Archivo de la categoría: Concello

O Concello de Barreiros fai entrega aos dous colexios das máscaras infantís doadas pola Deputación

O Concello de Barreiros fai entrega aos dous colexios das máscaras infantís doadas pola Deputación

09-09-20

 Barreiros, 9 de setembro de 2020. O Concello de Barreiros, ante a falta de previsión da Xunta, con competencias en materia de educación, fai entrega das máscaras infantís doadas pola Deputación Provincial de Lugo nos colexios de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante.
As concelleiras de educación e servizos sociais achegáronse na mañá de hoxe aos dous colexios de Barreiros para entregar dito material, dando saída ás preto de trescentas máscaras infantís doadas pola Deputación, co obxectivo de tratar de aliviar un pouco ás familias que, polos motivos que sexan, teñen dificultade para poder adquirilas.
O comezo do curso escolar, previsto para o día dez de setembro significa para as familias un desembolso importante de cartos en condicións normais, moitas veces difícil de asumir por moitas familias. Neste curso multiplicaríase bastante dado que cada pequena ou pequeno debe acudir ao centro educativo provisto de máscara e con material de reserva, xa que calquera circunstancia que produza deterioro da mesma obrigaría a cambiala . A Xunta de Galicia, ausente durante meses e incapaz de asumir as súas competencias educativas, non foi quen ata poucos días antes de comezo de curso de presentar uns mínimos protocolos de actuación, deixando nas mans de cada centro a adecuación dos mesmos e delegando funcións nos concellos, “incapaces de facer fronte ás esixencias cada vez maiores da Xunta, que se desentende das súas funcións tanto en educación coma en sanidade ou noutros campos, afogándonos una vez máis”- comenta Montse Porteiro, concelleira de educación.
A desinfección e limpezas extras serán asumidas tamén polos centros educativos e o Concello de Barreiros.
O concello e os dous centros educativos asumirán tamén, por responsabilidade, as limpezas e desinfeccións extras que se deben efectuar en todos os centros educativos para manter as instalacións seguras e libres de xermes. Esta asunción de obrigas e competencias sobrecarga aínda máis as arcas dos concellos pequenos e en situación límite, “sen ningún tipo de compensación por parte da Xunta de Galicia e sen que nin sequera fose notificada formalmente esta nova obriga, que contribuirá a seguir afogándonos”-conclúen desde a área de educación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS ATA O 14 DE SETEMBRO INCLUSIVE

Concello de Barreiros

1 d 
👩‍🏫No día de hoxe foi publicado no #BopLugo a convocatoria de ✅apertura da #Bolsa de #Emprego para cubrir postos do servizo da escola infantil de #Barreiros.
📅A data límite para presentar solicitudes é o 14 de setembro.

Barreiros Convídate, a oferta cultural do Concello de Barreiros para agosto e setembro

Barreiros Convídate, a oferta cultural do Concello de Barreiros para agosto e setembroLa imagen puede contener: 1 persona, exterior

Adxúntase o cartel coas actividades e a foto da presentación cos concelleiros Montse Porteiro e Daniel Garcia.

13-08-20

 Barreiros, 13 de agosto 2020. Daniel García, concelleiro de dinamización, e Montse Porteiro, concelleira de igualdade, presentaron hoxe o programa Barreiros Convídate, programa de actividades co que dende o Concello de Barreiros se pretende reactivar a oferta cultural do municipio.

A programación para os vindeiros meses de Agosto e Setembro contará con actividades de diversos tipos como cine ao aire libre, actuacións musicais, teatro e contacontos repartidos por diversas parroquias do municipio.  Estes espectáculos estarán dirixidos a todos os públicos e contarán cun número importante de actividades ao aire libre no que se pretende, según o concelleiro de dinamización e participación veciñal, “facer das prazas un lugar de encontro seguro e lúdico ao mesmo tempo”.

Quico Cadaval, Charo Pita, Cándido Pazó, Oliver Laxe, Amador Arias e artistas locais e comarcais completan o elenco desta programación

As actividades comezaron o pasado día 3 de Agosto coa proxección da película María Solinha de Ignacio Vilar, “todo un éxito de público e crítica”, según o concelleiro Dani García, que tamén recalca que serán actos que cumplirán con tódalas medidas sanitarias vixentes.

