
‼️ AVERÍA IMPORTANTE NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA
ℹ️Informamos dunha avaría que tivo lugar esta noite na ETAP de Celeiro de Mariñaos (unha das captacións importantes coas que conta a rede) polo que o subministro de auga estase a ver afectado.
⚙️Os técnicos xa están traballando na súa reparación pero mentres non é posible o restablecemento ao 100%, pídeselle a veciñanza que reduza o consumo de auga ó mínimo imprescindible.
📻Iremos informando segundo teñamos novas da avaría.
🙏Grazas de antemán pola colaboración.