A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará este sábado a peregrinación a Santiago a través do Camiño Inglés

O vindeiro sábado, 11 de xuño, rematará esta peregrinación a través do Camiño Inglés: “faremos a última etapa ata Santiago, que ten un percorrido de 8 quilómetros. E entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”.
A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, arrincaba con esta iniciativa o pasado 9 de abril en Ferrol. Arredor de 50 persoas se dan cita cada fin de semana para realizar unha etapa do Camiño de Santiago, a través da ruta elixida cada ano, que a súa directiva decidía retomar despois do parón ocasionado pola pandemia do covid.