Neste mes de Agosto, haberá actuacións musicais e cine ao aire libre sendo todas as actividades no exterior (sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) entre as que destaca a proxección do filme “O que arde” coa presenza de Óliver Laxe e Amador Arias.

Setembro será un mes adicado ao teatro con, entre outras, dúas actuacións de renome como “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó e a obra “Cadaval conta.. vacas, guerras, porcos e cregos” de Quico Cadaval.

Estas actividades son financiadas con fondos propios do Concello e tamén con axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, así como a colaboración da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e os programas Agadic e Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.No hay ninguna descripción de la foto disponible.

AVERÍA IMPORTANTE NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA

Concello de Barreiros

1 h

‼️ AVERÍA IMPORTANTE NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA

ℹ️Informamos dunha avaría que tivo lugar esta noite na ETAP de Celeiro de Mariñaos (unha das captacións importantes coas que conta a rede) polo que o subministro de auga estase a ver afectado.

⚙️Os técnicos xa están traballando na súa reparación pero mentres non é posible o restablecemento ao 100%, pídeselle a veciñanza que reduza o consumo de auga ó mínimo imprescindible.

📻Iremos informando segundo teñamos novas da avaría.

🙏Grazas de antemán pola colaboración.

 

Barreiros consolida o incremento de poboación e supera os 3000 habitantes

Barreiros consolida o incremento de poboación e supera os 3000 habitantesLa imagen puede contener: 1 persona, de pie, calzado y exterior

09-07-20

Desde hace unos meses, el Barreiros experimenta un goteo de altas en su padrón, en contra de la tendencia habitual en el conjunto de Galicia de perder población. Y la noticia la dio hace unos días la alcaldesa, Ana Ermida, al desvelar que por primera vez desde el año 2014 se ha superado de nuevo la barrera de las 3.000 personas empadronadas, con 3.005. «Non existe un patrón nas persoas que deciden empadroarse en Barreiros, xa que hai desde familias con menores, persoas xubiladas ata persoas individuais o que demostra que o noso concello é un lugar agradable para calquera», señaló la alcaldesa.

 Barreiros, 9 de xullo de 2020. A alcaldesa de Barreiros anunciou no día de hoxe que a tendencia que se vén experimentando relativa ao incremento de poboación no último ano e, especialmente, os últimos nove meses “parece consolidada ao lograr superar de novo a cifra dos 3000 habitantes.”
Ana Ermida explica que a cifra dos 3000 habitantes “ten algo de máxico para Barreiros, xa que é una barreira que se baixou no ano 2014 e que sempre estivo planeando sobre o concello.”
A alcaldesa dálles a benvida a todas as persoas que escolleron Barreiros como o seu lugar de domicilio que permitiron que, desde o 15 de xuño do ano pasado, se incrementara o padrón en 66 persoas no cómputo total; polo que as novas veciñas e veciños son moitos máis.
Segundo explican desde o Concello “non existe un patrón nas persoas que deciden empadroarse en Barreiros, xa que hai desde familias con menores, persoas xubiladas ata persoas individuais” o que desde o goberno municipal valoran dun xeito “moi positivo, xa que demostra que o noso concello é un lugar agradable para que calquera, en calquera circunstancia persoal escolla para fixar a súa residencia.”
O goberno municipal asegura que, “a pesar do extraordinario e a dureza deste último ano, a aposta por reforzar os servizos que se prestan no municipio, como os relativos a coidado de persoas maiores ou as actividades de conciliación, contribúen a que a xente escolla este municipio; onde ademais existen unhas características naturais que xa o fan un lugar privilexiado ao que o acerto nas políticas que se desenvolvan a nivel municipal non van facer máis que reforzalo para situalo como un lugar de referencia para vivir”, conclúe Ana Ermida.

Barreiros destina más dinero este año a Servicios Sociais, hasta 867.000 euros

Barreiros destina más dinero este año a Servicios Sociais, hasta 867.000 euros

Mari Carmen Veiga destaca el esfuerzo inversor del Concello

PEPA LOSADA
BARREIROS / LA VOZ 

La corporación municipal de Barreiros aprobó esta semana en pleno el Plan Concertado de Servizos Sociais, cuya presupuesto experimenta un incremento del 11 % respecto al del año pasado, hasta alcanzar los 867.000 euros. De esta cantidad, el Concello se compromete a asumir 295.741 euros, correspondiendo el resto a otras administraciones.

