Archivo de la categoría: Viajes

Un cento de veciños e veciñas de Barreiros participaron na viaxe a Muxía do pasado domingo

Un cento de veciños e veciñas de Barreiros participaron na viaxe a Muxía do pasado domingo, 9 de setembro, que foi organizada polas Concellerías de Medio Ambiente e Turismo. Os asistentes gozaron da Festa da Virxe da Barca e visitaron a cascada do Ézaro, en Dumbría. A expedición estivo acampañada polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente. 

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA VIAXE Á FESTA DA VIRXE DA BARCA EN MUXÍA O 9 DE SETEMBRO. HAI 40 PRAZAS DISPOÑIBLES

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA VIAXE Á FESTA DA VIRXE DA BARCA EN MUXÍA O 9 DE SETEMBRO. HAI 40 PRAZAS DISPOÑIBLES.

Barreiros, 4 de setembro de 2018. As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da Delegación de Turismo, e vai consistir nunha viaxe que se fará en dúas partes. Iremos en dous autobuses, un cos camiñantes que van facer o camiño de Fisterra a Muxía. Alí faremos un tramo de 10 quilómetros para despois disfrutar da romaxe e da Festa da Virxe da Barca. A idea é coincidir que hai unha gran festividade a nivel galego como é a Festa da Virxe da Barca, e combinar ese traxecto do Camiño de Santiago de Fisterra a Muxía. Imos ir nun autobús corenta camiñantes, como viñemos facendo durante esta primavera e verán, e continuaremos agora en setembro”.

Gómez Puente contou que “ademais tamén invitamos aos veciños de Barreiros, que non poidan andar ou andar os dez quilómetros, a que poidan disfrutar da festa da Virxe da Barca. Teremos un autocar para eles, para despois confluír todos arredor da igrexa ás doce e media que será a misa. Seguiremos visitando Muxía e comeremos todos xuntos nun restaurante que temos alí xa reservado”.

O edil barreirense comentou que “quedan 40 prazas, de 110, pero que non se descoiden se lles apetece facer esta viaxe. Algunha vez xa temos feita esta viaxe, aínda que non é moi habitual porque é un pouco larga, e este ano decidimos facela porque como un grupo de peregrinos facemos esa etapa, entón animamos a todos os veciños e veciñas a que coñezan a zona que é preciosa”.

Viaje al Algarve, desde Barreiros

Viaje al Algarve, desde Barreiros

Está organizado por la Asociación de Mulleres Rurais de Barreiros

.
NANI ARENAS

En octubre, del 11 al 15 • Anotan en los teléfonos de contacto 982 124 044 ó 646 172 774 • El Algarve es una de las zonas más turísticas de Portugal, también apreciada por los mariñanos como destino vacacional. Desde la Asociación de Mulleres Rurais de Barreiros se organiza un viaje al Algarve que tendrá lugar a mediados del mes de octubre. El precio incluye autocar y alojamiento, pero no incluye entradas a monumentos, señalan.

Programan en Barreiros una ruta por el Masma y una visita a la ganadería Cid

Programan en Barreiros una ruta por el Masma y una visita a la ganadería Cid

El ACIA local, la asociación Mar e Monte y el Concello programan un nuevo viaje cultural para divulgar el patrimonio de la zona rural del municipio de Barreiros

.
PEPA LOSADA
M.C. 
BARREIROS / LA VOZ 

El ACIA local, la asociación Mar e Monte y el Concello programan un nuevo viaje cultural para divulgar el patrimonio de la zona rural del municipio de Barreiros. Será el último de los previstos en agosto y está previsto para el día 26. En este caso, vecinos y turistas tendrán la ocasión de visitar las instalaciones de Ganadería Cid, un referente en el sector a nivel gallego. El autobús saldrá el sábado a las 11.00 horas del centro de salud barreirense. El viaje costará dos euros para los adultos y será gratis para los niños. Ejercerá de guía Antonio Folgueira. Ofrecen más información en los números de teléfono 615 092 115 y 622 758 079.

Debido a la buena acogida de esta iniciativa, los organizadores ya han decidido programar nuevas visitas culturales por el municipio durante el mes de septiembre. Por otra parte, también ha sido programada para mañana, miércoles, una ruta de senderismo por el río Masma. Las personas interesadas en participar en la misma deberán desplazarse hasta el Bar Moderno, en San Cosme de Barreiros, desde donde saldrá la excursión a las 10.30 horas.

