LLega 700n número de atención gratuíto para veciñanza

Puede ser una imagen de texto que dice "llega × 700 NUMERO DE ATENCIÓN GRATUÍTO PARA A VECIÑANZA 900 833 999 www.llega700.es"

⚠️AVISO:

🆕📶CONEXIÓNS MÓBILES MÁIS VELOCES E MELLOR COBERTURA CHEGAN A BARREIROS.

▶️ Nos vindeiros días, as operadoras de telefonía móbil; Telefónica, Vodafone e Orange, van despregar novas redes móbiles de última xeración sobre as bandas de 700 e 800 MHz. en Barreiros polo que, segundo informan desde a empresa #Llega700, pode haber domicilios que se vexan afectados na visualización das canles da televisión dixital terrestre (TDT).

🥸|📺 No caso de que se detecten anomalías na visualización dalgunha canle, as veciñas e veciños que o desexen poden contactar coa empresa LLega700 no telf. 📞900.833.999 ou a través do correo 📧[email protected].

👩‍🔧👨‍🔧Esta empresa é a encargada de garantir a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil, 4G e 5G, coa recepción do servizo de TDT. Polo tanto, prestan aos cidadáns unha serie de servizos GRATUÍTOS que inclúen un procedemento correctivo tras o acendido das estacións a o longo dos vindeiros 6 meses. 

Ver menos

Sogama inviste preto de 120.000€ en melloras na planta de transferencia de Barreiros

Construirase un novo aparcadoiro de contedores que estará dotado con cinco prazas, fronte ás dúas que ten o actual e que será demolidoNo hay ninguna descripción de la foto disponible.Santiago de Compostela, 28 de maio de 2022. A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Sogama, levará a cabo distintas melloras na planta de transferencia do concello de Barreiros, ás que destinará un orzamento de 119.518,94 euros.

A fin de optimizar a operativa e prestacións desta instalación, acometerase a construción dun novo aparcadoiro de contedores dotado con cinco prazas —o actual, que será demolido, conta con dúas—, das cales catro estarán cubertas, destinándose estas a albergar contedores cheos, mentres que a praza restante reservarase para os baleiros.

A obra contempla tamén a execución dunha nova rede de captación de augas residuais do aparcadoiro e outra de bombeo ata a EDAR da propia planta de transferencia, a drenaxe de augas pluviais, a chaira de manobras de contedores —cada un conta con capacidade para 43 m3—, xunto coa instalación dunha barreira de seguridade no perímetro exterior da mesma, e a propia para o depósito do efluente depurado.

Inclúese tamén a execución dun novo punto de vertedura de augas pluviais mediante gabia drenante e a construción dunha nova escaleira metálica con varanda que comunique a plataforma de descarga dos residuos coa zona de oficinas, optimizando desta forma a accesibilidade aos diferentes puntos da infraestrutura.

O contrato, que saíu a licitación esta semana, estipula un prazo máximo de execución de 12 semanas e un mínimo de 7, abarca o desenvolvemento da obra a todos os niveis, a realización dos pertinentes estudos, controis de calidade e servizos, así como a subministración de todos os equipos, elementos e materiais necesarios para a correcta realización do traballo encomendado.

O prazo para a presentación de ofertas a este concurso conclúe ás 14,00 horas do próximo 10 de xuño.

Aposta pola Mariña lucense

Cómpre lembrar que na Mariña lucense, a Xunta, a través de Sogama, está a construír unha nova planta de biorresiduos no polígono industrial de Cuíña, en Cervo, que se prevé que entre en funcionamento a finais deste mesmo ano para dar servizo a 15 concellos.

A instalación conta cun investimento de preto de 6,4 millóns de euros e acollerá todo o proceso de compostaxe —pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento—, disporá de capacidade para tratar 3.000 toneladas de materia orgánica anuais, ás que habería que sumar 1.600 toneladas de material estruturante —é dicir, podas e restos de madeira—, e producirá ao redor de 1.500 toneladas de compost que se destinará ao sector da agricultura e da gandería como fertilizante natural.

