O CONCELLO ADXUDICOU NA ÚLTIMA XUNTA DE GOBERNO UNHA INVERSIÓN DE 100.000 EUROS PARA O ARRANXO DE CAMIÑOS

EscudoBarreirosO CONCELLO ADXUDICOU NA ÚLTIMA XUNTA DE GOBERNO UNHA INVERSIÓN DE 100.000 EUROS PARA O ARRANXO DE CAMIÑOS EN VARIAS PARROQUIAS. AS OBRAS COMEZARÁN CANDO REMITAN AS CHUVIAS DESTES DÍAS.

Barreiros, 7 de febreiro de 2015.  O Concello, na última xunta de goberno, acordou adxudicar o arranxo de varios camiños en San Xusto, Vilamartín pequeno, Carbacos, Benquerencia, San Cosme, Morteiro e Ibia. O importe dos traballos ascende a 100.000 euros, segundo deu a coñecer nesta xornada o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor dixo que “en próximos días prevemos adxudicar outra partida de 100.000 euros para amañar vieiros municipais”. Os traballos darán comezo cando remitan os temporais de chuvia deste días. Fuente Parga subliñou que “serán 200.000 euros os que invistamos en total na rede municipal. Tamén imos arranxar a ponte do Puxigo, en San Xusto, que sufriu as consecuencias dos últimos temporais”.

O alcalde barreirense demandou “o arranxo por parte da Deputación de Lugo das vías provinciais. Están nun pésimo estado, e iso que temos un deputado e vicepresidente da institución provincial, que é de Barreiros, e que ademais é concelleiro no noso Concello”.