Archivo de la categoría: Hospital

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

Abordarán o problema existente co servizo de pediatría, compartido con Lourenzá e Barreiros a maiores das reclamacións que xurdan.

A Mariña 13 de Decembro de 2018. A UMAR ( Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións) desplazarase o vindeiro martes 18 de decembro até o centro de saúde de Mondoñedo en horario de 11 a 13 horas. A mesa informativa abordará o problema de Pediatría, servizo que comparte profesional cos concellos de Lourenzá e Barreiros, a maiores de calquera outra dúbida ou reclamación que poidera xurdir.

Lembramos que este problema ven de lonxe, xa que ao feito de que resulta de todo insuficiente  o tempo adicado a cada un destes Concellos, queixa que refiren a práctica totalidade de nais e pais das zonas afectadas, súmase a falta de cobertura cando a titular solicita algún permiso ou cando está de baixa, ocasionando demoras  inadmisibles  nas consultas, necesidade de trasladarse a outras localidades ou ao hospital, colapsando os servizos de urxencias .

 

A Plataforma Sanitaria ve neglixencia no traslado conxunto das dúas novas plantas de hospitalización.

A Plataforma Sanitaria volve incidir na nefasta xestión que se está a facer desde a xerencia executiva , nesta ocasión con motivo do traslado simultáneo das dúas novas plantas de hospitalización e peche das antigas, pasando de dispoñer de 30 camas en cada  planta a contar con vintecatro, seis camas menos por planta, o que fan un total de doce camas menos.

O feito de que este traslado se fixera á vez, en lugar de acometelo pouco a pouco semella “neglixente e temerario, xa que estamos nunha época na que a ocupación ven sendo prácticamente do cen por cen, que pode haber picos de incidencia por mor de procesos prevalentes nestas épocas ou reagudizacións de enfermidades crónicas”- lamentan desde a Plataforma Sanitaria.

Tamen inciden no feito de que de momento , unha soa semana despois da inauguración das novas plantas de hospitalización, foron tres os pacientes trasladados a Lugo por mor da falta de camas.” Non queremos nen imaxinar o que pasará cando comece a despuntar o gripe deste ano, ou cando chegue o frío e se descompensen  enfermos crónicos”- manifesta o voceiro do colectivo.

 

O colectivo sanitario amosa a preocupación polo ataque á pancarta pendurada da fachada do Hospital.

Segundo comentan divers@s integrantes da Plataforma Sanitaria existe unha fonda preocupación polo feito de que, por segunda vez ,a pancarta pendurada da fachada do centro sanitario sufrira un ataque intencionado, e desde o colectivo queren manifestar “ que nos unimos á Xunta de Persoal na denuncia pública destes feitos que son inadmisibles dentro dunha sociedade democrática.”- comenta a coordinadora visiblemente preocupada.

 

HOSPITALDA MARIÑA.ENTRADA PRINCIPAL

Data:  Martes 4 de  Decembro2018

Hora:  11 -13 horas

Lugar:HOSPITAL DA MARIÑA.ENTRADA PRINCIPAL

Asunto: A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (UMAR) colocarase na entrada do Hospital da Mariña para informar a usuari@s e profesionais de todo o que precisen en materia de tempos de agarda , derivacións  e calquera outras dúbidas que teñan.Tamén prestarán axuda na redacción e presentación polo rexistro  de reclamacións.

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

PREVISIÓN INFORMATIVA MARTES 20 de NOVEMBRO

Data: Martes 20 de novembro de 2018

Hora: 11 – 13 horas

Lugar: Centro de Saúde de Barreiros

Asunto: A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (UMAR) colocarase na entrada do centro de saúde para informar a usuari@s ,profesionais e colectivos de todo o que precisen en materia de tempos de agarda , derivacións ou intervencións .A maiores de redactar as reclamacións que xurdan, faremos reclamación colectiva para demandar a substitución de todas as ausencias da pediatra e a dun médico de familia de baixa hai máis dun ano.

A PLATAFORMA SANITARIA PARABENIZA Á COMARCA DA MARIÑA POLA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL , RESULTADO DA LONGA E INTENSA LOITA SOCIAL

A PLATAFORMA SANITARIA PARABENIZA Á COMARCA DA MARIÑA POLA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL , RESULTADO DA LONGA E INTENSA LOITA SOCIAL.