A planta forma parte da rede de infraestruturas de valoración da materia orgánica deseñada pola Xunta a fin de que a meirande parte dos concellos adheridos a Sogama dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km.

Asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou a cuarta etapa do Camiño Inglés

Barreiros, 23 de maio de 2022. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou o pasado sábado a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba.O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa intensa de subidas que grazas a unha climatoloxía benigna, boa temperatura e o ceo nubrado fixo que non fose tan dura como a anterior. Todos chegamos ao final da etapa, onde destacamos a hospitalidade do restaurante Casa Julia, A Pequeniña, que ao chegar nos ofreceron filloas como aperitivo”. E engadiu que “como en todas as etapas anteriores reina a solidariedade e o compañeirismo entre os participantes”.

A vindeira etapa terá lugar o 28 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Santo Tomé de Vilacoba e A Rúa.

Os Versos na Baixamar levaron a poesía á praia barreiresa de Reinante

Puede ser una imagen de 7 personas, personas sentadas, personas de pie y océano

Lois Pérez fixo de mestre de cerimonias e presentou as poetisas (detrás). JOSÉ Mª ÁLVEZ

Yolanda Castaño recitou fragmentos dun novo libro e tamén interviron Lois Pérez, Paula dos Anjos e Natalia Alonso

A praza da praia de Arealonga en Reinante foi o escenario do segundo recital poético Versos na Baixamar organizado polo Concello de Barreiros, no que interviu a poetisa Yolanda Castaño e as tamén autoras Paula dos Anjos e Natalia Alonso, co narrador oral e asemade poeta Lois Pérez como condutor do recital

Aínda que ameazaba choiva e caeron unhas gotas, o evento puido celebrarse con normalidade, segundo destaca o concelleiro de cultura barreirense, Daniel García, moi satisfeito por este recital realizado “con vistas ao mar para que o enclave fora aínda máis bonito” e ao que se sumaron numerosos veciños. Empezou con Lois Pérez, que puxo as súas verbas sobre unha base musical de ukelele e deu paso en primeiro lugar a Paula dos Anjos e despois a Natalia Alonso, as dúas focenses, para rematar con Yolanda Castaño, que “recitou algún poema aínda inédito, dunha obra que vai publicar o mes que vén”. Con esta edición García ve que esta aposta poética se xa afianza agarda “organizar para o ano a terceira edición”.

Ao rematar o recital entregáronse os premios dos certames de debuxo e narración convocados pola biblioteca co gallo das Letras. En debuxo resultaron galardoados Julia Villapol BelloHugo Vázquez LanzaUxía Sánchez Febrero, Mateo Villapol Bello, Jesús Rodríguez Fernández, Alejandro Paz GamJimena Fernández-Reinante PérezAnxo López Val e Aaron Rodríguez Entrerríos. No relativo ao certame de narración, os premiados foron Carlota Mosquera PardeiroNaiara Pérez LorenzoXela Veiga Iglesias, Selene Calleja González e Jimena Fernández-Reinante Pérez. Recibiron diplomas, material escolar e libros en galego.

Olivia Canoura presenta a súa primeira novela en Barreiros

A artista barreirense Olivia Canoura ven de presentar a súa primeira novela Mientras dure la noche, un relato de relatos narrados no marco dunha noite de tormenta, que recende castañas asadas e no que as sombras que se moven de esguello entre os panos da noite se tornan protagonistas. Relatos de infancia que se transforman en realidade na súas palabras ó memos nivel que nos seus debuxos. A presentación do libro tivo lugar este pasado sábado na Biblioteca Municipal de Barreiros, nun ambiente cercano e familiar nos que os asistente puideron desfrutar dun edificante intercambio coa autora.

Literatura galega, fermosas paisaxes e, de fondo, os sons da natureza.

Puede ser una imagen de 1 persona, océano y cielo

📖Literatura galega, fermosas paisaxes🌊 e, de fondo, os sons da natureza🎶🍀.

Turismo slow, da mellor maneira posible, no día das Letras Galegas.

🌟Feliz xornada adicada a Florencio Delgado Gurriarán.