Un grupo duns 110 veciños e veciñas de Barreiros desprazáronse esta mañá ata San Andrés de Teixido

Un grupo duns 110 veciños e veciñas de Barreiros desprazáronse esta mañá ata San Andrés de Teixido, nunha viaxe organizada polo Concello. Alí foron á misa, visitaron o santuario e xantaron en Cedeira. Pola tarde, xa de volta cara á Mariña, achegaranse ata o banco de Loiba. O alcalde, Alfonso Fuente, que acompañou aos veciñ@s nesta excursión explicou que “tivemos que adiantar a data da viaxe un día. Iamos ir mañá, pero debido á folga do transporte finalmente avisamos a todas as persoas anotadas e cambiámola para hoxe, para evitar posibles complicacións na xornada de mañá”. A expedición barreirense está a gozar desta xornada por terras de Cedeira e Ortigueira.La imagen puede contener: 1 persona, multitud y exterior

O 27 DE XUÑO TERÁ LUGAR UNHA EXCURSIÓN A CEDEIRA E SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

O 27 DE XUÑO TERÁ LUGAR UNHA EXCURSIÓN A CEDEIRA E SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, ORGANIZADA POLO CONCELLO BARREIRENSE. A ACTIVIDADE É GRATUÍTA.

Barreiros, 14 de xuño de 2017. A Concellería de Cultura barreirense organiza, un ano máis, unha excursión gratuíta a Cedeira e San Andrés de Teixido. Será o día 27 de xuño.

A inscrición, ata cubrir prazas, pode facerse nas oficinas xerais do Concello de luns a venres de 9 a 14 horas, segundo explican desde o departamento de Cultura.

Visita cultural do CEIP San Cosme de Barreiros a Lugo

Visita cultural do CEIP San Cosme de Barreiros a Lugo

03-10-16

barreiros-lugoOs alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros pasaron este luns 3 de outubro en Lugo Capital, aproveitando o inminente comezo do San Froilán. Ademais de realizar unha visita cultural polos recunchos máis significativos da cidade, entre eles o Paseo do Miño e a Muralla, participaron nun par de talleres de entretemento. Os alumnos de Primaria realizaron unha Procura do Tesouro polo centro histórico de Lugo mentres os de Infantil participaban nun Taller de creación de figuriñas con arxila polimérica (impartidos polo Centro Infantil Galwy). A viaxe foi organizado pola APA grazas a unha subvención da Deputación de Lugo, e contou coa colaboración dos profesores do CEIP e o Concello de Barreiros.

COMEZAN ESTE SÁBADO, 9 DE XULLO, AS VIAXES CULTURAIS EN AUTOBÚS POLO CONCELLO. FORON PRESENTADAS HOXE E LEVARANSE A CABO TODOS OS SÁBADOS DE XULLO E AGOSTO

COMEZAN ESTE SÁBADO, 9 DE XULLO, AS VIAXES CULTURAIS EN AUTOBÚS POLO CONCELLO. FORON PRESENTADAS HOXE E LEVARANSE A CABO TODOS OS SÁBADOS DE XULLO E AGOSTO.

Barreiros, 7 de xullo de 2016. Este sábado, 9 de xullo, darán comezo as viaxes culturais en autobús polo concello. Foron presentadas hoxe e levaranse a cabo todos os sábados dos meses de xullo e agosto. Están organizadas por A Palleira, Aciam Barreiros, Café Bar Moderno, Barreiros Mar e Monte e Concello de Barreiros.FotoviaxesculturaisBarreiros

David Hinojosa, membro da Aciam, comentou que “estos viajes culturales en autobús serán todos los sábados de julio y agosto. Serán viajes a través de todo el concello dando a conocer un poco agricultura, ganadería, patrimonio y todo el atractivo cultural que tiene nuestro concello. Las salidas son a las once de la mañana desde la plaza del Ayuntamiento. El billete es dos euros y los niños viajan gratis”. No autobús viaxará unha guía, que lles irá contando aos viaxeiros todo aquello que van vendo.

Hinojosa subliñou que “cada viaje tiene una parada estratégica. Es una parada tipo sorpresa porque cada sábado será una diferente. Algunos sábados haremos una parada en la que puedan ver algo de cultura del concello, algo de ganadería, otras veces será una parada un poco más gastronómica, o una parada en la que bajemos a ver tener un contacto más directo con la naturaleza”.

O promotor destas viaxes convidou á xente a facer estas viaxes culturais: “os esperamos este sábado a las once en la plaza del Concello y esperamos que os guste”.

Pola súa banda o alcalde, Alfonso Fuente, declarou que “desde o Concello de Barreiros colaboramos con esta iniciativa que nos parece interesante para nestes sábados poder ter unha actividade máis. Sobre todo se nese día o tempo non axuda para ir á praia, unha boa opción pode ser pasar a mañá visitando o interior do concello.”

O rexedor barreirense considera que “sempre é moi positivo coñecer todo o concello onde se está pasando o verán ou pasando unhas vacacións”.