Tras unha longa étapa de reivindicacións,  a contestación social mariñá logra materializarse na ampliación do hospital, máis lamentan  que non se acompañe de novos servizos e prestacións.

A Mariña 16 de outubro de 2018. A Plataforma Sanitaria ,diante do despliegue de cargos e medios que onte acompañaron ao Presidente da Xunta na visita da obra de ampliación do Hospital da Mariña, desexa parabenizar ao conxunto de veciñas e veciños da Mariña polo logro que supuxo a longa e intensa loita  e que se materializou nesta ampliación de espazos.

Desde o ano 2009 ate a actualidade a comarca da Mariña  desenvolveu  unha frenética  mobilización social para reclamar a máis que necesaria ampliación do hospital, que  debe ir acompañada de novos servizos e prestacións e non só de metros cadardos. Durante esta longa etapa tivemos que sufrir por parte do PP  múltiples descalificacións  e reiteradas promesas incumpridas que , casualmente  sempre coincidían con períodos electorais, pero que” logo das citas coas urnas quedaban en  fume de carozo”- comenta o portavoz da Plataforma Sanitaria.

A día de hoxe a longa lista de agarda para consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, xunto co elevado número de derivacións  segue a ser o problema sanitario  que máis preocupa e padece a poboación mariñá, e lonxe de diminuir parece que vai en aumento , malios anuncios nos medios de comunicación de tempos medios de agarda maquillados e sesgados ,  incumplindo sistemáticamente a lei de garantías sanitarias.

Desde o colectivo sanitario confirman que  a loita non rematou porque  non temos constancia de que se vaia dotar ao Hospital dos novos servizos que se precisan, nin dos aparellos para diagnóstico radiolóxico básicos a día de hoxe e que se están a facer con unidades móbiles , nen do incremento máis que necesario de persoal  imprescindible para  unha asistencia sanitaria de calidade. “ Continuaremos sen tregua coa mobilzación social porque os logros non caen do ceo e, ainda que lento este é o único camiño”-sinalan

A implantación da UMAR foi clave para que se perdera o medo a denunciar

A implantación da UMAR, tras a aprobación da reforma da lei de saúde po parte dun PP en solitario e obviando o gran movemento de contestación social que se desenvolveu no país, foi clave para que @s veciñ@s empezaran a perder o medo a reclamar.Desde que se iniciou a actividade da unidade móbil tramitáronse máis de duascentas reclamacións , das cales moitas foron resoltas satisfactoriamente para @s doentes.

A UMAR vense colocando os primeiros martes de cada mes na entrada principal do hospital e o terceiro martes do mes nun centro de saúde diferente . A próxima cita será o vindeiro martes 20 de novembro no Centro de Saúde de Barreiros de 11 a 13 horas. Nesta ocasión , a maiores das reclamacións que xurdan  demandaremos a cobertura estable e continuada de todas as ausencias xustificadas e permisos da pediatra e a substitución tamén de xeito continuado e estable do médico de familia que leva  máis dun ano de baixa.

DENUNCIA QUE A XERENCIA INTEGRADA “DESPACHOUME CUNHA CARTA CON MOI BOAS PALABRAS PERO DEIXOUME ABANDONADO Á MIÑA SORTE”.

DENUNCIA QUE A XERENCIA  INTEGRADA “DESPACHOUME CUNHA CARTA CON MOI BOAS PALABRAS PERO DEIXOUME ABANDONADO Á MIÑA SORTE”.

Na carta que recibiu en resposta á súa reclamación non lle dan solución  ao seu problema logo de estar agardando un tempo excesivamente longo con molestias que non lle deixan facer unha vida normal.

Tras un accidente no ano 2014 o paciente comeza cunha imposibilidade parcial para ouriñar  que lle obriga a ir ao baño cada pouco tempo pois non é capaz de facer un vaciado completo da vexiga , coas conseguintes molestias e incapacidade para facer unha vida normal.

O doente é seguido polo servizo de Uroloxía desde 2016 e en marzo de 2018 solicítaselle un estudo urodinámico, a realizar como moi tarde en tres meses, para valorar e diagnosticar a súa doenza e porlle un tratamento que solucione o seu problema.