Según explicó la responsable del Servizos Sociais en el Concello de Barreiros, la socialista Mari Carmen Veiga, el grueso del plan lo supone el servicio de Axuda no Fogar, la guardería municipal y diferentes contrataciones laborales para mejorar y complementar los servicios.

De Axuda no Fogar, explicó que pese a que en la actualidad no hay lista de espera, se piden más horas a la Xunta, en previsión de que la demanda de este servicio aumente. En Axuda no Fogar trabajan en la actualidad 22 personas.

Explicó además que dos beneficiarios de la Risga serán contratados durante nueve meses y también se empleará a un asistente social a media jornada. «O esforzo que está disposto a facer o Concello é moi importante. Esperamos agora que o resto das administracións nos apoien», señaló.

BARREIROS MELLOROU  O RESULTADO ORZAMENTARIO NO EXERCICIO 2019 EN 150.000€

BARREIROS MELLOROU  O RESULTADO ORZAMENTARIO NO EXERCICIO 2019 EN 150.000€.

Barreiros, 17 de xuño de 2020. O Concello de Barreiros celebrou o pasado luns una Comisión de Contas para someter a informe a Conta Xeral do ano 2019.

Con  respecto ao resultado do ano 2019, a alcaldesa sinala que “a pesar de que o resultado é aínda negativo, o control de gasto que se implantou desde xuño de 2019 supuxo que o resultado anual mellorara con respecto ao 2018 en 150.000€.”

O propio informe da secretaría-intervención municipal que acompaña a conta xeral sinala que “está claro que o orzamento do ano 2019 estaba xa practicamente agotado o 29 de maio de 2019” e insiste en que “dende o mes de maio se produciu unha disminución importante do gasto, sobre todo do gasto corrente, xa que existe un control a través de retencións de crédito, que antes non existía.

Ana Ermida explica que “ese control de gasto que se fixo para evitar despilfarros e gastos innecesarios supuxo mellorar os resultados con respecto ao 2018 en 150.000€, a pesar do descontrol de gasto do primeiro semestre do ano que tivo que ser corrixido polo novo goberno.

Ademais do resultado do 2019, a alcaldesa asegura que “fronte ás facturas pendentes de pago por importe de máis de 1.010.000€ que atopamos hai xusto un ano ao entrar no goberno, neste momento estanse pagando as facturas dentro do mes de presentación e quedan pendentes de aprobar facturas do 2019 por importe de 322.000€.”

A alcaldesa sinala que esa redución do gasto se fixo priorizando necesidades e traballando como debe facelo calquera administración pública: contrastando orzamentos e adecuando os gastos ás necesidades reais do municipio.

Tras o trámite da comisión de contas, o documento someterase a exposición pública durante os vindeiros 15 días, podendo presentarse alegacións ao mesmo durante eses 15 días e 8 máis, para despois ser debatida e aprobada en pleno e enviada aos órganos de control económico.

 

O CONCELLO REXISTRARÁ VÍA TELEFÓNICA OU POR CORREO-E AS #SOLICITUDES PARA A REALIZACIÓN DE #FOGUEIRAS

La imagen puede contener: fuego y noche
Concello de Barreiros

1 h

O CONCELLO REXISTRARÁ VÍA TELEFÓNICA OU POR CORREO-E AS #SOLICITUDES PARA A REALIZACIÓN DE #FOGUEIRAS

➡️ Achégase a data de prender os foleóns de 🔥 #SanXoán e 🔥 #SanPedro neste 2020 polo que compre coñecer unha serie de normas.

1.- Non está permitida a realización de fogueiras en espazos ou vías públicas.

2.- Autorízanse a realización de fogueiras exclusivamente por particulares e en lugares privados, coas seguintes normas de seguridade:👉 https://bit.ly/2YG0BuZ

3.- A realización das fogueiras debe notificarse telefonicamente ☎️ 982.124.002 ou por medio de correo electrónico 📧 [email protected] indicando:
☑️nome e apelidos,
☑️dni
☑️lugar da fogueira.
⚠️Dita notificación deberá facerse como máis tarde o día anterior á realización da fogueira, para que así o Concello poida comunicalo ao Distrito Forestal correspondente.

4.- A persoa organizadora que comunique a realización será a responsable de que se cumpran as indicacións anteriores.