Non deixes de participar para falar, escoitar e contribuír a mellorar colectivamente o noso concello.

Barreiros Turismo está en Barreiros, Galicia, Spain.

Puede ser una imagen de flor, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en ti த Aquilaña"

🚶‍♀️Percorrer Barreiros paseniñamente é a mellor forma de averiguar o que agocha. Chega con activar o noso modo “explorador”🧐 e deixarse levar.
Sorprendente, verdade❓
🔎Atopadas na subida ao Miradoiro de Penabor e na contorna da fraga de Santo Estevo do Ermo.
🍃5 de xuño: Día Mundial do Medioambiente🍃
Barreiros queda en ti💚💙
===ESP===
🚶‍♀️Recorrer los caminos de Barreiros pausadamente es la mejor forma de averiguar lo que esconde. Basta con activar nuestro modo “explorador”🧐 y dejarse llevar.
Sorprendente, verdad❓
🔎Encontradas en la subida al mirador de Penabor y en el entorno del bosque autóctono de Santo Estevo do Ermo.
🍃5 de junio: Día Mundial del Medioambiente.🍃
Barreiros queda en ti💚💙
# barreirosquedaenti

Puede ser una imagen de flor, árbol, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en ti B Uz branca"

Puede ser una imagen de flor, césped y texto que dice "Barreiros queda en ti Orquidza silvestre"

Puede ser una imagen de flor, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en a Paxariños ou gallos"

 

Barreiros renova os carteis de información turística

Puede ser una imagen de al aire libre

Barreiros, 2 de xuño, 2022. O Concello de Barreiros segue a traballar na mellora da súa imaxe e posicionamento turístico, mediante a restauración estética e actualización dos contidos dos paneis turísticos situados en puntos estratéxicos do territorio municipal tales como as praias de Arealonga e Altar, o Santo Estevo do Ermo, ou o Camiño de Santiago, entre outros.

A alcaldesa, Ana Ermida explica que, “deste xeito, ademais da substancial mellora da imaxe conseguida, xa que estes paneis estaban bastante deteriorados, aproveitouse para ofrecer información útil e gráfica sobre os recursos imprescindibles e oferta turística do concello. Así, os e as visitantes, practicamente nun só golpe de vista, poden facerse unha idea global de todo o potencial turístico de Barreiros. Por outra banda, remiten tanto aos servizos presenciais de información turística como ás ferramentas online para que os e as viaxeiras poidan ampliar información se o desexan”.

A colocación dos paneis foi posible grazas á colaboración entre o persoal de turismo e o de obras, que se encargaron dos contidos e da colocación, respectivamente.

Neste senso, o Concello tamén está a traballar na mellora de sinais e paneis puntuais tanto no Camiño de Santiago como no Santo Estevo do Ermo atendendo así ás demandas dos e das visitantes e á lóxica e necesaria actualización da imaxe e da información proporcionada. Melloras que en breve estarán finalizadas.

Ermida subliñou que “estes traballos únense tanto ao recente reacondicionamento e sinalización do novo trazado da Ruta Lagoa de Pallares cuxa información está dispoñible na web municipal entre outras plataformas a nivel xeodestino, como á planificación de novidades de cara ao verán que, agardan, redunden nunha imaxe turística actualizada e no posicionamento de Barreiros como destino para visitar en calquera época do ano aproveitando a súa riqueza natural e cultural”.

 

 

O PP de Barreiros urxe ao goberno local a limpar e acondicionar as “intransitables” beirarrúas do casco urbano de San Cosme

O voceiro, José Manuel Gómez Puente, considera “prioritarios” estes traballos e convida á alcaldesa a “dar un paseo pola zona para comprobar o estado de abandono das beirarrúas”

Barreiros, 2 de xuño de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, esixe ao equipo de goberno local axilizar os traballos de roza e limpeza de beirarrúas no casco urbano de San Cosme ante “o seu estado de abandono: atópanse intransitables”.

O popular advirte que “os veciños teñen que baixarse das beirarrúas e camiñar pola calzada en determinadas zonas como, por exemplo, enfronte á gasolineira. Non é admisible”, subliña. Ademais de ser “incómodo”, Gómez Puente sinala que “pode supoñer risco de caída para os numerosos veciños que pasean ou se achegan ao centro a facer as súas compras. A maleza ocupa a totalidade da beirarrúa impedindo camiñar por ela e, moito máis, co carriño da compra”.

O voceiro popular convida á alcaldesa a dar un paseo pola zona para que poida comprobar o estado de abandono das beirarrúas nunha época na que a maleza medra rapidamente e insiste en que os traballos de roza e limpeza son “prioritarios”.

Lavadoiro do Santiño

Puede ser una imagen de al aire libre y árbol

Barreiros logra fondos para a rehabilitación do lavadoiro do Santiño en San Cosme

A rehabilitación deste lavadoiro enmárcase dentro dun proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial asociado a estes espazosBarreiros, 1 de xuño de 2022. O Concello de Barreiros vén de recibir a comunicación da obtención de fondos, ao abeiro da subvención para mellora do impacto paisaxístico do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, para a rehabilitación do lavadoiro do Santiño, situado a carón da N634 en San Cosme, cun fácil acceso ao mesmo.

Dito lavadoiro ten a singularidade de contar cunha cuberta a catro augas que precisa de ser renovada completamente, ao estar os elementos estruturais nun avanzado estado de deterioro. Ademais, as actuacións contemplan a recuperación dos muros de pedra, a limpeza das pías, a recuperación da fonte e a drenaxe e adecuación do terreo, xa que a humidade existente no chan do lavadoiro fai inviable un uso hixiénico do mesmo.

O orzamento de ditas actuacións é de 16.742,76 €, para o que se obtivo unha axuda de 11.719,93 €; debendo asumir o Concello os algo máis de 5.000 euros de diferenza.

A alcaldesa explicou que dita actuación “non pretende ser algo puntual e illado, senón que se enmarca dentro dun proxecto que responde a intención do goberno municipal de recuperación do patrimonio etnográfico galego, tanto na súa vertente material, como inmaterial. E vén sumarse a outras pequenas melloras que, ou ben xa fomos facendo noutros lavadoiros, ou temos previsto levar a cabo; dentro da acción global de visualizar uns elementos patrimoniais que non só foron moi utilizados en tempos, senón que supuñan auténticos lugares de reunións sociais, especialmente das mulleres.”

Puede ser una imagen de al aire libre y árbol

Fogueiras de San Xoán

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

ℹ️🔥 FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO
📄 Publicado o bando que regula as fogueiras de San Xoan (23/06) e San Pedro (28/06)
✅ As fogueiras deberán comunicarse ao Concello, ata o día anterior ás 14horas. A comunicación só dá cobertura ás fogueiras tradicionais realizadas na tarde/noite dos días correspondentes (entre as 7 da tarde e a 1 da madrugada).
✅ Só se autorizarán fogueiras en espazos públicos organizadas por entidades ou asociacións, previa solicitude por escrito e coas condicións de evento.
❌ Non se permite a realización de fogueiras en praias, montes ou calquera outro espazo de interese natural e/ou ecolóxico.
🆘 Deben cumprir as condicións de seguridade que se establecen no presente bando👇🏻
☎️ Comunicacións e máis info no 982.12.40.02 ou no correo [email protected] 

Ver menos

Noticias de Barreiros