Visita cultural do CEIP San Cosme de Barreiros a Lugo

Visita cultural do CEIP San Cosme de Barreiros a Lugo

03-10-16

barreiros-lugoOs alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros pasaron este luns 3 de outubro en Lugo Capital, aproveitando o inminente comezo do San Froilán. Ademais de realizar unha visita cultural polos recunchos máis significativos da cidade, entre eles o Paseo do Miño e a Muralla, participaron nun par de talleres de entretemento. Os alumnos de Primaria realizaron unha Procura do Tesouro polo centro histórico de Lugo mentres os de Infantil participaban nun Taller de creación de figuriñas con arxila polimérica (impartidos polo Centro Infantil Galwy). A viaxe foi organizado pola APA grazas a unha subvención da Deputación de Lugo, e contou coa colaboración dos profesores do CEIP e o Concello de Barreiros.