Por iste motivo o paciente acude á Plataforma Sanitaria e , a través da UMAR  tramítase a correspondente reclamación , que se rexistra o día 4 de setembro e figura con número de entrada 3144.

Pasado un mes desde que rexistrou a reclamación o doente recibe unha carta da Xerencia da Xestión Integrada, con saída o 2 de outubro e número 28095, na que “ me despachan con moi boas palabras, pero solucións ao meu problema ningunha, máis ben deixanme abandonado á miña sorte”- relata o paciente indignado e ansioso por poñer fin a unha situación sumamente incómoda e que non lle permite facer unha vida medianamente normal.

Desde a Plataforma Sanitaria indican que coñecen numerosos casos de pacientes que son informados de que teñen que seguir agardando indefinidamente para ser atendid@s mediante unha carta similar a esta . “ Desde logo que nos facemos unha idea da gran incompetecia para a xestión que debe existir na Xerencia desde o momento en que precisan dun mes para certificarlle a un paciente que queda na mesma situación na que estaba,eso si, con moi bos desexos”.

Asemade o colectivo sanitario esixe á Xerencia e ao Sergas que se deixen dunha vez por todas de artigos e reportaxes facendo publicidade enganosa do bo estado da sanidade pública e do ben que xestionan e poñan solucións reais aos problemas d@s usuari@s , xa que “volven novamente a incumplir a propia lei de garantías sanitarias á que tanto bombo e pratiño lle deron sen amosar a máis mínima vergoña- conclúen.

PACIENTE PENDENTE DE INTERVENCIÓN DENUNCIA SENTIRSE ENGANADO POR PARTE  DO SERVIZO DE ATENCIÓN AO PACIENTE, QUE LLE ESTÁ A DAR LARGAS PARA EVITAR QUE RECLAME

PACIENTE PENDENTE DE INTERVENCIÓN DENUNCIA SENTIRSE ENGANADO POR PARTE  DO SERVIZO DE ATENCIÓN AO PACIENTE, QUE LLE ESTÁ A DAR LARGAS PARA EVITAR QUE RECLAME .

O paciente acudiu ate catro veces ao servizo de atención ao paciente para reclamar e alí déronlle datas para a intervención que resultaron todas falsas.

A Mariña, 26 de outubro de 2018. O paciente padece de dor e incapacidade para a mobilidade na  rodilla esquerda desde decembro do 2017. Acudiu ao seu médico de familia e ao PAC , e fixéronlle probas radiolóxicas pero como os síntomas non ceden volve ao seu médico : nesta ocasión  solicítalle  unha resonancia , feita en marzo de 2018 na sanidade privada.

Pero a súa dor non se alivia e en Xuño do ano actúal sofre rotura do menisco interno da rodilla esquerda. Solicítase cita para traumatoloxía que decide que hai que intervilo. Adxudícanlle unha prioridade dous ( ou preferente) e fanlle o preoperatorio. Como a dor e a impotencia funcional continúan e mesmo se acrecentan o doente acude a atención ao paciente para saber qiue ocurre co seu proceso. Neste servizo  indícanlle unha primeira data aproximada para a operación que non se cumple polo que volve ao devandito servizo a preguntar novamente. “Acudín até catro veces a Atención ao Paciente e de cada vez ´dabanme unha data diferente, ningunha das cales era certa.Estiveron mareando en min tempo e tempo, dándome largas para que me fora para a casa e mantivera a boca pechada sen facer reclamación . Enganáronme “- relata o paciente con evidente disgusto e raiba contida.

Por ista razón e xa desesperado contacta coa Plataforma Sanitaria, que tras escoitar o seu relato redacta a correspondente reclamación oficial e rexístrase  o día 23 de outubro de 2018 con número de entrada 3.742. A maiores o doente manifesta o seu desexo de que “ a miña reclamación sexa publicada na prensa pois quero que todo o mundo coñeza os procedementos da dirección do centro para que non reclames”-  lamenta o  doente.

Para  a Plataforma Sanitaria  estas estratexias espúreas da dirección do centro para calar á xente e que non denuncie, dándolle largas e xogando coa  súa dor e sufrimento  superan xa todos os  límites  tolerables e demostran que “ lles vale calquera cousa por alonxada que esté da ética e a decencia con tal de agochar a lama na que están inmersos co tema sanitario, que é moita,  e salpica á totalidade dos cargos da sanidade e do goberno”- declara o portavoz da Plataforma Sanitaria.

