FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO Publicado o bando que regula as fogueiras de San Xoan (23/06) e San Pedro (28/06) As fogueiras deberán comunicarse ao Concello, ata o día anterior ás 14horas. A comunicación só dá cobertura ás fogueiras tradicionais realizadas na tarde/noite dos días correspondentes (entre as 7 da tarde e a 1 da madrugada). Só se autorizarán fogueiras en espazos públicos organizadas por entidades ou asociacións, previa solicitude por escrito e coas condicións de evento. Non se permite a realización de fogueiras en praias, montes ou calquera outro espazo de interese natural e/ou ecolóxico. Deben cumprir as condicións de seguridade que se establecen no presente bando Comunicacións e máis info no 982.12.40.02 ou no correo [email protected]