#letrasgalegas2022

****
#barreirosgaliciaspain #barreirosquedaenti #barreirosturismo #galicia #amariña #amariñaslow #amariñalucense #diadasletrasgalegas #literatura #literaturagalega #turismoslow

Ver menos

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou este domingo a terceira etapa do Camiño Inglés

Puede ser una imagen de 7 personas, personas de pie y al aire libreBarreiros, 16 de maio de 2022. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.

E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela conseguimos as camisetas do Xacobeo, o que quixemos agradecerlle”.

Tamén houbo tempo para as celebracións: “celebramos o 69 cumpleanos dun dos participantes, José, de Vilamartín Pequeno, que é o organizador das festas nesa parroquia. Démoslle un agasallo do Camiño”.

Gómez Puente engadiu que “hai moita harmonía e solidariedade entre os peregrinos porque houbo que axudarlles a varias persoas ás que lles custou chegar e esperouse para que ninguén quedara só”.

A vindeira etapa terá lugar o 21 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba.

Un domingo para extender a gran festa das Letras Galegas

Y. GARCÍAVIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Teatro en Burela, feira do libro en Ribadeo e máis citas

14 may 2022 . Actualizado a las 22:16 h.

Continúa a programación das Letras Galegas este domingo con diversas iniciativas municipais Salientar a feira do libro en Ribadeo con presentacións (María do Cebreiro ás 12; Carlos Varela ás 18 e Antía Yáñez, ás 19 horas. Concerto de Eva Parmenter ás 13 horas).

burela

Teatro: «Tras os vieiros de Florencio». A teatral é a vía que ofrece o Concello de Burela a través da súa delegación de Cultura para afondar na figura do homenaxeado das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriárn, este domingo 15. «E que mellor forma de facelo que desde o humor e a maxia», suxire o edil José Díaz. A proposta burelense chámase «Tras os vieiros de Florencio» (Casa da Cultura, 19.00 horas), con entrada gratuita e dentro do programa de dinamización lingüísica FalaRedes. A función é un espectáculo de Fantoches Baj, un «teatro de obxectos» dirixido a público adolescente e adulto». A banda sonora foi creada «a partir de temas tradicionais que gravou o guitarrista Antonio Bravo». Un espectáculo moi entretido.

cervo

Presentacións de Tony Cazás. A Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras completa a programación dominical de Letras Galegas coa presentación das obras do escritor Tony Cazás A la sombra de una higuera El verdugo de las almas perdidas (Casa da Cultura de San Cibrao, 19.00 horas).

barreiros

Cita para público familiar. En Barreiros, comeza a axenda das Letras Galegas este domingo 15 con A viaxe de Rosalía, para público familiar (Centro Sociocultural, 19.00 horas).

Tumba medieval na praia de Coto

⚰️Tumba medieval na praia de Coto.

🧐Descuberta no ano 2014, tras descartar os arqueólogos que se trate dunha cavidade natural, estes tamén confirmaron que as súas medidas, características e orientación coinciden coas habituais neste tipo de sepulturas.

📜Atópase catalogada como elemento do Patrimonio Cultural de Galicia e crese que puidera ter algunha relación coa capela de San Bartolo, situada a uns 900 metros.

Barreiros queda en ti 💙💚
#barreirosquedaenti

===ESP===

⚰️Tumba medieval en la playa de Coto.

🧐Descubierta en el año 2014, tras descartar los arqueólogos que se trate de una cavidad natural, estos también confirmaron que sus medidas, características y orientación coinciden con las habituales en este tipo de sepulturas.

📜Se encuentra catalogada como elemento del Patrimonio Cultural de Galicia y se cree que haya podido tener alguna relación con la capilla de San Bartolo, situada a unos 900 metros.

Barreiros queda en ti 💙💚

****
#pasado #historia #legado #galiciamaxica #amariñalucense #amariña #playa #costagallega #costa #patrimonio #arquitectura #españa #barreirosturismo #galicia #viajar #turismoslow #lugo #barreirosgalicia #tumba #yacimientoarqueológico #yacimientoarqueologico #medieval

Ver menos

Noticias de Barreiros