 

Segundo nos comenta a coordinadora do colectivo sanitario estase a incumplir a  lei de garantías sanitarias xa que nestes momentos superanse con creces os sesenta días que marca a devandita lei para realizar as intervencións cirúrxicas, e “ estase a incumplir de xeito premeditado para poder derivar aos hospitais privados que teñen de man e que tantas cadeiras e portas xiratorias lles proporciona”.

 

A Plataforma Sanitaria celebra  formar parte do discurso de Feijoo no Parlamento.

Desde o colectivo sanitario amosaban  a súa satisfacción por formar parte do discurso do Presidente da Xunta cando declaraba que “ determinadas plataformas que formalizan queixas e denuncias no ámbito sanitario estan cheas de altos cargos do bipartito”. O colectivo asegura que  van no bon camiño e que seguirán a loitar, pois estas declaracións de Feijoo amosan “o grado de erosión que esta a sufrir o goberno nesta crise sanitaria de enorme magnitude”- conclúen

A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) ESTARÁ EN LOURENZÁ O VINDEIRO MARTES 16 DE OUTUBRO

A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) ESTARÁ EN LOURENZÁ O VINDEIRO MARTES 16 DE OUTUBRO

A mesa informativa colocarase na entrada do centro de saúde en horario de 11 a 13 horas.

O centro de saúde de Lourenzá acollerá o próximo martes 16 de outubro a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) no horario habitual, de 11 a 13 horas. Dita mesa ten como obxectivo principal informar a usuari@s , profesionais e colectivos de todo aquelo que precisen en relación a tempos de agarda excesivos para realizar probas diagnósticas,consultas ou intervencións cirúrxicas . Tamén axudarán , a quen así o solicite, na redacción e rexistro de reclamacións.

A UMAR entrou en funcionamento o pasado mes de abril, pouco despois de ser aprobada a reforma da lei de saúde polo PP en solitario, co rexeitamento de toda a oposición e cunha masiva contestación social que ningunearon . Desde a súa implantación dito dispositivo foi gañando apoios paulatinamente , e na actualidade goza do beneplácito de toda a comarca e mesmo trascende os límites da Mariña. Cunha periodicidade de dúas veces ao mes, a UMAR ubícase o primeiro martes de mes na entrada principal do hospital e o terceiro martes nun centro de saúde que é diferente cada mes. O número de reclamacións rexistrada e resoltas vai in crescendo e non só se limita ás datas nas que hai UMAR , senon que existe un goteo continuo a través do correo da Plataforma Sanitara ou de chamadas telefónicas.

Nesta ocasión esta localización da UMAR ten un sgnificado especial pois Lourenzá , xunto con Barreiros e Mondoñedo comparten pediatra e actualmente os tres centros de saúde carecen do servizo, xa deficiente en condicións normais, ao estar de baixa a profesional e non ser cuberta . Este feito está a causar serios problemas na atención de nenos e nenas destes concellos, problema denunciado nos medios de comunicación días atrás e que produciu situacións esperpénticas e inadmisibles como un atraso de case tres meses na reprogramación de revisións protocolizadas.

Por iste motivo desde a Plataforma Sanitaria animamos ás veciñas e veciños do concello de Lourenzá a que se acheguen o vindeiro martes 16 de outubro ao centro de saúde para denunciar públicamente o que consideramos é unha vulneración dun dereito fundamental, agravado ao tratarse de persoas de curta idade.

Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

PREVISIÓN INFORMATIVA MÉRCORES 2  DE OUTUBRO de 2018

PREVISIÓN INFORMATIVA MÉRCORES 2  DE OUTUBRO de 2018

Data:  Mércores 2 de OUTUBRO de 2018

Hora:  11 -13 horas

Lugar:  Entrada do Hospital da Costa

Asunto : Colocación da Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR ) na  entrada do Hospital. Trátase dunha mesa informativa onde profesionais ,usuari@s  e colectivos poderán consultar dúbidas sobre derivacións, tempos de agarda. Tamén prestamos axuda para redactar reclamacións e para presentalas no rexistro.

 

                             

Para máis información, chamar a Victor Vila 677343429 ou a Montse Porteiro 615187637